Fundación Castelao

A Fundación Castelao, unha fundación de carácter privado e declarada de interese galego, fundouse o 28 de decembro de 1984 por iniciativa de Ramón Martínez López e Avelino Pousa Antelo coa finalidade de estimular e favorecer a cultura galega e en especial nos campos nos que se distinguiu a figura de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. A fundación ten a súa sede na cidade de Santiago de Compostela e publica, baixo a coordinación de Henrique Monteagudo, os Cadernos Castelao.

O seu primeiro presidente foi Ramón Martínez López e Teresa Rodríguez Castelao, irmá de Daniel, foi a presidenta de honra ata a súa morte. O actual presidente é Carlos Mella, tras o pasamento de Avelino Pousa Antelo en 2012.

Fundación Castelao
TipoCultural
Data de creación28 de decembro de 1984
Creador(es)Ramón Martínez López e Avelino Pousa Antelo
PresidenteCarlos Mella
SedeSantiago de Compostela
ÁmbitoGalicia
Webhttp://fundacioncastelao.gal/

Véxase tamén

Ligazóns externas

Afonso Paz-Andrade

Afonso Paz-Andrade Rodríguez, nado en Vigo o 4 de outubro de 1940, é un empresario galego.

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".

Foi homenaxeado co segundo Día das Letras Galegas, no ano 1964. En decembro de 2011 a Xunta de Galicia declarou a súa obra como Ben de Interese Cultural inmaterial.

A Real Academia Galega de Belas Artes dedicoulle o Día das Artes Galegas 2016 polos "extraordinarios méritos artísticos" da súa obra.

Amancio Liñares Giraut

Xosé Amancio Liñares Giraut, nado en Negreira o 9 de xaneiro de 1961, é un historiador galego.

Avelino Pousa Antelo

Avelino Pousa Antelo, nado en Arzón (A Baña) o 14 de maio de 1914 e finado en Teo o 20 de agosto de 2012, foi un mestre, agrarista, político e escritor galego e mailo presidente da Fundación Castelao no momento de morrer.

Carlos García Martínez

Manuel Carlos García Martínez, nado en Santiago de Compostela en 1945 e finado na mesma cidade o 17 de marzo de 2018, foi un historiador e dinamizador cultural galego.

Carlos Mella

Xosé Carlos Mella Villar, nado no Foxo (A Estrada) o 13 de agosto de 1930, é un economista, político e escritor galego.

Casa de Castelao

A casa de Castelao é a vivenda familiar onde transcorreu parte da vida de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Atópase na Rúa de Abaixo, número 42, na vila de Rianxo (Provincia da Coruña). É unha típica edificación urbana das vilas mariñeiras galegas que data de finais do século XIX. Na fachada destacan o balcón e a galería..

Arélase que sexa a sede da Fundación Castelao nun futuro.

Daría González García

Daría González García, nada en Pontevedra en 1912 e finada na mesma cidade o 20 de xaneiro de 1999, foi unha mestra e política galega.

David Otero

David Otero Fernández, nado en Santiago de Compostela o 27 de decembro de 1946, é un escritor galego.

Henrique Monteagudo

Xosé Henrique Monteagudo Romero, nado en Esteiro (Muros) o 26 de novembro de 1959, é un sociolingüísta galego, profesor na Universidade de Santiago de Compostela desde 1982 e Catedrático de Filoloxía Galega desde 2018, membro numerario e secretario da Real Academia Galega.

Manuel Caamaño Suárez

Manuel Caamaño Suárez, nado en Noia o 2 de xaneiro de 1936, é un aparellador e escritor galego.

Salvador García-Bodaño

Salvador García-Bodaño Zunzunegui, nado en Teis (Vigo) o 17 de xullo de 1935 é un escritor galego, membro do plenario da Real Academia Galega dende 1992 e vicesecretario desa institución no período 2001-2009. Cultiva exclusivamente a poesía en lingua galega e está considerado como membro da Xeración das Festas Minervais. É procurador dos tribunais e dedicouse a diversas actividades mercantís.

Valentín Paz-Andrade

Valentín Paz-Andrade, nado no barrio pontevedrés de Lérez o 23 de abril de 1898 e finado en Vigo o 19 de maio de 1987, foi un xurista, economista, político, empresario, escritor, poeta e xornalista galeguista. En 2012 adicóuselle o Día das Letras Galegas.

Xusto Beramendi

Justo Beramendi González, nado en Madrid o 16 de xullo de 1941, é un historiador galego, presidente do padroado do Museo do Pobo Galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.