Gadisa

Gadisa (Gallega de Distribuidores de Alimentación, S.A.) é un grupo empresarial galego do sector da distribución de alimentos.[2]

GADISA
Gadisa
Gadisa Piadela sede en Betanzos
Sede Gadisa en Piadela, Betanzos
TipoDistribuidora
Fundación1985
MatrizGrupo Tojeiro
LocalizaciónPolígono de Piadela s/n, 15300 Betanzos, A Coruña Galicia Galicia
FundadorRoberto Tojeiro Díaz
Persoas claveRoberto Tojeiro Rodríguez
IndustriaDistribución
ProdutosAlimentación
Distribución
Beneficio1 100 millóns de euros (en 2016)[1]
Número de empregados7.000
Páxina webGadisa.es

Descrición

Fundado en 1985 por Roberto Tojeiro Díaz e presidido por Roberto Tojeiro Rodríguez, ten a súa sede en Piadela, Betanzos. Forman parte do grupo empresas como Reganosa, Intasa, Galparket ou Forestal del Atlántico. Gadisa no ano 2010 tiña unha frota de máis de 200 camións, facturando unha cantidade superior aos 900 millóns de euros.[3] Da emprego a preto de 7.000 traballadores.

Pertencen ao grupo: 204 supermercados Gadis, 10 Gadis Hiper (ata o ano 2012 denominados hipermercados Haley), 151 supermercados Claudio (franquías), 12 almacéns maioristas Cash IFA, o supermercado en-liña Gadisline.com, dúas tendas de delicatessen Casa Claudio, dous centros de distribución en Medina del Campo e Betanzos e outras empresas.

Supermercados Gadis

100 1566
Supermercado GADIS en Lugo.

En 1979 abriu o primeiro baixo a marca ALDI, que en 1995 mudou pola actual. Os máis de 200 supermercados Gadis, especializados en produtos frescos, están distribuídos polas provincias galegas, León, Palencia, Salamanca, Valladolid e Avila.

Un dos slogan publicitarios da marca foi "Vivamos como galegos".[4] creado pola axencia BAP&Conde [5], con sede na Coruña, a campaña gañou un Premio Mestre Mateo no ano 2007.

Galería de imaxes

Gadis no mercado de Elviña na Coruña.
Gadis no mercado de Elviña na Coruña
Hiper Gadis no Burgo no concello de Culleredo.
Hiper Gadis no Burgo no concello de Culleredo
Monoposte publicitario no Gadis do Burgo en Culleredo.
Monoposte publicitario no Gadis do Burgo en Culleredo. 
Gadisa cambiou o deseño das bolsas o Día das Letras Galegas de 2013 para incluír unha imaxe de Roberto Vidal Bolaño e un fragmento das Actas escuras.
Gadisa cambiou o deseño das bolsas o Día das Letras Galegas de 2013 para incluír unha imaxe de Roberto Vidal Bolaño e un fragmento das Actas escuras

Notas

  1. GADISA REGISTRA UN CRECIMIENTO DEL 6% EN 2016 CON UNA CIFRA DE NEGOCIO DE 1.100 MILLONES Y UN AUMENTO DE LA PLANTILLA EN 227 TRABAJADORES
  2. Mundo Gadisa, páxina antiga.
  3. Memoria 2010 Arquivado 20 de xuño de 2012 en Wayback Machine. (en castelán).
  4. Vídeos da campaña en YouTube.
  5. Axencia BAP&Conde

Véxase tamén

Ligazóns externas

Betanzos

Betanzos é un concello e cidade da provincia da Coruña, pertence á comarca de Betanzos. Segundo o IGE no ano 2017 tiña 12.941 habitantes (13.352 no 2015, 13.673 no 2010).

Betanzos foi unha vila creada polo rei Afonso IX, tras aceptar en 1219 o traspaso da poboación de Betanzos O Vello ao lugar de Castro de Untia. Betanzos viviu o seu auxe no baixo medievo, medrando polo comercio da pesca, o viño e dos fornos, e nela instauráronse fidalguías e gremios importantes. Foi declarada cidade do Reino de Galicia polo rei Henrique IV en 1465. Betanzos foi capital de provincia entre os séculos XVI e XVIII. As casas de Fonte de Unta, as súas murallas e portas, as súas igrexas como as de San Francisco e Azougue, a Torre de Lanzós ou a Torre do reloxo na igrexa de Santiago fan que sexa a referencia galega do gótico e unha cidade declarada conxunto histórico-artístico.Outro patrimonio de interese de Betanzos son as súas igrexas románicas de Brabío, Pontellas ou Tiobre; os edificios neoclásicos de San Antonio de Padua, o Arquivo do Reino de Galicia ou o pazo de Piadela; e conxuntos modernistas como a Casa Núñez, a escola de García Naveira ou o Parque do Pasatempo.

A súa ría, coa súa marisma, e os ríos Mendo e Mandeo, que pasan por Betanzos e bordean a cidade, son parte da zona especial de conservación (ZEC) Betanzos - Mandeo. A ribeira de Piadela e a súa parte do encoro forman parte do ZEC Encoro de Abegondo - Cecebre. Destacan destes espazos a súa diversidade de ribeira, e da marisma no caso do Betanzos-Mandeo. Betanzos forma parte da reserva da biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é betanceiro, brigantino ou popularmente garelo.

Festa gastronómica

Unha festa gastronómica é un evento celebrado co gallo de exaltar un determinado produto ou grupo de produtos alimenticios. Algunhas delas están declaradas Festas de interese turístico de Galicia ou de Interese turístico nacional.

As festas gastronómicas foron fomentadas co réxime franquista tras pasaren os efectos de racionamento da guerra civil española, e mesmo se declararon algunhas de interese turístico nacional (a festa do pemento da Arnoia ou a festa do polbo do Carballiño). A Xunta de Galicia seguiu con esta política e popularizáronse festas coma a festa do cocido de Lalín.

Grelo

O grelo é un sinónimo de xermolo que se aplica en moitas partes de Galicia exclusivamente ao gromo do nabo (Brassica rapa). Porén, ás veces é tratada coma Brassica rapa subsp. rapa, Brassica rapa ruvo, Brassica rapa rapifera, Brassica ruvo, ou Brassica campestris ruvo.

A aparencia é a dun gromo máis ou menos groso do que saen algunhas follas e, no extremo, as flores.

Emprégase para preparar o caldo galego e outros pratos típicos, como o lacón con grelos.

O grelo é comestíbel mentres está tenro. Cando abrocha a flor, o grelo endurécese e xa non é posíbel o seu consumo, pois non amolece por moito que se coza.

Un bo sistema para saber se o grelo é mol ou non consiste en darlle un corte transversal no seu extremo. Se o centro está moi branco (branco neve) o grelo xa non é comestíbel a causa da súa dureza.

Hai que denotar a diferenza do grelo e as nabizas: estas últimas son as primeiras follas, tenras, que produce o nabo.

Do nabo sal a nabiza,

Da nabiza sal o grelo,

son tres persoas distintas

e un solo Dios verdadeiro.No mes de xaneiro de 2008, a Real Academia Galega aceptou o termo greleiro como Persoa ou entidade que se dedica ao cultivo dos grelos ou que negocia con eles, despois de que o grupo Gadisa o propuxese.

Grupo Tojeiro

Grupo Tojeiro é un grupo familiar de empresas creadas por Roberto Tojeiro Díaz e a súa familia.

INTASA

INTASA (Industrias del Tablero Sociedade Anónima) é unha empresa galega adicada á produción e comercialización de derivados da madeira. A empresa ten a súa sede na cidade da Coruña.

Lista de grupos que participaron no Festival de Ortigueira

O Festival de Ortigueira, coñecido tamén como Festival Internacional do Mundo Celta, é un festival gratuíto de música folk e celta que se celebra anualmente na vila coruñesa de Ortigueira, España. Inaugurado en 1978, non se celebrou entre 1988 e 1994 por dificultades orzamentarias, polo que a correspondente ao ano 2017 foi a edición número 33 do festival. Ao longo dos seus 39 anos de historia pasaron polos seus escenarios os grupos e intérpretes máis significativos da música celta, así como da música popular e tradicional de Galicia e do noroeste de España.. No ano 2000 estableceuse o concurso «Proxecto Runas» no que participan bandas e artistas noveis e cuxo gañador obtén un premio económico e unha praza para actuar no escenario principal da edición do seguinte ano.

A historia do festival divídese en dúas etapas:

Anos 1978 - 1987: O dez primeiras edicións estiveron organizadas, xestionadas e promovidas pola Escola de gaitas e por voluntarios da localidade; sen ningunha axuda oficial durante o seis primeiros anos e coa colaboración —limitada— do concello de Ortigueira e da Xunta de Galicia, no catro últimas edicións desta primeira etapa. As actuacións musicais celebrábanse nun recinto valado ao que se accedía previo pago de entrada, pero a partir de 1985 pasou a ser totalmente gratuíto. As dificultades económicas, o cansazo dos organizadores e o declive de público motivaron a súa suspensión no ano 1987.

Anos 1995 - actualidade: Tras unha paréntese de sete anos o festival retornou en 1995 grazas ao apoio económico inicial da Xunta de Galicia, da Deputación da Coruña e, sobre todo, do goberno municipal de Ortigueira encabezado polo seu entón alcalde, Jesús Varela Martínez. O concello de Ortigueira relevou á Escola de gaitas nas tarefas de organización do festival e comezou a recibir financiamento de patrocinadores privados como Estrela Galicia, Gadisa, Coca Cola e Abanca, entre outros.

Piadela, Betanzos

Santo Estevo de Piadela é unha parroquia que se localiza no concello de Betanzos na comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2011 tiña 755 habitantes (390 mulleres e 365 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 726 habitantes.

Polígono industrial de Piadela

O polígono industrial de Piadela é unha zona industrial, loxística e de uso terciario-mixto situada na parroquia de Piadela, no concello de Betanzos, desenvolvido mediante iniciativa privada.

Premios Mestre Mateo 2007

Os Premios Mestre Mateo 2007 foron foron entregados o 15 de abril de 2008 no Teatro Jofre de Ferrol. Os nomeamentos déranse a coñecer no mes anterior.

Provincia da Coruña

A Coruña é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833, e ocupa a punta noroeste do país e da península Ibérica. Limita ao norte e ao oeste co océano Atlántico, ao leste coa provincia de Lugo e ao sur coa provincia de Pontevedra. A capital leva o mesmo nome, A Coruña.

Reganosa

Reganosa (Regasificadora do Noroeste Sociedade Anónima) é unha empresa galega adicada ó almacenamento e distribución de gas natural licuado (GNL) a través da súa terminal de Mugardos, na ría de Ferrol. Da súa actividade depende directamente a subministración das centrais eléctricas de ciclo combinado que Endesa e Unión Fenosa teñen nas Pontes de García Rodríguez e Sabón (Arteixo), respectivamente, así como outras industrias vía gasoduto, buques LNG e camións cisterna. En España existen seis plantas regasificadoras: Barcelona, Huelva, Bilbao, Sagunto, Cartaxena e Mugardos.

Roberto Tojeiro Díaz

Roberto Tojeiro Díaz, nado nas Pontes de García Rodríguez o 29 de febreiro de 1928 e finado en Liáns, Oleiros, o 1 de febreiro de 2011, foi un empresario galego.

Roberto Tojeiro Rodríguez

Roberto Tojeiro Rodríguez, nado nas Pontes de García Rodríguez en setembro de 1961, é un empresario galego.

Roberto Vidal Bolaño

Roberto Ignacio Vidal Bolaño, nado en Vista Alegre (Santiago de Compostela) o 31 de xullo de 1950 e falecido na mesma cidade o 11 de setembro de 2002, foi un autor, director e actor de teatro galego, pioneiro da dramaturxia profesional en Galicia.

Foi un dos líderes do Grupo Antroido, a primeira compañía teatral galega profesional, e con ela realizou unha gran cantidade de funcións, desenvolvendo diferentes tarefas como director, escritor, actor e iluminador, ademais de moitas outras. Escribiu preto de 30 obras de teatro e recibiu numerosos premios e recoñecementos polo seu traballo, o premio Abrente, o premio Álvaro Cunqueiro, o Rafael Dieste, o Eixo Atlántico e o Tirso de Molina, entre outros. Tamén participou en diferentes filmes e series de televisión, tanto como actor coma actor de dobraxe, axudando a dar pulo ós comezos do audiovisual galego.

No ano 2013 adicóuselle o Día das Letras Galegas.

Torre de Celas de Peiro

A Torre de Celas de Peiro é o que queda en pé da fortaleza medieval de Vinseira, tamén coñecida como Torre de Vinseira Pequena ou Fortaleza dos Condes de Andrade. Sitúase na parroquia de Celas, no concello coruñés de Culleredo.

A fortaleza xa existía no ano 1395. Pertenceu á casa de Andrade, e aínda conserva escudo coas súas armas.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.