Fusaiola

Unha fusaiola[1] é unha pequena peza simétrica cun buraco na parte central (o eixo de rotación). Esta peza colócase no extremo inferior do fuso e permite enfiar as febras dun elemento téxtil a través da torsión, un movemento semellante ao dunha buxaina. Hai constancia do seu emprego dende a prehistoria (data, cando menos, do século III ou IV antes da Nosa Era); e é frecuente atopala durante as escavacións nos sitios arqueolóxicos. Algúns dos materiais usados para a súa fabricación son o xiz, a pedra calcaria, a arxila ou os restos de cerámica. As formas máis sinxelas e arcaicas son as ovoides, achaiadas e troncocónicas.[2]

No caso das fusaiolas feitas con arxila, existen modelos con formas máis evolucionadas, é dicir, cun feitío bulboso, hemisférico e de aresta.

Przęślik 0211
Fusaiola do século XII ou XIII atopada en Polonia.
Britannica Spinning Primitive Spindle
Debuxo dun fuso e máis dunha fusaiola prehistóricos.

Notas

  1. Gran Dicionario Xerais da Lingua, Xosé María Carballeira Anllo, Carme Ares Vázquez, Carme Hermida Gulías, Primitivo Iglesias Sierra, Xosé María Lema Suárez, Rosa López Fernández, Edicións Xerais de Galicia, 2009, Vigo
  2. Información na páxina da Consellaría de Educación da Xunta de Galicia Arquivado 03 de febreiro de 2014 en Wayback Machine., extraída dos datos fornecidos no Museo de Santa Trega.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Casa de Traba

A familia Froilaz-Traba ou casa de Traba (escrito Trava na maioría das fontes históricas), foi unha importante liñaxe nobiliaria do Reino de Galiza que tivo un papel político preponderante durante os séculos XI e XII. A súa orixe xenealóxica remóntanse até o século IX, onde liga coa mais antiga nobreza do reino e continúa até o século XIII momento no que, após da morte sen herdeiros directos do seu último representante Roi Gómez de Trastámara, dou lugar a outras destacadas liñaxes baixomedievais.

Castro de Moura

O castro de Moura é un castro da Idade de Bronce Final que se atopa preto do lugar de Frexulfe, na parroquia de San Xoán de Lóuzara, no concello lucense de Samos. Ocupa un lugar a 946 metros sobre o nivel do mar, desde o que se domina visualmente boa parte do val do Loúzara.

Castro de Santa Comba

O Castro de Santa Comba é un castro costeiro situado na illa de Santa Comba (concello de Ferrol), formada actualmente por tres illas, con orientación NO-SE. Sobre a illa central, a de maior tamaño, está a Ermida de Santa Comba, do século XI.

Narón

Narón (xentilicio «naronés/naronesa») é un concello da provincia da Coruña situado entre a ría de Ferrol e o océano Atlántico e pertencente á comarca de Ferrolterra, sendo na actualidade a área de expansión urbana máis importante da comarca. Narón limita cos concellos de Ferrol, Valdoviño, San Sadurniño e Neda. Segundo o IGE en 2016 tiña 39.426 habitantes, o que a converte na oitava vila de Galicia (38.285 no 2010, 35.664 no 2006, 35.083 no 2005, 34.404 no 2004, 33.825 en 2003), sendo o cuarto núcleo de poboación na provincia da Coruña despois da Coruña, Santiago de Compostela e Ferrol.

É un concello mixto, con sete parroquias (Castro, Doso, Pedroso, San Xiao de Narón, Sedes, Trasancos e O Val) eminentemente rurais nas que viven menos da cuarta parte da poboación e cun núcleo urbano de máis de 29.000 hab. formado polos barrios da Gándara, A Solaina, O Alto do Castiñeiro, Piñeiros, O Couto, Freixeiro e Xuvia, destacando pola súa poboación as catro primeiras. Reordenado polo Concello de Narón baixo o nome de Narón ou Cidade de Narón, que agrupa máis das 3/4 partes da poboación de Narón.

Reva

Reva, tamén chamada ás veces Reve, é un deus supremo do panteón galaico prerromano asociado á xerarquía, á xustiza e máis á morte. É a divindade máis difundida na Gallaecia interior, con dez dedicacións galaico-romanas. Un dos seus maiores santuarios é o balneario galaico-romano atopado nas Burgas de Ourense do século I D. de C., onde se atoparon ata o de agora cinco aras adicadas ao deus (asimilado polos romanos) polo que este deus se atopa relacionado con ríos, lagoas, fontes termais etc... Aínda así aparece por veces vencellado a divindades asociadas a montañas baixo o epíteto Larouco.

Terra de Trasancos

Terra de Trasancos é o nome co que se designaba o territorio hoxe ocupado polos concellos de Ferrol, Narón, Valdoviño, San Sadurniño, Neda e Fene. O topónimo ten a súa orixe en clave de PCP, Paradigma da Continuidade Paleolítica, no Neolitico, e mantivo o seu nome até a desaparición do Antigo réxime a comezos do século XIX, coa división territorial de España en 1833, organizando o territorio en concellos. Dá nome ás actuais parroquias de Santa Cecilia de Trasancos (Ferrol) e Trasancos (Narón).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.