Fundación Juan March

A Fundación Juan March é unha instituión fundada en 1955 polo financeiro mallonquín Juan March, a imitación da Fundación Rockefeller e a Fundación Carnegie, para promover a ciencia e a cultura.

Fundación Juan March (Madrid) 01
Sede da Fundación Juan March en Madrid.

Historia

Juan March dotou inicialmente á Fundación con 1,5 millóns de dólares (300 millóns de pesetas) e, á súa morte, legoulle 12 millóns de dólares (2.000 millóns de pesetas).

Tras os primeiros vinte anos dedicados a financiar bolsas e axudas, desde que en 1975 se inaugurou o edificio da rúa Castelló, de Madrid, onde ten hoxe a súa sede, é unha fundación operativa que programa e organiza os seus propios actos por varias comunidades autónomas, de acceso libre e gratuíto: exposicións de arte, concertos musicais e ciclos de conferencias e seminarios.

Edita libros de diversos temas, e ten aberta unha biblioteca de música e teatro españois contemporáneos.

A Fundación Juan March é a titular do Museo de Arte Abstracta Española, de Cuenca, e do Museu Fundació Joan March, de Palma de Mallorca.

A través do Instituto Juan March de Estudos e Investigacións, promove a investigación especializada e a cooperación entre científicos españois e estranxeiros.

Bibliotecas

A Fundación Juan March ten abertas na súa sede dúas grandes bibliotecas para investigadores: unha especializada en música e teatro españois contemporáneos, cun fondo de artes escénicas dos séculos XIX, XX e XXI, e que conta con importantes legados, tales como a doazón, en 1993, da biblioteca persoal do escritor Julio Cortázar; a colección de ilusionismo, o maior fondo bibliográfico de maxia e prestidixitación en España, doado en 1988 por José Puchol de Montís; legados de compositores españois como Salvador Bacarisse ou Joaquín Turina, da saga dos dramaturgos Fernández-Shaw ou de Antonia Mercé "La Argentina", fondos todos eles que a Fundación foi incrementando desde entón.

Mentres que a outra é a Biblioteca do Centro de Estudos Avanzados en Ciencias Sociais, (CEACS), cun fondo altamente especializado e que conta tamén con importantes doazóns, como o arquivo persoal do profesor Juan J. Linz, con máis de 76.000 recortes de prensa dos anos cruciais da Transición española e outros. O seu catálogo, integramente automatizado, recolle cerca de 62.348 volumes sobre Ciencia Política, Socioloxía e Economía, e é accesíbel en liña. A Biblioteca do CEACS coopera con outras redes de información nacionais e internacionais.

No ámbito literario hai que destacar tamén a doazón que efectuou o 30 de decembro de 1960 ao Ministerio de Educación do manuscrito do Cantar de mio Cid, que o Ministerio adscribiu á Biblioteca Nacional.[1]

Notas

  1. "Exposición virtual. Biblioteca Nacional de España. Adquisición: donaciones y compras" (en español). Biblioteca Nacional de España. Consultado o 11 de abril de 2012.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Díaz Nosty, Bernardo (1977): La irresistible ascensión de Juan March. Barcelona: Ediciones Sedmay, S. A. ISBN 84-7380-240-3.
  • Garriga, Ramón (1976): Juan March y su tiempo. Barcelona: Ed. Planeta. ISBN 84-3205-620-0.

Ligazóns externas

Arturo Goncerlián

Arturo García González máis coñecido como Arturo Goncerlián, nado na Coruña a finais do século XIX e falecido no ano 1969, foi un pianista e compositor galego.

Cristina Bruno

Cristina Bruno Almqvist nada na Coruña, é unha pianista galega.

Cruz Martínez Esteruelas

Non confundir con Cruz Martínez Vilas (1960), escritora galega.Cruz Martínez Esteruelas, nado en L'Hospitalet de Llobregat (Barcelona) o 4 de febreiro de 1932, e finado en Madrid o 17 de setembro de 2000, foi un político español.

Enrique Xavier Macías Alonso

Enrique Xavier Macías Alonso, nado en Vigo en 1958 e finado ibídem o 4 de novembro de 1995, foi un compositor galego.

Ermelindo Portela Silva

Ermelindo Portela Silva, nado na Guarda en 1947, é un historiador galego.

Francisco Díaz-Fierros

Francisco Díaz-Fierros Viqueira, nado en Vilagarcía de Arousa o 4 de xullo de 1941, é un científico e escritor galego.

Francisco Grande Covián

Francisco Grande Covián, nado en Colunga (Asturias) en 1909 e finado en Madrid o 28 de xuño de 1995 foi un médico e investigador español. O seu traballo principal foi na área da nutrición e a bioquímica, e foi o primeiro presidente da Sociedade Española de Nutrición.

Félix Vidal Costa

Félix Vidal Costa, nado en Santiago de Compostela o 6 de novembro de 1942, é un físico, investigador e catedrático galego.

Inés Rivadeneira

Inés Rivadeneira López, nada en Lugo o 2 de novembro de 1928, é unha mezzosoprano e profesora de canto galega.

Joan March Ordinas

Joan March Ordinas "Verga", tamén coñecido como Juan March e como o banqueiro de Franco, nado en Santa Margalida (Mallorca) o 4 de outubro de 1880 e falecido en Madrid o 10 de marzo de 1962, foi un contrabandista, político e financeiro mallorquino.

José de Castro Arines

José de Castro Arines, nado en Tui o 15 de maio de 1911 e finado en Madrid o 16 de novembro de 1997, foi un crítico de arte galego.

Juan Navarro Baldeweg

Juan Navarro Baldeweg , nado en Santander (Cantabria) en 1939, é un arquitecto, pintor e escultor español.

Laxeiro

Xosé Otero Abeledo, alcuñado como Laxeiro, nado en Donramiro (Lalín) o 23 de febreiro de 1908 e finado en Vigo o 21 de xullo de 1996, foi un pintor galego, un dos máis representativos que ten dado Galicia en todos os tempos.

Radio Clásica

Radio Clásica é unha emisora de radio española de ámbito estatal pertencente á cadea pública Radio Nacional de España. Naceu o 22 de novembro de 1965 baixo o nome de Segundo Programa de RNE. Tras ser renomeada Radio 2, en 1994 adopta a súa denominación actual.

Os contidos da emisora céntranse fundamentalmente na música clásica, aínda que tamén conta con programas especializados noutras músicas que non teñen cabida nas radios comerciais: folclore, jazz, flamenco, zarzuela, ópera e cancións populares. Ademais conta con programas culturais dedicados á pedagoxía, a literatura ou a danza.

Radio Clásica colabora activamente coa Unión Europea de Radiodifusión (UER), a Orquestra e Coro de RTVE, a Orquestra e Coro Nacional de España, a Orquestra Simfònica de Barcelona i Nacional de Catalunya, a Fundación Juan March ou o Gran Teatre del Liceu na retransmisión de concertos en directo.

Con motivo da retransmisión en directo da ópera Don Pasquale dende o Metropolitan Opera House de Nova York o 19 de febreiro de 2011 púxose en marcha Radio Clásica HQ. Dende ese momento, as emisións de Radio Clásica na Televisión Dixital Terrestre teñen un son en calidade de 320 kb/seg. A partir de xaneiro de 2012, RTVE engadiu un segundo audio polo cal emiten con son 5.1 Dolby Digital +, con calidade de 320 kb/seg, aínda que non emite as 24 horas neste formato, unicamente os concertos que dispoñen neste formato.

Ramón Otero Pedrayo

Ramón Otero Pedrayo, nado en Ourense o 5 de marzo de 1888 e finado na mesma cidade o 10 de abril de 1976, foi un escritor, político e intelectual galego. Membro da Xeración Nós, ingresou nas Irmandades da Fala en 1918. Foi responsable da área de xeografía do Seminario de Estudos Galegos e deputado polo Partido Galeguista nas Cortes Constituístes republicanas. Traballou na aprobación do Estatuto de autonomía de Galicia de 1936. Fiel á causa galeguista durante a Guerra civil española, foi expedientado. Foi membro da Real Academia Galega e presidiu a Editorial Galaxia. Participou no Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento. É autor dunha ampla obra narrativa, ensaística e dramática.

A Fundación Otero Pedrayo e a Fundación Penzol conservan a súa biblioteca e arquivo. En 1988 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Santos Juliá

Santos Juliá Díaz, nado en Ferrol en 1940 e finado en Madrid o 23 de outubro de 2019, foi un historiador galego.

Xan Viaño

Xoán Alfonso Viaño Martínez, máis coñecido como Xan Viaño, nado o 11 de decembro de 1960 en Ferrol e finado o 26 de marzo de 1991 en Vigo, foi un compositor galego.

Xosé Filgueira Valverde

Xosé Fernando Filgueira Valverde, nado en Pontevedra o 28 de outubro de 1906 e finado na mesma vila o 13 de setembro de 1996, foi un historiador, arqueólogo, antropólogo e escritor polígrafo galego, de abundante produción literaria e humanística.

Cofundou o Seminario de Estudos Galegos, dirixiu o Instituto Padre Sarmiento e o Museo de Pontevedra. Presidiu o Consello da Cultura Galega e foi membro da Real Academia Galega. Persoa de fonda cultura humanista e de obra extensa e divulgativa nunha época na que as institucións que hoxe cumpren esa función non a cumprían ou non existían.

Adicóuselle o Día das Letras Galegas de 2015 polo seu traballo divulgativo a prol da lingua e da cultura galega. Trátase dunha figura que suscita controversia e ao mesmo tempo resulta un persoeiro fundamental no decorrer da cultura e literatura galegas ao longo do século XX.

Xosé Manuel Beiras

Xosé Manuel Hixinio Beiras Torrado, máis coñecido como Xosé Manuel Beiras, nado en Santiago de Compostela o 7 de abril de 1936, é un político e catedrático en economía galego de ideoloxía nacionalista galega e de esquerdas.

Ten sido membro fundador e líder do Partido Socialista Galego (PSG), Bloque Nacionalista Galego (BNG) e Anova Irmandade Nacionalista (Anova), asemade ten impulsado coalicións electorais con representación parlamentar como Galeusca, Alternativa Galega de Esquerda (AGE) ou En Marea. Nese tempo, foi tamén portavoz no Parlamento de Galicia do BNG (1985-2005) e AGE (2012-2016).

No eido profesional ten estado á fronte da cátedra de Estrutura Económica da Facultade de Ciencias Económicas na Universidade de Santiago (USC). Tamén é un prolífico escritor, ex-numerario da Real Academia Galega (RAG).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.