Galería de imaxes de petróglifos do Chan da Ferradura

O Chan da Ferradura, unha serie de gravados na rocha descubertas polo Laboratorio de Arqueoloxía e Formas Culturais do Instituto de Investigacións Tecnolóxicas da Universidade de Santiago de Compostela en 1990.

Chan das Ferraduras superior 2
Chan das Ferraduras superior
Petróglifos do Chan da Ferradura - Amoeiro
Podomorfo ferraduras
Galería de imaxes de Amoeiro

Galería de imaxes do concello de Amoeiro na provincia de Ourense.

O Chan da Ferradura

O Chan da Ferradura é un conxunto de gravados rupestres, situados na parroquia de San Pedro de Trasalba, pertencente ao concello de Amoeiro e parte no concello de Punxín, a poucos quilómetros da capital provincial Ourense.

As rochas foron descubertas ao longo dos traballos de seguimento arqueolóxico da construción do gasoduto Pontevedra - Ourense, realizados na segunda metade da década de 1990 polo Laboratorio de Arqueoloxía e Formas Culturais do Instituto de Investigacións Tecnolóxicas da Universidade de Santiago de Compostela. Durante estes traballos localizáronse unhas 30 rochas con gravados distribuídas en vinte grupos nunha área de 500 m².

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.