Galleta

Unha galleta[1] (chamada tamén biscoito tradicionalmente[2]) é un alimento que consiste nun anaco pequeno e máis ou menos fino que resulta de cocer unha pasta composta de fariña, azucre e outros ingredientes, como ovos, manteiga etc. Adoita ser seco, de formato achatado, e pode levar outros ingredientes coma noces moídas, chocolate, coco relado, canela etc. Pode consumirse de diversas formas, doce, salgada, ou acompañada de queixos, marmeladas, especias e/ou patés.

O sinónimo biscoito (coma no inglés biscuit) caeu en galego en desuso, mais é dos máis documentados no século XIX[3] Varios autores coma Luís Aguirre del Río, Francisco Javier Rodríguez, Juan Cuveiro Piñol ou mesmo a Real Academia Galega definían biscoito coma galleta ou pan sen fermentar, moi cocido ou cocidos dúas veces[2]. Hoxe o termo biscoito restrínxese para o bolo esponxoso[4].

Galleta María
Unha galleta tipo María.
Koekjestrommel open
Variado de galletas.
Crackers with herring and garlic sauce
Galleta tipo cracker.
Schackrutor
Biscoitos con chocolate.

Orixe

Na época na que os homes vivían en cavernas, parte da súa alimentación baseábase en grans espagados cos dentes. A partir diso, tívose a idea de moer os grans con pedras, mesturalos con auga e secalos no lume dúas veces. A eses alimentos, secos e crebadizos déuselle o nome de biscoitos.[5] Mais o confeccionamento profesional do alimento xurdiu no século VII A.C entre os persas.[6]

Pink-Frosted-Donut
Biscoito con crama de amorodo.

As galletas foron posteriormente a base alimenticia das tripulacións na época dos descubrimentos, especialmente dos portugueses. Consistía nun pan de fariña triga, de forma achatada, cocido no forno dúas, tres ou máis veces, de xeito que se asegurase a durabilidade das súas cualidades alimenticias durante moito tempo, deberían ser moi duras. Chegou a ser tal a procura de biscoitos para aprovisionar as armadas dos navíos que houbo a necesidade de importalos de España. O padre Raphael Bluteau na súa obraVocabulário português e latino, chámalle mesmopão do mar ou pão namor. Martín Sarmiento nos seus traballos sobre o galego en 1746 tamén di: chámase galleta á bola ou torta de trigo dos mariñeiros, e é o biscoito[7]. En 1498, a ración de biscoito, por cada tripulante era de 28 arráteis por mes (o arrátel equivale a 459 gramos) o que dá un pouco máis de 12 quilos, isto é, 428 gramos por día. Na India, para substituír o trigo, facíase unha masa de “sagu”, substancia farinácea extraída da parte central dalgunhas palmeiras e que podía conservarse até vinte anos.[8]

O termo tradicional do alimento tanto no galego coma no portugués é biscoito, termo que se segue a usar en portugues para se referir a un tipo de galleta máis esponxosa ou tridimensional. O termo actual galego galleta vén do francés galette (pastel)[9]. O termo portugués bolacha ten a súa origxe en Holanda, e xurdiu por vez primeira en 1703, como forma de diferenciar as versións doces do alimento.[10].

Notas

  1. "Nome do alimento na páxina do Portal das Palabras". Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2014. Consultado o 16 de setembro de 2014.
  2. 2,0 2,1 Francisco Javier Rodríguez Gil (1863): Diccionario gallego-castellano, ed. de Antonio de la Iglesia González, A Coruña,
  3. Luís Aguirre del Río (1858): Diccionario del dialecto gallego, ed. de Carme Hermida Gulías, CSIC-IPS, 2007
  4. {{Cita web |url=http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?palabra=biscoito&sinom=0&homonimo= |título=Definición de biscoito no Portal das Palabras da [[RAG |data-acceso=16 de setembro de 2014 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20140917090942/http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?palabra=biscoito&sinom=0&homonimo= |dataarquivo=17 de setembro de 2014 |urlmorta=si }}
  5. "Biscoito ou Bolacha". pucsp.br. Consultado o 19 de xaneiro de 2014.
  6. "Biscuits & Cookies". Food Timeline. Consultado o 15 de xaneiro de 2010.
  7. Martín Sarmiento (1746-1755c): Catálogo de voces y frases de la lengua gallega, ed. de J. L. Pensado Tomé (U. de Salamanca en 1973)
  8. Merriam-Webster|accessdate=14 de xaneiro de 2010[Ligazón morta]
  9. Etimoloxía da palabra castelá galleta no dicionario da RAE.
  10. "Uma Delícia Para os Deuses!". canalkids.com.br. Consultado o 19 de xaneiro de 2014.

Véxase tamén

Outros artigos

Aguilar de Campoo

Aguilar de Campoo é un concello español da provincia de Palencia (Castela e León). A súa poboación é de 7 160 habitantes (INE 2013). O municipio é coñecido pola súa industria galleteira, a máis importante de España, e porque nel se atopa o encoro de Aguilar.

É unha das localidades do Camiño de Santiago do Norte, na Ruta do Besaya.

Amancio Prada

Amancio Prada, nado o 5 de febreiro de 1949 en San Pedro de Devesas (Ponferrada), comarca do Bierzo, é un destacado cantautor español.

Biscoito

Este artigo trata sobre o bolo doce esponxoso, para a pasta fina doce véxase galleta.

Un biscoito (do Latín: bis- e coctus cocido dúas veces) (tamén chamado de bolo esponxoso) é un bolo doce de miga mol e con moitos poros, que se fai no forno con fariña triga, ovos e azucre.

O significado de galleta (coma no inglés biscuit) caeu en galego en desuso, mais é dos máis documentados no século XIX Varios autores coma Luís Aguirre del Río, Francisco Javier Rodríguez, Juan Cuveiro Piñol ou mesmo a Real Academia Galega definían biscoito coma galleta ou pan sen fermentar, moi cocido ou cocidos dúas veces.

Black and white cookie

A black-and-white cookie, ou half-and-half cookie, é unha galleta mol como un biscoito que leva nunha metade unha cobertura de fondant de vainilla e na outra de fondant de chocolate. É semellante á neenish tart, coa diferenza que esta vai cun recheo de crema, e a black-and-white cookie non.

Considérase unha sobremesa típica de Nova York que non se ha confundir coa half moon cookie, típica de Nova Inglaterra, de feitío semellante mais a súa receita é diferente. A súa orixe é descoñecida. En Alemaña existen unha galletas iguais, chamadas Amerikaner pero non se sabe de certo se proceden das americanas ou teñen outra orixe.

Feira do viño de Ribadavia

Na capital do Ribeiro (Ribadavia) hai máis de cincuenta anos[cando?] que se celebra a Feira do Viño, que foi declarada de Interese Turístico Nacional, e é a feira vitivinícola máis antiga de Galicia.

A feira ten lugar no recinto da Alameda, situado en fronte ó Castelo de Ribadavia.

Forcada

Unha forcada é un apeiro agrícola formado por un mango longo rematado en 3 a seis gallas ou dentes, tamén longos, finos ou planos, amplamente separados e cos extremos punzantes. Tradicionalmente eran completamente de madeira, feitos aproveitando unha póla de árbore que se separarse en tres a partir dun mesmo nó, pero agora os dentes son metálicos e nun mesmo plano.

Esta ferramenta adoita usarse para levantar e transportar materiais a eito como palla, follas mortas, esterco etc.

Existen numerosos sinónimos para designar este apeiro: colmeira, forca, forcado, forcanza, forquita (cando é pequena, con dous gallos), furquito, galleta, galleto, gancha ou guita.

Hamburgo

Hamburgo (en alemán: Hamburg, [ˈham.bʊʁk] , pronunciación local: [ˈham.bʊɪç] ; en baixo saxón: Hamborg, [ˈham.bɔːx] ) é unha cidade situada ao norte de Alemaña. A cidade forma o seu propio estado federado, cunha extensión de 755 km². A finais de febreiro de 2008 tiña 1 773 218 habitantes (4,7 millóns na súa área metropolitana), que inclúe partes dos estados veciños de Baixa Saxonia e Schleswig-Holstein), o que a convertía na segunda cidade máis populosa en Alemaña tras Berlín. Ademais, o seu porto é o segundo máis grande de Europa, tras o de Rotterdam, e o noveno do mundo.

O nome completo de Hamburgo é "Cidade Libre e Hanseática de Hamburgo" (Freie und Hansestadt Hamburg en alemán). Isto débese á súa historia como membro da liga medieval hanseática, como Cidade Imperial Libre do Sacro Imperio Romano Xermánico, e tamén polo feito de que é unha cidade-estado e polo tanto un dos dezaseis estados federados de Alemaña.

Hamburgo é un importante eixo de transportes do norte de Alemaña converténdose nun gran centro industrial, con fábricas como Blohm + Voss (estaleiro) ou Norddeutsche Affinerie (produción de cobre), e de comunicacións, descantando a radio-televisión Norddeutscher Rundfunk e editoriais como Gruner + Jahr e Spiegel-Verlag. Contabilízanse en total máis de 120.000 empresas. A cidade é tamén un importante destino turístico tanto local como internacional, recibindo en 2007 ao redor de 7,4 millóns de visitas.

Macaron

Cómpre non confundir co tipo de pasta alimenticia: macarrón.

Un macaron é un tipo de galleta tradicional francesa, granulada e comunmente con forma redonda de 3 ou 5 cm de diámetro. Non debe ser confundido co mazapán de Saint-Léonard-de-Noblat, en Lemosín.

Está feito de ovo, améndoa moída, azucre glas e azucre.

Macarrón

Cómpre non confundir coa galleta tradicional francesa: macaron.

Os macarróns (do italiano maccheroni, e este do grego: μακαρώνεια, canto mortuorio, comida funeraria. ) son un tipo de pasta alimenticia elaborada con fariña triga, en forma de tubiño pequeno, no que se inclúen tipos con feituras, longuras e grosores diversos. Así atopamos os penne, os ravioli e os cotobelos.ELabóranse con auga, fariña triga, e ás veces ovo.

No entanto, existen lugares no que se usa o termo para se referir a calquera tipo de pasta alimenticia, desde espaguetes aos fideos e outras formas usadas nas sopas.Segundo unha antiga teoría, foi o explorador italiano Marco Polo o que levou o macarrón dende a China até Italia durante o século XIII. Hoxe sábese que as pastas alimenticias xa eran coñecidas en Europa moito antes. (Véxase tamén Historia das pastas alimenticias).

Foi, xunto cos fideos, das primeiras pastas en chegar a Galicia durante o século XX, hoxe son un alimento común en pratos con queixo e tomate, polo, carne etc.

Oreo

Oreo (/ˈɔːrioʊ/ pronunciado en inglés) é unha marca de galletas tipo sándwich creada pola compañía estadounidense Nabisco, unha división de Mondelēz International Inc. e Kraft Foods, caracterizada por estar constituída por dúas galletas circulares unidas por un doce cremoso no centro. As oreos orixinais eran de galleta de chocolate negro forte e crema de vainilla, aínda que na actualidade existen multitude de variedades, mantendo o estilo básico de deseño e preparación.

De acordo con Kraft Foods Company, considérase como unha das galletas máis vendidas en Estados Unidos e distintas partes do mundo. En marzo de 2012, a revista Time informou que Oreos estaban dispoñibles en máis de 100 países diferentes, onde os Estados Unidos, a China, Venezuela, o Canadá e Indonesia completan os 5 primeiros países en termos de vendas.

Paximadia

Paximadia (grego: Παξιμάδια, "galleta") son dúas pequenas illas deshabitadas (Megalo Paximadi e Mikro Paximadi) no golfo de Mesara situadas aproximadamente a 12 km ao sur de Agia Galini na unidade rexional de Rethymno. Están no mar de Libia xunto á costa sur de Creta. Debido á súa proximidade, as dúas illas aparecen como unha soa na distancia.

Pretzel

Un pretzel ou en antigo alto alemán brezitella palabra que derivou en pretzels, brezl e incluso pretzel; en Baviera e Austria pretzels, na fala vienesa tamén Pretzel, no dialecto suabo tamén Bretzet ou Bretzg / Bretzga (sing. / pl.), no Baden e alemánico a miúdo Bretschl; no norte de Alsacia xeralmente Bredschdel ou Bradschdal, nalgunhas formas do conxunto de dialectos suízo-alemáns 'bretzel'. É un tipo de galleta ou bolo enfornado, e retorto en forma de lazo, cun sabor lixeiramente salgado. A súa orixe atópase en Alemaña, e é bastante popular en Alsacia, a Suíza alemá, América do Norte e Australia.

O seu nome provén da palabra alemá Brezel ou Breze, derivada do latín bracellus, 'braciño' ou 'bracelo'. Este nome débese a que a súa forma lembra a dous brazos entrelazados. En Alemaña e especialmente en Baviera, lugar do seu nacemento, o pretzel é moi diferente ao dos Estados Unidos. Forma parte da comida típica do país e é un tipo de pan salgado.

Basicamente existen dúas categorías: os pretzels de galleta e os pretzels de pan mol. O segundo tipo pódese preparar cunha gran variedade de sabores, que inclúen améndoa, allo etc.

Rico

O rico é unha galleta de tona exclusiva da repostaría de Melide. A festa gastronómica da festa do melindre e da repostaría tradicional de Melide festéxase co rico como un dos produtos a degustar.

Rosquilla

Unha rosquilla (diminutivo de rosca) é unha doce de pequeno tamaño en forma de rosca pequena elaborado principalmente cunha masa de fariña, ovos e azucre, que se enforna ou frixe en aceite e vai cuberta de azucre derretido. Fanse con distintos tipos de masa, desde unhas masas máis ou menos esponxosa até masas de follado.

Un rosquilleiro ou rosquilleira é a persoa que fai ou vende rosquillas.

Sobremesa

Na cultura occidental recente, a sobremesa é o derradeiro prato que se serve no curso dunha comida (xantar ou cea). Componse dun prato cociñado máis ou menos azucrado ou ben de froitas, pasteis, cremas, tortas, flans, xeados, pudins e doces.

Nunha acepción máis antiga, a sobremesa comprendía tamén o queixo e algúns froitos secos (noces, castañas asadas).

Torta de queixo

Unha torta de queixo (cheescake en inglés) é un doce elaborado principalmente con queixo fresco ou cremoso que, dependendo do seu proceso de elaboración, admite diversos ingredientes. Aínda que de orixe estadounidense, hoxe son moi comúns coma sobremesas nos fogares e restaurantes galegos.

Trofeo de la Galleta

O Trofeo de la Galleta é unha competición futbolística de verán que se celebra en Aguilar de Campoo (Palencia). O torneo celébrase no Estadio Alberto Fernández durante os primeiros días do mes de agosto.

Trofeo de la Galleta 2011

A 17ª edición do Trofeo de la Galleta celebrouse en Aguilar de Campoo (Palencia) o 6 de agosto de 2011. O campión foi o Deportivo da Coruña.

Trofeo de la Galleta 2012

A 18ª edición do Trofeo de la Galleta celebrouse en Aguilar de Campoo (Palencia) o 12 de agosto de 2012. O campión foi o Racing de Santander.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.