Fundación Barrié

A Fundación Pedro Barrié de la Maza é unha fundación patrimonial privada, coa finalidade de promover o desenvolvemento e a cultura en Galicia.

Fundación Barrié
Fundación Barrié (1)
TipoCultural, Educativa
Data de creación5 de novembro de 1966
Creador(es)Pedro Barrié de la Maza
PresidenteXosé María Arias
SedeCantón Grande, 9 (A Coruña)
ÁmbitoGaliza
Empregados18
WebFundación Barrié

Historia

A organización foi creada o 5 de novembro de 1966 por Pedro Barrié de la Maza, quen a declarou herdeira universal da súa fortuna. Posteriormente, a súa irmá Gertrudis e a súa viúva Carmela Arias achegaron tamén parte do seu patrimonio. A fundación foi declarada de interese galego pola Xunta de Galicia o 13 de xuño de 1986.

Foi accionista maioritaria de Banco Pastor, ata a súa fusión co Banco Popular en 2013, obtendo dos rendementos das accións nesta empresa a maior parte dos seus ingresos.

Sedes

Banco Pastor, Vigo
Edificio Banco de Vigo, rúa Policarpo Sanz.

A sede da Coruña sitúase no número 9 do Cantón Grande. Foi inaugurada en 1995 pola Raíña Sofía. A sede de Vigo está radicada no número 31 da rúa de Policarpo Sanz, no Edificio Banco de Vigo. Foi aberta en 2005 e recibiu diversos premios pola súa restauración, asinada polos arquitectos Emilio Tuñón e Luis Mansilla.

Actividade

A fundación contribuíu de diversas formas á cultura, educación, sanidade etc de Galicia. Colaborou na creación das escolas universitarias de Arquitectura e Arquitectura Técnica na Coruña e a de Enxeñería Industrial en Vigo e do Instituto da Lingua Galega.

Organiza anualmente un Ciclo de Jazz e entrega bolsas a estudantes universitarios.

Véxase tamén

Ligazóns externas

20 de febreiro

O 20 de febreiro é o 51º día do ano do calendario gregoriano . Quedan 314 días para finalizar o ano, 315 nos anos bisestos.

Amado Ricón

Amado Ricón Virulegio, nado en Redondela o 21 de outubro de 1933 e finado o 7 de agosto de 2019, foi un profesor e político galego.

Antón Santamarina

Antón Luís Santamarina Fernández, nado en San Martín de Suarna (A Fonsagrada) o 18 de febreiro de 1942, é un lingüista galego, catedrático de filoloxía románica na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela e membro da Real Academia Galega. É un experto en lexicografía recoñecido internacionalmente.

Bordóns, Sanxenxo

San Pedro de Bordóns é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Sanxenxo. Segundo o IGE, en 2016 tiña 602 habitantes (295 mulleres e 307 homes), o que supón un descenso respecto á poboación do ano 2009, cando tiña 619 habitantes, para alcanzar a que tiña en 2007, cando eran 601 veciños. A poboación distribúese en 8 entidades.

Campo do Vao

O Campo do Vao é un campo de fútbol da parroquia de Coruxo, Vigo, situado preto da praia do mesmo nome. Serve de feudo local do Coruxo Fútbol Club e ten unha capacidade de 1.500 espectadores.

Carmela Arias

Carmela Arias Díaz de Rábago, nada na Coruña o 20 de febreiro de 1920 e falecida na mesma cidade o 27 de outubro de 2009, foi unha empresaria galega, presidenta da Fundación Barrié de la Maza.

Ciclo de Jazz da Fundación Barrié

o Ciclo de Jazz da Fundación Barrié é un festival de música de carácter anual centrado no jazz, que inicialmente tiña lugar na Fundación Barrié na cidade da Coruña (Galiza). Actualmente o festival experimentou unha notable expansión, pasando a celebrarse en catro cidades galegas coa intención de dar a ampliar o interese polo jazz por toda a xeografía galega. Dende a súa primeira edición en 1996 pasaron polo escenario do festival algúns dos jazzistas máis destacados do mundo. Paralélamente aos concertos prográmanse actividades complementarias como proxeccións de cine, conferencias, master classes ou jam sessions.

Consello da Cultura Galega

O Consello da Cultura Galega é un organismo oficial independente con personalidade xurídica propia destinado a dinamizar a lingua e a cultura de Galicia na sociedade e asesorar os poderes públicos de Galicia. É un organismo estatutario, previsto no artigo 32 do Estatuto, foi creado o 8 de xullo de 1983. Ten a súa sede no Pazo de Raxoi, en Santiago de Compostela.

A súa presidenta é Rosario Álvarez, ademais o Consello componse de representantes de entidades e personalidades sobranceiras dos diversos campos da cultura galega. Xestiona os seguintes arquivos: Arquivo sonoro de Galicia, Centro de documentación sociolingüística de Galicia, Arquivo da emigración galega e Arquivo de comunicación.

Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña

A Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña (ETSA), tamén chamada Escola Técnica Superior de Arquitectura Pedro Barrié de la Maza (en honra do empresario Pedro Barrié de la Maza), é a escola de arquitectura da Universidade da Coruña e a única operativa en Galicia. O centro está situado no Campus da Zapateira (A Coruña). Prepara e expide o título de arquitecto, así como doutorados e diversos masters de postgrao.

Ten dous edificios, de construción contemporánea, destinados a aulario e espazo de servizos e a edificio de departamentos, respectivamente.

Henrique Monteagudo

Xosé Henrique Monteagudo Romero, nado en Esteiro (Muros) o 26 de novembro de 1959, é un sociolingüísta galego, profesor na Universidade de Santiago de Compostela desde 1982 e Catedrático de Filoloxía Galega desde 2018, membro numerario e secretario da Real Academia Galega.

Igrexa de Santa María de Castrelos

Igrexa de Santa María de Castrelos é un templo románico do século XIII, sede da parroquia homónima, que pertenceu á Encomenda de Beade da Orde Militar de San Xoán de Malta.

Igrexa de Santiago de Bembrive

A igrexa parroquial de Santiago de Bembrive é un templo católico de estilo románico de transición, situado na parroquia de Santiago de Bembrive. É unha das tres igrexas románicas do concello de Vigo, sendo as outras dúas a igrexa de Santa María de Castrelos e a igrexa de San Salvador de Coruxo.

Portal das Palabras

O Portal das Palabras é un espazo en Internet creado en 2013 pola Real Academia Galega e a Fundación Barrié para difundir o léxico e a lexicografía do galego.Desde o seu nacemento pode accederse desde el ao Dicionario da Real Academia Galega e mantén as seccións Palabra do día, Mira que din, Setestrelo, Palabras asinadas e Pregúntalle á Academia. Ó longo dos anos foi incorporando xogos, novas, ligazóns e descargas. En 2016 incorporou a sección Allos con bugallos.O Seminario de Lexicografía da Real Academia Galega é o responsábel dos seus contidos.

Praia de San Roque

A Praia de San Roque é unha pequena praia urbana da Coruña situada en San Roque de Fóra, ó oeste de Riazor. Zona rochosa. Ten area fina e está resgardada do vento.

Teatro García Barbón

O Centro Cultural Afundación Vigo é un centro cultural cuxa sede se atopa no Teatro García Barbón no concello de Vigo. Constitúe unha das obras arquitectónicas máis emblemáticas da cidade olívica.

Toponimia

Para a política de toponimia de Wikipedia, véxase Wikipedia:Toponimia.Toponimia é a división da onomástica que estuda os topónimos, nomes propios de lugares, a súa orixe e evolución; é considerada unha parte da lingüística, con fortes ligazóns coa historia, a arqueoloxía e a xeografía. Tamén se usa o vocábulo toponimia para referírmonos ao conxunto dos nomes dos lugares dun territorio concreto. A toponimia está constituída polos nomes de carácter xeográfico ou topográfico.

World Fishing Exhibition

A World Fishing Exhibition (Exposición Mundial da Pesca) é unha feira empresarial do sector pesqueiro que se celebra cada seis anos na cidade de Vigo.

Xosé Manuel García Iglesias

Xosé Manuel García Iglesias, nado en Santiago de Compostela o 31 de agosto de 1950, é un historiador da arte galego.

Xulia Minguillón

Xulia Minguillón Iglesias, nada en Lugo o 17 de xullo de 1906 e finada en Madrid o 22 de agosto de 1965, foi unha pintora galega de renome.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.