Galería de imaxes da etnografía de Galicia

Galería de imaxes da etnografía de Galicia.

Etnografía de Galicia

Refraneiro galego

Crenzas e costumes

Festas de Galicia

Artigos principais: Galería de imaxes de festas de Galicia e Galería de imaxes do entroido en Galicia.
Felos de Maceda

Felos de Maceda

Lendas e mitoloxía

Museos etnográficos de Galicia

Véxase tamén

Outros artigos

A abella na cultura popular galega

A seguir recóllese a pegada que deixou a abella na cultura popular galega, na etnografía e na literatura de transmisión oral. Xunto á información referida á abella propiamente dita, recóllese tamén a que fala do trobo, o mel e a cera.

A andoriña na cultura popular galega

Antigamente a andoriña consagrábase aos deuses penates (protectores dos fogares), tal como menciona Claudio Eliano, e xa daquela ninguén as mataba. Considerábanse o heraldo da primavera e en Rodas tiñan un cántico para celebrar a chegada das andoriñas nas súas migracións anuais .

En Galicia é popular a lenda que conta que as andoriñas arrincaron as espiñas da coroa que levaba Xesús Cristo, e que do sangue deste vén a mancha vermella que amosan no seu pescozo . Desta crenza procede a consideración das andoriñas como protectoras das casas nas que aniña. Por esta razón son aves que ninguén molesta nin se lle vai ós niños . Mesmo se cre que matar unha andoriña ou destruí-lo seu niño é un pecado e que quen o faga sufrirá axiña unha desgraza na súa casa (Risco, Rodríguez López )

Considéranse agoiros do tempo que vai facer: cando as andoriñas voan baixo é que vai cambia-lo tempo.

A Virxe de Padrón leva unha andoriña na coroa e por iso corre un cantar no que se di que O Señor bendiga â ave que leva nosa Señora (Rodríguez López).

Abril na cultura popular galega

O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de abril na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc. Tamén incluímos as mencións á Coresma, á Semana Santa e á Pascua de Resurrección por coincidir, habitualmente, neste mes.

Eladio Rodríguez recolle o costume de encender na lareira, en cada casa, o Lume novo, que se prende co tizón ou as ascuas do lume que o abade bendice no adro da igrexa no transcurso dunha cerimonia que se celebra o Sábado Santo. Este lume que se prende na igrexa facíase co pedernal e utilizábase para encender, inmediatamente, as brasas do incensario e as lámpadas do templo .

Agosto na cultura popular galega

O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de agosto na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc.

Agosto tamén designa o tempo da recolleita dos cereais, e a colleita mesma (Real Academia Galega 2013, s. v. agosto).

Denominacións populares do mes de agosto son mes da Nosa Señora e mes da sega (alcume este que comparte con xullo ).

Antioquía (lenda)

En Galicia dáselle o nome de Antioquía a unha cidade lendaria que o rei Antíoco fundou onda Xinzo de Limia. Esta cidade foi castigada por Deus polos seus pecados e quedou asolagada baixo a lagoa de Antela e só pode verse nas mañás do día de San Xoán, cando asoma sobre as augas a punta da torre.

As árbores na cultura popular galega

As plantas teñen un significado primordial na cultura galega sendo as árbores e os bosques e as fragas os máximos expoñentes.

Castelao dicía : O albre é o símbolo do señorío espritual de Galiza.O albre é un engado dos ollos, pola súa fremosura; é unha ledicia dos ouvidos, porque nel cantan os paxaros; é un arrolador do esprito, porque nas súas ponlas conta contos o vento.O albre pídelle auga ao ceo para que a terra teña sangue, vida e bonitura.

Galería de imaxes de Galicia

Galería de imaxes de Galicia.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.