Gaels

Gaels (á veces designados por Goidels ou Goidélicos) é un termo que designa aos falantes das linguas célticas gaélicas: irlandés, gaélico escocés e lingua manx.[1] O dialecto gaélico ten orixe en Irlanda, tendo rapidamente unha expansión cara ao oeste e o norte de Escocia e á Illa de Man. Actualmente, como as linguas gaélicas foron significativamente substituídas polo inglés, o termo Gael tamén é empregado polos irlandeses ou polos celtas escoceses, independentemente da súa lingua.

As linguas gaélicas son unha das dúas vertentes das linguas célticas insulares, sendo o outro o das linguas britónicas.

Map Gaels Brythons Picts
Illas Británicas no século V d.C., entre a saída dos Romanos de Gran Bretaña e a fundación dos reinos anglosaxóns.      Área con falantes de linguas gaélicas.      Área com falantes de linguas pictas.      Área com falantes de linguas britónicas.

Notas

  1. "Gael" é frecuentemente usado polos falantes de gaélico escocés. "Goidels" foi introducido por John Rhys en Early Britain (1882) como un termo xeral para referirse a tódolos falantes das linguas gaélicas, e empregouse comunmente en estudos célticos. Ver "Goidel". Oxford English Dictionary. 1989..
Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Argyll

Argyll (en gaélico escocés: Earra-Ghàidheal), é unha rexión da zona oeste de Escocia e correspondente á antiga Dalriada. Este termo pode empregarse para facer referencia a toda a liña costeira entre Mull of Kintyre e o cabo Wrath. O autor de principios do século XIII, que escribiu De Situ Albanie explica que "o nome Arragathel significa o límite dos escoces ou irlandeses, porque eles eran xeralmente denominados Gattheli [=Gaels], dende os seus tempos antigos polo seu caudillo Gaithelglas. Argyll foi tamén un bispado durante a Idade Media, coa súa catedral en Lismore, pero despois foi convertido en Earldom (parecido a un "ducado" na tradición anglosaxoa e escandinava) e máis adiante en Ducado de Argyll.

No presente Argyll é un condado. Outrora, foi unha rexión no sentido político da palabra, mais no presente forma parte da área condal unitario de Argyll e Bute.

Beltane

Beltane ou Bealtaine (en irlandés bo lume) é un antigo día festivo irlandés celebrado o 1 de maio. Historicamente esta festividade celebrábase en Irlanda, Escocia e na Illa de Man. Nos outros países celtas coma Gales, Galicia, Bretaña e Cornualles había festividades parecidas o mesmo día. A festividade sobrevive con prácticas folclóricas nas nacións celtas e a diáspora e experimenta un grao de renacemento nas décadas recentes.

Brath (mito)

Brath, Brate ou Breo na mitoloxía celta, foi o pai de Breogán, morto durante a conquista de Iberia.

Breogán

Breogán, tamén identificado durante o século XVIII co nome de Brigo, é un rei mitolóxico céltico de Galicia que é descrito como o fundador da cidade de Brigantia e o construtor dunha gran torre, identificada coa Torre de Hércules (coñecida até o século XX como Farum Brigantium). A principal fonte documental sobre Breogán é o Lebor Gabála Érenn, un compendio medieval sobre os mitos fundacionais e a historia dos irlandeses. Neste compendio é descrito como o fillo de Brath, e o pai de Ith e Bile, entre outros, así como o devanceiro dos gaels. Ademais cóntase como os gaels descenden de Adán, a través dos fillos de Noé, e como chegaron a Irlanda a través de Galicia.

É a personificación nacional de Galicia, sendo mencionado dúas veces no himno Os Pinos a través de referencias metafóricas a Galicia como o "Fogar" e a "Nazón de Breogán".

Britanos

Este artigo trata dos antigos britanos (Brittons), habitantes de illa de Bretaña, ou Gran Bretaña, e non dos bretóns, habitantes da actual país de Bretaña, en Francia.Os britanos (en latín Britanni) designa ante todo os habitantes da illa de Bretaña (en latín Britannia), ou máis exactamente que habitaban a parte da illa limitada ao Norte polos ríos Clyde e Forth (en Escocia hoxe).

Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico

O Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico é a competición rexional de fútbol gaélico que agrupa os equipos da península ibérica. Dende 2006 é considerado polo Comité Europeo de Deportes Gaélicos un campionato rexional que puntúa para o campionato europeo e unha das súas roldas coincide cunha rolda de dito campionato.

Donald I de Escocia

Domnall mac Ailpín (gaélico moderno:Dòmhnall mac Ailpein), anglificado ás veces como Donald MacAlpin, e coñecido nas listas máis modernas de reis como Donald I. Nado no 812 e finado o 13 de abril do 862. Foi rei dos pictos de 858 a 862. Sucedeu ao seu irmán Kenneth MacAlpin (Cináed mac Ailpín) no trono.

Na Crónica dos reis de Alba dise que Domnall reinou durante catro anos; segundo os Anais do Ulster desde a morte de seu irmán en febreiro de 858 ata abril de 862. Na Crónica:

As leis de Aed Find están totalmente perdidas, pero suponse que, ao igual que as leis atribúense a Giric e Constantino II (Caustantín mac Áeda), relacionadas con estes á Igrexa e en particular á concesión dos privilexios e inmunidades comúns notros lugares. A importancia de Forteviot como centro lexislativo, xunto coa morte de Kenneth e a posterior asemblea de Constantino na próxima Scone, poden sinalar este como o corazón do apoio aos filos de Alpin.

A Profecía de Berhchán pode referirse a Donald nos versos 123-124:

Aínda que polo xeral suponse que Domnall tivo fillos (supostamente Giric), lendo o seu apelido como mac Domnaill en lugar do común Dúngail. Isto, porén, non é amplamente aceptado.Donald finou no Palacio de Cinnbelachoir (localización descoñecida) ou en Rathinveralmond (tamén descoñecido, podendo ser o mesmo lugar, crese que estaba preto da bifurcación do río Almendra e o río Tay.) Foi enterrado en Iona.

Galacia

A antiga Galacia (grego Γαλατία) foi unha área das terras altas da península de Anatolia, na moderna Turquía. Galacia recibe o nome dos invasores galos chegados dende Tracia, que se estableceron alí e se converteron na caste dominante no século -III, seguindo a invasión celta dos Balcáns no -279. Tamén foi chamada a "Galia" do leste, xa que os historiadores romanos chamaron ós seus habitantes Galli (Galo ou Celta). Os termo gálatas é un exónimo, e o termo co que se denominaban a si mesmos é descoñecido.

Galia romana

A Galia romana consistiu nunha área do goberno provincial no Imperio romano, no que hoxe son Francia, Bélxica, Luxemburgo, Suíza e o oeste de Alemaña. O control romano da área durou máis de cincocentos anos.

Gŵyl Fair y Canhwyllau

Gŵyl Fair y Canhwyllau (en galés, "Festa das candeas de Mary") é o nome dunha festividade galesa celebrada o 2 de febreiro. É o equivalente galés da festividade goidélica do Imbolc. É unha variación da cerimonia pre-protestante das candeas levadas nunha procesión. A cerimonia cristiá está inspirada nos festivais pagáns da chegada da primavera, e algúns dos vellos ritos que continuaron en partes de Gales suxiren un ritual mesmo máis antigo.

Imbolc

Imbolc é unha das catro principais festas do calendario celta, asociado co ritual da fertilidade, que foi modificado, ocupado e convertido[Cómpre referencia] polo cristianismo no día de Santa Bríxida. Historicamente a festa é tamén se coñecida en Escocia coma Latha Fhèill Brìghde, en Irlanda coma Lá Fhéile Bríde e en Gales coma Gwyl Ffraed. O Imbolc asóciase co 1 de febreiro aínda que o festival celta comeza o 31 de xaneiro.

Lingua nórica

A lingua nórica era unha das linguas célticas continentais. Suponse que se falaba na rexión do que posteriormente constituíu a provincia romana de Noricum. Só está testemuñada por dúas inscricións fragmentarias que non ofrecen suficiente información para tirar delas demasiadas conclusións sobre a natureza e características desta lingua.

Linguas britónicas

As linguas britónicas son linguas indoeuropeas, do grupo das linguas célticas xunto coas linguas goidélicas.

Lughnasadh

Lughnasadh é unha festa celta celebrada o 1 de agosto, durante a tempada de maduración da colleita local de froitas, ou durante o plenilunio preto do punto medio entre o solsticio de verán e o equinoccio de outono.

Mitoloxía celta

A mitoloxía celta é unha serie de relatos da aparente relixión dos celtas na idade de ferro. Ó igual que outras culturas indoeuropeas neste período, os primeiros celtas mantiveron unha mitoloxía politeísta e unha estrutura relixiosa. Entre o pobo celta en estreito contacto con Roma, como os galos e os celtiberos, esta mitoloxía non sobreviviu ó imperio romano, debido á súa conversión ó cristianismo e á perda dos seus idiomas orixinais, aínda que ironicamente foi a través de fontes romanas e cristiás, contemporáneas, que coñecemos detalles sobre as súas crenzas.

En contraste, a comunidade celta que mantivo as súas identidades políticas ou lingüísticas (tales coma as tribos de escotos e bretóns das Illas Británicas) transmitiu xeralmente vestixios remanentes das mitoloxías da idade de ferro, as cales foron rexistradas a miúdo de forma escrita na Idade Media.

Mitoloxía galesa

A mitoloxía galesa son os mitos e lendas propias do pobo galés. Componse en parte das tradicións folclóricas desenvolvidas en Gales, e por polas tradicións britanas anteriores ó final do primeiro milenio. Moitos dos contidos pertencen ó período pre-cristián, que sobreviviron nunha forma alterada a través de manuscritos medievais galeses como o Libro Vermello de Hergest, o Libro Branco de Rhydderch, o Libro de Aneirin e o Libro de Taliesin.

As historias en prosa dos libros Branco e Vermello son coñecidas como Mabinogion, un título dado polo seu primeiro tradutor, Lady Charlotte Guest, e tamén usado polos tradutores posteriores. Poemas como Cad Goddeu (A batalla das árbores) e listas de textos mnemotécnicos como as Tríades da Illa de Bretaña e os Trece Tesouros da Illa de Bretaña, tamén conteñen material mitolóxico. Estes textos tamén inclúen partes da Materia de Bretaña e a historia tradicional da Bretaña romana.

Outras fontes son a compilación histórica en latín do século IX Historia Britonum (A historia dos bretóns) e a crónica do século XII de Geoffrey de Monmouth Historia Regum Britanniae (A historia dos Reis de Bretaña), así como folclore posterior como The Welsh Fairy Book de W. Jenkyn Thomas 1908.

A historia galesa, antes da invasión romana, era transmitida oralmente polos druídas ós seus aprendices. Debido ás invasións por parte dos romanos e saxóns, a historia e a mitoloxía confúndense por falta de fontes escritas.

Música celta

Música celta é un termo popular que fai referencia á música tradicional dos pobos do Atlántico Europeo: Irlanda (Éire), Escocia (Alba), Gales (Cymru), Cornualles (Kernow), Illa de Mann, Bretaña (Breizh), Asturias e Galiza; mesturada en ocasións con patróns de música medieval.

Os instrumentos musicais que a caracterizan son o acordeón, a concertina a arpa, a guitarra acústica, o bouzouki irlandés a frauta traveseira irlandesa o violino, o bodhrán os whistles a bombarda bretoa e especialmente a sempre protagonista gaita de fol.

Existen diversos sub-tipos de "música celta".

O termo "música celta" pode referirse ás composicións musicais baseadas en patróns medievais dos pobos da fachada atlántica europea (dentro da música folk galega destacaría neste sub-tipo o gaiteiro Carlos Núñez ou Luar na Lubre), tamén pode referirse á música popular e aos cánticos populares deses pobos (no caso galego a mellor representante é Mercedes Peón), ou pode referirse a música espiritual (a irlandesa Enya é a representante deste estilo que goza do máis recoñecemento internacional).

Pictos

Pictos (latín picti) é o nome que se lle dá aos antigos caledonios que vivían na moderna Escocia. Foron un grupo de pobos celtas da Idade de Ferro británica e o Baixo Medievo que viviron no leste e no norte de Escocia. Ammiano Marcelino preséntaos divididos en dúas tribos en tempos do emperador Flavius Iulius Constante: os dicalidóns (dicalidonae) e os verturións (verturiones) e aliados cos attacoti (do gaélico athach tuatha, que significa pobo ou xente que paga rendas, oposto a xente ceibe) e cos escotos. O seu nome significaba "pintado" e debíase ao costume dos caledonios de pintarse para o combate. Pictia ou Pictavia (Pictland en inglés) convértese no reino de Alba (Escocia) durante o século X, co que os pictos pasan a ser coñecidos como Albannach ou escoceses.

Hai unha asociación coa distribución xeográfica de fíbulas, nomes de lugares britónicos e pedras pictas. Os pictos son rexistrados desde antes da conquista romana de Britania ata o século X, momento no que se pensa que se mesturaron cos Gaels. Vivían ó norte dos ríos Forth e Clyde, e falaban a extinta lingua picta, a cal se pensa que estaba relacionada coas linguas britónicas faladas polos pobos do sur. Asúmese que son os descendentes dos antigos Caledonii e outras tribos nomeadas polos historiadores romanos, atopados tamén no mapamundi de Tolomeo. Pictia ou Pictavia, mesturouse gradualmente co reino gaélico de Dál Riata para formar o Reino de Alba (Escocia). Alba expandiuse, absorbendo os reinos de Strathclyde e Lothian, e no século XI, a identidade dos pictos foi incluída na amálgama de pobos que son os escoceses.

A arqueoloxía dá algunhas aproximacións sobre a sociedade dos pictos. A pesar de que sobreviviu moi pouco da súa forma de escritura, a historia deste pobo, a partir do século IV, é coñecida por unha grande variedade de fontes, incluíndo haxiografías como a de San Columba de Iona, así como varios Anais irlandeses. Aínda que a impresión popular sobre os pictos pode ser a dun pobo escuro e misterioso, non é así en absoluto. A historia e a sociedade pictas son semellantes ás dos pobos de Europa Central, Setentrional ou Oriental na Antigüidade ou na Alta Idade Media cando se os compara con eles.

Pobo escocés

Os escoceses (escocés: scots fowk, gaélico escocés: albannaich), son unha nación e grupo étnico nativo de Escocia. Historicamente, xurdiron dunha mestura entre pictos e gaels, que fundaron o Reino de Escocia (ou Alba) no século IX, e que son etnolingüisticamente celtas. Tempo despois, os veciños britanos cúmbricos, que tamén falaban unha lingua celta, así como os anglosaxóns e nórdicos xermánicos, foron incorporados á nación escocesa.

Antigos celtas
Estudos celtas
Celtas modernos
Rexurdimento celta
Linguas
Festivais
Listas

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.