Fumaces e A Trepa, Vilardevós

Santa María de Fumaces e A Trepa é unha parroquia do concello de Vilardevós na comarca de Verín da provincia de Ourense. Segundo o IGE[1] en 2014 tiña 44 habitantes (23 homes e 21 mulleres) distribuídos nunha única entidade de poboación[2].

Formaba parte da parroquia eclesiástica de Fumaces e A Trepa que estaba formada polo lugar desta parroquia civil, máis os tres lugares da parroquia homónima do concello de Riós. Desde 1951 pertence á parroquia eclesiástica da Trepa, resultado da división da anterior parroquia eclesiástica en dúas.

Coordenadas: 41°58′17.2″N 7°19′51.8″O / 41.971444, -7.331056

Fumaces e A Trepa
ConcelloVilardevós
Poboación44 hab. (2014)
Entidades de poboación1

Notas

  1. IGE (ed.). "Nomenclátor de Galicia, ano 2014. Busca por entidades".
  2. Xunta de Galicia (ed.). "Nomenclátor de Galicia. Busca directa".

Lugares e parroquias

Parroquias de Vilardevós

Véxase tamén

Outros artigos

A Trepa

Santa María da Trepa é unha parroquia eclesiástica galega do arciprestado de Verín, na diocese de Ourense, que ten as súas terras e os seus lugares repartidos entre dous concellos, o de Riós e o de Vilardevós. En 2014 a súa poboación era de 214 habitantes, dos que 98 eran homes e 116 mulleres.

Dos tres lugares que compoñen a parroquia, as aldeas de San Cristovo e A Trepa pertencen ao concello de Riós, e a de Feilas ao concello de Vilardevós.

Na Trepa celébrase a romaría máis importante[Cómpre referencia] do concello e ata da comarca de Verín. Celebrase o 15 de setembro na honra da Nosa Señora das Dores. En 1777 Pedro González de Ulloa fai mención dela, así como da da igrexa construída a carón do antigo Camiño Real, a actual estrada N-525.

Feilas, Fumaces e A Trepa, Vilardevós

Feilas é un lugar da parroquia de Fumaces e A Trepa, no concello ourensán de Vilardevós. Segundo o IGE do 2014 tiña 44 habitantes dos que 23 eran homes e 21 eran mulleres, o que supón unha perda de 8 habitantes con respecto a 2009.

Fumaces e A Trepa

Santa María de Fumaces e A Trepa foi unha parroquia eclesiástica galega do arciprestado de Verín, na diocese de Ourense, que tiña as súas terras e os seus lugares repartidos entre dous concellos, o de Riós e o de Vilardevós.

Dos lugares que formaban a parroquia, as aldeas de Fumaces, San Cristovo e A Trepa pertencen ao concello de Riós, e a de Feilas ao concello de Vilardevós.

Na Trepa celébrase a romaría máis importante do concello e ata da comarca de Verín. Celebrase o 15 de setembro na honra da Nosa Señora das Dores. En 1777 Pedro González de Ulloa fai mención dela, así como da igrexa construída a carón do antigo Camiño Real, a actual estrada N-525.

Fumaces e A Trepa, Riós

Santa María de Fumaces e A Trepa é unha parroquia do concello de Riós na comarca de Verín da provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2014 tiña 248 habitantes (115 homes e 133 mulleres) distribuídos en 3 entidades de poboación.

Ata 1951 formou parte da parroquia eclesiástica de Fumaces e A Trepa que estaba formada polos 3 lugares desta parroquia civil, máis o único lugar da parroquia homónima do concello de Vilardevós. Desde ese ano, a parroquia eclesiástica de Fumaces e A Trepa desdobrouse en dúas: a de Fumaces, formada co lugar homónimo; e a da Trepa, formada cos outros tres lugares da antiga parroquia eclesiástica.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.