Galicia Hoxe

Galicia Hoxe foi un xornal galego que se publicou en Santiago de Compostela editado pola Editorial Compostela, a mesma que edita El Correo Gallego. Foi o primeiro diario en lingua galega, apareceu o 6 de xaneiro de 1994 coa cabeceira O Correo Galego e cunha tirada inicial de 10.000 exemplares[1], e en maio de 2003 cambiou para o seu nome definitivo. O derradeiro número saíu o 28 de xuño de 2011. As razóns do peche hai que buscalas, segundo o propio medio, no recorte de axudas económicas que habitualmente recibía da Xunta de Galicia[2]. Non obstante mantén a súa cabeceira como diario dixital.

Notas

  1. Helena Goyanes Vioar et al. A información en galego. Edicións Lea, 1996, páxina 19.
  2. "Pecha Galicia Hoxe", 28/6/2011.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Alberto Núñez Feijóo

Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, actual presidente da Xunta de Galicia. É tamén o presidente do Partido Popular de Galicia, que resultou o máis votado nas eleccións autonómicas de 2009, acadando a maioría absoluta, e o Parlamento de Galicia elixiuno para ser presidente da Xunta, tomando posesión o 18 de abril dese mesmo ano. Revalidou o cargo nas eleccións de 2012 e nas de 2016.

Asalto do bou Eva

O asalto do bou Eva foi un dos episodios máis tráxicos da represión franquista en Galiza. O 23 de abril de 1937 oito homes e unha muller (casada dende pouco cun deles) dispoñíanse a escapar a Francia por mar dende o porto de Vigo.

Beade

Beade é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro, un dos máis pequenos en extensión e menos poboados de Galicia. Segundo o IGE en 2016 tiña 427 habitantes (500 en 2012, 557 en 2007, 553 no 2006, 559 no 2005, 578 no 2004, 576 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é beadés.

Blanca García Montenegro

Blanca García Montenegro, nada en Lugo en 1960, é unha empresaria galega, presidenta do grupo de comunicación El Progreso.

Camellia

Camellia é un xénero de plantas da familia Theaceae que producen as flores coñecidas como camelias. O xénero Camellia inclúe moitas plantas ornamentais e a planta do té.

A Camellia japonica é moi cultivada como especie ornamental en Galicia e, moi particularmente nas Rías Baixas, onde a climatoloxía e acidez do solo favorecen o seu cultivo e inducen unha longa floración.

Cimbabue

Cimbabue ou Zimbabwe (en inglés: Zimbabwe), oficialmente República de Cimbabue (en inglés: Republic of Zimbabwe), é un país ó sur de África que anteriormente se chamaba Rodesia. Limita ó norte con Zambia e Mozambique; ó leste con Mozambique; ó sur con Suráfrica e ó oeste con Botswana. Ten tres linguas oficiais: o inglés, o shona e o ndebele.

En 1965 a minoría branca declarou o país independente do Reino Unido co nome de Rodesia, non recoñecido polo Reino Unido, e instalou un réxime de segregación racial semellante ó do apartheid de Suráfrica.

O país entrou en guerra civil coa implantación deste réxime, que só terminou cando os brancos concordaron coa mediación dos ingleses pór fin ó réxime de segregación da poboación negra. O 17 de abril de 1980 o Reino Unido concedeu formalmente a independencia do país co nome actual, Cimbabue.

Aínda que inicialmente durante a década dos 1980 a súa administración intentou mellor o nivel de vida e a economía do país, o certo é que o seu goberno foi caracterizado polo despilfarro orzamentario, pola hiperinflación e por denuncias de incumprimentos de dereitos humanos. Tamén se dá a fraude electoral entre intimidacións varias, que non logran estabilizar o goberno do estado a pesar dun intento de goberno compartido.

Diciopedia do século 21

A Diciopedia do século 21, subtitulada Dicionario enciclopédico da lingua galega e da cultura universal ilustrado, é un dicionario e enciclopedia universal, en tres volumes, editada no ano 2006 conxuntamente por Edicións do Cumio, Editorial Galaxia e Edicións do Castro.

Día das Letras Galegas

O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro.

Ata 2019, ano dedicado a Antón Fraguas, 59 autores (4 mulleres e 55 homes) foron homenaxeados nas 57 edicións do Día das Letras Galegas, posto que 1998 foi o único ano en que houbo unha homenaxe colectiva (en concreto, a tres trobadores ligados á Ría de Vigo).

Fernando Ónega

Fernando Ónega López, nado en Mosteiro (Pol) o 16 de xuño de 1947, é un xornalista galego.

Galicia

Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.

Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial dentro da provincia da Coruña. Galicia posúe 2 718 525 habitantes (2016), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. En Galicia, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol. Ten unha superficie de 29 574,4 km².

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 817 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 215 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab./km² no 2016.

Inmaculada Paz-Andrade

María Inmaculada Paz-Andrade Rodríguez, nada en Pontevedra o 14 de novembro de 1928, é unha influente científica galega.

Larpeiros

Larpeiros é un programa de cociña emitido pola Televisión de Galicia. Este espazo, de trinta minutos de duración, emítese os martes e mércores ás 22:00 h, e os sábados con dobre episodio ás 16:15 e 19:15.

Leipzig

Leipzig ( son ; IPA: [ˈlaɪpt͡siç]) é unha Kreisfreie Stadt (cidade independente) no noroeste de Saxonia (Alemaña) na confluencia dos ríos Pleiße, Weiße Elster e Parthe e ten 297.60 km².

Os seus 520.838 habitantes fana a cidade máis poboada de Saxonia.

A corporación municipal está composta por 19 concelleiros do SPD, 19 do PDS, 19 do CDU, 7 dos Verdes, 3 do FDP, 1 do DSU, 1 do FORUM e 1 outros.

O primeiro documento no que aparece a localidade data do ano 1015. Trala concesión do foro e dos privilexios de comercio no ano 1165, desenvolveuse como importante punto comercial no centro de Europa, cun dos mercados máis antigos do mundo, que data do ano 1190, e a imprenta tivo unha grande importancia.

Xa no ano 1165 a cidade recibiu o dereito de cidade e mercado (agora recinto feiral). Desde entón, Leipzig converteuse nun dos centros de comercio máis importantes de Europa central. A cidade ten unha longa tradición de recinto feiral unha das feiras máis antigas (1190) de Europa. Xunto con Francfort é Leipzig o centro histórico da imprenta e do comercio. Ademais, na cidade atópase unha das universidades máis antigas de Alemaña. Nas últimas dúas décadas, Leipzig foi o centro das manifestacións dos luns (Montagsdemonstrationen) de 1989, as cales lle deron o impulso necesario á reunificación alemá.

En Leipzig, ademais, atópanse unha das universidades e escolas superiores de música máis antigas de Alemaña. A cidade conta cunha grande tradición musical, principalmente debida á actividade de Johann Sebastian Bach e de Felix Mendelssohn Bartholdys e afianzada pola orquestra da Gewandhaus de Leipzig e polo coro da igrexa de Tomás.

Partido Popular de Galicia

O Partido Popular de Galicia (PPdeG) é a rama galega do Partido Popular español. No ano 2015 contaba con 1753 concelleiros, e 15 deputados no Congreso dos Deputados. Ten a maioría absoluta no Parlamento de Galicia, con 41 dos 75 escanos.

Ramón Lorenzo

Ramón Lorenzo Vázquez, nado en Eirapedriña (Ames) o 16 de setembro de 1935, é un estudoso da lingua galega e da prosa medieval, catedrático de Lingüística e Literatura galegas na Universidade de Santiago de Compostela dende 1981 e membro da RAG desde 1999.

Rosalía Mera

Rosalía Mera Goyenechea, nada na Coruña o 28 de xaneiro de 1944 e finada na mesa cidade o 15 de agosto de 2013, foi unha empresaria galega. Foi co fundadora de Inditex xunto con Amancio Ortega.

Salcedo, Pontevedra

San Martiño de Salcedo é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Pontevedra. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 2123 habitantes (1027 homes e 1096 mulleres), 118 menos ca en 2004 (1161 mulleres e 1080 homes), distribuídos en 28 entidades de poboación.

Terra Galega

Terra Galega (Tega) é un partido político de centro progresista e galeguista que se formou o 4 de novembro de 2005, aínda que está rexistrada dende maio dese ano.

Xosé Ramón Barreiro

Xosé Ramón Barreiro Fernández, nado en Ribeira o 2 de decembro de 1936, é un historiador galego e foi o presidente da Real Academia Galega entre 2001 e 2009.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.