Gaivota patiamarela

A gaivota patiamarela[2][3] (Larus michahellis) é unha gaivota grande de Europa, Oriente Medio e África do norte. Foi considerada por algúns autores a mesma especie que a gaivota do Caspio, coa que formaría a especie Larus cachinnans.

Gaivota patiamarela
Gaivota adulta con xoves

Gaivota adulta con xoves
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)

Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Laridae
Xénero: Larus
Especie: L. michahellis
Nome binomial
'Larus michahellis'
Naumann, 1840, costa de Dalmacia
Sinonimia

Larus argentatus michahellis Naumann, 1840
Larus cachinnans michahellis Naumann, 1840
Larus cachinnans atlantis
Larus cachinnans lusitanius

Descrición

Larus portrait
Nominate L.m.michahellis, Illa de Elba

Os adultos son semellantes á gaivota arxéntea (Larus argentatus), pero teñen as patas amarelas. Teñen o lombo gris, máis escuro que a gaivota arxéntea. Os adultos teñen unha penca vermella no bico. En outono a cabeza é moito máis branca que a da gaivota arxéntea e o negro das puntas das alas, máis extenso. Ó redor de cada ollo teñen un anel vermello.

Os exemplares de primeiro ano teñen a cabeza é a zona inferior máis pálidos que os da Larus argentatus. O bico e os ollos son máis escuros, as patas son de cor gris rosada e teñen unha banda negra ben definida na cola. No segundo inverno son semellantes ós adultos, aínda que manteñen algunhas diferenzas no deseño das plumas exteriores das alas.

A chamada e unha especie de gargallada máis forte e nasal cá da gaivota arxéntea.

Clasificación

A taxonomía da especie é complexa. O grupo Larus está distribuído ó redor do hemisferio norte e as diferenzas entre especies adxacentes son moi pequenas. Actualmente acéptase que a gaivota patiamarela é unha especie independente, pero ata non hai moito as discrepancias eran importantes. Algunhas clasificacións considerábana unha subespecie da gaivota arxéntea (Larus argentatus), mentres que outras a separaban desta para incluíla, coa gaivota do Caspio, noutra especie. Estudios recentes sobre o seu ADN amosan que a gaivota do Caspio non pertence ó mesmo grupo cá patiamarela.

Hai dúas subespecies:

  • Larus m. michahellis que cría no mar Mediterráneo.
  • Larus m. atlantis das costas atlánticas próximas o Mediterráneo.

Os exemplares que crían en Portugal e Galicia son ás veces considerados unha terceira subespecie (Larus m. lusitanus).

As formas atlánticas teñen as alas e o lombo máis escuros cás mediterráneas.

Distribución

A área de cría está centrada no mar Mediterráneo. No norte de África en común en Marrocos, Alxeria e Tunisia. Recentemente comezou a reproducirse en Libia e Exipto. Cría en pequenas cantidades en Israel e Siria é máis abundantemente en Chipre e Turquía. En Europa hai colonias todo ó longo da costa mediterránea e cría tamén no lado oeste do mar Negro, onde se solapa coa gaivota do Caspio da que a separa o hábitat, escollendo a gaivota patiamarela os cantís mariños. Nas derradeiras décadas están a espallarse cara á Europa central. En 1995 detectouse a súa presenza como ave de cría na Gran Bretaña. É común tamén nas illas Canarias, Madeira e as illas Azores.

Moitos exemplares son sedentarios, pero outros emigran en inverno cara ás áreas máis mornas do oeste de Europa ou cara a África, onde chegan ó Senegal, Gambia e ó mar Vermello. Exemplares errantes foron detectados en Norteamérica e Nixeria.

Alimentación

Son omnívoras como as demais gaivotas do xénero Larus e buscan alimento nas moreas de lixo, presas pequenas na costa ou nos campos e mesmo rouban as súas presas a outras aves.

Reprodución

Crían en colonias. Os niños son a miúdo unhas poucas plantas que poñen no chan ou nun cantil. Nalgunhas áreas están a afacerse a criar noa tellados dos edificios, constituíndo unha praga urbana. Poñen os ovos, uns 3, entre mediados de marzo e primeiros de maio e deféndenos con forza de calquera inimigo. Chocan os ovos entre 27 e 31 días e os polos poden voar despois de 35 ou 40 días de naceren.

Galería de imaxes

20030614-206 Marseille Château d'If Young Seagull

Imaturo de L. m. michahellis preto de Marsella

2004-04-10 Larus michahellis juv

Immaturo de 1 ano

Larus michahellis subadult

Subadulto L. m. michahellis (exemplar duns dous anos)

2004-04-10 Larus michahellis ad

Adulto, Portugal (L. m. atlantis/lusitanius)

Lesser Black-backed Gull - Barcelona, Spain - Jan 2007

Adulto L. m. michahellis, Barcelona

Notas

  1. BirdLife International (2013). "Larus michahellis". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2016.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 9 de novembro de 2017.
  2. Avibase
  3. Ficha de Larus michahellis en SEO Birdlife

Véxase tamén

Bibliografía

  • "National Geographic": Field Guide to the Birds of North America, ISBN 0-7922-6877-6
  • Peter Harrison (1983). Seabirds, an Identification Guide, ISBN 0-7470-1410-8
  • Handbook of the Birds of the World Vol 3, Josep del Hoyo editor, ISBN 84-87334-10-5
  • "National Audubon Society": The Sibley Guide to Birds, by David Allen Sibley, ISBN 0-679-45122-6
  • D.W. Snow e C.M. Perrins (1998): The Birds of the Western Palearctic, Concise Edition (Vol. 1), Oxford University Press, Oxford.
  • Alan Harris, Laurel Tucker e Keith Vinicombe (1994): The Macmillan Field Guide to Bird Identification, Macmillan Press.
  • Lars Svensson e Peter J. Grant (1999): Collins Bird Guide, HarperCollins, London.

Ligazóns externas

Cabo Prior

O cabo Prior forma un promontorio que se adentra no mar uns catro quilómetros en dirección SE-NO, interrompendo unha liña de costa que se estende desde punta Frouxeira (Valdoviño) ata cabo Prioriño (Ferrol).

A súa altura supera escasamente os 100 m, pero a súa proximidade ao mar converte os seus materiais granodioríticos en impresionantes acantilados nos que as sucesivas etapas de transgresión e regresión mariñas deron lugar a unha roseira de illotes entre os que destacan Os Cabalos -ao norte, cunha colonia dunhas vinte parellas de corvo mariño cristado e a gaivota patiamarela na Pena Maior ao suroeste.

O relevo do cabo forma unha península cun istmo formado por litoloxía de xistos do Sistema de Ordes que presentan unha superficie de tipo chaira de rasa mariña.

É un excelente punto de observación de paso de aves mariñas migratorias.

A costa é accidentada e abrupta, sendo posible a práctica da pesca. Próximas ao faro, hai varias praias limpas e espazosas, San Xurxo, ou Vilar, Santa Comba e Ponzos, concorridas durante a época estival, momento no que aumenta sensiblemente a poboación de Covas, o pobo máis próximo a 3,5 km, ao ser zona de veraneo. Covas é unha península flanqueada por areais, unha extensa planicie, na que se asenta a poboación e os campos de cultivo.

Costa de Dexo-Serantes

A Costa de Dexo, ou Dexo-Serantes, é un espazo natural declarado monumento natural e zona especial de conservación (ZEC) que vai desde o faro de Mera ata o porto de Lorbé en Oleiros. É zona de costa de 11 km con cantís, exposta e con matogueiras acostumadas a ambientes halinos e con fortes ventos, que inclúe a todas as illas e illotes próximos á costa. É unha costa de xistos cristalinos e de rochas metamórficas de fácil erosión cun perfil de cantís serrados e fortemente erosionados, con praias encaixadas.Este espazo costeira é dos poucos ben conservados en toda a Costa Ártabra. Como destaca pola súa paisaxe, a súa xeomorfoloxía, e é zona de aniñamento de aves como corvo mariño cristado, a gaivota do Caspio, e o andoriñón real declarouse espazo de interese de conservación e monumento natural. A zona costeira neste lugar está formada por cantís nos que aniñan varias especies de aves mariñas.

Abrangue 266 ha. como monumento natural desde o 2000, e 346.53 ha. como zona especial de conservación en 2014, despois de ser declarada como lugar de importancia comunitaria no 2004.A zona viuse afectada polo desastre do Prestige (2002).

Gaivota

As gaivotas son aves mariñas da familia Laridae, estreitamente relacionadas coas dos membros da familia Sternidae. A maioría das gaivotas pertence ó xénero Larus.

Gaivota arxéntea

A gaivota arxéntea é unha ave pertencente á familia dos láridos.

Gaivota de Armenia

A gaivota de Armenia[Cómpre referencia] (Larus armenicus) é unha ave pertencente á familia dos láridos.

Gaivota de Delaware

A gaivota de Delaware (Larus delawarensis) é unha ave da familia dos láridos.

Gaivota do Caspio

A gaivota do Caspio (Larus cachinnans) é un ave da familia dos láridos.

Illa Herbosa

A Illa Herbosa é unha illa galega da provincia da Coruña, situada ao Nordés da Illa de Sálvora, da que a separa a canle coñecida como Paso Interior de Sálvora, a 1,1 quilómetros desa illa. Ten 1,6 hectáreas de superficie e está formada por enormes penas graníticas que deixan un escaso espazo para unhas pequenas manchas de vexetación herbácea. Lugar de cría de aves mariñas, especialmente gaivota patiamarela. Abundan os lagartos (que alcanzan dimensións considerables) e as ratas. Forma parte do Parque nacional das Illas Atlánticas en Galicia.

Illas Estelas

Non confundir coa Ilhas Estelas, do arquipélago portugués das Berlengas.As Illas Estelas, ou As Estelas, son un arquipélago pontevedrés situado fronte á península de Monteferro, Panxón, en Nigrán. O arquipélago é pequeno pero ten uns fondos mariños ben conservados e é un punto de parada de aves con interese de conservación polo que foi declarado como zona especial de conservación (ZEC).

Illas Gaveiras

As Illas Gaveiras é un pequeno arquipélago galego situado na costa da parroquia de San Xurxo da Mariña, en Ferrol. O arquipélago está formado por dúas illas: a illa Gaveira de Terra e a illa Gaveira de Mar, aínda que en realidade ámbalas dúas están unidas por un cordón rochoso conformando unha illa soa.

Na actualidade a illa atópase despoboada. Non obstante, existe evidencia da presenza de poboados castrexos, probabelmente en relación co castro de Lobadiz situado na costa en fronte das illas, a poucos quilómetro destas. Restos de cerámicas foron atopados nas illas, o que apoia á idea da presenza humana nas illas na antigüidade.

Illas Sagres

As Illas Sagres son un arquipélago galego da provincia da Coruña, situado na costa da parroquia de Aguiño, concello de Ribeira, fronte ao Cabo Falcoeiro, no último extremo da península do Barbanza. Forma parte do Parque nacional das Illas Atlánticas en Galicia.

O arquipélago, de 13,5 hectáreas en total, está formado por máis dunha ducia de pequenas illas e illotes, dos que soamente dous alcanzan certa envergadura (a maior conta con 5,4 hectáreas). Son illas totalmente rochosas, ata a maior, aproveitadas para un rico marisqueo e pesca superficial. Posúe tamén unha importante colonia de aves mariñas, especialmente de corvo mariño e gaivota patiamarela.

O lugar está infestado de historias de naufraxios, por estar rodeado de arrecifes someros e outros que velan e desvelan coa marea.

Illas Sisargas

As illas Sisargas son un arquipélago galego sito no océano Atlántico en fronte a Malpica en plena Costa da Morte formado por tres illas, Sisarga Grande, Sisarga Chica e Malante, que pertencen ao concello de Malpica de Bergantiños, na provincia da Coruña. O arquipélago está formado pola illa Sisarga Grande -a maior das tres, que acolle un faro e un pequeno embarcadoiro-, a illa Sisarga Chica -a máis próxima á costa- e a illa Malante, situada entre as dúas.

Miro Villar

Arximiro Bautista Villar González, nado en Cee o 21 de marzo de 1965, é un escritor galego.

Parque Nacional das Illas Atlánticas

As chamadas Illas Atlánticas convertéronse o 1 de xullo do 2002 no primeiro Parque Nacional de Galiza, e no décimo terceiro a nivel estatal, cunha extensión de 1.200 hectáreas terrestres e 7.200 marítimas. Recibe a denominación de Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galiza. No ano 2007 o parque recibiu 238.939 visitas.

As illas Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada, que están situadas nas Rías Baixas, están declaradas zonas de interese xeral pola singularidade da súa flora, fauna, xeomorfoloxía e paisaxe que as converten en Patrimonio Natural e Cultural de indubidable valor científico, recreativo e educativo.

A delimitación territorial deste parque nacional realizouse en función da singularidade e riqueza faunística que alberga, a variedade das súas formacións vexetais e a súa espectacularidade paisaxística. Deste xeito protéxese unha mostra representativa dos sistemas costeiros atlánticos.

Quedaron fóra do Parque Nacional das Illas Atlánticas as de Lobeiras, Sisargas, San Simón e Tambo e as franxas terrestres da Costa da Morte, Cabo Udra, San Adrián, Costa da Vela e o complexo dunar de Corrubedo, entre outras, aínda que non se descarta unha posible ampliación.

Parque Natural de Urdaibai

Humidais, costas e bosques combínanse en Urdaibai e dan lugar a un dos espazos naturais de maior valor ecolóxioco do País Vasco. O esteiro fórmase pola confluencia do río Oka e o Mar Cantábrico, e coñécese polo nome de Esteiro ou Ría de Urdaibai.

A desembocadura do río anégase cada doce horas pola preamar, axudando ó deposito de sedimentos no fondo e nas beiras costeiras (especialmente na marxe dereita do estuario, xa que o mar golpea dende o noroeste).

Debido a todo isto a zona presenta unha gran variedade de hábitats, dende praias ata marismas, pasando por terreos lamacentos.

Ría de Ortigueira

A ría de Ortigueira, tamén coñecida como ría de Ortigueira e Ladrido e como ría de Santa Marta de Ortigueira, é unha ría galega situada ao norte da provincia da Coruña, en Galicia, España.

Está formada pola desembocadura do río Mera, as súas augas bañan os concellos de Cariño e Ortigueira. Debe o seu nome á vila de Ortigueira, e conta con dous portos pesqueiros, o de Espasante, actualmente sen apenas actividade pesqueira, e o de Cariño, moito máis importante.

Está catalogada como unha zona especial de conservación (ZEC) e unha zona de especial protección para as aves (ZEPA). Ademais, por ser un importante lugar de paso e invernada de aves acuáticas está dentro do Convenio de Ramsar como zona húmida protexida.

Santander

Santander é un concello e cidade situada no norte de España, na costa cantábrica, capital da comunidade autónoma de Cantabria. Limita cos concellos de Santa Cruz de Bezana e Camargo, ademais de pechar polo norte a baía de Santander.

Ten un porto cun considerable tráfico de carga, un aeroporto internacional e a universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP). Un grande incendio a mediados do século XX destruíu prácticamente todo a zona vella, polo que hoxe en día destacan arquitectónicamente o Palacio da Magdalena, a catedral, os edificios do paseo marítimo de Pereda, e a sede social do Banco Santander.

Seixo Branco

O Seixo Branco é como se coñece un filón branco de cuarzo situado na costa de Dexo-Serantes, facilmente recoñecible dende o mar, e que, inclusive serve de orientación aos navegantes pola zona.

Ízaro

Ízaro é unha illa do mar Cantábrico situada na costa de Biscaia, fronte ás localidades de Bermeo e Mundaca a unha distancia de 3 km da primeira e 2,2 km da segunda. A illa ocupa o centro da desembocadura da ría de Mundaca, e atópase flanqueada polos cabos de Ogoño e Matxitxako.

A illa é alargada, de forma triangular, e está orientada en dirección NO-SE. A parte máis alta e ancha da illa é a parte SE. Na súa parte máis ancha, mide uns 150 m, e a súa lonxitude é de 675 m, sendo a súa altura máxima de 44,5 m. A punta do NO é denominada "Artxikote". Cara ao NE da illa, e separado desta uns 200 m, existe unha roca chamada "Potorro-harri" ou "Harri-ederra". Ao SE atopase un embarcadoiro natural ou "porto" de Izaro.

Na chaira superior erixiuse un convento franciscano que foi arrasado por Francis Drake no século XVI. Abandonado o convento, do que apenas quedan vestixios, a illa afacía recibir visitas de mozas de acampada, ata que o padroado da Reserva da Biosfera de Urdaibai, da que forma parte, prohibiu tal actividade.

Izaro é unha verdadeira colonia de aves mariñas, sendo a especie máis común a gaivota patiamarela, aínda que tamén aniñan o paíño, as garzotas e os corvos mariños. En épocas anteriores criábanse nela coellos (seguramente levados polos frades do convento), e sábese que no século XIX arrendábase a illa para que pastasen as ovellas.

As súas costas e arredores son zonas de mergullo e pesca véndose no verán gran cantidade de pequenas embarcacións de pesca deportiva con porto en Mundaca, Pedernales e Bermeo.

As xentes do lugar adoitaron especular sobre a orixe da illa; vista desde a praia de Laga, no extremo nororiental da reserva, presenta unha forma similar ao cabo de Ogoño, o que motivou a crenza de que en tempos remotos se desgaxou daquela roca afundíndose no mar. En calquera caso a illa forma parte dunha mesma unidade xeolóxica coa punta de Anzoras, na marxe dereita da ría.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.