Fusilamento

O fusilamento[1] é un método de execución, particularmente é común en tempo de guerra. O pelotón de fusilamento xeralmente está formado por militares ou policías e o método require que todos os membros do pelotón disparen á vez. Tradicionalmente foi un método especialmente utilizado para executar espías e desertores dos exércitos.

20 02 1810-die-erschiessung-von-andreas-hofer-in-mantua 1
Fusilamento de Andreas Hofer, 1810

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para fusilamento.
15 de outubro

O 15 de outubro é o 288º día do ano do calendario gregoriano (289º nos anos bisestos). Quedan 77 días para finalizar o ano.

23 de abril

O 23 de abril é o 113º día do ano do calendario gregoriano (114º nos anos bisestos). Quedan 252 días para finalizar o ano.

26 de abril

O 26 de abril é o 116º día do ano do calendario gregoriano (117º nos anos bisestos). Quedan 249 días para finalizar o ano.

Abelardo Gutiérrez Alba

Abelardo Gutiérrez Alba, nado en Vilarello (Cervantes) o 25 de febreiro de 1912 e finado en Venezuela en 1978, foi un xastre e guerrilleiro anarquista galego.

Alexandre Bóveda

Alexandre Bóveda Iglesias, nado en Ourense o 4 de xuño de 1903 e fusilado no monte da Caeira, en Poio, o 17 de agosto de 1936, foi un dos intelectuais galeguistas máis relevantes da Segunda República española en Galiza, chegando a ser o motor do Partido Galeguista segundo palabras do propio Castelao.

Execución da familia Romanov

A execución da familia imperial rusa, pertencente á dinastía Romanov, tivo lugar en Ekaterimburgo a noite entre o 16 e 17 de xullo de 1918. O tsar Nicolao II, a súa esposa a tsarina Alexandra e os seus cinco fillos (Olga, Tatiana, María, Anastasia e Aleksei) foron fusilados xunto a un grupo de axudantes que decidiron acompañalos no seu exilio, entre os que destacan Eugene Botkin, Anna Demidova, Aleksei Trupp e Ivan Kharitonov. O fusilamento foi executado por un grupo de bolxeviques dirixidos por Iakov Iurovski baixo as ordes do Soviet Rexional dos Urais.

O lugar no que se agocharon os corpos foi descuberto en 1979 polo detective Aleksandr Avdonin, pero o achado dos restos non se publicou ata 1989, durante o período da glasnost.A identidade dos restos quedou confirmada mediante unhas investigacións forenses e do ADN, tralas cales os restos foron enterrados na fortaleza de San Pedro e San Paulo de San Petersburgo en 1998, 80 anos despois da súa execución, nun funeral ao que non asistiron importantes membros da igrexa ortodoxa rusa, que se mostraban receosos de recoñecer a autenticidade dos restos. En 2007 descubriuse un segundo enterramento, máis pequeno, que contiña os restos dos dous nenos Romanov que faltaban no enterramento principal. Porén, os restos atopados nesta segunda tumba están gardados nun depósito estatal á espera de que se realicen novas análises xenealóxicas. En 2008, tras un considerable e prolongado litixio, o Fiscal Xeral de Rusia rehabilitou a familia Romanov como "vítimas da represión política". En 1993 o goberno pos-soviético abriu un litixio criminal, mais ninguén foi acusado en base a que os executores estaban xa mortos.Algúns historiadores atribúen a orde ao Goberno de Moscova, especificamente a Iakov Sverdlov e Vladimir Lenin, quen desexaban previr o rescate da familia real pola Lexión checoslovaca, que se aproximaba á zona na súa loita fronte aos bolxeviques no seo do Exército Branco no transcurso da guerra civil rusa. Tal afirmación apóiase nunha pasaxe do diario de Lev Trotski. Porén, nunhas investigacións recentes efectuadas por Vladimir Soloviov afírmase que non existe documento algún que sinale a Lenin ou Sverdlov como responsables. Lenin tiña un gran control sobre o destino dos Romanov e asegurouse de que o seu nome non fose asociado co seu destino en ningún documento oficial. O presidente Boris Eltsin describiu a execución como un dos episodios máis vergoñosos da historia de Rusia.En setembro de 2015 o Comité de Investigacións de Rusia reabriu as investigacións sobre a execución da familia imperial.

Grigori Zinoviev

Grigori Zinoviev, nado en 1883 en Ielizavetgrad, actualmente Kirovohrad, Ucraína, e executado en Moscova o 25 de agosto de 1936, foi un revolucionario comunista bolxevique da URSS ademais de opositor a Lenin na Revolución de 1917. Foi acusado de terrorismo e de ter argallado un intento de asasinato contra Stalin, o cal lle valeu a execución por parte do réxime de Stalin.

Guerra civil española

A guerra civil española foi un conflito bélico que se desenvolveu tralo fracaso parcial do golpe de estado dun sector do exército contra o goberno democrático da Segunda República española, e que durou do 18 de xullo de 1936 até o 1 de abril de 1939, concluíndo coa vitoria do bando rebelde e coa instauración dunha ditadura de carácter fascista e con trazos propios coñecida como franquismo, debido ó apelido do ditador Francisco Franco Bahamonde. Este decretaría a fin do estado de guerra no ano 1948.

O alzamento contra o goberno lexítimo estivo planificado polo xeneral Emilio Mola, encabezado polo xeneral José Sanjurjo Sacanell e secundado entre outros polo xeneral Francisco Franco Bahamonde.

Johán Carballeira

José Francisco Gómez de la Cueva, coñecido polo seu pseudónimo Johán Carballeira, nado en Vigo o 13 de febreiro de 1902 e fusilado na Caeira (Poio) o 17 de abril de 1937, foi un xornalista e político galego.

José Fuciños

José Fuciños Gayoso, morto en Madrid o 28 de marzo de 1955 foi un militar e político. Foi o primeiro alcalde da Coruña (1936-1937) da época franquista, nomeado despois do fusilamento de Alfredo Suárez Ferrín. Foi acusado de participar activamente na represión franquista.

Julián Zugazagoitia

Julián Zugazagoitia Mendieta, nado en Bilbao o 5 de febreiro de 1899, e finado en Madrid o 9 de novembro de 1940, foi un político, xornalista e escritor socialista español. Coñecido como Zuga nos ambientes políticos, tamén empregou os pseudónimos de Fermín e Julián Mendieta. Desempeñou a Secretaría Xeral de Defensa Nacional ó finalizar a guerra civil española. Tras exiliarse en Francia, foi capturado pola policía secreta alemá e entregado ás autoridades españolas. Morreu fusilado polo goberno franquista.

Mata Hari

Margaretha Geertruida "Margreet" Zelle MacLeod, máis coñecida como Mata Hari, nada en Leeuwarden o 7 de agosto de 1876 e finada en Vincennes, París, o 15 de outubro de 1917, foi unha famosa bailarina e actriz neerlandesa, condenada a morte por espionaxe e executada por fusilamento durante a I Guerra Mundial (1914-1918). A palabra matahari significa sol en malaio, e literalmente "ollo do día".

Maximiliano I de México

Ferdinand Maximilian Joseph von Habsburg-Lothringen, nado o 6 de xullo de 1832 en Viena e finado o 19 de xuño de 1867 en Santiago de Querétaro, foi arquiduque de Austria e príncipe de Hungría e Bohemia, mais renunciou aos seus títulos para converterse no emperador Maximiliano I de México, quen encabezou o Segundo Imperio Mexicano, entre 1863 e 1867.

Era irmán do emperador de Austria, Francisco Xosé e curmán de Pedro II do Brasil. Casado coa princesa Carlota de Bélxica, tamén coñecida como emperatriz Carlota de México. Foi persuadido polo emperador francés Napoleón III e por realistas mexicanos a aceptar a coroa do Imperio Mexicano acabado de fundar (1864-1867).

A Aventura de Maximiliano de Habsburgo - como foi chamada no México - non pasou dun triste episodio de intereses creados, inxenuidade e desespero. Os conservadores viron na súa persoa a posibilidade de manter un sistema político que lles era cómodo e que lles parecía seguro por contar co apoio de Francia, de Inglaterra e da Santa Sé. O arquiduque austríaco, pola súa parte, de certo modo condenado a ser sempre o irmán do emperador de Austria, aceptou o papel que lle era ofrecido desempeñar nun país completamente descoñecido para el e sumido nunha profunda crise política.

Debido ás súas tendencias liberais, logo perdeu o apoio dos conservadores. Foi o punto de mira das hostilidades dos seguidores de Benito Juárez, os republicanos, ao ordenar a execución sumaria dos seus líderes (1865). A única protección de Maximiliano era a presenza de tropas francesas; cando estas se retiraron (1866-1867), el asumíu persoalmente o comando de seus soldados. Após dun cerco en Santiago de Querétaro, foi capturado, aprisionado, xulgado por unha corte marcial e fusilado xunto cos seus xenerais Tomás Mejía e Miguel Miramón.

Coa súa morte, a pretensión ao trono mexicano foi reivindicada por dous ramos distintos. Os Habsburgo-Itúrbide, por pedimento dos netos do primeiro emperador de México Agustín de Iturbide.

Mártires de Carral

Coñécense como Mártires de Carral os militares sublevados en varios lugares de Galicia en 1846 contra o presidente Narváez que foron executados o 26 de abril na vila coruñesa de Carral.

Teo

Teo é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal (INE 2014) conta con 18.254 habitantes (8.962 homes e 9.292 mulleres) (17.807 no 2009, 17.168 no 2006, 16.809 no 2005, 16.428 no 2004, 16.028 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «teense».

Xunta Superior Provisional de Goberno de Galicia

A Junta Superior Provisional de Gobierno de Galicia ou Xunta Superior do Reino de Galiza foi un órgano extraordinario de goberno proclamado o 15 de abril de 1846 que pretendía iniciar unha sublevación xeral contra o goberno de Ramón Narváez y Campos. Encabezados polo comandante Miguel Solís e provincialistas como Antolín Faraldo, os acontecementos desembocaron no fusilamento dos sublevados coñecidos como Mártires de Carral.

O seu presidente foi Pío Rodríguez Terrazo. Antolín Faraldo foi o secretario e o director do voceiro: La Revolución. Periódico oficial de la Junta Superior de Galicia.O programa da Xunta era exclusivamente progresista-español, non mencionaba ningunha medida descentralizadora e non cuestionaba a división provincial de 1833.

Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia ou simplemente Xunta aparece definida no Estatuto de Autonomía de Galicia coma o órgano colexiado do Goberno de Galicia. Está composta polo Presidente, vicepresidentes e conselleiros. Os vicepresidentes e os conselleiros son nomeados polo presidente. Galicia exerce as súas funcións administrativas a través da Xunta e das consellarías. A Presidencia da Xunta de Galicia ten a sede no Pazo de Raxoi en Santiago de Compostela.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.