Fundación Otero Pedrayo

A Fundación Otero Pedrayo é unha fundación cultural de carácter privado que ten como obxectivo o mantemento e promoción da memoria colectiva sobre o escritor e intelectual ourensan, Ramón Otero Pedrayo, chamado "Patriarca das Letras Galegas", a través das actividades lembradoiras propias dunha fundación destas características, e da custodia da súa Casa-Museo no lugar de Cimadevila, na parroquia de Trasalba, no concello de Amoeiro (Ourense).

Fundación Otero Pedrayo
Pazo Museo Otero Pedrayo
Casa-Museo Otero Pedrayo, sede da Fundación en Trasalba (Amoeiro).
TipoCultural
Data de creación1979
Creador(es)Editorial Galaxia
PresidenteJuan Luís Saco Cid
ÁmbitoGalicia
WebFundación Otero Pedrayo

Organización

Ramón Otero Pedrayo, sen herdeiros directos, deixou unha manda no seu testamento pola que legaba a súa Casa Grande de Trasalba a Galicia, representada para o efecto pola Editorial Galaxia. Para cumprir a súa vontade, uns meses despois da súa morte, o 10 de abril de 1976, creouse un Padroado que axiña constituíse unha Fundación Cultural independente que foi recoñecida por Orde Ministerial do 19 de xullo de 1979 e, como Fundación de Interese galego, por orde da Xunta de Galicia.

Actividades

Entrada. Casa de Otero Pedrayo. Trasalba. Amoeiro. Galiza
Entrada á casa .

A Fundación promove distintas actividades culturais ao longo do ano, tanto na Casa Grande de Cimadevila, como noutras localizacións. Desde lembranzas a vellos amigos, a homenaxes nos seus aniversarios. Unha das máis recoñecidas é a celebración dunha festa anual -o último domingo de xuño de cada ano- na que se entrega, ininterrompidamente dende 1983, o Premio Trasalba a senlleiros valedores da cultura galega.

Publicacións

A Fundación edita publicacións relativas á cultura galega, tanto propias de Otero Pedrayo, como dos personaxes galardonados cada ano.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Bieito Ledo

Bieito Ledo Cabido, nado no lugar de Padroso (Xunqueira de Ambía) o 23 de febreiro de 1944, é un escritor e editor galego. Na actualidade é director de Ir Indo Edicións.

Carlos García Martínez

Manuel Carlos García Martínez, nado en Santiago de Compostela en 1945 e finado na mesma cidade o 17 de marzo de 2018, foi un historiador e dinamizador cultural galego.

Coral de Ruada

A Coral de Ruada é unha histórica agrupación musical galega con sede en Ourense.

Cristina Pato

Cristina Pato Lorenzo, nada en Ourense o 17 de agosto de 1980, é unha recoñecida gaiteira, compositora e pianista galega.

Dolores Vilavedra

Dolores Vilavedra Fernández, nada en Vigo o 4 de agosto de 1963, é profesora de Literatura galega na Universidade de Santiago de Compostela. Forma parte do consello de redacción da revista Grial, e dirixe a sección de crítica literaria. Coordinou o Diccionario da literatura galega, en catro tomos, que publicou Galaxia. Colaborou durante anos no Diario cultural da Radio Galega.

Eladia Pedrayo

María Eladia Ramona Pedrayo Ansoar, nada en Ourense o 18 febreiro de 1859 e finada en Ourense o 4 febreiro de 1957, foi un membro da burguesía ourensá da época, máis coñecida por ser a nai de Ramón Otero Pedrayo.

Grupo Nós

O grupo Nós ou xeración Nós foi un colectivo de intelectuais ourensáns, constituído legalmente en 1921, que lle imprimiu un importante pulo á cultura galega, principalmente no que se refire á renovación da prosa e do ensaio, así como ao seu cosmopolitismo.

Isidro Parga Pondal

Isidro Parga Pondal, nado en Laxe o 17 de decembro de 1900 e falecido na Coruña o 4 de maio de 1986, foi un químico galego especializado en xeoloxía. Destacou polos seus estudos en diversos eidos, que foron desde os da xeoquímica de rochas e minerais raros galegos, os areais galegos, o neovolcanismo da península Ibérica e o cartografado xeolóxico.

Luz Pozo Garza

Luz Pozo Garza, nada en Ribadeo o 21 de xullo de 1922, é unha poeta galega e membro da Real Academia Galega.

Luís García Mañá

Luís Manuel García Mañá, nado en Ourense o 19 de outubro de 1950, é un policía, escritor e político galego.

Marino Dónega

Marino Dónega Rozas, nado en Huelva o 3 de marzo de 1916 e finado na Coruña o 1 de abril de 2001, foi un escritor e político galego.

María Liñeira

María García Liñeira, nada en Santiago de Compostela en 1979, é unha filóloga e ensaísta galega.

Patricia Arias Chachero

Patricia Arias Chachero, nada en Ponferrada o 6 de outubro de 1972, é unha profesora e filóloga galega.

Premio Otero Pedrayo

O Premio Otero Pedrayo é un premio honorífico que conceden dende 1977 as deputacións provinciais de Galicia, co apoio da Xunta de Galicia. Leva o nome de Ramón Otero Pedrayo e recoñece a traxectoria de personalidades que contribuísen a fomentar a cultura galega.

Premio Trasalba

O Premio Trasalba é un galardón anual e de carácter honorífico, que recompensa o labor cultural e galeguista de distintos persoeiros vivos (ou recentisimamente falecidos). Promovido pola Fundación Otero Pedrayo, entrégase ininterrompidamente dende 1983 na casa-museo do escritor Ramón Otero Pedrayo en Trasalba (Amoeiro).

Ramón Otero Pedrayo

Ramón Otero Pedrayo, nado en Ourense o 5 de marzo de 1888 e finado na mesma cidade o 10 de abril de 1976, foi un escritor, político e intelectual galego. Membro da Xeración Nós, ingresou nas Irmandades da Fala en 1918. Foi responsable da área de xeografía do Seminario de Estudos Galegos e deputado polo Partido Galeguista nas Cortes Constituístes republicanas. Traballou na aprobación do Estatuto de autonomía de Galicia de 1936. Fiel á causa galeguista durante a Guerra civil española, foi expedientado. Foi membro da Real Academia Galega e presidiu a Editorial Galaxia. Participou no Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento. É autor dunha ampla obra narrativa, ensaística e dramática.

A Fundación Otero Pedrayo e a Fundación Penzol conservan a súa biblioteca e arquivo. En 1988 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Trasalba

O topónimo galegoo Trasalba pode referirse a:

Trasalba, parroquia do concello de Amoeiro;

Trasalba, parroquia do concello de Ourense, limítrofe coa anterior;

o premio Trasalba, outorgado pola Fundación Otero Pedrayo.

Xohán Ledo

Ricardo García Suárez, coñecido co nome artístico de Xohán Ledo, nado en Ferrol o 15 de outubro de 1917 e finado en Vigo o 10 de xuño de 2006, foi un médico e ilustrador galego.

Xulio Francisco Ogando

Xulio Francisco Ogando Vázquez, nado en Beariz o 11 de decembro de 1913 e falecido en Ourense o 1 de abril de 2005, foi un escritor, académico e dirixente galego.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.