Fuso horario

As zonas horarias ou fusos horarios son cada unha das vinte e catro áreas en que se divide a Terra e que seguen a mesma definición de tempo. Anteriormente, usábase o tempo solar aparente, de forma que a hora do día diferenciábase lixeiramente dunha cidade a outra. Os fusos horarios corrixiron en parte o problema ao colocar os reloxos de cada rexión no mesmo tempo solar medio. Os fusos horarios xeralmente están centrados nos meridianos das lonxitudes que son múltiplos de 15°; porén, como se ve no mapa anexo, as formas dos fusos horarios reais son ás veces bastante irregulares para se axustar mais ás fronteiras dos países.

Todos os fusos horarios defínense en relación ao Tempo Universal Coordinado (UTC), o fuso horario que contén Londres.

World Time Zones Map
Fusos horarios

Lista de fusos horarios e áreas cubertas

Os países marcados con *seguen horario de verán: adiantan os reloxos nunha hora durante o verán.

UTC-11

UTC-10 (HST - Hawaiian Standard Time)

UTC-9:30

UTC-9 (AKST - Alaska Standard Time)

UTC-8 (PST - Pacific Standard Time)

UTC-7 (MST - Mountain Standard Time)

UTC-6 (CST - Central Standard Time)

UTC-5 (EST - Eastern Standard Time)

UTC-4 (AST - Atlantic Standard Time)

UTC-3:30 (NST - Newfoundland Standard Time)

UTC-3

UTC-2

UTC-1

UTC (WET - Western European Time, tamén chamado GMT)

UTC+1 (CET - Central European Time, tamén chamado MET - Middle European Time)

UTC+2 (EET - Eastern European Time)

UTC+3 (MSK - Moscow Time)

UTC+3:30

UTC+4

UTC+4:30

UTC+5

UTC+5:30

UTC+5:45

UTC+6

UTC+6:30

UTC+7

UTC+8 (AWST - Australian Western Standard Time)

Nota: a China mantén o mesmo horario en todo o seu territorio, o que fai esa zona horaria ser excepcionalmente larga. No extremo oesta da China o Sol está no seu ápice ás 15 h e no extremo leste ás 11 h.

UTC+8:30

UTC+9

UTC+9:30 (ACST - Australian Central Standard Time)

UTC+10 (AEST - Australian Eastern Standard Time)

UTC+10:30

  • Australia (Lord Howe Island*)(DST somente 0:30)

UTC+11

UTC+11:30

UTC+12

UTC+12:45

UTC+13

UTC+14

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Australia no Festival de Eurovisión

Australia participou por primeira vez no Festival de Eurovisión na edición de Festival de Eurovisión 2015. Aínda que non tiña as condicións axeitadas para facelo, xa que o país está situado fóra da Área de Radiodifusión Europea, Australia puido participar por mor do 60 aniversario do festival. O país de Oceanía emite as semifinais e finais na televisión australiana, a pesar de que non ten o mesmo fuso horario que os países participantes.

Cantón de Neuchâtel

O cantón de Neuchâtel (en arpitano: Nôchâthél, en alemán: Neuenburg, en francés: Neuchâtel, en italiano: Neuchâtel, en romanche: Neuchâtel) é un cantón suízo cuxa capital é a cidade de Neuchâtel. Ten unha poboación de 169.640 habitantes (2007).

Cundinamarca

Cundinamarca é un departamento de Colombia. Ten como capital a Bogotá. Cobre 23.960 km² e ten 2 280 037 habitantes. Atópase na rexión natural andina e divídese en 116 municipios distribuídos en 15 provincias e o distrito da capital. Foi creado o 5 de agosto de 1886 baixo a constitución de dito ano.

Estado do Paraná

O Paraná é un estado brasileiro que se sitúa na Rexión Sur do país. Limita ao nordeste co estado de São Paulo, ao leste co Océano Atlántico, ao sur co estado de Santa Catarina, ao suroeste con Arxentina, ao oeste con Paraguai e ao noroeste con Mato Groso do Sur. A súa capital é Curitiba. As súas cidades máis poboadas son Curitiba, Londrina, Maringá, Ponta Grossa, Foz do Iguaçu, Cascavel e Guarapuava.

Flandres

Flandres (en neerlandés, Vlaams Gewest ou Vlaanderen) é un territorio histórico que constitúe unha das tres rexións oficiais do Reino de Bélxica, xunto coas de Valonia e a Rexión de Bruxelas-Capital. A rexión atópase no norte do país e ten unha superficie de 13.522 km² (44.29% da Bélxica).

Indiana

Indiana é un dos estados dos Estados Unidos de América, situada no Medio Oeste.

Iowa

Iowa, é un dos 50 estados dos EEUU. A súa capital é Des Moines. Ten unha superficie de 145.743 qm2, e 2 926 324 habitantes. Ingresou na unión o 28 de decembro de 1846.

O nome de Iowa está tomado da tribo do mesmo nome, os iowa.

Krai de Stavropol

O krai de Stavropol ou krai de Stávropol[Cómpre referencia] (en ruso: Ставропольский край) é un suxeito federal de Rusia (un krai). O seu centro administrativo é a cidade de Stavropol.

Lemosín

Lemosín (en occitano: Lemosin, en francés: Limousin) é unha rexión francesa, situada no centro da Francia metropolitana. Conformada por tres departamentos : Corrèze, Creuse e Alto Vienne (Haute-Vienne). A súa capital (en francés : chef-lieu ou préfecture) é Limoges.

Lista de estados dos EUA por fuso horario

Lista dos Estados dos Estados Unidos de América por fuso horario. A maioría dos estados posúe o horario de verán con excepción dos estados de Arizona e Hawai.

Estes son os fusos horarios que engloban os Estados Unidos e súas posesións:

UTC +10 - Chamorro Standard Time

UTC -11 - Samoa Standard Time

UTC -10 - Hawaii-Aleutian Standard Time (HST)

UTC -9 - Alaska Standard Time (AST)

UTC -8 - Pacific Standard Time (PST)

UTC -7 - Mountain Standard Time (MST)

UTC -6 - Central Standard Time (CST)

UTC -5 - Eastern Standard Time (EST)

UTC -4 - Atlantic Standard Time (AST)

Lorena

A Lorena (en francés e en lorenés: Lorraine, en alemán: Lothringen) é unha rexión de Francia que linda con Alemaña, Bélxica e Luxemburgo.

Medianoite

A medianoite, ou metade da noite, é na actualidade a hora que sinala a fin do día (as 24 horas) e o comezo do día seguinte.

É produto dunha convención cultural, para permitir o cálculo do transcurso do tempo. Na antigüidade a fin do día viña dada polo solpor ou o amencer solares.

Fálase de medianoite solar en oposición ao mediodía solar, cando o Sol está no nadir -xusto embaixo dos pés do observador (figuradamente), no punto oposto ao meridiano local-, que é o momento de maior negritude da noite (sen contar a luz estelar de outros obxectos como a Lúa).

Coa creación do fuso horario internacional, creando meridianos graduados para toda a superficie terrestre, deixouse de usar o horario referido ao meridiano local, para usar o convencional referido a zonas horarias, que en Galiza non coincide co natural, do que polo menos está afastado unha hora ao ter o horario peninsular fixado ao continental europeo, cando o noso meridiano local é o mesmo que o de Irlanda.

Mediodía-Pireneos

Mediodía-Pireneos (en occitano: Miègjorn-Pirenèus, en francés: Midi-Pyrénées) é unha rexión francesa, situada ao suroeste da Francia metropolitana. Conformada de oito departamentos, a súa capital (chef-lieu ou préfecture) é Tolosa.

Ródano-Alpes

Ródano-Alpes (en francés: Rhône-Alpes, [ʁo.n‿alp] (AFI); en arpitano: Rôno-Arpes; en occitano: Ròse Aups) é unha rexión de Francia que comprende oito departamentos: Ain, Ardèche, Drôme, Isère, Loira, Ródano, Alta Savoia e Savoia. Ten 43.698 km² e nela habitan 5.645.407 habitantes.

Tempo Universal Coordinado

O Tempo Universal Coordenado, ou UTC, tamén coñecido como tempo civil, é o fuso horario de referencia a partir do cal se calculan todas as outras zonas horarias do planeta Terra. É o sucesor do Tempo Medio de Greenwich (Greenwich Mean Time), abreviadamente GMT. Acuñouse esta nova denominación para eliminar a inclusión dunha localización específica nun patrón internacional, así como para basear a medida do tempo nos patróns atómicos, máis do que nos celestes.

Ao contrario do GMT, o UTC non se define polo Sol ou as estrelas, senón que se mide polos reloxios atómicos. Debido ao feito de que a rotación da Terra se atrasa relativamente ao tempo atómico, o UTC sincronízase co día e a noite de UT1, ao que se suma ou subtrae segundos de salto tanto a finais de xullo como de decembro, cando é necesario. A entrada en circulación dos segundos de salto é determinada polo Servizo Internacional de Rotación da Terra, con base nas súas medicións da rotación da Terra.

"UTC" é unha abreviatura particular: é unha variante do tempo universal, (universal time, abreviadamente UT) e o modificador C (por "coordenado"), foi incluído para enfatizar que é unha variante de UT.

Os tempos UTC de verdadeira alta precisión só se poden determinar unha vez coñecido o tempo atómico, que se establece mediante a reconciliación das diferenzas observadas entre un conxunto de reloxios atómicos mantidos por un determinado número de oficinas do tempo nacionais. Isto só é feito baixo coordenación da Oficina Internacional de pesos e medidas (Bureau international des poids et mesures - BIPM ). Non obstante, os reloxios atómicos son tan exactos que só os máis precisos computadores necesitan usar estas correccións; e a maioría dos utilizadores de servizos de tempo utilizan os reloxios atómicos que teñan sido previamente configurados como UTC, para estimar a hora UTC.

Debido aos segundos de salto, é imposible determinar que representación virá a ter unha data futura, pois o número de segundos de salto que se ten que incluír na data é aínda descoñecido.

UTC é o sistema de tempo utilizado por moitos standards da Internet e da World Wide Web. En particular, deseñouse o Network Time Protocol como unha forma de distribuír o tempo UTC na Internet. Algunhas emisoras internacionais de radio e televisión, como a BBC World Service, utilizan a UTC nas súas emisións, así como os radioafeccionados DX e na aviación.

Tempo central europeo

O Tempo central europeo, abreviadamente CET (Central European Time), baséase no fuso horario de case toda Europa agás Portugal, Reino Unido e Irlanda, e de África central. Equivale a unha hora máis cá do UTC. Utilizase durante o inverno. Durante o verán aplicase o chamado CEST que equivale a 2 horas máis ca UTC.

Galicia é a rexión máis occidental que utiliza o CET (en concreto o cabo finisterre, a 9º 16' Oeste). Obviamente, tamén é a rexión máis occidental que usa o CEST.

Tesino

O cantón do Tesino (en lombardo: Tisín, en italiano: Ticino. En alemán, francés e romanche: Tessin) é o cantón máis meridional de Suíza, sobre a vertente sur dos Alpes. O nome deriva do río homónimo que atravesa subindo polo Passo della Novena até o Lago Maior. O cantón do Tesino é case enteiramente de lingua italiana (a excepción do municipio de Bosco/Gurin). O cantón forma xunto con algunhas rexións do cantón dos Grisóns a chamada Suíza Italiana.

Turgovia

Turgovia (en alemán: Thurgau, francés: Thurgovie, en italiano: Turgovia, en romanche: Turgovia) é un cantón da confederación Suíza, situado ao noroeste do país.

Vermont

Vermont é un dos 50 Estados dos Estados Unidos de América, o 14º en entrar na Unión. Está situado na rexión de Nova Inglaterra. Ten fronteira con outros estados americanos: Massachusetts ó sur, Nova Hampshire ó leste, Nova York ó oeste, e ca provincia canadense de Quebec ó norte. A capital do estado é Montpelier, que é a capital dos Estados Unidos con menor poboación. O estado é coñecido como The Green Mountain State (O estado das montañas verdes).

Vermont era anteriormente habitado por nativos iroqueses, algonquinos e abnakis. Co inicio da colonización europea das Américas, Vermont pasou por un tempo baixo control francés (antiga Acadia), para pasar despois para control inglés, baixo os termos do Tratado de París. Logo despois da independencia das 13 colonias, Vermont entrou á Unión, en 1791.

A súa economía é baseada principalmente no turismo, pesca e agricultura.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.