Géyser

Un géyser,[1], ou geyser,[2] pronunciado [ˈɡajzə][3] ou [ˈɡajse̝ɾ][3], é unha nacente termal que entra en erupción periodicamente, lanzando unha columna de auga quente e vapor para o ar. O nome géyser provén de Geysir, o nome dunha nacente eruptiva en Haukadalur, na Islandia; este nome deriva pola súa vez do verbo gjósa, "chorrear".[Cómpre referencia]

A formación de géyseres require unha hidroxeoloxía favorábel, o que existe só en poucos lugares na Terra; logo, son fenómenos razoabelmente raros. Existen cerca de mil en todo o mundo, e a metade destes no Parque Nacional de Yellowstone nos Estados Unidos. Tamén son coñecidos os géyseres de Nova Zelandia e o Strokkur Geysir de Islandia.

Os géyseres son marabillosos, mais poden ter como efecto a insuficiencia renal, e por iso non é conveniente que persoas con problemas renais frecuenten lugares onde existan géyseres.

Strokkur geyser eruption, close-up view
O Strokkur Geysir, en Islandia.
StrokkurBubble3
Outro géyser.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para géyser.
  2. Gran Dicionario Xerais da Lingua, VV.AA. 2009. Edicións Xerais, Vigo
  3. 3,0 3,1 "Dicionario de pronuncia da lingua galega". ilg.usc.es. Consultado o 2018-03-29.
Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre ciencias é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Accidente xeográfico

Un accidente xeográfico é unha particularidade xeomorfolóxica no relevo do planeta Terra, tanto na formación de solos continentais e costeiros. Os accidentes xeográficos adoitan clasificarse por características tales como a elevación, pendente, orientación, estratificación, formación rochosa e tipo de solo.

Varios factores, desde a tectónica de placas até a erosión e a sedimentación, poden xerar e alterar accidentes xeográficos. Factores biolóxicos tamén poden influír neles, como é o caso das plantas no desenvolvemento das dunas e os saladares, e dos corais e algas na formación de arrecifes.

Fonte hidrotermal

Unha fonte hidrotermal (tamén ás veces respiradoiro hidrotermal, cheminea hidrotermal ou fumarola hidrotermal) é unha fisura na superficie da codia continental ou oceánica do planeta na cal se emiten materiais acuosos quentes xeotermais. As fontes hidrotermais encóntranse xeralmente preto de lugares volcanicamente activos, que adoitan ser áreas nas que as placas tectónicas se están movendo, cuncas oceánicas, e puntos quentes. As fontes hidrotermais existen porque a Terra é xeoloxicamente activa e ten grandes cantidades de auga na súa superficie e no interior da codia. Tipos comúns destas fontes nos continentes son as fontes de augas termais, fumarolas e géyseres. Baixo o mar, as fontes hidrotermais poden formar estruturas chamadas fumarolas negras ou chemineas negras se emiten un líquido escuro, ou fumarolas brancas ou chemineas brancas se emiten un líquido claro. Comparadas coa maioría do fondo do mar profundo, as áreas arredor das fontes hidrotermais submarinas son máis produtivas bioloxicamente, e a miúdo albergan complexas comunidades que dependen troficamente dos compostos químicos disolvidos que saen cos fluídos hidrotermais. As bacterias quimiosintéticas e arqueas forman a base da cadea trófica, que sostén a vida de diversos organismos, entre os que hai vermes tubícolas xigantes, ameixas, lapas e gambas. Fontes hidrotermais activas crese que existen tamén noutros corpos celestes como na lúa Europa de Xúpiter, e especúlase que en Marte existen antigas fontes hidrotermais.

George Bass

George Bass, nado en Aswarby o 30 de xaneiro de 1771 e finado despois do 5 de febreiro de 1803, foi un cirurxián naval e explorador británico.

Hidrato de gas

Os hidratos de gas, tamén chamados clatratos de gas ou hidratos clatratos son sólidos baseados na auga cristalinos, que lembran fisicamente ao xeo, nos cales pequenas moléculas non polares (tipicamente gases) ou moléculas polares con grandes residuos hidrófobos están atrapadas dentro de estruturas con forma de "gaiolas" feitas de moléculas conxeladas de auga unidas por pontes de hidróxeno. Por tanto, trátase de clatratos nos cales a molécula hospedadora é a auga e a molécula hospedada é un gas ou un líquido. Cando o gas atrapado é o metano, denomínanse clatratos de metano, que son moi abondosos. Sen o soporte das moléculas atrapadas, o retículo da estrutura cristalina do hidrato de gas (ou hidrto clatrato) colapsaría orixinando unha estrutura cristalina de xeo convencional ou auga líquida. A maioría dos gases de baixo peso molecular, como o O2, H2, N2, CO2, CH4, H2S, Ar, Kr, e Xe, ou algúns hidrocarburos maiores e freóns, poden formar hidratos ás temperaturas e presións axeitadas. Os hidratos clatratos ou hidratos de gas non son considerados oficialmente compostos químicos, xa que as moléculas que están secuestradas no seu interior nunca están enlazadas á retícula cristalina. A formación e descomposición de hidratos de gas non son reaccións químicas senón transicións de fase de primeira orde. Os seus mecanismos de formación e descomposición detallados a nivel molecular aínda non se comprenden ben.

Os hidratos clatratos foron documentados por primeira vez en 1810 por Sir Humphry Davy, que atopou que a auga era un compoñente primario do que se pensaba inicialmente que era cloro solidificado.Os clatratos aparecen na natureza en grandes cantidades. Estímase que nos depósitos de clatratos de metano do fondo oceánico profundo están atrapadas unhas 6,4×1012 toneladas de metano. Ditos depósitos poden atoparse por exemplo na plataforma continental norueguesa. Os clatratos tamén abundan no permafrost, como por exemplo no delta do río Mackenzie no noroeste do Ártico canadense. Estes hidratos de gas natural considéranse unha vasta reserva de fontes de enerxía, pero polo momento non existen métodos de extracción rendibles. Os clatratos de hidrocarburos causan problemas á industria do petróleo, porque poden formarse no interior dos oleodutos, o que pode chegar a entupir o conduto. Propúxose que realizar o depósito no océano profundo de clatraro de dióxido de carbono sería un bo método para eliminar este gas de efecto invernadoiro da atmosfera para así controlar o cambio climático.

Pénsase que os clatratos aparecen en grandes cantidades nalgúns planetas exteriores, satélites naturais e obxectos transneptunianos, e atrapan gas a temperaturas bastante altas.

Palencia

Palencia é unha cidade e concello español situada na comunidade de Castela e León, capital da provincia do mesmo nome situada na chaira de Terra de Campos, na beira do río Carrión. Situada a 749 m de altitude, dista 235 km de Madrid e conta cunha poboación de 80.649 habitantes (INE 2013) sobre unha extensión de 94,71 km². É a terceira cidade máis industrializada de Castela e León tras os focos de Valladolid, Burgos e diante de Miranda de Ebro.

StarCraft

StarCraft é un videoxogo de estratexia en tempo real de ciencia ficción desenvolvido e publicado por Blizzard Entertainment, lanzado orixinalmente para Microsoft Windows o 31 de marzo de 1998. Foi o primeiro xogo dentro da serie homónima. Unha versión para Mac OS foi publicada no 1999, e unha adaptación para a Nintendo 64 desenvolvida en colaboración con Mass Media foi publicada o 13 de xuño do 2000. O traballo neste xogo comezou pouco despois da publicación de Warcraft II: Tides of Darkness en 1995. StarCraft presentouse na E3 de 1996, recibindo nese momento unha comparación desfavorable co Warcraft II. Como resultado, o proxecto foi revisado e axustado por completo, presentándose ó público de novo a comezos de 1997 e obtendo nesta ocasión unha resposta máis positiva.

Ambientado nunha liña temporal ficticia durante o século XXV, o xogo trata sobre a loita pola dominación por parte de tres especies distintas dunha parte da Vía Láctea chamada o "Sector Koprulu". As tres especies son os Terran, humanos exiliados da Terra capaces de adaptarse a moitas situacións, os Zerg, unha especie alieníxena insectoide que procura a perfección xenética e a asimilación doutras especies, e os Protoss, unha especie humanoide con tecnoloxía avanzada e capacidades psiónicas que procura preservar a súa civilización e a súa estrita forma de vida e filosofía perante a ameaza dos Zerg.

Gran parte da prensa especializada enxalzou a StarCraft como un dos mellores e máis importantes videoxogos de tódolos tempos, e por ter marcado un estándar no desenvolvemento dos xogos de estratexia en tempo real. Con máis de 11 millóns de copias vendidas en todo o mundo a data de febreiro do 2009, StarCraft converteuse nun dos videoxogos para ordenador persoal máis vendidos da historia. O xogo recibiu críticas positivas por ser pioneiro no uso de faccións únicas dentro da mecánica de xogo da estratexia en tempo real, así como por posuír unha historia cativadora. O modo multixogador de StarCraft fíxose particularmente popular en Corea do Sur, onde xogadores e equipos organizados participaron en competicións profesionais, con patrocinios e torneos televisados. A historia de StarCraft foi adaptada e expandida por medio de varias novelas, da súa expansión oficial StarCraft: Brood War e por dúas expansións menores de terceiros autorizadas por Blizzard. A súa continuación titulada StarCraft II: Wings of Liberty foi publicada en xullo do 2010.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.