Galiciana

Galiciana é a biblioteca dixital de Galicia. A súa xestión corre a cargo da Biblioteca de Galicia e ten como misión difundir e preservar o patrimonio documental e bibliográfico galego.[1] Está impulsada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia.[2]

Galiciana bib

Historia

O CSBG (Centro Superior Bibliográfico de Galicia), que posteriormente pasará a ser a Biblioteca de Galicia, comeza os seus traballos no ano 1986.[3] Créase de forma oficial no ano 1989 e cumpre as funcións de Biblioteca Nacional a nivel autonómico.[4] O seu proxecto de dixitalización iníciase no ano 1997, coa dobre finalidade de salvagardar materiais únicos e facilitar a súa difusión e o acceso aos mesmos. A partir do ano 1999 fíxose posible o acceso á súa base de datos a través de Internet.[5] En outubro de 2008 desenvólvese a nova versión da plataforma, e así nace Galiciana, un repositorio OAI cuxos metadatos poidan ser colleitados por Hispana e agregados a Europeana Oaister e ROAR.[6]

Obxectivos

A creación e obxectivos da Biblioteca Dixital de Galicia están estreitamente relacionados coas circunstancias específicas de creación do CSBG:

  • Non contar con fondo histórico
  • Non dispor dun espazo físico axeitado para o almacenamento e custodia do depósito legal
  • A existencia de coleccións de gran valor dispersas xeograficamente por todo o territorio galego e a imposibilidade de reunilas a todas nun mesmo lugar.

Por todo isto decídese dixitalizar os fondos dispersos pola comunidade galega e crear unha biblioteca dixital cuxas funcións serán dar a máxima visibilidade dos recursos dixitais integrados nela e cumprir os estándares para que a interoperabilidade cos principais proxectos de dixitalización existentes sexa posible.[7]

Descrición

A biblioteca dixital de Galicia ofrece, ademais da referencia bibliográfica dos impresos a posibilidade de acceder a documentos dixitalizados de gran parte do Patrimonio Bibliográfico Galego ou de interese para Galicia. Esta dixitalización cumpre a aplicación das últimas directrices e estándares nacionais e internacionais co fin de normalizar o acceso.[8]

Contido

  • Fondos propios da Biblioteca de Galicia
  • Obras dixitalizadas en colaboración coas principais bibliotecas patrimoniais galegas como a Universidade de Santiago de Compostela, o Museo do Pobo Galego, a Fundación Penzol de Vigo, e a Real Academia Galega.
  • Fondos dixitalizados procedentes das bibliotecas do Seminario de Mondoñedo e da de Estudos Locais da Coruña.

Notas

  1. "A Memoria Dixital de Galicia amósase ao mundo a través de Galiciana.gal". Código Cero. 11 de decembro de 2017.
  2. BNE. "Otras hemerotecas digitales". Consultado o 28 de marzo de 2014.
  3. "Biblioteca Digital de Galicia (Galiciana)". Presentada en la Jornada de Difusión de la Biblioteca Digital Mundial de la Unesco en la Biblioteca Nacional de España (BNE). xuño de 2012. Consultado o 28 de marzo de 2014.
  4. "Ley 14/1989 de Bibliotecas de Galicia". 1989. Consultado o 28 de marzo de 2014.
  5. BUJÁN NUÑEZ, José Daniel. "El Centro Superior Bibliográfico de Galicia" (PDF). Boletín de la ANABAD, ISSN 0210-4164, Tomo 50, Nº 3-4, 2000 , paxs. 259-270. Consultado o 28 de marzo de 2014.
  6. Biblioteca de Galicia (2011). "Directrices para proyectos de digitalización en Galicia" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de marzo de 2014. Consultado o 28 de marzo de 2014.
  7. Galiciana. "Presentación". Consultado o 28 de marzo de 2014.
  8. Hispana. "Galiciana". Consultado o 28 de marzo de 2014.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Biblioteca de Galicia

A Biblioteca de Galicia é a biblioteca cabeceira do sistema bibliotecario galego. Foi deseñada polo arquitecto americano Peter Eisenman e forma xunto con outros seis edificios a Cidade da Cultura de Galicia, localizada en Santiago de Compostela.

Diario de Galicia (Compostela)

Diario de Galicia foi un xornal que se editou en Santiago de Compostela entre 1908 e 1930.

El Compostelano

El Compostelano foi un xornal que se publicou en Santiago de Compostela entre 1920 e 1946.

El Correo de Galicia (1900)

El Correo de Galicia foi un xornal editado en Santiago de Compostela entre 1900 e 1920.

El Eco de Galicia (Lugo)

El Eco de Galicia foi un periódico editado en Lugo entre 1872 e 1898.

El Heraldo Gallego (1874)

El Heraldo Gallego foi un periódico galego que apareceu en Ourense entre 1874 e 1880.

El Ideal Gallego

El Ideal Gallego, subtitulado Diario católico, regionalista e independiente, é un xornal en lingua castelá que se edita na Coruña desde 1917.

El Lucense

El Lucense foi un xornal que se publicou en Lugo entre 1883 e 1902.

El Norte de Galicia

El Norte de Galicia foi un xornal que se editou en Lugo entre 1901 e 1923.

El Progreso (1907)

El Progreso foi un periódico editado en Pontevedra entre 1907 e 1937.

El Tea

El Tea foi un periódico editado en Ponteareas entre 1908 e 1936.

Gaceta de Galicia

Gaceta de Galicia foi un xornal que se editou en Santiago de Compostela entre 1879 e 1918.

La Correspondencia Gallega

La Correspondencia Gallega foi un xornal editado en Pontevedra entre 1889 e 1917.

La Idea Moderna

La Idea Moderna foi un xornal que se editou en Lugo entre 1889 e 1919.

La Ilustración Gallega y Asturiana

La Ilustración de Galicia y Asturias, despois coñecida como La Ilustración Gallega y Asturiana e finalmente como La Ilustración Cantábrica foi unha revista ilustrada editada en Madrid entre 1878 e 1882.

La Zarpa

La Zarpa foi un diario agrarista que se publicou en Ourense entre 1921 e 1936. Fundouno o crego e xornalista Basilio Álvarez o 27 de xullo de 1921 e foi dirixido, entre outros, por Antonio Buján, Jacinto Santiago e Roberto Blanco Torres. Colaboraron no xornal, entre moitos outros, Ramón Cabanillas, Manuel Lustres Rivas, Ramón Fernández Mato, Xaime Quintanilla Martínez, Eduardo Blanco Amor, Alexandre Bóveda, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Valentín Paz-Andrade, Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco, Antón Villar Ponte e Antonio Rey Soto.

Noticiero de Vigo

Noticiero de Vigo foi un xornal editado en Vigo entre 1903 e 1915.

Vida Gallega

Vida Gallega foi unha revista mensual gráfica que fundou Jaime Solá en Vigo. O primeiro número saíu en xaneiro de 1909 con portada de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e o último en 1938, publicándose un total de 697 números.

Xosé Pérez Ballesteros

Xosé Pérez Ballesteros, nado en Santiago de Compostela o 30 de xuño de 1833 e falecido na Coruña o 30 de outubro de 1918, foi un escritor en lingua galega e lingua castelá, e investigador do folclore galego do rexurdimento, que participou no labor cultural do provincialismo e do rexionalismo, un dos corenta fundadores e primeiro tesoureiro da Real Academia Galega, considerado como un dos precursores. A súa obra máis destacada foi a edición, en tres tomos, do Cancionero popular gallego (1885-1886).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.