Gabia

Unha gabia, foxo ou cuneta (do italiano cunetta, derivado de lacuna ou lagoa) é unha cal que se abre ao beiril das vías terrestres de comunicación (camiños, estradas, ...) e que, por mor ao su menor nivel, recibe as augas pluviais conducíndoas até un sumidoiro ou lugar onde non provoquen danos. Tamén pode servir como defensa de pequenos derrubamentos cando as vías transitan por trincheiras.

Ás veces, algunhas especies animais ou vexetais poden usalas como xeito de espallamento.

Véxase tamén

Outros artigos

Beiravía

A beiravía é unha franxa lonxitudinal pavimentada ou non, contigua á calzada (non incluída nesta), non destinada ao uso de vehículos automóbiles máis que en circunstancias excepcionais. O conxunto da calzada e as beiravías forman unha plataforma.

Nas estradas, a seguir da beiravía acostuma ir a gabia para a condución das augas pluviais. A faixa estreita de terra entre o bordo da gabia ou canle e o pé dun noiro feita coas terras provenientes da súa escavación, recibe o nome de berma. A berma serve de protección contra os desprendementos de terras. Ter en conta que en lingua portuguesa berma é sinónimo de beiravía.

En Galicia e normalmente en toda Europa, a raia que o separa da calzada adoita ser continua e de cor branca e só poden transitar por el os peóns e os ciclomotores. Excepcionalmente poderán circular por el a velocidade anormalmente reducida, en caso de urxencia, os vehículos motorizados de ata 3500 quilogramos de masa máxima autorizada.

Nalgunhas autovías e autoestradas a liña branca ten relevo descontinuo, o que provoca que ao ser cruzada a gran velocidade se oia un ruído que serve de aviso ante un posible descoido do condutor. Nas autovías estadounidenses, en especial nas denominadas freeway, na beiravía hai unha superficie rugosa con ese obxectivo.

Corazón neolítico das Orcadas

Corazón Neolítico das Orcadas refírese a un grupo de monumentos Neolíticos atopados no continente, unha das illas de Orkney, Escocia. O nome foi adoptado pola UNESCO cando proclamou estes sitios como Patrimonio da Humanidade en 1999.

O sitio do patrimonio actualmente consta de catro sitios:

Maeshowe - unha única cámara de pedra e a pasaxe ao sepulcro) aliñada de xeito que a súa cámara central estea iluminada no solsticio de inverno. Foi saqueada polos viquingos que deixaron unha das maiores coleccións de inscripciones rúnicas do mundo.

Standing Stones of Stenness - os catro megálitos que quedan dunha henge, a maior das cales ten de 6 metros de alto.

Ring of Brodgar: un círculo de pedras de 104 metros de diámetro, orixinalmente composto por 60 pedras colocadas nunha gabia circular de ata 3 metros de profundidade e 10 m de ancho, formando un henge. Estímase que a estrutura tardou 80.000 horas-home en construirse.

Skara Brae: un grupo de oito casas que constitúen a aldea neolítica mellor conservada de Europa do Norte.

Ness de Brodgar é un sitio arqueolóxico entre o anel de Brodgar e as pedras de Stenness que dan evidencia de vivendas, lousas de pedra decoradas, un muro de pedra macizo con cimentos e un grande edificio descrito como unha "catedral" neolítica. Aínda que non forma parte do Patrimonio da Humanidade, o Ness de Brodgar "contribúe grandemente á nosa comprensión do WHS", segundo Historic Scotland, que xestiona a maior parte do sitio.En 2008, a UNESCO expresou a súa preocupación polos plans do consello local de "erixir tres grandes turbinas eólicas de 72 metros ao noroeste das Pedras de Stenness e do Anel de Brogdar" que poderían danar o lugar.

Foso

Un foso (do latín "fossa"), en arquitectura militar, é unha escavación profunda e regular, destinada a impedir ou dificultar o acceso do agresor á liña de defensa dunha fortaleza. A terra, retirada durante a súa escavación, pode ser utilizada para erguer muros de defensa.

O tipo de enchedura pode ser "seco" ou "mollado". Unha característica moi importante é que dificulta moito os intentos de minar os alicerces dos muros mediante túneles con vista a colapsalos, por unha banda obrigando a profundizar máis na escavación e por outra, no caso de haber auga, esta asolagaría eses túneles ou causaría que se tiveran que reforzar moito.

Foxo

Un foxo é unha cavidade de forma arredondada que se fai no terreo: focha, fochanca. Tamén pode ser unha gabia ou cuneta, cada un dos sucos fondos que están a ambos os lados dunha estrada.

Como topónimo pode referirse a:

Foxo, lugar da parroquia de Barral, no concello de Castrelo de Miño;

Foxo, lugar da parroquia de Samarugo, no concello de Vilalba;

O Foxo, lugar da parroquia de Cambás, no concello de Aranga;

O Foxo, lugar da parroquia de Loureda, no concello de Arteixo;

O Foxo, lugar da parroquia de Librán, no concello de Baleira;

O Foxo, lugar da parroquia do O Couto, no concello da Cañiza;

O Foxo, lugar da parroquia de Valeixe, no concello da Cañiza;

O Foxo, lugar da parroquia de Rubín, no concello da Estrada;

O Foxo, lugar da parroquia de San Pedro de Ancorados, no concello da Estrada;

O Foxo, lugar da parroquia de Xiá, no concello de Friol;

O Foxo, lugar da parroquia de Labacengos, no concello de Moeche;

O Foxo, lugar da parroquia do Val de Xestoso, no concello de Monfero;

O Foxo, lugar da parroquia de Caberta, no concello de Muxía;

O Foxo, lugar da parroquia do Val, no concello de Narón;

O Foxo, lugar da parroquia de Couzadoiro, no concello de Ortigueira;

O Foxo, lugar da parroquia de Insua, no concello de Ortigueira;

O Foxo, lugar da parroquia de Mera de Arriba, no concello de Ortigueira;

O Foxo, lugar da parroquia de Bretoña, no concello da Pastoriza;

O Foxo, lugar da parroquia de Posmarcos, no concello da Pobra do Caramiñal;

O Foxo, lugar da parroquia de Xuño, no concello de Porto do Son;

O Foxo, lugar da parroquia de Carnoedo, no concello de Sada;

O Foxo, lugar da parroquia de Silleda, no concello de Silleda;

O Foxo, lugar da parroquia das Somozas, no concello das Somozas;

O Foxo, lugar da parroquia de Caldelas de Tui, no concello de Tui;

O Foxo, lugar da parroquia de Pexegueiro, no concello de Tui;

O Foxo, lugar da parroquia de Rebordáns, no concello de Tui.

O Foxo, lugar da parroquia de Rial, no concello de Val do Dubra;

O Foxo, lugar da parroquia de Calo, no concello de Vimianzo.

O Foxo, lugar da parroquia de Corvelle, no concello de Vilalba.

O Foxo Cativo, lugar da parroquia do Ermo, no concello de Ortigueira;

O Foxo do Cabrito, lugar da parroquia de Santa Mariña de Brañas, no concello de Toques;

El Foxo, lugar da parroquia de Barcela, no concello de Negueira de Muñiz.

Campos do Foxo, lugar da parroquia de San Xurxo de Moeche, no concello de Moeche;

O Outeiro do Foxo, lugar da parroquia de Guláns, no concello de Ponteareas;

A Pena do Foxo, lugar da parroquia de Agar, no concello da Estrada;

Rega do Foxo, lugar da parroquia de Castromaior, no concello de Abadín;

Río do Foxo, lugar da parroquia de Valdoviño, no concello de Valdoviño;

Gran Premio de Alemaña de 1966

O Gran Premio de Alemaña de Fórmula 1 de 1966 (formalmente o XXVIII Großer Preis von Deutschland) foi unha mestura de coches de carreiras de Fórmula 1 e Fórmula 2 que celebrouse en Nürburgring o 7 de agosto de 1966. A carreira, disputada sobre 15 voltas, foi a sexta rolda da tempada de Fórmula Un de 1966.

Foi o 28º Gran Premio de Alemaña e o 22º que se celebrou en Nordschleife. Levouse a cabo sobre 15 voltas ao circuíto de 22 quilómetros cunha distancia de carreira de 342 quilómetros.

A carreira gañouna o Campión do Mundo de 1959 e 1960 Jack Brabham pilotando o seu Brabham BT19, foi a súa cuarta vitoria consecutiva. Brabham gañou por 43 segundos sobre o Cooper T81 pilotado polo Campión do Mundo de 1964 John Surtees. O compañeiro de equipo de Surtees o austríaco Jochen Rindt terminou terceiro. O primeiro piloto de Fórmula 2, foi piloto francés Jean-Pierre Beltoise oitavo pilotando un Matra MS5.

A carreira tamén viu a morte do piloto británico John Taylor logo dunha colisión con Jacky Ickx.

Brabham saiu con 39 puntos, máis do dobre que o seu máis próximo rival, o piloto de BRM Graham Hill.

Gran Premio de Alemaña de 1969

O Gran Premio de Alemaña de Fórmula 1 de 1969 (formalmente o XXXI Großer Preis von Deutschland) foi unha carreira de Fórmula 1 que celebrouse en Nürburgring o 3 de agosto de 1969. A carreira, disputada sobre 14 voltas, foi a sétima rolda da tempada de Fórmula Un de 1969. Os participantes de F2 non eran elixibles para os puntos no Campionato do Mundo.

Gran Premio de Bélxica de 1966

O Gran Premio de Bélxica de Fórmula 1 de 1966 disputouse en Spa-Francorchamps o 12 de xuño de 1966. Foi a segunda carreira da tempada de Fórmula Un de 1966. A carreira foi o 26 Gran Premio de Bélxica. A carreira levouse a cabo sobre 28 voltas ao circuíto de catorce quilómetros cunha distancia de carreira de 395 quilómetros.

A carreira foi gañada polo piloto británico, campión do mundo de 1964 John Surtees pilotando un Ferrari 312 nunha carreira que se viu decimada polas condicións meteorolóxicas nas primeiras voltas. Foi a cuarta vitoria de Surtees nun Gran Premio e a primeira desde o Gran Premio de Italia de 1964. Surtees levouse a vitoria con 42 segundos de vantaxe sobre piloto austríaco Jochen Rindt que pilotaba un Cooper T81. Foi o primeiro podio do futuro campión do mundo Jochen Rindt e o primeiro para a nova combinación Cooper-Maserati o equipo de fábrica de Cooper Car Company buscou o motor V12 de tres litros de Maserati para adaptarse as novas regulacións. O compañeiro de equipo de Surtees o italiano Lorenzo Bandini terminou terceiro no seu Ferrari 246.

Cun par de podios, Bandini tomou a dianteira no campionato por un punto aos dous gañadores da carreira, Surtees e Jackie Stewart.

Gran Premio de Francia de 1958

O Gran Premio de Francia de 1958 foi unha carreira de Fórmula Un, celebrada en Reims-Gueux, o 6 de xullo de 1958. Foi a sexta carreira da tempada de Fórmula Un de 1958. A carreira viuse empañada polo accidente mortal do piloto de Ferrari, Luigi Musso, na pinza Muzione. O seu Ferrari precipitouse fóra da pista e estrelouse nunha gabia. Musso foi expulsado do coche, resultou gravemente ferido e morreu máis tarde ese mesmo día nun hospital preto da pista. Esta foi tamén a última carreira na Juan Manuel Fangio pilotou un coche de Fórmula Un.

Illa de Awaji

A illa de Awaji (淡路島, あわじしま, Awaji-shima) é unha illa de 592,1 km² situada na prefectura de Hyōgo, Xapón. Atópase no leste do mar interior de Seto, entre as illas de Honshū e de Shikoku. Sumoto é a vila principal da illa. Ata a época meiji a illa constituíu unha provincia propia, a provincia de Awaji desde o século VII. Era parte de Nankaido.

É lugar de tránsito entre estas dúas illas, Awaji originalmente significa "o camiño á provincia de Awa". Awaji tamén se escribe como ??.

Xeográficamente atópase separada de Honshu polo estreito de Akashi, de Shikoku polo estreito de Naruto. Desde 1998 atópase conectada a Honshu polo Ponte Akashi Kaikyō. Desde a inauguración da Autoestrada Kobe Awaji Naruto, é a terra máis oriental enlace entre Honshu e Shikoku. Non hai ningún aeroporto en Awaji.

A illa consta de tres municipalidades:

Awaji-shi

Sumoto-shi

Minamiawaji-shiA falla Nojima, responsable do Gran Terremoto de Hanshin de 1995, cruza ao longo da illa. Unha sección da falla preservouse e converteuse no Museo da Falla Nojima, móstranos como o movemento do chan curta a través de camiños, valados e outros elementos. Fóra desta área protexida, a zona da falla é menos visible, excepto por algunhas rarezas en equipos (por exemplo, algunha gabia ten unha dobrez peculiar cando a falla alcanza a súa posición).

Unha das máis famosas atraccións da illa son os Remuiños Naruto que se forman no estreito entre Naruto na prefectura de Tokushima e a Illa Awaji.

O Teatro de Marionetas de Awaji, é unha forma tradicional de teatro de marionetas ó ningyō jōruri do que se cre que deriva o drama de marionetas Bunraku de Osaka, fanse varias actuacións diariamente nas súas propias instalacións na Cidade Nandan na parte sur da illa. Os espectáculos de marionetas de Awaji, que escenifican dramas populares tradicionais, pero afunden as súas raíces en rituais relixiosos, gozou dunha gran popularidade localmente e saíu de xira internacional, polos EE.UU., Rusia e numerosos países máis.

De acordo cos mitos antigos, Awaji foi a primeira das illas do Xapón que crearon os dous deuses ó kami, Izanagi e Izanami. O 17 de xaneiro de 1995 a illa foi o epicentro dun terremoto.

Jackie Stewart

Sir John Young "Jackie" Stewart, OBE (nado en Milton o 11 de xuño de 1939) é un expiloto de Fórmula 1 de británico de Escocia, e considerado un dos mellores pilotos na historia do deporte.

Alcumado "Flying Scot" (o escocés voador), competiu na Fórmula Un entre 1965 e 1973, gañando tres campionatos de pilotos, e foi dúas veces subcampión, durante esas nove tempadas. Tamén competiu na Can-Am. En 2009 foi clasificado quinto dos cincuenta mellores pilotos de Fórmula Un de todos os tempos polo xornalista Kevin Eason, quen escribiu: "Non só xurdiu como un gran piloto, senón como unha das figuras máis grandes das carreiras de motor".Nos Estados Unidos, traballou como comentarista nas transmisións de televisión nas Indianápolis 500, Daytona 500 e do Gran Premio de Mónaco de 1971 a 1986. En 1976, Stewart foi locutor deportivo de ABC para os Xogos Olímpicos de inverno e de verán de 1976. Tamén foi un portavoz da Ford Motor Company Ford, Rolex e Moët.

Entre 1997 e 1999, en sociedade co seu fillo, Paul, foi director de equipo de Fórmula 1 Stewart Grand Prix.

Joakim Bonnier

Joaquín "Jo" Bonnier (nado en Estocolmo, Suecia o 31 xaneiro de 1930 e finado en Le Mans, Francia o 11 xuño de 1972) foi un piloto sueco de Fórmula 1 que competiu en varios equipos.

Luigi Musso

Luigi Musso nado en Roma o 28 de xullo de 1924 e finado en Reims-Gueux o 6 de xullo de 1958, foi un piloto italiano de Fórmula 1.

Monte Xiabre

O monte Xiabre é unha montaña galega, situada entre os concellos de Caldas de Reis, Catoira e Vilagarcía de Arousa. Ten 641 metros de altitude.

Onofre Marimón

Onofre Agustín Marimón, nado en Zárate (Provincia de Buenos Aires) o 23 de decembro de 1923 e finado o 31 de xullo de 1954, foi un piloto de carreiras arxentino. Foi a primeira vítima mortal da Fórmula Un da historia.

Plataforma

Unha plataforma é unha superficie plana e horizontal, elevada sobre o chan, descuberta, onde se colocan persoas ou cousas. Por extensión:

Plataforma petrolífera, superficie metálica construída sobre a auga, para explotación dun pozo de petróleo submarino.

Plataforma (ferrocarril), superficie que nas estacións do camiño de ferro se sitúa ao longo da vía para que poidan andar os pasaxeiros

Paltaforma, peza de material lixeiro que determinado calzado leva sobre a sola

Plataforma política, conxunto de persoas que se agrupan movidos por unhas reivindicacións ou ideas comúns (ex. Plataforma Queremos Galego!).

Plataforma de lanzamento, en astronáutica, emprégase para a engalaxe de naves espaciais.

Plataforma continental, en xeoloxía, é a zona de pouca profundicade achegada ao continente.

Plataforma (informática), refírese ao sistema operativo ou a sistemas complexos que á súa vez serven para crear programas, como as plataformas de desenvolvemento

Videoxogo de plataformas, un tipo de videoxogo.

Plataforma (moda), o lugar polo que desfilan os modelos, pasarela.

plataforma (natación), é unha modalidade de salto.

Plataforma (aviación), espazo do aeroporto onde estacionan as aeronaves.

Plataforma (tráfico), a zona que abrangue a calzada, a beiravía, mediana, a berma, a gabia etcétera

Plataforma (automóbil), é a base da carrozaría.

Portas

Portas é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Caldas. Segundo o padrón municipal, no ano 2014 tiña unha poboación de 3.025 persoas. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «portense».

Sacos, Cerdedo-Cotobade

Santa María de Sacos é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 244 habitantes (111 homes e 133 mulleres), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución respecto ó 2005, cando tiña 281 habitantes.

Stonehenge

Stonehenge é un monumento neolítico (crómlech) e da idade de bronce situado preto de

Amesbury en Wiltshire, Inglaterra, a uns 13 km ao noroeste de Salisbury. Trátase dun monumento megalítico probabelmente construído como templo-calendario. Está situado cronoloxicamente no período neolítico ou na Idade de bronce.

Toledo

Toledo é unha cidade que se atopa na España central, e é a capital da provincia de Toledo e da comunidade autónoma de Castela-A Mancha.

Toledo é coñecida como «A cidade Imperial» por ser a sede principal da corte de Carlos I e tamén como «a cidade das tres culturas», por ter sido habitada durante séculos por cristiáns, xudeus e musulmáns.

A cidade está situada na marxe dereita do Texo, nun outeiro de cen metros de altura sobre o río, o cal cínguea pola súa base, formando un pronunciado meandro coñecido como Torno do Texo. Ten unha configuración dispersa con barrios moi separados do núcleo principal: o de Azucaica, na beira dereita do río e que ten a súa orixe nunha antiga pedanía da cidade, dista uns 7 km do centro da cidade, mentres que o de Santa María de Benquerencia, situado practicamente enfronte do anterior na marxe esquerda do Texo, sitúa o seu centro a uns 8 km do da cidade.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.