Galicia altomedieval

A época altomedieval esténdese desde a caída do Imperio Romano de Occidente até o ano 1000. Para comprender mellor este período consulte o artigo sobre a Idade Media.

O Imperio Romano caeu baixo a presión dos movementos migratorios xermanos. A comezos do século V, tres destes pobos repartíronse a Península Ibérica a través de foedus e a Gallaecia pasou así en 411 a mans de suevos e vándalos asdingos (que posteriormente a abandonarían).

Historia de Galicia
Descripcion Reyno de Galizia de Ojea

Este artigo é parte da
Categoría:Historia de Galicia

Prehistoria
O megalitismo
Idade de Bronce
Idade de Ferro
Cultura castrexa
Idade Antiga
Galaicos
Romanización
Cultura galaico-romana
Cristianización
Antigüidade tardía
Monarquía sueva
Chegada dos bretóns
Monarquía visigoda
Idade Media
Período altomedieval
Era Compostelá
Período feudal
Idade Moderna
Antigo Réxime
Ilustración en Galicia
Idade Contempóranea
A Restauración borbónica
Segunda República
Guerra civil española
Ditadura franquista
Período autonómico
Véxase tamén
Historia da lingua galega
Reino de Galicia
Galicia
Cronoloxía do Reino de Galicia

Orixe. Imperio Romano

Séculos IV e comezos do V d.C

GallaeciainWesteastRome
Extensión da provincia romana de Gallaecia (nome latino de Galicia) a finais do século IV dentro do Imperio Romano de Occidente.

A finais do século V e comezos do século VI, a provincia de romana de Gallaecia, integrada esta no Imperio Romano de Occidente, estendíase por todo o Noroeste da Península Ibérica, desde as costas cantábricas no norte, ata o río Douro e o Sistema Central polo sur. Compoñíase administrativamente de catro conventos (conventus) xurídicos con cadansúa capital, así o Conventus lucensis con capital na cidade de Lucus Augusti (Lugo), o Conventus bracarensis con capital na cidade de Bracara Augusta (Braga), o Conventus asturicensis con capital na cidade de Asturica Augusta (Astorga) e o Conventus Cluniensis con capital na cidade de Clunia, sendo este último o que foi integrado máis tardiamente na Gallaecia (século IV), pois antes pertencera á Provincia Tarraconensis. Cabe destacar que entre todas estas capitais de convento (Lugo, Braga, Astorga e Clunia) era a cidade de Bracara (Braga) a que exercía de capital provincial de toda a Gallaecia

Así, polas descricións de numerosos autores da época como Paulo Orosio, Hidacio ou Santo Isidoro coñécense algunhas das rexións humanas e xeográficas que posuía a provincia romana de Galicia (Gallaecia):

  • Cantabria, rexión montañosa sita no Conventus Cluniensis onde vivían os cantabros.
  • Campus Gallaeciae (Campos de Galicia), extensa chaira sita entre o Conventus Asturicensis e o Conventus cluniensis, antigamente habitada polos vacceos, coñecida actualmente co nome de Tierra de Campos, na actual Castela e León.
  • Asturia, rexión habitada polos astures coincidente grosso modo co Conventus Asturicensis.
  • Pars Gallaeciae (Partes de Galicia), foi a rexión netamente galega composta polo Conventus Lucensis e o Conventus Bracarensis, sendo o núcleo da Gallaecia e co que se designou ao conxunto da provincia.

Establecemento. A monarquía sueva

Wisigothic-states
Mapa político do Suroeste europeo arredor entre os anos 550-600 d.C onde se reflicten tres diferentes territorios, a Galicia (Gallaecia), gobernada polos reis suevos, e a España (Hispania) e Septimania gobernada polos reis visigodos.

Goberno inicial. Século V

Os suevos entraron no noroeste peninsular seguindo a costa e evitando a zona de León, para evitaren así enfrontamentos coa mili­cia romana. De vida itinerante, estaban dirixidos por unha aristocracia guerreira e preferíanse asentar no medio rural e non nas cidades ou vilas. Coa tomada de Lugo, os xermánicos adquiriron o controlo definitivo da provincia. A cultura material non diferirá moito da galaico-romana. Os suevos, dado o seu escaso número, concentráronse no territorio que arrodea Braga.

Entre 429 e 456 emprenderon expedicións de saqueo fóra; coa derrota no río Órbigo, pasaron á área de influencia dos visigodos (chegados á Península co obxectivo pactado con Roma de contelos), á que se incorporan definitivamente no 585. Convertéronse ao catolicismo no 449 reinando Requiario, aínda que non moito despois tornarían ao arianismo ao entraren na órbita visigótica, para volveren por fin á ortodoxia coa conversión do rei Teodomiro no 559 en tempos do bispo Martiño de Dumio.

Expansión e formación. Século VI.

A mediados do século VI, as fontes histórico documentais realizadas na propia Galicia, amosan un alto grao de artellamento político-administrativo sobre todo o territorio. A estrutura política e eclesiástica toma forma e propicia o establecemento de núcleos administrativos tales como sedes eclesiásticas, ao que se lles adxudican un número de territorios para seren tutelados. De gran transcendencia é o compromiso real na tarefa de organización plasmada na convocatoria de Concilios e nos documentos da coroa. Entre toda a documentación do período suevo, sobresae sen dúbida a coñecida como Divisio Theodemiri (coñecido comunmente como Parroquial suevo), redactada entre os anos 527 e 582 e que pon de relevo a extensión territorial do goberno suevo así como a estrutura administrativa interna do reino. Segundo esta, o reino conta coas seguintes dioceses:

  • Diocese de Ourense: Auriensem, Palla Aurea, Verugio, Bibalos, Teporos, Geurros, Pincia, Cassauio, Verecanos, Sanabria, Calapacios maiores.
  • Diocese de Astorga: Astorica, Legio, Bergido, Petra speranti, Comanca, Ventosa, Maurelos superiores et inferiores, Senimure, Fraucelos, Pesicos.
  • Diocese de Braga: Bracarensem, Centumcelas, Caetos, Remeto, Anoaste, Milia, Ciliolis, Ad Portum, Agilio, Carandonis, Tauris, Cilotao, Cetanio, Oculis, Cerecis, Petrometo, Equesis, Ad Saltum. Así como os pagus: Panonias, Laetera, Brigantia, Astiotico, Tureco, Auneco, Merobrio, Berese, Palantucio, Celo, Superlegio, Senequio.
  • Diocese de Bretonha: Britonorum, Monasterio Maximi,
  • Diocese de Conimbriga: Conembrica, Eminio, Selio, Lurbine, Insula, Antunane, Portucale Castrum Antiquum.
  • Diocese de Dume: Dumio.
  • Diocese de Idanha: Egitania, Municipio, Francos.
  • Diocese de Iria: Iria, Morracio, Salinense, Contenos, Celenos, Metacios, Mercienses, Pestemarcos,
  • Diocese de Lamego: Lamego, Tuentica, Arauoca, Cantabriano, Omina, Camianos.
  • Diocese de Lugo: Lugo, Carioca, Seuios, Cauarcos,
  • Diocese de Porto: Portugalensem in castro nouo, Villanoua, Betaonia, Visea, Menturio, Torebrio, Bauvaste, Bonzoaste, Lumbo, Nescis, Napoli, Curmiano, Magneto, Leporeto, Melga, Tongobria, Villa Gomedei, Tauvase. Tamén os distritos (pagus) Labrencio, Aliobrio, Aritia, Truculo, Cepis, Mandote, Palentiaca.
  • Diocese de Tui: Tudensem, Turedo, Tabulela, Lucoparre, Aureas, Langetude, Carisiano, Marciliana, Turonio, Celesantes, Toruca, Aunone, Sacria, Herbilione, Cauda, Ovinia, Cartase.
  • Diocese de Viseu: Viseu, Rodomiro, Submontio, Subverbena, Ósanos, Ovellione, Tutela, Coleia, Calibrica.

Consolidación. Séculos VI-VIII

Rembrandt - Sankt Jakobus der Ältere
A descuberta da tumba de Santiago vai converter a Galiza nun eixo da cristiandade medieval. Na imaxe: Santiago, obra de Rembrandt van Rijn.

A feudalización da sociedade xa ía avanzada cando o reino visigodo foi destruído pola invasión musulmá de 711. En 813, o bispo Teodomiro anunciou a descuberta do sepulcro do Apóstolo Santiago.

Cultura e relixión

Varios autores destacan na época: Paulo Orosio coñeceu a Agostiño de Hipona e a San Xerome. É o autor da Historiarum adversus Paganos Libri VII (Os sete libros da historia contra os pagáns) contra Prisciliano; Hidacio, orixinario da Limia e bispo da Diocese de Aquæ Flaviæ desde 427, é autor do Chronicon, que chega até o ano 469; Martiño de Dumio, orixinario da Panonia, escribe De correctione rusticorum, obra de catequese pedagóxico-moral, e o Parrochiale Suevum (572-582); Froitoso de Braga, xa no século VII, redacta a Regula Monachorum e a Regula Monastica communis, que perfilan o modelo de mosteiro agrícola xermánico-galaico.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Rodríguez Castillo, Héctor (2005). Os mosteiros dúplices en Galicia na alta Idade Media. Un traballo sobre modelos sociais. Noia. Editorial Toxosoutos. ISBN 84-96259-56-0.
  • Rodríguez Resino, Álvaro (2005). Do Imperio Romano á Alta Idade Media. Arqueoloxía da Tardoantigüidade en Galicia (séculos V-VIII). Noia. Editorial Toxosoutos. ISBN 84-96259-45-5.
  • Varela Sieiro, Xaime (2003). Léxico cotián na alta idade media de Galicia: o enxoval. Sada. Ediciós do Castro. ISBN 84-8485-120-6.
4 de setembro

O 4 de setembro é o 247º día do ano do calendario gregoriano e o 248º nos anos bisestos. Quedan 118 días para finalizar o ano.

Afonso III de Oviedo

Afonso III alcumado o Grande, nado no 848 e finado en Zamora o 20 de decembro de 910, foi un nobre medieval, fillo do rei Ordoño I. Reinou entre os anos 866 e 910 sendo o derradeiro rei da Galiza altomedieval (Regi Gallaeciarum) que gobernou desde a cidade de Oviedo (rex in Oveto). A súa autoridade real foi seriamente cuestionada en varias ocasións durante o seu reinado.

Afonso II de Oviedo

Afonso II de Oviedo, o Casto, nado en Oviedo no 760 e finado na mesma vila no 842, foi un rei de toda a Galicia altomedieval ou de Galicia e Asturias entre os anos 791 e 842 coa capital na cidade de Oviedo.

Fillo do rei Froila I, educouse no mosteiro de Samos e foi durante o seu longo reinado cando o caudillismo que exerceran Paio ou Afonso I acada un verdadeiro nivel de monarquía organizada. Tamén no seu reinado se produciu o descubrimento en Compostela do suposto sartego do apóstolo Santiago.

Afonso é coñecido como príncipe das Galicias (Galletiarum principis) na Vita Hludovici, así como rei de Galicia (rex Gallaeciae) no cronicón de Hermann de Reichenau do século XI. Igualmente, nas fontes musulmás, é chamado rei de Galicia por Al-Maqqari e rei dos galegos por Ibn Khaldun. A mencionada denominación como rei de Galicia e Asturias (regis Galleciae et Asturiae nos Annales regni francorum e regis Asturiae atque Galleciae na Vita Karoli Magni de Exinardo) é totalmente ocasional, pois o resto das fontes cristiás e musulmás sempre fan referencia unicamente a Galicia. Non obstante, é común a suplantación da súa titulación pola de rei de Asturias, denominación esta creada na España do século XIX polos primeiros historiadores romanticistas como Modesto Lafuente en pleno período de creación do nacionalismo español contemporáneo, que mantén gran vixencia na actualidade.

Carlos Baliñas Pérez

Carlos Baliñas Pérez, nado en León o 8 de marzo de 1961, é un escritor e historiador galego.

Christianorum regnum

A denominación en latín de Christianorum regnum que significa literalmente "reino dos cristiáns", foi a máis común para referirse ao dominio dos reis cristiáns na Galicia altomedieval entre os séculos VIII e X.

Froila I

Froila I, nado en 722 e finado en Cangas de Onís no ao 768, foi un nobre da alta idade media, fillo de Afonso I, ao que sucedeu á fronte dos territorios patrimoniais, aqueles que logrou expandir alén da Cordilleira Cantábrica durante o seu reinado (757-768).

Coma no caso do seu pai, o denominativo "de Asturias" é debido a diversos autores do romanticismo español de mediados do século XIX denominación que aínda hoxe ten gran vixencia, pero que as crónicas medievais xamais chegaron a atribuírlle. Pola súa pertenza á Galicia alto-medieval, tamén está recoñecido dentro do cómputo de reis de Galicia por boa parte dos historiadores galegos actuais, concedéndolle o nome de Froila I.

García I de León

García I de León, nado cara ao ano 871 e falecido en Zamora o 19 de xaneiro de 914, foi o primeiro rei da Galicia altomedieval que instalou a súa corte na cidade de León, gobernando entre os anos 910 e 914.

Guterre Méndez

Guterre Méndez, (tamén Guterre Mendes, Gutier Menendiz ou Gutier Menéndez), nado en 865 e finado en 934, foi un importante conde galego.

Lista de monarcas de Galicia

A primeira persoa a asumir o título de rei en Galicia foi o monarca suevo Hermerico, quen conseguiu de Roma no ano 409 o goberno da provincia romana de Gallaecia, facendo dela o seu novo reino. A súa dinastía instaura primeiramente un Reino Suevo en canto que a monarquía e a elite detentadora do poder eran suevas, porén durante o século V d.C, o entendemento cos máis numerosos aristócratas galaicos e a adopción do catolicismo romano consolidan finalmente un Reino de Galicia, como porá de relevo Gregorio de Tours, sendo o primeiro erudito que o denomine Galliciense Regnum, a finais do século VI, e aos seus reis coma reis de Galicia.

Mauregato

Mauregato, finado en Pravia no ano 789, foi princeps (título similar ao de rei ou gobernante) de parte da Galicia altomedieval entre os anos 783 e 789.

Odoario (rebelde)

Odoario, vivo no século IX, foi irmán do rei da Galicia altomedieval Afonso III.

Ordoño I de Oviedo

Ordoño I, nado en Oviedo no 821, foi fillo de Ramiro I herdando deste, o goberno de toda a Galiza alto-medieval desde 2 de febreiro do ano 850 ata o 27 de maio de 866, data na que morre.

Desde mediados do século XIX é designado tradicionalmente pola historiografía española como rei de Asturias mais gran parte da historiografía galega desde finais do século XIX rexeita tal denominación por ser inconsistente e levar a engano.

Paio de Asturias

Paio (baixo-latín Pelagius, en castelán Pelayo) (718? — 737), foi un caudillo militar que a historiografía española romanticista do século XIX quixo ver como fundador mítico do denominado por ela, "Reino de Asturias" e polo tanto o seu primeiro rei.

Os feitos referidos á vida de Paio que aparecen nas crónicas son idénticos a outros que aparecen na biblia, en vidas de santos, ou en textos da historia grecolatina. Así, o discurso que pronuncia contra os musulmáns é similar o de Santa Baia, o percurso de Paio polas montañas é como o episodio bíblico do Monte Horeb e en parte como o de Moises e a silveira ardente, e o o enfrontamento entre Paio e o bispo traidor Oppas sae na biblia case literalmente.

Por outra parte, o Foro Antigo de Navarra (S.XIII), remite igualmente a un Paio propio co fin de xustificar os dereitos da aristocracia na elección do monarca, un paralelismo evidente que invita a pensar nun recurso mitificado sen base historiográfica.

Ramiro III

Ramiro III, nado en 961 e falecido en Astorga no 985, foi rei de Galicia entre os anos 966 e 984 exercendo o seu poder desde a cidade de León, polo que adoita ser recoñecido tamén como rei de León.

Ramiro II de León

Ramiro II o Grande, nado cara ao 898 e finado en León en xaneiro de 951, foi o quinto rei de Galicia que gobernou desde a nova capital, León, (931 - 951), un dos máis notábeis monarcas, alcumado o Diabo polos seus inimigos en Spania a causa da súa ferocidade e enerxía.

Sancha I de Galicia

Sancha I de Galicia, nada en 1013 e finada en León o 7 de novembro de 1067, foi unha nobre medieval galega, raíña de Galicia desde o ano 1037.

Filla de Afonso V o Nobre e da súa esposa, a raíña Elvira Menéndez de Melanda, foi infanta e raíña de toda a Galicia altomedieval, converténdose o seu marido, o conde de Castela Fernando I, en rei consorte pero con poder efectivo á morte de Vermudo III, irmán da raíña Sancha, que perdeu a vida na batalla de Tamarón.

Silo (rei)

Silo (Silo Silonis), finado en Pravia (Asturias) no 783, foi un rei (princeps asturorum segundo as crónicas) que gobernou gran parte da Galicia altomedieval desde 774 a 783. Accedeu ao trono polo seu casamento con Adosinda, filla do rei Afonso I e mudou a corte de Cangas de Onís a Pravia (Asturias). O seu reinado está marcado pola paz con Al-Andalus, sendo coetáneo do rei franco Carlomagno e do emir Omeia de Córdoba Abderramán I.

Vermudo II

Vermudo II de León e de Galiza, nado cara ao 956 e finado no Bierzo no 999, foi rei da Galiza a partir de 982 e de León desde 985 e até a súa morte. Xúlgase que teña sido fillo bastardo de Ordoño III. Foi cognominado o Gotoso, por sufrir de gota.

Vermudo III

Vermudo III foi rei da Galicia altomedieval e do Reino de León entre os anos 1028 e 1037.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.