Galicia. Diario de la mañana

Galicia foi un xornal que se editou en Ourense entre 1930 e 1937.

Historia e características

Subtitulado Diario de la mañana, apareceu o 15 de xuño de 1930. Fundado por Marcial Ginzo Soto, ao que o suceden na dirección Ricardo Outeiriño Rodríguez, Antonio López Sánchez (1934-1935) e José Rodríguez de Dios (1936). Xornal de orientación calvosotelista, nos comezos baixo as instrucións de Marcial Ginzo Soto, e logo baixo as de Ricardo Outeiriño. Foron os seus redactores Antonio Couceiro Freijomil, Emilio Amor, Antonio López Sánchez, Celso Cendón, José González Viso, Xavier Prado Lameiro e Alfonso Carballo. Entre os seus colaboradores figuraron Vicente Risco, Florentino López Cuevillas, Manuel Luís Acuña, Noriega Varela, José Adrio Menéndez e Xosé Ramón Fernández-Oxea. Cesou a súa publicación en maio de 1937[1].

Notas

  1. La Región, 1-6-1937.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Valcárcel López, Marcos (1987). Deputación Provincial, ed. A prensa en Ourense e a súa provincia. Ourense. pp. 195–197. ISBN 84-505-5721-6.

Ligazóns externas

José Adrio Menéndez

José Adrio Menéndez, finado en Ourense o 30 de abril de 1937, foi un xornalista e escritor galego.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.