Galeguismo (política)

O galeguismo é unha ideoloxía política de tipo nacionalista que ten como obxectivo a soberanía de Galiza mediante a creación de institucións propias.[Cómpre referencia]

Estatuto de Galicia de 1936.pdf
Estatuto de Galicia de 1936.

Historia

O galeguismo apareceu a mediados do século XIX, cando se formulou como provincialismo e posteriormente como rexionalismo. O termo utilízase especialmente a partir da constitución das Irmandades da Fala en 1916 e a aparición da corrente nacionalista, que defende o carácter nacional de Galiza. As Irmandades eran unha organización na que participaba a pequena burguesía e os intelectuais e liderounas Antón Villar Ponte. Na década seguinte consolidáronse dúas correntes: a nacionalista, arredor do Partido Galeguista de Castelao, e a republicana autonomista da ORGA, liderada por Casares Quiroga e Antón Villar Ponte. Esta última integrouse durante a Segunda República na Izquierda Republicana de Azaña.

Estatuto de 1936

Artigo principal: Estatuto de Galicia de 1936.
Cargos contra José Ramón Fernández. Primero, es galleguista.pdf
Cargos contra José Ramón Fernández. Primero: es galleguista…. O galeguismo estivo perseguido durante o franquismo.

En 1931 redactáronse diversos anteproxectos e bases para un estatuto de autonomía, cuxo texto definitivo se aprobou en decembro de 1932 na Asemblea de Municipios de Santiago de Compostela. O Estatuto foi aprobado en referendo o 28 de xuño de 1936 e polas Cortes españolas en 1937, pero a guerra civil española impediu que se aplicase. Moitos galeguistas tiveron que exiliarse.

Na ditadura

O galeguismo durante o franquismo mantívose no exilio e en intelectuais que ficaran. A fundación da Editorial Galaxia en 1950 foi un dos feitos máis relevantes desta resistencia. As novas organizacións que foron aparecendo integraron o pensamento marxista e preferiron a denominación de "nacionalistas" adoptando a estreleira coma a bandeira nacionalista dos galegos.

Posfranquismo

Coa caída do franquismo, o galeguismo reactivouse e na actualidade as forzas políticas maioritarias galegas identifícanse como "galeguistas".[Cómpre referencia]

Véxase tamén

Bibliografía

  • Justo González, Beramendi (2007). De provincia a nación: historia do galeguismo político. Xerais. ISBN 9788497826402.
  • Rodríguez Polo, Xosé Ramón (2009). O triunfo do galeguismo - Opinión pública, partidos políticos e comportamento electoral na transición autonómica. Madrid: Dykinson. ISBN 978-84-9849-439-6.
  • Rodríguez Polo, Xosé Ramón (2009). Ramón Piñeiro e a estratexia do galeguismo. Vigo: Xerais. ISBN 978-84-9782-964-9.

Outros artigos

Partido dos Socialistas de Galicia

Para a historia do PSOE en Galicia antes da constitución do PSdeG véxase Partido Socialista Obrero Español en Galicia.O Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG) é un partido político galeguista e socialdemócrata de ámbito galego, federación do Partido Socialista Obreiro Español en Galicia.

Conta con 1.181 concelleiros e 111 alcaldías, entre elas as de 5 das 7 cidades galegas. Ademais ten 14 deputados no Parlamento de Galicia, 10 no Congreso dos Deputados e 8 no Senado.

Salvador Golpe

Salvador Golpe Varela, nado en Oza (Oza-Cesuras) o 27 de xullo de 1850 e finado na Coruña o 23 de xuño de 1909, foi un intelectual, xornalista, ensaísta, poeta e político galego. A corrente ideolóxica do rexionalismo galego, movemento galeguista acontecido durante as primeiras décadas do século XX que derivará no nacionalismo, está presente tanto na súa actividade política e cultural como na súa produción literaria.

Xosé Ramón Fernández-Oxea

Xosé Ramón Fernández-Oxea, nado en Ourense o 5 de abril de 1896 e finado en Madrid o 2 de maio de 1988, foi un escritor, mestre e investigador galego tamén coñecido como Ben-Cho-Shey ou Xan Fouciño, un intelectual de obra poliédrica que abarca dialectoloxía, heráldica, arqueoloxía, etnografía, historia da arte e creación literaria. Colaborou con publicacións como O Tio Marcos d'a Portela, La Zarpa, Nós, A Nosa Terra, Lar, Opinión Gallega, Eufonía, La Temporada en Mondariz, Faro de Vigo, La Noche, Vieiros, Boletín de la Real Academia Gallega, Cuadernos de Estudios Gallegos, El Museo de Pontevedra e Chan. Foi membro das Irmandades da Fala, o Seminario de Estudos Galegos e o Partido Galeguista. En 1986 foi galardoado coa Medalla Castelao.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.