Galacia

A antiga Galacia (grego Γαλατία) foi unha área das terras altas da península de Anatolia, na moderna Turquía. Galacia recibe o nome dos invasores galos chegados dende Tracia, que se estableceron alí e se converteron na caste dominante no século -III, seguindo a invasión celta dos Balcáns no -279. Tamén foi chamada a "Galia" do leste, xa que os historiadores romanos chamaron ós seus habitantes Galli (Galo ou Celta). Os termo gálatas é un exónimo, e o termo co que se denominaban a si mesmos é descoñecido.

Dying gaul
"O Gálata moribundo"; estatua helenística, inspirada pola conquista de Galacia
Map Anatolia ancient regions-en
Localización de Galacia en Anatolia

Xeografía

Galacia estaba delimitada ó norte por Bitinia e Paflagonia, ó leste por Ponto e Capadocia, ó sur por Cilicia e Licaonia, e ó oeste por Frixia. A súa capital era Ancyra (i.e. Ancara, a capital de Turquía).

Véxase tamén

Ligazóns externas

Beltane

Beltane ou Bealtaine (en irlandés bo lume) é un antigo día festivo irlandés celebrado o 1 de maio. Historicamente esta festividade celebrábase en Irlanda, Escocia e na Illa de Man. Nos outros países celtas coma Gales, Galicia, Bretaña e Cornualles había festividades parecidas o mesmo día. A festividade sobrevive con prácticas folclóricas nas nacións celtas e a diáspora e experimenta un grao de renacemento nas décadas recentes.

Galacia (provincia romana)

Galacia foi o nome dunha provincia romana do Imperio romano en Anatolia (moderna Turquía central). Fundada polo primeiro emperador, Octavio Augusto (30 a.C. - 14 d.C.), no 25 a.C., cubrindo a maior parte da antiga Galacia celta, coa súa capital en Ancara.

Baixo as reformas da tetrarquía de Diocleciano, as súas partes norte e sur dividíronse para formar a parte meridional da provincia de Paflagonia e da provincia de Licaonia, respectivamente.

No 398 d.C., durante o reinado de Arcadio, dividiuse nas provincias de "Galatia Prima" e "Galatia Secunda" ou "Salutaris". Galatia Prima cubriu a parte nordés da antiga provincia, mantendo Ancyra como a súa capital e estaba dirixida por un consularis. Salutaris formaba a metade suroeste da antiga provincia e estaba dirixida por un praeses, con sede en Pessinus. Ambas provincias formaron parte da diocese de Pontus. As provincias reuníficáronse brevemente no 536–548 baixo Xustiniano I. Aínda que a área foi finalmente incorporada ao novo "thema" de Anatolikon na segunda metade do século VII, os trazos da antiga administración provincial sobreviviron ata o inicio do século VIII.

Galia romana

A Galia romana consistiu nunha área do goberno provincial no Imperio romano, no que hoxe son Francia, Bélxica, Luxemburgo, Suíza e o oeste de Alemaña. O control romano da área durou máis de cincocentos anos.

Gŵyl Fair y Canhwyllau

Gŵyl Fair y Canhwyllau (en galés, "Festa das candeas de Mary") é o nome dunha festividade galesa celebrada o 2 de febreiro. É o equivalente galés da festividade goidélica do Imbolc. É unha variación da cerimonia pre-protestante das candeas levadas nunha procesión. A cerimonia cristiá está inspirada nos festivais pagáns da chegada da primavera, e algúns dos vellos ritos que continuaron en partes de Gales suxiren un ritual mesmo máis antigo.

Imbolc

Imbolc é unha das catro principais festas do calendario celta, asociado co ritual da fertilidade, que foi modificado, ocupado e convertido[Cómpre referencia] polo cristianismo no día de Santa Bríxida. Historicamente a festa é tamén se coñecida en Escocia coma Latha Fhèill Brìghde, en Irlanda coma Lá Fhéile Bríde e en Gales coma Gwyl Ffraed. O Imbolc asóciase co 1 de febreiro aínda que o festival celta comeza o 31 de xaneiro.

Invasión celta dos Balcáns

Grupos de galos, provenientes de varias tribos da Cultura de La Tène, comezaron migrar con dirección sueste cara á Península dos Balcáns, a partir do século -IV. Aínda que os asentamentos celtas concentráronse na metade occidental da Chaira panónica, houbo incursións e asentamentos notables dentro da península balcánica.

A partir das súas novas bases no norte de Iliria e Pannonia, as invasións galas culminaron no século -III coa invasión de Grecia. A invasión de Grecia no ano -279 foi precedida por unha serie de campañas militares dirixidas cara o sur dos Balcáns e contra o Reino de Macedonia, favorecido polo estado de confusión que se seguiu a partir da complexa sucesión de Alexandre o Grande. Unha parte da invasión cruzou Anatolia e acabaron por instalarse na zona que despois veu a ser chamada Galacia.

Isauria

Isauria foi unha rexión da antiga Asia Menor, que limitaba ao leste con Licaonia, ao norte con Frixia, ao oeste con Psidia e ao sur con Cilicia e Panfilia. O país era moi montañoso e salvaxe, case ben non tiña cidades, e as poucas que había estaban ao norte, agás a capital Isaura, que estaba ao suroeste. A pesar de que a maior parte do país eran montañas, cultivábase tamén o viño con grande extensión e outros produtos básicos para as necesidades.

Os seus habitantes eran os isaurios, pobos salvaxes que vivían do roubo, o saqueo e a pirataría. Isauria foi sometida por Roma o ano -75, despois dunha campaña duns tres anos.

A pesar da súa derrota, os isaurios continuaron cos seus hábitos depredadores. O país fora incorporado a Galacia sobre o -37, e o soberano de Galacia, Amintas, intentou eliminar o costume da bandidaxe, pero morreu nunha emboscada de bandidos o -25.

Mentres Pompeio saía contra os piratas cilicios ao mar, os bandidos isaurios continuaban actuando. Como os romanos non podían perseguilos polas montañas, estableceron unha serie de fortalezas e rodeáronos; pero os isaurios a miúdo puideron esquivar o bloqueo.

Isauria foi provincia romana separada, creada na reorganización de Diocleciano probabelmente o 293 e permaneceu como provincia bizantina ata a introdución dos thema. Os isaurios non serían totalmente dominados ata o tempo de Xustiniano.

Licaonia

Licaonia (latín Lycaonia, grego Λυκαονία) foi unha rexión de Asia Menor, ao sueste de Frixia e na parte occidental de Capadocia. Baixo dominio romano en xeral pertenceu a Capadocia. Os seus habitantes serían os licaóns (pobo) ou licaonios (xentilicio). É mencionada entre o século V a.C. e o século VI.

O nome de Lycaonia aparece nas fontes sobre a expedición de Ciro o Novo. En grego, Λυκαωνία = Lykaônia significa " terra de lobos "; para os gregos, este territorio pertencía á Gran Frixia .

Lingua nórica

A lingua nórica era unha das linguas célticas continentais. Suponse que se falaba na rexión do que posteriormente constituíu a provincia romana de Noricum. Só está testemuñada por dúas inscricións fragmentarias que non ofrecen suficiente información para tirar delas demasiadas conclusións sobre a natureza e características desta lingua.

Linguas célticas

As linguas célticas son as linguas que descenden do protocéltico, ou "céltico común", unha rama da gran familia lingüística indoeuropea. Durante o primeiro milenio antes de Cristo, faláronse ao longo de toda Europa, dende a baía de Biscaia e o mar do Norte, entre o Rin e o Danubio ata o Mar Negro e a parte alta da península dos Balcáns, e mesmo Asia Menor (Galacia).

Hoxe en día, as linguas célticas ven limitada a súa extensión a algunhas áreas das Illas Británicas, ao leste do Canadá, a Patagonia, algúns grupos nos Estados Unidos e Australia, e na península de Bretaña. Actualmente fálanse en Europa seis linguas célticas, dúas delas "recuperadas" despois de desapareceren completamente. Das seis só o gaélico irlandés é oficial en Irlanda. O gaélico escocés e, máis ca ningún o galés posúen certo status legal e protección. O bretón continental fica desprotexido mentres perde falantes e o córnico e o manés están rexurdindo despois de se daren por extintos.

Lughnasadh

Lughnasadh é unha festa celta celebrada o 1 de agosto, durante a tempada de maduración da colleita local de froitas, ou durante o plenilunio preto do punto medio entre o solsticio de verán e o equinoccio de outono.

Militarismo celta

A historia da guerra celta esténdese dende a Idade de Ferro ata era romana e refírese ós diferentes estilos de guerra dos pobos celtas insulares e continentais (Galia, Iberia e Galacia).

Mitoloxía celta

A mitoloxía celta é unha serie de relatos da aparente relixión dos celtas na idade de ferro. Ó igual que outras culturas indoeuropeas neste período, os primeiros celtas mantiveron unha mitoloxía politeísta e unha estrutura relixiosa. Entre o pobo celta en estreito contacto con Roma, como os galos e os celtiberos, esta mitoloxía non sobreviviu ó imperio romano, debido á súa conversión ó cristianismo e á perda dos seus idiomas orixinais, aínda que ironicamente foi a través de fontes romanas e cristiás, contemporáneas, que coñecemos detalles sobre as súas crenzas.

En contraste, a comunidade celta que mantivo as súas identidades políticas ou lingüísticas (tales coma as tribos de escotos e bretóns das Illas Británicas) transmitiu xeralmente vestixios remanentes das mitoloxías da idade de ferro, as cales foron rexistradas a miúdo de forma escrita na Idade Media.

Mitoloxía galesa

A mitoloxía galesa son os mitos e lendas propias do pobo galés. Componse en parte das tradicións folclóricas desenvolvidas en Gales, e por polas tradicións britanas anteriores ó final do primeiro milenio. Moitos dos contidos pertencen ó período pre-cristián, que sobreviviron nunha forma alterada a través de manuscritos medievais galeses como o Libro Vermello de Hergest, o Libro Branco de Rhydderch, o Libro de Aneirin e o Libro de Taliesin.

As historias en prosa dos libros Branco e Vermello son coñecidas como Mabinogion, un título dado polo seu primeiro tradutor, Lady Charlotte Guest, e tamén usado polos tradutores posteriores. Poemas como Cad Goddeu (A batalla das árbores) e listas de textos mnemotécnicos como as Tríades da Illa de Bretaña e os Trece Tesouros da Illa de Bretaña, tamén conteñen material mitolóxico. Estes textos tamén inclúen partes da Materia de Bretaña e a historia tradicional da Bretaña romana.

Outras fontes son a compilación histórica en latín do século IX Historia Britonum (A historia dos bretóns) e a crónica do século XII de Geoffrey de Monmouth Historia Regum Britanniae (A historia dos Reis de Bretaña), así como folclore posterior como The Welsh Fairy Book de W. Jenkyn Thomas 1908.

A historia galesa, antes da invasión romana, era transmitida oralmente polos druídas ós seus aprendices. Debido ás invasións por parte dos romanos e saxóns, a historia e a mitoloxía confúndense por falta de fontes escritas.

Música celta

Música celta é un termo popular que fai referencia á música tradicional dos pobos do Atlántico Europeo: Irlanda (Éire), Escocia (Alba), Gales (Cymru), Cornualles (Kernow), Illa de Mann, Bretaña (Breizh), Asturias e Galiza; mesturada en ocasións con patróns de música medieval.

Os instrumentos musicais que a caracterizan son o acordeón, a concertina a arpa, a guitarra acústica, o bouzouki irlandés a frauta traveseira irlandesa o violino, o bodhrán os whistles a bombarda bretoa e especialmente a sempre protagonista gaita de fol.

Existen diversos sub-tipos de "música celta".

O termo "música celta" pode referirse ás composicións musicais baseadas en patróns medievais dos pobos da fachada atlántica europea (dentro da música folk galega destacaría neste sub-tipo o gaiteiro Carlos Núñez ou Luar na Lubre), tamén pode referirse á música popular e aos cánticos populares deses pobos (no caso galego a mellor representante é Mercedes Peón), ou pode referirse a música espiritual (a irlandesa Enya é a representante deste estilo que goza do máis recoñecemento internacional).

Paflagonia

Paflagonia (Paphlagonia) foi unha rexión de Asia Menor limitada ao oeste por Bitinia, ao leste polo Ponto, ao sur por Galacia e ao norte polo mar Negro ou Euxino. A fronteira occidental era o río Parthenius e a oriental o río Halys. As montañas Olgassis marcaban a fronteira polo sur coas súas ramas do Scorobas e o Cítoro.

Na costa os accidentes xeográficos principais son os montes Cárambis e Syrias; os seus ríos, agás o Halys, son curtos e pouco importantes, salientando o Sésamo, o Ocosbanes, o Evarco, o Zaleco e o Amnias.

As principais cidades (todas na costa) serían:

Amastris.

Eritinos.

Cromna.

Cítoro.

Exilao.

Abonu teikhos.

Cimolis.

Stephane.

Pótamos.

Armene.

Sinope.

Carusa.O interior estaba dividido en nove distritos: Blaene, Domanetis, Pimolisene, Cimiatene, Timonitis, Gezatorigus, Marmolitis, Sanisene, e Potamia. A parte interior tiña moi poucas cidades, e todas eran pequenas, salientando unicamente Pompeiopolis e Gangra (esta última capital real, que foi máis tarde Germanicopolis).

Panfilia

Panfilia foi unha rexión da costa suroeste de Asia Menor, ao leste de Licia. Limitaba con Licia (ao oeste), Pisidia (ao norte), Cilicia (ao leste) e o mar Mediterráneo (ao sur). A zona da costa formaba un golfo coñecido como Pamphylius Sinus ou Pamphylium Mare. Tiña unha costa extensa pero cara ao interior non se prolongaba demasiado, pero os romanos ás veces consideraron a Panfilia incluíndo Psidia.

Panfilia non foi provincia romana ata a división de Constantino I o Grande no século IV, e antes formou parte da provincia chamada Licia e Panfilia con fronteira entre ambas rexións nos montes Clímax e fronteira con Cilicia no río Melas, pero os límites non eran moi estritos xa que Olbia e Perge, ao leste dos montes Clímax, serían consideradas a miúdo como parte de Licia e, en cambio, Perge, alén do río Melas, sempre foi considerada cidade de Panfilia.

O país era en xeral montañoso polas estibacións das montes do Tauro que se achegaban ata a mesma costa. O promontorio principal da costa era o Leucotheum ou Leucolla.

Os ríos principais eran o Catarrhactes, o Cestrus, o Eurímedón e o Melas, todos navegábeis. Había un lago, chamado Capria, entre o Cestro e o Eurímedón.

A súa lingua presentaba influencias gregas. As súas moedas tamén mostran unha forte influencia artística grega. Os seus deuses eran os deuses gregos, especialmente Zeus, Artemisa e Dioniso.

As principais cidades serían Lirnas ou Lirnessos, Ténedos, Olbia, Córico, Aspendo, Perge, Silion, Side, Cibira e Ptolemais.

Segundo Plinio o Vello o país chamouse antes Mopsopsia, de Mopso, o xefe dun grupo de gregos que se estableceron alí despois da guerra de Troia.

Sometido o país por Persia, os panfilios serían un pobo pouco importante que só achegou 30 barcos á guerra contra Atenas ao comezo do século -V. (os licios achegaron 50 e os cilicios 100). Sometidos facilmente a Alexandre o Grande, á súa morte quedaron no poder de Antígono e, despois do -301 dos seléucidas. Despois da paz de Apamea pasou a Roma (-188) e a rexión foi incorporada ao reino de Pérgamo co que pasou a Roma o -133, formando parte da provincia de Asia. Os panfilios participaron a miúdo nas piraterías dos seus veciños cilicios e os seus portos serían unha especie de refuxio de seguridade para os cilicios. Cando se creou a provincia de Cilicia foi incluída nela, pero retornou a Asia o -43; o -31 foi incorporada a Galacia e o ano 70 creouse unha provincia que se chamou Licia e Panfilia, da que formou parte. Baixo Constantino I o Grande, antes do 325, a provincia dividiuse nas de Licia e de Panfilia.

As colonias gregas de Aspendo e Side ficaron como estados independentes en alianza con Persia, e despois con Macedonia e cos seléucidas, e serían cidades libres baixo os romanos ata o tempo de Vespasiano.

Reino do Ponto

O reino do Ponto foi un estado da parte norte de Asia Menor. Os antigos habitantes eran o bébrices.

Xoviano

Flavius Claudius Iovianus, en galego Xoviano, (332 - 17 de febreiro de 364) era un oficial cristián do exército de Xuliano, orixinario de Panonia, que á morte do emperador polas feridas sufridas durante unhas campañas en territorio persa, foi nomeado emperador polo exército, o 26 de xuño do 363.

Tivo que acordar unha paz en condicións desfavorábeis co Imperio Persa, pola que cedía os territorios entre os ríos Tigris e Éufrates.

Xoviano, ao contrario que o seu predecesor Xuliano, que era considerado un apóstata, era cristián, polo que aboliu as deposicións de Xuliano en contra da Igrexa católica, aínda que mantendo a liberdade de culto.

Morreu, de causas naturais, o 17 de febreiro do 364 na fronteira entre Bitinia e Galacia, cando regresaba a Roma para confirmar o seu título, tras reinar só 8 meses.

Antigos celtas
Estudos celtas
Celtas modernos
Rexurdimento celta
Linguas
Festivais
Listas

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.