Galipedia

A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega[1], unha enciclopedia en liña, de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Botou a andar o 8 de marzo de 2003[2] e ten agora mesmo 159.311 artigos, superando os 100 000 o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario. A comezos do ano 2013 usábanse xa 101 305 imaxes distintas.[3]

Para unha relación cronolóxica dos acontecementos da Galipedia pode consultarse o apartado Actualidade. Existen tamén diversas páxinas de estatística, entre as que figuran Especial:Estatísticas e Wikipedia:Estatísticas.

Galipedia
Wikipedia en galego
Wikipedia-logo-v2-gl

Wikipedia, A enciclopedia libre

Galician wiki 20131211

Portada da Wikipedia en galego do ano 2013.

Lingua: Galego
Data de creación: 8 de marzo do 2003
Artigos: 159.311
Ligazón: Wikipedia en galego

Traxectoria

Galipedia.pdf
Manual de colaboración (PDF).

Historia

A Wikipedia en galego apareceu o 8 de marzo de 2003. Nese mesmo día, rexistrouse o usuario máis antigo, ILVI. Axiña comezou a traballar na que sería a primeira versión da Portada. E non sería até catro días despois cando creou o primeiro artigo da base de datos: grupo. Logo seguiría con outras entradas como ou, cal, ciencias experimentais, ciencias humanas, ciencias ocultas, ciencias aplicadas e botánico.

Meses despois rexistrouse Agremon e converteuse no primeiro administrador galego da Wikipedia en galego. El mesmo emprega por vez primeira o termo Galipedia para referirse amigablemente ao proxecto, que aínda contaba con menos dun ano de existencia. Aos poucos, mentres tanto, a Galipedia vai sendo citada por algunhas páxinas web de xornais e outras entidades, que se interesan polo labor realizado nela.

Características

Trátase dunha enciclopedia colaborativa en lingua galega aberta ás achegas de todo o mundo, con aceptación das diversas correntes de pensamento, sempre que estas non sexan agresivas coas demais. Canto ao contido, está aberta a todos os temas, dende o deporte ou a gastronomía de cada país até as biografías dos persoeiros da física, a astronomía, a lingüística ou a Historia do Reino de Galicia, por exemplo.

Dous puntos que a separan das enciclopedias ao uso son por unha banda un crecemento desorbitado e pola outra a súa capacidade para chuchar información e adaptala de maneira practicamente inmediata. Así, por exemplo, os obituarios ou as novas consideradas transcendentes e de carácter enciclopédico, en moitas ocasións, pasan a formar parte da Galipedia en cuestión de horas ou mesmo de minutos. Así mesmo, isto é posíbel grazas ao contacto co resto de wikipedias (máis de 270), de onde se tiran traducións e modelos, entre outros.

A licenza que emprega é a chamada licenza pública xeral de GNU.

En setembro de 2011, o 31% dos artigos da Galipedia estaban categorizados ou subcategorizados dentro da categoría Galicia.[4]

Imaxes

Novosartigosgalipedia
Número de novos artigos anuais.

Canto das imaxes, a Galipedia conta cun fondo propio ademais daquel común que achega Wikimedia Commons. Isto non sucede con todas as linguas da Wikipedia. Na actualidade hai cargados 9.311 ficheiros, a maioría deles imaxes, de forma interna. A comezos de febreiro de 2013 tiña 101 305 imaxes distintas entre todos os artigos do proxecto (244 226 contando as imaxes duplicadas), e as imaxes máis usadas, sen contar iconas, bandeiras etc, eran Concellos menos poboados de Galiza.PNG usada 1284 veces (incluída no modelo {{Concellos de Galicia en progreso}}), e Piazza del Campidoglio.jpg usada 1.082 veces (incluída no modelo {{Xeografía en progreso}}).[3]

Edición

O número de editores activos varía dende 2009 entre 260 e 330 aproximadamente. Destes, ao redor dunha vintena son moi activos e entre ningún e 3 son aqueles que polo xeral rebordan as 1.000 edicións mensuais. A media de creación de artigos des que se abrira o proxecto en abril de 2002 é de 8250 por ano; porén, se soamente temos en conta o último período (de 2007 a 2010, ambos os dous anos incluídos), daquela esta media aumenta até 11.400 novos artigos. Arredor dun 35% destes artigos foron creados polos 10 editores máis activos.

A categorización, tanto de artigos coma de imaxes, rolda o 100%.

Artigos de calidade

Artigo principal: Wikipedia:Artigos de calidade.

A Galipedia conta con 190 artigos de calidade. O primeiro en adquirir esta distinción foi o artigo Club Baloncesto Breogán, o 20 de xuño de 2010. Máis tarde pasarían a engrosar a listaxe os artigos de Castelao, Ramón Piñeiro, Lugo, Hórreo galego, Reino de Galicia, Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936, Valentín Paz-Andrade, Alzamento de Pascua, Caso do metílico, Praga, The Beatles, Lenin, Alemaña, Real Club Celta de Vigo, Prestige, Catedral de Santiago de Compostela e Tristan und Isolde, e ós que se irían sumando moitos outros co paso do tempo. No ano 2018, coincidindo co 15 aniversario do proxecto, superáronse os 150 artigos de calidade.

No ano 2016 comezaron a escollerse tamén os artigos bos, dos que actualmente se conta con 77, sendo o primeiro escollido o artigo Slipknot.

Factor humano

Ten culleredo 07
Encontro en Culleredo para dar a coñecer a Galipedia.

A Galipedia deu pé a unha comunidade de persoas colaboradoras con vencellos comúns, a pesar das múltiples diferenzas de procedencia, como a idade, a xeografía ou a ideoloxía. Así, lévanse a cabo encontros de usuarios nos que se fala da historia da Galipedia, da súa realidade presente e dos seus obxectivos futuros. Con todo, tamén existe un grupo de amizade formado ao redor da enciclopedia, que deu pé a grupos en redes sociais como Facebook[5] ou Twitter[6]. A presenza feminina é reducida entre as persoas que editan na Galipedia, problema este común ás demais wikipedias.[7]

Amais da actividade a través da rede, lévanse a cabo proxectos de difusión da Galipedia, como charlas en centros educativos ou encontros para aprender o seu manexo. Así, o 15 de xaneiro de 2011 (10º aniversario da Wikipedia), houbo unha xuntanza en Culleredo e outra en Ribadeo[8]. En setembro dese mesmo ano desenvolveuse un obradoiro na Cidade da Cultura.

No 2011, o 15 de xaneiro (aniversario da Wikipedia) e o 8 de marzo (aniversario da Galipedia) leváronse a cabo retos de edición para acadar novos récords. En xaneiro propúxose facer 5000 edicións nun día (das que se fixeron pouco máis de 4500) e en marzo propúxose facer 500 artigos novos nun día (creándose uns 450).

O 9 de marzo de 2013 celebrouse o 10º aniversario da Galipedia cun encontro en Santiago de Compostela que incluíu varios relatorios relacionados co coñecemento libre e o activismo cultural.

Ao longo da súa historia, a actividade da Galipedia apareceu reflectida en diversos medios de comunicación, con entrevistas a persoas usuarias na TVG[9] ou Radio Galega, e artigos en Xornal de Galicia, Vieiros ou Praza pública.

Wikimaratón Día Internacional da Muller Ourense 2018 v2
Póster do primeiro Wikimaratón do Día Internacional da Muller en Ourense.

En marzo de 2018 celebrouse o décimo quinto aniversario do proxecto co primeiro Wikimaratón polo Día Internacional da Muller e un galencontro en Ourense.

O 4 de xullo de 2018 escureceu as súas páxinas seguindo a actuación que comezara a Wikipedia en italiano, ante a votación no Parlamento Europeo dunha Directiva sobre dereitos de autor na Unión Europea.[10]

E-dixgal

E-dixgal é unha contorna virtual de aprendizaxe da Xunta de Galicia para usuarios rexistrados, nenos de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de ESO, que inclúe unha ligazón directa á portada da Galipedia.[11]

Logotipos conmemorativos da evolución temporal

Wikipedia-logo-gl-20000artigos
20.000
Wikipedia-logo-gl-25000artigos
25.000
Wikipedia-logo-gl-30000-proba
30.000
Wiki5anos
5
10-galicia cmyk
10
Wiki8anos
8
Wikipedia-logo-v2-gl-90000
90.000
Wikipedia-logo-v2-gl 100K
100.000
Wikilogo12prop1.svg
12
Galipedia 15 - Proposta 01-02
15

Recoñecementos

Premio Xoán Manuel Pintos 2018
Entrega do Premio Xoán Manuel Pintos no 2018.
Premio Xoán Manuel Pintos ao compromiso coa lingua
A Galipedia, premio Xoán Manuel Pintos no ano 2018.
Premio Rosalía de Castro de Lingua para a Galipedia
Recollida do premio Rosalía de Castro de Lingua da Deputación da Coruña.

Notas

  1. A denominación Galipedia ten carácter oficioso, namentres que a forma Wikipedia é a única con carácter de oficialidade.
  2. Historial da primeira portada da Galipedia.
  3. 3,0 3,1 Número de imágenes de la Galipedia (en castelán).
  4. categorycount tool.
  5. Grupo da Galipedia en Facebook.
  6. Perfil da Galipedia no Twitter.
  7. Wikipedia busca más mujeres escritoras para sus artículos
  8. O día de Wikipedia Arquivado 30 de setembro de 2011 en Wayback Machine..
  9. Capítulo 299 de Ben falado, programa da TVG.
  10. Fernández, Marcus (5 de xullo de 2018). "A Galipedia tamén escurece as súas páxinas". Código Cero. Consultado o 9 de xullo de 2018.
  11. Portada de E-dixgal
  12. "A Resaka das Letras premia a Galipedia como mellor sitio web en galego". Vieiros. 1/6/2006.
  13. "Apego, os mestres Vitoria Ogando e Anxo González Guerra e a Galipedia, premios Xoán Manuel Pintos 2018". Diario de Pontevedra. 1 de marzo de 2018. Consultado o 1 de marzo de 2018.
  14. Apego, Vitoria Ogando e Anxo González Guerra e a Galipedia, Premios Xoán Manuel Pintos-2018, na páxina web do concello de Pontevedra.
  15. "A Galipedia e Pirilampo gañan o Premio Rosalía de Castro de promoción da lingua da Deputación da Coruña". Consultado o 5 de xullo de 2018.
  16. Foto do Premio Rosalía de Castro de Lingua (2018) de promoción da lingua

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Ab urbe condita

Este artigo trata sobre a expresión latina, para o libro de Tito Livio véxase: Ab urbe condita libri.

Ab urbe condita (normalmente abreviado AUC ou a.u.c.) é unha expresión latina que significa 'dende a fundación da cidade'. Refírese principalmente a numeración dos anos dende a fundación de Roma.

Segundo esa numeración o ano actual (2019) é o ano 2772.

Box Office Mojo

Box Office Mojo é unha páxina web que achega información sobre filmes. A web comezou a funcionar en agosto de 1998 e conta cunha media de máis dun millón de visitantes ao mes. A información que proporciona actualízase constantemente; entre estes datos atópanse os referentes ás recadacións dos filmes. En xullo de 2008, Amazon.com mercou o sitio a través do seu filial da Internet Movie Database.

Clase (bioloxía)

En bioloxía (botánica e zooloxía), a clase é un grupo taxonómico que comprende varias ordes de plantas ou animais con moitos caracteres comúns.

Ao igual que ocorre con outros niveis na taxonomía dos Seres Vivos, e debido á enorme dificultade á hora de clasificar certas especies, varias Clases poden agruparse en Superclases, e os individuos dunha Clase poden organizarse en Subclases (e estes á súa vez en Infraclases).

Niveis de Clasificación (de xeral a concreto)

(os niveis obrigatorios marcáronse con fondo rosa)

División (botánica)

En bioloxía, chámase división nos reinos das plantas ou dos fungos ao equivalente dun filo no dos animais.

As divisións principais das plantas establécense seguindo a orde de evolución e probablemente sexa: os musgos (división Bryophyta), as herbas (división Filicophyta), os Equiseta (división Sphenophyta), o Cycad (división Cycadophyta), o Xinkgo (división Ginkgophyta), as coníferas (división Pinophyta), o Gnetophytes (división Gnetophyta), e as anxioespermas (división Anthophyta).

As anxioespermas son as plantas con flor, que dominan o mundo das plantas (o 80% de tódalas plantas vasculares son anxioespermas).

Instituto Galego de Estatística

Para a inmunoglobulina E ver IgEO Instituto Galego de Estatística (IGE) é un organismo autónomo da Xunta de Galicia creado no ano 1988 e que se rexe basicamente pola Lei 9/1988 de Estatística de Galicia.

Na súa misión de promover o desenvolvemento do sistema estatístico da Comunidade Autónoma presta servizos de recompilación e difusión da documentación estatística dispoñible, desenvolve bases de datos de interese público tales como referentes á poboación, nacementos, defuncións, densidade ou sobre aspectos económicos ou sociais, analiza as necesidades e a evolución da demanda de estatísticas e asegura a súa difusión.

Orde (bioloxía)

En bioloxía, a orde é a unidade sistemática entre a clase e a familia, na clasificación por categorías taxonómicas. Porén, en sistemática antiga, era sinónimo de familia.

Ao igual que ocorre con outros niveis na taxonomía dos seres vivos, e debido á enorme dificultade á hora de clasificar certas especies, varias ordes poden agruparse en superordes, e os individuos dunha orde poden organizarse en subordes (e estes á súa vez en infraordes).

Niveis de clasificación (de xeral a concreto)

(os niveis obrigatorios marcáronse con fondo rosa)

Parroquia civil

A parroquia é unha división administrativa ou censual que existe en numerosos países e que teñen a súa orixe nas parroquias eclesiásticas. As parroquias de Galicia están recoñecidas como entidades colectivas de poboación inferiores ao concello.

Dependendo do país (especialmente do seu tamaño) varía a relevancia administrativa:

Andorra: son as subdivisións principais do Estado, ver Andorra#Organización político-administrativa.

Antiga e Barbuda: son as subdivisións principais do Estado, ver Antiga e Barbuda#Organización político-administrativa.

Australia (parish): son divisións catastrais en Queensland, Nova Gales do Sur, Vitoria e Tasmania, ver divisións catastrais de Australia.

Barbados: son as subdivisións principais do Estado, ver Barbados#Organización político-administrativa.

Canadá (parish):

Novo Brunswick (parish): son divisións censuais, ver Parroquias de Novo Brunswick.

Quebec (municipalité de paroisse): son concellos rurais, ver Municipios Quebec#Rexións administrativas.

Dominica: son as subdivisións principais do Estado, ver Dominica#Organización político-administrativa.

España:

Asturias: unha forma tradicional de organización administrativa, relixiosa e agraria dos concellos, ver Asturias#Organización territorial.

Galicia: entidade local inferior ao concello, ver Parroquias de Galicia.

Ecuador: subdivisión dos concellos, ver Ecuador#Subdivisións.

Estonia (vallad): son os concellos rurais, ver Estonia#Divisións administrativas e Condados de Estonia

Estados Unidos (parish):

Luisiana: equivalente ao condado dos outros estados, ver Luisiana#Subdivisións

Irlanda (parish): son subdivisións dos condados que só se usan en contadas ocasións (como venda de terras), ver Irlanda#Divisións administrativas e Condados de Irlanda.

Granada: son as subdivisións principais do Estado, ver Granada, Caribe#Organización político-administrativa.

Portugal (freguesias): son subdivisións dos concellos, ver Freguesía.

Reino Unido

Escocia: son divisións censuais sen ningún tipo de entidade nin comunitaria nin política. Véxase tamén Escocia#Divisións administrativas e Subdivisións de Escocia.

Inglaterra (parish): son unidades de goberno local inferiores, ver Inglaterra#Subdivisións e Gobernos locais e Condados de Inglaterra.

Saint Kitts e Nevis: son as subdivisións principais do Estado, ver Saint Kitts e Nevis#Subdivisións.

San Vicente e as Granadinas: son as subdivisións principais do Estado, ver subdivisións de San Vicente e as Granadinas.

Suecia (socken): son as subdivisións dos concellos, ver Suecia#Subdivisións administrativas e Condados de Suecia.

Venezuela: subdivisións dos concellos, ver Venezuela#Entidades Federais de Venezuela.

Xamaica: son as subdivisións administrativas principais do Estado, ver Subdivisións de Xamaica.

Provincia

Unha provincia é un tipo de división administrativa, que confire certas funcións, a nivel administrativo, ó territorio que representa. Tamén se chama provincia ao territorio limitado pola división administrativa antedita.

Este termo utilizase con características diferentes seguindo os países e as épocas históricas. Polo tanto unha provincia abarca realidades de organización territorial diversas.

Shaka Samvat

O calendario nacional indio Shaka Samvat, é o calendario civil oficial utilizado na India. Emprégase, xunto co calendario gregoriano, na Gazette of India, en difusións de noticias da All India Radio, e en calendarios e comunicacións publicados polo goberno da India.

Ao marxe de tales propósitos formais, o calendario non é moi amplamente utilizado.

Superficie

En matemáticas, unha superficie é un obxecto topolóxico que, intuitivamente falando, é localmente "parecido" (homeomorfo) ao plano cartesiano , é dicir para cada punto P na superficie hai unha veciñanza de P na superficie que é homeomorfa a un disco aberto de e isto dános un sistema local de coordenadas contorna ao momento na superficie. Podemos chamar ao homeomorfismo local que vai da superficie a como carta e ao inverso (deste homeomorfismo) parametrización. Non sempre é posible parametrizar unha superficie cun único homeomorfismo local.

Exemplos: A esfera, o touro, o plano proxectivo, a botella de Klein, son instancias de superficies pechadas, é dicir sen fronteira.

Un disco (en ), un cilindro e a banda de Möbius son exemplos de superficies con fronteira.

Tamén as superficies se distinguen segundo sexan orientables ou non. Dise que unha superficie é non orientable se contén polo menos unha subsuperficie que é homeomorfa a unha banda de Möbius pechada. Caso contrario dise orientable.

Système universitaire de documentation

O système universitaire de documentation (sistema universitario de documentación) ou SUDOC é un sistema empregado por bibliotecas universitarias de Francia para identificar e manexar os documentos na súa posesión. Este catálogo contén máis de 10 millóns de referencias. A axencia responsable do seu mantemento é a Agence bibliographique de l'enseignement supérieur.

Século X

século IX < século X > século XI

Tempo que transcorre dende o ano 901 ó ano 1000 da era cristiá.

Acontecementos importantes

Compostela terceira meta de peregrinación da cristiandade. Visita ao Apóstolo do bispo Gotestalco de Le Puy no ano 950.

Fundación da Orde de Cluny (910).

Apoxeo do Califato de Córdoba.

No 987 comeza a dinastía dos Capetos en Francia.

Invasións normandas en Europa Occidental.

Século XI

século X < século XI > século XII

Tempo que transcorre do ano 1001 ó 1100 da era cristiá.

Acontecementos importantes

Arte románica, que perdurará durante dous séculos

Fundación da Orde do Císter

Conquista normanda de Inglaterra (batalla de Hastings)

Século XIII

século XII < século XIII > século XIV

Tempo que transcorre entre o 1 de xaneiro de 1201 e o 31 de decembro de 1300.

Durante este século en toda a Europa occidental continuou un ciclo demográfico expansivo sostido desde o século pasado.

Acontecementos importantes

Cumio do gótico en Europa.

Auxe das cidades.

1215: Xoán sen Terra aproba a Carta Magna, primeiro documento onde prevalece a lei sobre o poder real.

Século XIV

século XIII < século XIV > século XV

Tempo que transcorre entre o 1 de xaneiro de 1301 e o 31 de decembro de 1400.

Acontecementos importantes

Inicio da guerra dos cen anos

A peste negra provoca unha crise demográfica en Europa

Século XV

século XIV < século XV > século XVI

Tempo que transcorre entre o 1 de xaneiro de 1401 e o 31 de decembro de 1500. É o derradeiro século da Idade Media e o primeiro da Idade Moderna.

Acontecementos importantes

Revoltas irmandiñas en Galicia.

Caída de Constantinopla, os turcos conquistan Constantinopla. Fin do Imperio Romano de Oriente.

Fin da reconquista en España

Fin da guerra dos cen anos entre Inglaterra e Francia.

Renacemento e Quattrocento italiano.

Johannes Gutenberg inventa a imprenta.Personaxes destacadas

Os Reis Católicos de España.

Leonardo da Vinci en Italia.

Século XVI

século XV < século XVI > século XVII

Tempo que transcorre entre o 1 de xaneiro de 1501 e o 31 de decembro de 1600.

Século XVII

século XVI < século XVII > século XVIII

Tempo que transcorre entre o 1 de xaneiro de 1601 e o 31 de decembro de 1700.

Acontecementos importantes

Guerra dos Trinta Anos

É o século do Barroco.

A pataca comeza a cultivarse en IrlandaPersonaxes destacadas

Luís XIV de Francia, o rei Sol

Isaac Newton

Galileo Galilei

Carlos I de Inglaterra

Carlos II de Inglaterra

René Descartes

Wayback Machine

Wayback Machine é un servizo e unha base de datos que contén copias dunha gran cantidade de páxinas ou sitios de Internet. Se por algunha razón algún sitio non está dispoñíbel momentaneamente ou foi borrado do servidor de orixe, é posíbel consultar unha réplica vía "Wayback machine". Como consecuencia deste proxecto, tamén se pode consultar a historia ou modificacións das páxinas ao longo do tempo.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.