Galicia (A Habana)

Galicia é o título dun semanario ilustrado que se publicou na Habana entre 1902 e 1930, baixo o subtítulo de Revista semanal ilustrada, se ben este subtítulo foi modificado en numerosas ocasións [1]. En 1905 engadiu á cabeceira o lema: Autonomía regional. Fundouno o rexionalista Vicente López Veiga, natural de Moeche (A Coruña) quen foi o seu primeiro director ata o número 48 do segundo ano, para ser substituído por José Benito Cerdeira, que tamén figura como administrador a partir dese mesmo número. Constantino Horta Pardo foi o director de 1906 a 1908.

Galicia
Galicia. Revista semanal ilustrada, número 10. La Habana. 28 de septiembre de 1902
PaísCuba
Lingualingua castelá

Características

O primeiro número saíu o 25 de xullo de 1902 e desapareceu o 30 de maio de 1930. A partir de 1911 abandonou o formato grande (40 x 28 cm) e aumentou significativamente o número de páxinas. A lingua utilizada foi maioritariamente o castelán, reservando o galego para algúns textos poéticos, aínda que tamén nalgún en prosa [2]. O 25 de xullo de 1920 publicouse un número extraordinario integramente en galego.

Xa desde os primeiros números contou coa colaboración de Manuel Curros Enríquez, pero a nómina de colaboradores é extensísima e acolle a practicamente todos os escritores da época, como Concepción Arenal, Uxío Carré Aldao, Lamas Carvajal, Lugrís Freire, Manuel Murguía, Pardo Bazán, José Pérez Ballesteros, Mercedes Vieito Bouza etc., ademais de numerosos pseudónimos identificados ou non [3]. Esporadicamente publicou na portada algunha caricatura de Castelao (como acontece no número extraordinario xa citado) e de Vidales Tomé.

Nesta revista publicouse o 9 de abril de 1905 a primeira referencia á constitución da Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega, da que actuou como voceiro, sendo unha constante da publicación a vinculación con esta organización, co Centro Gallego de La Habana e coa Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia. Dedicou un número monográfico á Curros Enríquez con motivo da súa morte, asemade cedeu a bandeira de Galicia que cubría o seu cadaleito no enterro. En 1909, ao formarse o Comité Redencionista da Habana, a revista converteuse no seu voceiro e, en 1912, publicou numerosas colaboracións en apoio do labor do movemento "Acción Gallega", de Basilio Álvarez.

Notas

  1. Como tal, "Revista Regional de más circulación en la República de Cuba", "Revista gráfica Regional de La Habana", ou Publicación semanal Órgano de la Colonia Gallega y Sociedades Regionales de Cuba".
  2. En 1902 apareceu un poema con algunhas palabras en portugués.
  3. Entre outros Conde de Castelnovo que agocha ao propio López Veiga.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Bandeira de Galicia

A bandeira de Galicia actual foi creada a finais do século XIX polos galeguistas históricos do Rexurdimento e consolidada pola Xeración Nós como insignia nacional, a actual bandeira civil. Ten fondo branco e presenta unha franxa azul dende o ángulo superior esquerdo até o inferior dereito. A franxa azul posúe unha largura igual á terceira parte do alto da bandeira.

El Eco de Galicia (A Habana)

El Eco de Galicia (Revista semanal de ciencias, arte y literatura) foi un xornal galego editado na Habana entre 1878 e 1902.

Heraldo de Galicia (A Habana)

Heraldo de Galicia foi un periódico editado na Habana entre 1919 e 1935.

Irmandade Galeguista do Uruguai

No número de decembro de 1934 da revista O Irmandiño, a propia Irmandade definiuse a si mesma como unha entidade que non se adicaba en exclusive á política, senón que os seus principais obxectivos consistían en dar a coñecer grandes personalidades galegas que, debido ao réxime, morreron ou “vivían na escuridade” para así defender o idioma.

A Irmandade Galeguista do Uruguai fai un chamamento a todos os galegos e galegas do mundo, para tomar conciencia da situación da comunidade galega, ademais de facer fincapé na igualdade entre homes e mulleres, todos eles necesarios para a causa. Para apoiar este fin, en palabras de Antón Vilar Ponte, ínstase a mercar libros escritos no idioma galego, para continuar o legado da Editorial Nós, potenciando a literatura galega en Galicia e no resto do mundo.

A asociación acordou finalizar as súas funcións cando estalou a Guerra civil española, para apoiar todo o posíbel ao bando da República.

Luís Alonso Girgado

Luís María Alonso Girgado, nado o 7 de agosto de 1946 en Ferrol, é un editor, escritor, investigador e tradutor galego.

Luís Otero Pimentel

Luís Otero Pimentel, nado en Outeiro (Portodemouros, Vila de Cruces) o 3 de setembro de 1834 e finado en Cádiz en 1920, foi un militar e escritor galego en lingua galega e lingua castelá. A súa obra máis destacada é Campaña da Caprecórneca, novela publicada por entregas no semanario Follas Novas en 1897.

Xosé Neira Vilas

Xosé Santiago Neira Vilas, nado en Gres (Vila de Cruces) o 3 de novembro de 1928 e finado no mesmo lugar o 27 de novembro de 2015, foi un xornalista, recoñecido e premiado escritor galego en lingua galega e lingua castelá e dinamizador cultural, emigrante na Arxentina e Cuba, membro da Real Academia Galega, Medalla Castelao e Medalla de Ouro de Galicia, autor dunha ampla obra narrativa, na que destaca Memorias dun neno labrego (1961), o libro máis editado da historia da literatura galega. Cultivou tamén o ensaio, a poesía e a literatura infantil. A súa obra, tanto por calidade como por cantidade, converteuno nun clásico das letras de Galicia.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.