Gallaecia

A Gallaecia foi unha provincia romana do noroeste da Península Ibérica que abranguía o que hoxe é a comunidade autónoma de Galicia, o norte de Portugal e as provincias españolas de Asturias, León e Zamora. As súas capitais estaban en Bracara Augusta (Braga), Lucus Augusti (Lugo) e Asturica Augusta (Astorga).

Historia de Galicia
Descripcion Reyno de Galizia de Ojea

Este artigo é parte da
Categoría:Historia de Galicia

Prehistoria
O megalitismo
Idade de Bronce
Idade de Ferro
Cultura castrexa
Idade Antiga
Galaicos
Romanización
Cultura galaico-romana
Cristianización
Antigüidade tardía
Monarquía sueva
Chegada dos bretóns
Monarquía visigoda
Idade Media
Período altomedieval
Era Compostelá
Período feudal
Idade Moderna
Antigo Réxime
Ilustración en Galicia
Idade Contempóranea
A Restauración borbónica
Segunda República
Guerra civil española
Ditadura franquista
Período autonómico
Véxase tamén
Historia da lingua galega
Reino de Galicia
Galicia
Cronoloxía do Reino de Galicia

Orixe

Callecia
Callecia na copia do Notitia Dignitatum de 1436

Os romanos déronlle o nome de Gallaecia ao noroeste da Península Ibérica polos callaeci, que constituían unha amálgama de pobos máis ou menos celtizados que vivían entre o Douro e o Miño, que os romanos coñecen por vez primeira coa chegada de Décimo Xunio Bruto ao norte do río Douro no 139 a. C. Décimo Xunio Bruto, quen recibiu o sobrenome de Galaicus, continuou a súa expedición cara ao norte, sometendo ós pobos castrexos, ata chegar ó río Limia, considerado o Lethes ou río do esquecemento. Alí vence a superstición e continúa ata o río Miño onde se detivo. Como resultado deste primeiro acercamento o territorio costeiro entre o Douro e o Miño quedou explorado e sometido, mal que ben, a control romano. A partir de entón a sociedade indíxena galaica comeza a recibir influxos romanos, realizando xa intercambios comerciais directamente con Roma.

Os galaicos fan a súa entrada na historia escrita no século I d. C. na épica Púnica de Silio Itálico sobre a primeira guerra púnica dun xeito que aínda hoxe nos é familiar, dous mil anos despois:

Fibrarum et pennae diuinarumque sagacem
flammarum misit dives Callaecia pubem,
barbara nunc patriis ululantem carmina linguis,
nunc pedis alterno percussa verbere terra,
ad numerum resonas gaudentem plaudere caetras
Libro III. 344-347

A rica Gallaecia envía a súa mocidade
coñecedora da adiviñación polas entrañas das bestas
polo voo das aves e polas chamas divinas
a cal ou ben berraba bárbaros cánticos nas súas linguas patrias ou ben
tras golpearen a terra con golpes alternos de pé
se aledaba en bater os sonoros caetras ritmicamente.

Historia

Possível guerreiro galaico no Arco de Carpentras
Guerreiro galaico encadeado no Arco de Carpentras (séc. I) segundo Joaquín Ruiz de Arbulo.[1]
Bellum-Asturicum-Cantabricum
Campañas romanas no noroeste peninsular      D. X. Brutus no ano 137 a. C.      César no 61 a. C.      Campaña do ano 26 a. C.      Campaña do ano 25 a. C.

Os Callaeci (Καλλαικοί kallaikoi en grego) enfróntanse ás forzas romanas no 137 a. C. nunha batalla no río Douro, que resulta unha derrota para eles e Décimo Xunio Bruto volta vencedor, e recibe do Senado o título de Callaecus. Décimo Xunio Bruto non pretendeu ocupar a zona sur da Galiza para conseguir riquezas, senón que levou a cabo unha expedición de castigo contra este pobo, que se dedicaba a realizar incursións bélicas e de saqueo na área lusitana.

Partiu do Portus Cale, que se corresponde co actual Porto. As súas lexións avanzaron pola costa co apoio da frota e ocuparon unha serie de castros costeiros. Estableceu unha guarnición no lugar da actual Valença e despois internouse cara a Braga. Após dunha batalla vitoriosa avanzou cara a Limia e ocupou a cidade de Lansbricae, para cruzar posteriormente o río Miño.

Estas campañas non tiveron unha grande importancia e limitáronse a unha zona xeográfica moi concreta: o sur da Gallaecia, con especial incidencia na zona costeira.

O mesmo xuízo histórico merecen unha serie de expedicións posteriores coma as do procónsul da Ulterior, Publio Craso, do 96-94 a. C., que realizou unha expedición na pescuda das illas Casitérides e as súas minas de estaño, abrindo as rutas de comercio deste mineral. No 60 a. C. é o propio Xulio César quen visita Gallaecia movido polo seu desexo de obter riquezas, chegando ata o golfo Ártabro e abandonando esta terra por Brigantium.

Pero a conquista definitiva do noroeste da península non se realizará ata o emperador Augusto entre o 26 e o 19 a. C. no contexto das guerras cántabras.

Ao primeiro, Augusto inclúe o territorio da actual Galicia na Lusitania, pero xa no 13 a. C. pasa á Hispania Citerior. O mesmo Augusto, reforma a división provincial de Hispania no 27 a.C, asignando a Gallaecia á provincia Tarraconense. Con Caracalla quizais formou parte, xa con Asturias e Cantabria, da Hispania Nova Citerior Antoniana (214), pero non foi ata a reforma administrativa e militar de Diocleciano —quen dividiu Hispania no 298 en sete provincias— que se constitúa a provincia da Gallaecia.

Gallaecia
Límites da Gallaecia tras a división de Diocleciano no 298.

O sistema básico no organigrama político son as civitates: entidades baseadas na organización prerromana, posiblemente cunha orixe étnica común, con amplas semellanzas e pode ser que cunha lingua común. Estas entidades integraban certo número de castella, dos que existen diversas interpretacións sobre a súa función social e política.

Durante a época Flavia prodúcense unha serie de decisións que tiveron un profundo calado político. A concesión do Ius Latii trouxo consigo un profundo cambio tanto no ámbito urbano, co incremento da poboación nos núcleos urbanos xa existentes e a creación de novos, como no rural. Isto traería consigo un aumento xeneralizado da riqueza da poboación, que na práctica na Gallaecia non se ten constatado a través dos achados arqueolóxicos. O atraso económico sería maior no convento Lucense ca no Bracarense se comparamos estes territorios cos máis desenvolvidos da Península Ibérica e agravouse máis cos Antoninos[Cómpre referencia].

Deste xeito, hoxe en día, non se pode falar para Gallaecia da existencia dunha economía baseada no uso cotián da moeda. Gallaecia viviu fundamentalmente sobre a base dunha economía natural baseada no troco, ata mediados do século III e, máis claramente, ata o século IV.

Extensión xeográfica

A nova provincia de Diocleciano

Gallaecia-Dioclecianus
Mapa que amosa situación aproximada dos conventos xurídicos da Gallaecia tras a reorganización administrativa do emperador Diocleciano.

Entre os anos 284 e 305,o emperador Diocleciano acometeu a reorganización administra do Imperio. Na Península Ibérica créanse dúas novas provincias (Gallaecia e Cartaxinense) a partir das xa existentes; Baetica, Tarraconensis e Lusitania. Así, a nova provincia baixo o nome de Gallaecia ocupou o extremo noroccidental da Península Ibérica que anteriormente pertencera á Tarraconsis, estivo formada polos territorios da rexión de Asturia e da propia Gallaecia.

A administración interna da provincia estaba marca polos conventos xurídicos (Conventus iuridicus) amplos territorios adscritos a unha capital, da que recibían o nome e onde se centralizaban as funcións administrativas propias como as militares, fiscais, financeiras, relixiosas e xudiciais. Deste xeito, a provincia romana de Gallaecia, atopábase dividida en tres conventos xurídicos, o Conventus lucensis con capital na cidade de Lucus (Lugo), o Conventus bracarensis con capital na cidade de Bracara (Braga) e o Conventus asturicensis con capital na cidade de Asturica (Astorga). Cabe destacar que entre todas estas capitais de convento (Lugo, Braga, Astorga) era a cidade de Bracara (Braga) a que exercía de capital provincial de toda a Gallaecia. Organización administrativa da Gallaecia a comezos do século IV:

Séculos IV e V d. C.

GallaeciainWesteastRome
Extensión da provincia romana de Gallaecia (nome latino de Galicia) a finais do século IV dentro do Imperio Romano de Occidente.

A finais do século IV e comezos do século V, a provincia de Gallaecia, integrada esta no Imperio Romano de Occidente, estendíase por todo o noroeste da Península Ibérica, desde as costas cantábricas no norte, ata o río Douro e o Sistema Central polo sur, grazas á incorporación na Gallaecia do Conventus cluniensis, que con anterioridade pertencera á provincia Tarraconensis, e tiña capital na cidade de Clunia. Bracara (Braga) seguiu a exercer a capitalidade provincial de toda a Gallaecia ata a chegada dos suevos, momento no que se converte en corte do reino nacente. Durante este período a Gallaecia goza dun alto nivel sociocultural, estando plenamente integrada a cultura latino-cristiá. Proba disto é a importancia no Imperio de personaxes de orixe galaica, como os emperadores Magno Máximo e Teodosio I ou, no ámbito cultural, os escritos de autores galaicos, como Exeria (autora dun libro que recolle a experiencia da súa viaxe á Terra Santa) e Paulo Orosio, que rexistrou nos seus escritos de carácter historiográfico a chegada dos pobos xermánicos á Península Ibérica.

Así, polas descricións de numerosos autores da época como Paulo Orosio, Hidacio ou Santo Isidoro coñécense algunhas das rexións humanas e xeográficas que posuía a provincia romana da Gallaecia:

Demografía

Grazas á arqueoloxía e aos datos censuais romanos, coñécense a densidade de poboación así como un número aproximado de habitantes —galaicos e ástures que terían vivido na Gallaecia. Así, segundo Plinio o Vello, os galaicos, repartidos entre bracarenses e lucenses sumaban un total de 451.000 habitantes, de xeito que os bracarenses contaban con 285.000 homes e mulleres, mentres que os lucenses roldaban os 166.000, amosando o dato unha densidade demográfica moito maior entre os bracarenses, corroborado pola existencia de grandes castros case exclusivos do seu territorio. Por outra parte, o censo de Plinio achega a cifra de 240.000 individuos para os ástures, sensiblemente menor que os galaicos bracarenses e que supón unha densidade demográfica moi baixa en relación co territorio ocupado.

Notas

  1. Gago, Manuel (11-12-2017). "O prisioneiro perdido. Un arco de triunfo en Francia pode gardar a primeira representación dun guerreiro galaico vencido". culturagalega. Santiago de Compostela. Consultado o 24-08-2018.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Balboa Salgado, Antonio (1996). Gallaecia nas fontes clásicas. Santiago de Compostela. Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 84-8121-512-0.
  • García Fernández-Albalat, Blanca (1990). Guerra y religión en la Gallaecia y la Lusitania antiguas. Sada. Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-475-8. (en castelán)
  • Tranoy, A. (1981). La Galice Romaine. Recherches sur le nord-ouest de la péninsule ibérique dans l’Antiquité. Paris, Diffusion de Boccard. ISBN.
  • Caamaño Gesto, José Manuel (2008). A Galicia Romana. Volume 1: A Conquista Romana. Ocupación do territorio e cultura material.

Outros artigos

Ligazóns externas

Bracara Augusta

Bracara Augusta, (do latín bracara, topónimo procedente dos brácaros, que habitaban no convento de bracarense, e que fai alusión as brācae , bragas ou calzas que vestían. Despois foi chamada 'Bracara Augusta'.) é o nome romano da actual cidade de Braga, no Norte de Portugal, foi construída no lugar dun poboado indíxena anterior[Cómpre referencia].

Bríxida (deusa)

Bríxida (tamén grafada como Brighid, Brigid ou Brigit) é unha deusa celta moi popular en Irlanda, deusa da inspiración e do lume. Bríxida era representada por tres mulleres, Bríxida, a poetisa, Bríxida, a menciñeira, e Bríxida, a ferreira, sendo coñecida coma a deusa da Tripla Lapa, pois o lume alimenta as forxas, quenta os experimentos dos alquimistas, e incendia a mente dos poetas. Deu lugar a múltiples topónimos na Europa atlántica.

Bríxida é unha das deusas chamadas de pancélticas, pois foi loada por todos os diferentes pobos celtas. Bríxida era filla do deus supremo Dagda, e un dos Tuatha Dé Danann. Era a dona de Bres, rei dos Tuatha Dé Danann, con quen tivo un fillo, Ruadán.

Comarca

Unha comarca (do latín commarca ou comarcha, á súa vez derivado do termo de orixe xermánica Mark, "confín", "límite", "marca") ou bisbarra é unha subdivisión do territorio que configuran varias poboacións que adoitan ter uns nexos comúns condicionando unha unidade, política, natural ou cultural.

Nos diferentes países do mundo, as comarcas representan unha subdivisión non corresponde coa galega, tendo distintos fins e significado. Na Península Ibérica as comarcas foron un xeito de ordenación do territorio moi estendido, existindo matices entre as distintas rexións e países, así en Portugal unha comarca actualmente designa unha división xudicial correspondente á xurisdición dun Tribunal de Primeira Instancia. No Principado de Asturias, as comarcas englobarían a varios concellos, mais as oito comarcas de Asturias non teñen existencia oficial, empregan un sistema de comarcas funcionais ou áreas de planificación territorial.

En italiano: contea

En francés: contrée

En inglés: countyAs bisbarras galegas remóntanse tempos atrás, mesmo á época castrexa. De moita importancia é tamén o Parrochiale suevum, datado na segunda metade do século VI e onde se reflicte a organización administrativa e eclesiástica do Reino suevo da Gallaecia, contendo unha relación de 134 parroquias agrupadas en trece dioceses (ademais menciónase a diocese Britoniarum). O manuscrito indica ademais a existencia de pagus (distritos) especificamente suevos. Este documento, realizado en base á conformación do territorio xa existente anteriormente, mantívose en gran parte ata a actualidade.

Conventus lucensis

O conventus lucensis ou convento lucense, foi unha entidade administrativa romana da Gallaecia sita no Noroeste de Península Ibérica. O seu nome deriva da súa capitalidade, Lucus Augusti (Lugo), a cidade máis importante do convento e que rexía económica e administrativamente todo o territorio. Tiña como lindes o curso dos ríos Verdugo e Sil polo sur -que marcaba a raia co Conventus bracarensis-, polo norte a propia liña costeira desde O Morrazo ata a desembocadura do río Navia (territorio actual de Asturias, polo leste a propia serra dos Ancares, pertencendo o Courel xa probablemente ao Conventus asturicensis.

Diocese de Britonia

A diocese de Britonia (tamén chamada de Bretoña) foi unha antiga división episcopal da Gallaecia, e na actualidade é unha sé titular da Igrexa Católica.

Estrabón

Estrabón (en grego: Στράβων, en latín: Strabo), nado no ano 64 ou 63 a.C. e finado no 24) d.C., foi un xeógrafo grego.

Fútbol gaélico

O fútbol gaélico (chamado en irlandés: Peil Ghaelach ou Caid) é unha variante do fútbol xogado principalmente en Irlanda, sendo o deporte de máis popularidade dese país xunto co hurling.

O fútbol gaélico xógase en equipos de 15 xogadores nunha cancha de céspede rectangular con porterías en forma de H a ambos lados. O obxectivo principal é anotar puntos pateando ou golpeando o balón coas mans e introducilo na portería rival. O equipo con máis puntos ao final do encontro gaña. Os xogadores avanzan polo campo levando o balón nas súas mans, pateándoo e pasándoo entre compañeiros de equipo.

O fútbol gaélico ou balón pesado é un dos catro Xogos Gaélicos regulados pola Asociación Atlética Gaélica, a maior e máis popular organización deste tipo en Irlanda. Posúe regras estritas sobre a non profesionalización dos xogadores. A Asociación organiza cada ano as competicións entre clubs e entre condados, das cales as máis importantes son:

A National Football League, que se disputa entre condados cada ano entre febreiro e abril desde 1926.

Os Campionatos Provinciais, que se disputan en formato de eliminatoria directa a partido único desde maio a xullo entre condados.

O All-Ireland Senior Football Championship, que comeza cos Campionatos Provinciais e remata en setembro. Este é o torneo máis prestixioso e antigo (1887) deste deporte, e dispútase entre condados.Crese que o xogo provén do antigo fútbol irlandés coñecido como caid, que se remonta a 1537, aínda que o xogo actual tomou forma en 1887.

Galaicos

Galaico é un termo actual derivado do latino gallaeci ou callaeci e do grego Καλλαϊκοί, que designaba un conxunto de pobos de cultura e lingua celtas ou celtizadas -sen que exista consenso entre os investigadores- do noroeste da Península Ibérica antes e durante o Imperio Romano. O termo gallaecus/gallaeco tamén designou, desde finais do Imperio de Occidente ata entrada a Idade Media, os habitantes de Gallaecia e Galicia, evolucionando lingüisticamente ata o xentilicio actual galego.

Aínda que poidamos falar dos galaicos durante a Idade Media, tradicionalmente o termo aplícase ao período previo á integración destes pobos no Imperio romano, servindo tamén como xentilicio culto para os habitantes da actual Galicia, do mesmo xeito que se empregan os cultismos galo, xermánico, anglosaxón ou luso, aos habitantes de Francia, Alemaña, Inglaterra e Portugal respectivamente.

Hermerico

Hermerico (?-441) foi o primeiro rei suevo de Gallaecia, reinou dende o 409 até o 438. Dirixiu ó seu pobo dende o Rin até Gallaecia, onde someteu á poboación galaico-romana e asinou un foedus con Roma mediante o cal establecía o seu reino na provincia romana de Gallaecia e aceptaba ó emperador como o seu superior (410). En teoría actuaba como federado de Roma e mantivo a paz con eles, enfrontándose aos vándalos asdingos que se refuxiaran na Gallaecia logo de seren atacados polo visigodo Valia e chegaron a pór en dificultades ó exército suevo nos Montes Nerbasos no ano 419 resolvendo Hermerico a situación grazas á axuda de Asterio, conde romano, o que posibilitou a ocupación de toda a Gallaecia mentres os vándalos marchaban cara á Bética. En 438 asociou ó seu fillo Requila ao trono.

Itinerario de Antonino

O denominado Itinerario Antonino ou Itinerario de Antonino é unha recompilación de rutas do Imperio Romano. Deste itinerario soamente se conserva a copia procedente da época do emperador Diocleciano (século IV), mais suponse que foi redactado en torno ó século III.

En cada ruta identificábanse mansións (paradas de postas) coas súas correspondentes millas (sinaladas por un ou varios miliarios). Nun principio pensouse que era unha especie de guía de viaxes, mais polas súas características, semella ser feito co fin de facilitar a localización das mansións con fins recadatorios.

Martiño de Dumio

San Martiño de Dumio, nado en Panonia (actual Hungría) contra 510 ou 520 e finado en Braga no 579 ou 580, tamén chamado san Martiño Dumiense, san Martiño de Dume ou san Martiño de Braga, foi un relixioso cristián do século VI.

Está considerado como o apóstolo dos suevos, responsable maior da súa conversión do arianismo ao catolicismo. A súa obra eclesial e literaria, presentando un cristianismo adaptado aos diferentes grupos de poboación; a súa preocupación por transmitir valores procedentes da Antigüidade clásica; a predicación dun crisitianismo ortodoxo en tempos de herexía e as súa relacións cos reis suevos, anuncian o ideal episcopal de Leandro e Isidoro de Sevilla.Foi bispo de Dumio e de Braga.

Navia (deusa)

Navia ou Nabia é unha das deidades galaicas máis testemuñadas, cunha vintena de epígrafes documentando o seu culto nunha área que inclúe a galaicos e lusitanos.

Reva

Reva, tamén chamada ás veces Reve, é un deus supremo do panteón galaico prerromano asociado á xerarquía, á xustiza e máis á morte. É a divindade máis difundida na Gallaecia interior, con dez dedicacións galaico-romanas. Un dos seus maiores santuarios é o balneario galaico-romano atopado nas Burgas de Ourense do século I D. de C., onde se atoparon ata o de agora cinco aras adicadas ao deus (asimilado polos romanos) polo que este deus se atopa relacionado con ríos, lagoas, fontes termais etc... Aínda así aparece por veces vencellado a divindades asociadas a montañas baixo o epíteto Larouco.

Rexión Norte, Portugal

A Rexión Norte de Portugal é unha rexión que comprende os distritos de Viana do Castelo, Braga, Porto, Vila Real e Braganza, así como parte dos distritos de Aveiro, Viseu e Guarda.

Limita ao norte con Galiza, ao sur coa Rexión Centro de Portugal, ao leste con Castela e León e ao oeste co Atlántico. Ten unha extensión de 21.278 km² (un 24 % do Portugal Continental) e no 2007, na rexión habitaban 4.196.354 persoas (un 37 % do Portugal continental).

Historicamente formaba parte da Gallaecia sur, constituíndo gran parte do Convento Bracarense con sé na vila de Braga. Formou tamén parte do Antigo Reino de Galiza. Cultura, costumes e paisaxe son aínda comúns con Galicia.

Romanización de Galicia

Para o sistema de transliteración, ver romanización (lingüística)

A romanización o proceso polo que os territorios conquistados polo Imperio Romano ían adoptando os costumes, técnicas, relixión e finalmente idioma destes.

Suevos

Os suevos foron un grupo de pobos xermánicos mencionados por vez primeira por Xulio César en relación coa campaña de Ariovisto na Galia, c. 58 a. C. Mentres que César os considerou como unha única tribo xermánica, numerosa e belicosa, autores posteriores como Tácito, Plinio e Estrabón especifican que os suevos "non constitúen, como os Chatti ou Tencteri, unha soa nación. Actualmente ocupan máis da metade de Xermania, e están divididos en varias tribos con distintos nomes, malia que todos son chamados de xeito xeral como suevos".Outrora, a etnografía clásica aplicou o termo "suevo" a tantas tribos xermánicas que se cre que nos primeiros séculos despois de Cristo ben puidera ser un substituto de "xermanos". Os autores clásicos consideraron que os suevos, en comparanza con outras tribos xermánicas, eran moi móbiles e non moi dependentes da agricultura.Varios grupos de suevos trasladáronse dende o Mar Báltico e o río Elba, converténdose nunha ameaza ó Imperio Romano nas fronteiras dos ríos Rin e Danubio. Cara a fin do imperio, os alamáns, un grupo de tribos suevas, asentáronse nos Campos Decumanos e posteriormente cruzaron o Rin e ocuparon a rexión de Alsacia. Un reduto deles ficou na rexión hoxe chamada Schwaben, unha área do suroeste de Alemaña cuxo nome moderno procede dos suevos. Outros movéronse cara a Gallaecia e estableceron o Reino Suevo de Galicia, que durou 170 anos antes de ser integrado no Reino Visigodo.

Século V

século IV < século V > século VI

Período de tempo dende o ano 401 ata o ano 500 da era cristiá.

Acontecementos importantes

400, Macrobio, vigairo de Hispania é multado polo seu uso fraudulento, sen causa xustificada, do cursus publicus.

400, I Concilio de Toledo.

411, establecemento dos Suevos na Gallaecia.

Invasións de pobos xermánicos en todo o Imperio romano de Occidente rematan por desface-la unidade política no 476.Personaxes destacadas

Atila o Huno.

Ricimer, magister militum do Imperio Romano Occidental (456-472).

Século XII

século XI < século XII > século XIII

Tempo que transcorre entre o 1 de xaneiro de 1101 e o 31 de decembro de 1200. Marca o inicio da Baixa Idade Media.

Durante este século en toda a Europa occidental tivo lugar un ciclo demográfico expansivo sostido, que se mantivo no século seguinte.

Tiburos

Os tiburos ou tiburi eran un pobo astur da Gallaecia, que se identifican co topónimo actual de Trives, na que hoxe é provincia de Ourense.

Galaicos bracarenses
Galaicos lucenses
Ástures augustanos
Ástures transmontanos
Outros
Antigos celtas
Estudos celtas
Celtas modernos
Rexurdimento celta
Linguas
Festivais
Listas
Supra-rexional
Britania
Gallia Aquitania
Gallia Belgica
Gallia Celtica
Gallia Cisalpina
Gallia Narbonensis
Xermania Inferior
Gallaecia

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.