Galiformes

Os galiformes[1] (Galliformes), comunmente chamados galináceas,[2] constitúen unha orde de aves neognatas que conta con 283 especies.[3]

Inclúe as galiñas, pitas do monte, perdices, paspallases, faisáns, pavos, pavóns e as galiñas de Guinea, entre outras.

Galiformes
Galliformes
Meleagris ocellata.

Meleagris ocellata.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Aves
Subclase: Neornithes
Superorde: Galloanserae
Orde: Galliformes
Temminck, 1820
Familias e Subfamilias
Véxase o texto

Caractarísticas

Son principalmente aves terrestres, de tamaño variable e corpo de constitución masivo, con peteiros grosos adaptados principalmente para comeren sementes e raíces de plantas (os xuvenís tamén comen insectos), e con patas fortes. Son malas voadoras, limitándose o seu voo a planeos curtos e de escasa elevación. Habitan na maior parte dos continentes, fóra das rexións máis áridas e dos xeos perpetuos.

A maioría das especies permanecen na mesma área durante todo o ano, pero as máis pequenas, como o paspallás común, migran.

Moitas especies mostran dimorfismo sexual significativo en tamaño ou en aparencia.

Taxonomía

Descrición

A ode foi descrita en 1820 polo naturalista neerlandés Coenraad Jacob Temminck.[4]

Etimoloxía

O nome científico Galliformes está formado coa adición á raíz Gall-, do nome do seu xénero tipo, Gallus, a desinencia do latín científico -iformes 'en forma de', propia dos nomes das ordes de aves (e de peixes).

Familias e subfamilias

Segundo as clasificacións de Clements,[3] e a de referencia do Congreso Ornitolóxico Internacional (versión 8.2, 2019),[5] a orde dos galiformes clasifícase como segue:

Filoxenia

Relacións filoxenéticas baseadas en Hackett et al. (2008).[6]

Galliformes

Megapodiidae Australian Brush turkey2.jpeg

Cracidae Penelope jacquacu - Spix-Guan - Spix's Guan

Numididae Helmeted guineafowl kruger00

Odontophoridae California Quail mail in Golden Gate Park

Phasianidae Sonnerathuhn

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para galiformes.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para galináceas.
  3. 3,0 3,1 Clements, J. F. 2007. The Clements Checklist of Birds of the World, 6th Edition. Cornell University Press. Downloadable from Cornell Lab of Ornithology
  4. Order Galliformes Temminck 1820 en Fossilworks.
  5. IOC World Bird List. Version 8.2
  6. Hackett Shannon J.; et al. (25 de xuño de 2010). "A Phylogenomic Study of Birds Reveals Their Evolutionary History". Science 320. Consultado o 31 de marzo de 2009.

Véxase tamén

Bibliografía

  • del Hoyo, J.; Elliot, A. & Sargatal, J. (1994): "New World Vultures to Guineafowl". En: Handbook of the Birds of the World. 2. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-415-6.
  • Mindell, David P. & Brown, Joseph W. (2005): The Tree of Life Web Project - Neornithes. Versión do 14 de decembro de 2005. Consultada o 21 de xaneiro de 2018.
  • Mindell, David P.; Brown, Joseph W. & Harshman, John (2005): The Tree of Life Web Project - Neoaves. Versión do 14 de decembro de 2005. Consultada o 21 de xaneiro de 2018.

Outros artigos

Ligazóns externas

Ave de curral

Unha ave de curral é unha ave domesticada utilizada na alimentación, xa sexa en forma de carne ou polos seus ovos. A denominación inclúe tipicamente a membros das ordes Galiformes (tales como os polos e pavos) e Anseriformes (aves acuáticas como patos e gansos).

Con todo, esta non é unha clasificación estrita, e o termo pode facer referencia tamén a outros tipos de aves que son utilizadas na cociña, como as pombas. Para as aves como o faisán, paspallás e os patos salvaxes, utilízase comunmente o termo aves de caza.

Aves modernas

Os neornites ou aves modernas (Neornithes), son un clado que está composto por todas as aves actuais, as cales están representadas por máis de 9.000 especies. As aves modernas presentan notables características que as diferenzan do resto de vertebrados, sendo talvez a máis notoria a súa pel cuberta na súa maioría de plumas, tendo as extremidades anteriores transformadas en ás. Outras características que distinguen ás aves son a presenza dun peteiro sen dentes, un corazón tetracameral, un metabolismo alto e ósos ocos (o cal favorece o voo).

Fasiánidos

A dos fasiánidos (Phasianidae) é unha familia de aves da orde dos galiformes, na que están incluídos os galos, faisáns, pavos, pavóns, perdices, paspallases e outras aves terrestres. Conta cunhas 186 especies repartidas en 4 subfamilias, con 46 xéneros.

A familia inclúe moitas das aves de caza máis populares.

Galiña

Galiña e galo (Gallus gallus domesticus) son os nomes dados, respectivamente, á femia e macho da especie Gallus gallus domesticus de aves galiformes e fasiánidos. Os xuvenís coñécense co nome de polo ou pito. Estas aves posúen bico pequeno, crista carnuda e ás curtas e largas. A galiña ten unha enorme importancia para os seres humanos pois é o animal doméstico máis difundido e abundante do planeta e unha das fontes de proteína máis baratas. Alén da súa carne, as galiñas fornecen ovos. Segundo datos de 2003, hai cerca de 24.000 millóns de galiñas no mundo. Nalgúns países da África moderna, o 90% dos hogares crían galiñas. As galiñas son aves omnívoras, mais teñen preferencia por sementes e pequenos invertebrados.

As primeiras referencias a galiñas domesticadas xorden en cerámicas corintias datadas do século VII a.C.. A introdución desta ave como animal doméstico xurdiu probabelmente en Asia, de onde é nativa a especie Gallus gallus. A pesar de que os romanos desenvolveron a primeira raza diferenciada de galiñas, os rexistros antigos mostran a presenza de aves salvaxes asiáticas na China desde -1400. Da Grecia antiga as galiñas espalláronse por Europa e os navegantes polinesios levaron estes animais nas súas viaxes de colonización do Océano Pacífico, incluíndo a Illa da Pascua. A proximidade ancestral co ser humano permitiu o cruzamento destinado á crianza de diversas razas, adaptadas ás diferentes necesidades. Son tamén unha fonte de doenzas virais.

Galiña de Guinea

A galiña de Guinea, ou galiña pintada (Numida meleagris) é unha especie de ave galiforme da familia dos numídidos. É a máis estendida das pintadas; orixinaria de África, foi introducida nas Antillas Menores e no sur de Francia.

Galloanserae

O dos Galloanserae é un clado (considerado como superorde) de aves da subclase dos neognatos e infraclase dos neognatos, constituído polas ordes dos galiformes e os anseriformes.

Os membros dos Galloanserae son as aves máis importantes para a alimentación humana como aves domésticas, e tamén como aves de caza. Galiñas, pavos, pintadas, faisáns, perdices, paspallás, patos, gansos e outras aves similares pertencen a este grupo.

Lagopus

Lagopus é un xénero de aves da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos tetraoninos.

Comprende tres especies coñecidas como lagópodos.

Niño

Un niño é un lugar de refuxio utilizado por animais para procrear e criar á súa descendencia. Os ovíparos (aves, réptiles, insectos, peixes) depositan os seus ovos e incúbanos, mentres que os mamíferos paren neles, pero todos crían posteriormente a súa prole nos niños.

Adoitan ser xeralmente de material orgánico, ramas, herba e follas, e poden estar pendurados sobre as pólas ou no oco dunha árbore, nunha fenda ou entrante de rocha, sobre o chan ou entre matogueira. Na actualidade tamén se colocan caixas de madeira para favorecer a creación de niños das distintas especies. En xeral, cada especie ten uns estilos propios de niños, tanto en situación, forma e materiais, aínda que existen especies que comparten os mesmos niños e mesmo algunhas especies rouban os niños doutras.

Numídidos

Os numídidos (Numididae), chamados en varios idiomas galiñas da Guinea ou pintadas, son unha familia de aves da orde Galliformes. Son endémicas do continente africano e encóntranse entre as aves galiformes máis antigas. Aínda que as especies de numídidos modernas son endémicas de África, a Numida meleagris foi introducida en moitos outros lugares.

Ornitoloxía

Ornitoloxía (do grego ορνις, ornis, "paxaro"; e λόγος, logos, "coñecemento") é un ramo da zooloxía que se ocupa do estudo das aves.

A ornitoloxía é unha das poucas pólas da ciencia onde aínda hai gran número de afeccionados (2 millóns de británicos adheríronse á Royal Society for the Protection of Birds), que promoven a conservación e protección das aves e dos ambientes naturais nos que habitan.

Ovo (bioloxía)

Este artigo trata sobre o termo biolóxico, para o alimento véxase ovo (alimento).Nalgúns animais, un ovo é un corpo redondeado, de tamaño e dureza variables, que producen as femias e sustenta e protexe o embrión se o óvulo é fecundado, convértese en cigoto. Os animais ovíparos son aqueles que poñen ovos, con pouco ou ningún desenvolvemento dentro da nai. Esta é a forma de reprodución de moitos peixes, anfibios e réptiles, todas as aves, os mamíferos monotremas e a maioría dos insectos e arácnidos.

Os ovos dos réptiles, aves e monotremas están rodeados por unha casca protectora que pode ser flexible ou non. O ovo do avestruz, de até 1,5 kg, é a maior célula individual que se coñece, aínda que o xa extinto Aepyornis e algúns dinosauros puñan ovos maiores. Mellisuga helenae produce o menor ovo de ave coñecido: pesa medio gramo. Os ovos dalgúns réptiles e a maioría dos peixes son menores, e os dos insectos e outros invertebrados teñen aínda menos tamaño.

O estudo dos ovos, particularmente dos das aves, chámase ooloxía.

Paseriformes

As paseriformes (Passeriformes) son unha grande orde de aves que abrangue máis da metade das especies de aves. O grupo foi bautizado polo nome científico do pardal común (Passer domesticus).

Está dividido en dúas subordes principais, Passeri e Tyranni.

Son o grupo de vertebrados que máis éxito evolutivo tivo, contan con ao redor de 5.400 especies, o que aproximadamente duplica o número de especies da orde de mamíferos máis diversa, os roedores (Rodentia). As súas adaptacións ao medio son moi variadas e complexas e comprenden dende determinados tipos de canto a formas de construír niños.

Paspallás

O paspallás (Coturnix coturnix), tamén coñecido na bibliografía internacional como paspallás común (coas modificacións popias de cada idioma) para diferencialo das outras especies do xénero, e dalgúns xéneros afíns, é unha especie de ave da orde das galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos perdicinos, unha das integran hoxe en día o xénero Coturnix.

É unha ave de pequeno tamaño, unha das poucas galiformes que son migratorias, que é moi apreciada gastronomicamente pola súa carne o os seus ovos.

Perdicinos

A dos perdicinos (Perdicinae) é unha subfamilia de aves da orde dos galiformes e familia dos fasiánidos, que inclúe numerosas especies, como as perdices, os paspallases, francolíns (Francolinus sp.), que se direnencian doutras galiformes entre outras cousas, por non teren esporóns.Forman nun grupo de aves non migratorias de tamaño de mediano a pequeno, propias do Vello Mundo, distribiuídas por Europa, Asia, África e o Oriente Medio, que se alimentan de sementes e aniñan no solo.

A subfamilia inclúe moitas das aves de caza máis estimadas.

Perdiz

A perdiz, ou perdiz rubia, Alectoris rufa, é unha ave da orde dos galiformes e familia dos fasiánidos e subfamilia dos perdicinos, pertencente ao xénero Alectoris, orixinaria do suroeste de Europa.

Phasianinae

Os Phasianinae ou fasianinos forman unha subfamilia de aves da familia Phasianidae, da orde das Galiformes, de grande importancia para a especie humana, ben sexa pola caza deportiva, ben pola súa produción avícola e de carne en granxas.

Esta subfamilia comprende 16 xéneros entre os que se atopan galiñas, pavos e faisáns. As aves deste grupo son naturais de Europa, Asia e África.

Moitas destas especies amosan un dimorfismo sexual, con machos de gran corido e con plumas longas separadas do corpo, e con femias máis pequenas, de corpo máis repoludo e normalmente pardas ou pedresas. Outras, coma as perdices, son semellantes en ambos xéneros.

Phasianoidea

A dos fasianoideos (Phasianoidea) é unha superfamilia de aves da orde dos galiformes.

Pita do monte

A pita do monte, ou pita montesa,, Tetrao urogallus, é unha especie de ave da orde das galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos tetraoninos, pertencente ao seu xénero tipo Tetrao.É o membro de maior tamaño da súa subfamilia, distribuíndose por boa parte de Eurasia (Escandinavia, a rexión báltica e a Federación Rusa) con pequenos enclaves nas montañas de zonas temperadas como a cornixa cantábrica, os Pireneos, os Alpes e o Xura.

En España, desde 1979, está vedada a súa caza e, desde 1986, está catalogada como especie protexida, aínda que isto non supuxo, de momento, un incremento da súa poboación. Considérase unha reliquia da era glaciar, pois tras a última (a glaciación de Würm) as súas poboacións fóronse desprazando cara ás rexións máis frías de Europa e á alta montaña.

Aínda que a nivel xeral o status da especie é pouo preocupante, en España está en perigo de extinción, quedando algúns exemplares non Pireneos (da subespecie Tetrao urogallus aquitanicus), e ao longo das zonas boscosas da cornixa cantábrica (da subespecie Tetrao urogallus cantabricus).

En Galiza deuse por extinguida a poboación dos Ancares, a poboación máis occidental da especie, xa que os últimos cantadeiros ocupados observáronse en 2005., pero aínda se atopa esporadicamente debido ao movemento de exemplares de poboacións limítrofes.

Tetraoninos

A dos tetraoninos (Tetraoninae) é unha subfamilia de aves da orde dos galiformes, clasificadas na familia dos fasiánidos, entre as que as máis coñecidas son as pitas do monte. A clasificación máis común para este taxon é consideralas como subfamilia, pero ás veces foron clasificados como a familia tetraónidos (Tetraonidae). Esta clasificación como unha subfamilia de fasiánidos está apoiada por estudos das secuencias de ADN mitocondrial, e é a aplicada pola American Ornithologists' Union, ITIS, e outros.Habitan en rexións temperadas e subárticas do hemisferio norte, en hábitats que van desde bosques de piñeiros a páramos e ladeiras montañosas, desde unha latitude de 83 °N (o Lagopus muta vive no norte de Groenlandia) a 28 °N (o Tympanuchus cupido attwateri vive en Texas).

Anatomía
Comportamento
Evolución das aves

Subclase: Neornithes
(29 Ordes das aves modernas)
Aves fósiles
Aves e seres humanos
Listas

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.