Fronteira

Unha fronteira define o límite xeográfico de entidades políticas ou xurisdicionais, tales como gobernos, estados, ou tamén subdivisións administrativas de tales estados ou países.

Antigamente, moitas fronteiras non estaban definidas claramente por liñas, senón por zonas neutrais chamadas "marcas" (así a "Marca Hispánica" de Carlomagno). Isto aínda se reflectía en tempos recentes nas zonas neutrais establecidas nas fronteiras de Arabia Saudita con Kuwait e Iraq (aínda que xa non existen tales zonas).

A maioría dos países contan con algunha forma de control de fronteiras, de cara a restrinxir o movemento de persoas, animais e/ou mercadorías, ben para entrar ou ben (ou tamén) para saír do país. Para cruzar as fronteiras son entón necesarios pasaportes e visados, ou outras formas de documento de identidade. Para a permanencia máis alá de certo tempo dentro de fronteiras de países estranxeiros, é posible que sexa necesario documentos especiais de inmigración ou permisos que autoricen tal estadía.

Alfándega Chaves
Edificio da alfándega na Raia entre Galiza e Portugal, que deixou de ter uso en 1992 ao adoptaren España e mais Portugal o Acordo de Schengen.
Ain

Ain (01) é un departamento de Francia, localizado na rexión de Auvernia-Ródano-Alpes. Comparte fronteira con Suíza ó leste. De feito teñen infraestruturas comúns, como o aeroporto de Cointrin e o acelerador de partículas CERN.

Australia

Australia (en inglés: Australia, [əˈstɹæɪljə] (AFI), escoitar) é o país máis grande da Oceanía. Ocupa toda a illa da Australia e varias illas adxacentes (a máis importante é Tasmania). O continente-illa, como se lle chama a Australia por veces, está bañado polo océano Índico, ao sur e ao oeste, polo mar de Timor, mar de Arafura e estreito de Torres, ao norte, e mar do Coral e mar da Tasmania, ao leste. A través destes mares, ten fronteira marítima coa Indonesia, Timor-Leste e Papúa-Nova Guinea, ao norte, e co territorio francés da Nova Caledonia, ao leste. A súa capital é Canberra.

Camerún

Camerún (en francés: Cameroun; en inglés: Cameroon), oficialmente República de Camerún (en francés: République du Cameroun; en inglés: Republic of Cameroon) é un país africano. Limita ao oeste e o norte con Nixeria, ao leste con Chad e a República Centroafricana, ao sur coa República do Congo, Gabón e Mbini (Guinea Ecuatorial) e ao leste co golfo da Guinea, a través do cal fai fronteira coa Guinea Ecuatorial, cara á illa de Bioko. A súa capital é Yaoundé.

Casaquistán

Casaquistán ou Kazhakhstán é un país fundamentalmente asiático, aínda que tamén inclúa unha rexión relativamente pequena que, xeograficamente, pertence á Europa: a área entre o río Ural e a fronteira rusa, o punto máis oriental do continente europeo. Limita ao norte e oeste con Rusia (6.846 quilómetros de fronteira), ao leste coa China (1.533 km), a sur co Kirguizistán (1.051 km), o Uzbekistán (2.203 km) e Turkmenistán (379 km) e a oeste co Mar Caspio.

É o noveno país máis grande do mundo por superficie, mais ten unha densidade de 6 hab./km².

Casaquistán foi un dos países que se volveron independentes coa disolución da Unión Soviética, proclamando a súa independencia o 16 de decembro de 1991.

Comarca de Quiroga

A comarca de Quiroga é unha comarca galega situada no sueste da provincia de Lugo, na fronteira coa comunidade de Castela e León. A súa capital é Quiroga e pertencen a ela os concellos de Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil.

Corea

Corea, chamada Daehanminguk (en coreano: 대한민국) en Corea do Sur e Joseon (en coreano: 조선) en Corea do Norte, é unha entidade xeográfica e cultural dividida en dous estados, Corea do Norte e Corea do Sur. Estes dous países xurdiron despois da Guerra de Corea, entre 1950 e 1953.

Ocupa a península de Corea, limitando coa China polo norte, uns poucos quilómetros con Rusia (Siberia), e o resto co mar, polo sur co Mar da China e polo norte co Mar do Xapón. Ademais da península, Corea conta cunhas 3200 illas. A cadea montañosa de Taebaeksan corre ao longo da costa oriental, onde as grandes ondas do mar de Xapón esculpiron enormes cantís e illotes rochosos. As ladeiras do sur e do oeste presentan un relevo suave, que forma chairas e unha multitude de pequenas illas con pequenas calas. O cume máis alto é a montaña Baekdusan, en Corea do Norte, que se eleva 2744 msnm, na fronteira setentrional que linda con China.

Cornualles

Cornualles, Cornualle ou Cornualla (en inglés: Cornwall; en córnico: Kernow) é un condado administrativo e cerimonial, que ocupa unha grande parte da península do mesmo nome, constituíndo o extremo sudoccidental de Inglaterra. Os seus habitantes, os córnicos, están recoñecidos como unha minoría nacional polo Reino Unido desde o 24 de abril de 2014.

As súas costas, recortadas, son bañadas polo mar Céltico ó norte e oeste e polo canal da Mancha ó sur, e culminan na parte oeste, no chamado Fin da Terra, que equivalería á Fisterra galega ou á Finistèrre bretoa.

O tamén coñecido como país do estaño está ó oeste do condado de Devon, sendo o río Tamar a súa fronteira. A estrada principal que mediante a que se comunica co resto da illa de Gran Bretaña é a A38, que cruza o Tamar en Plymouth grazas á ponte do Tamar; e a A30 que cruza a fronteira sur do Launceston. Un transbordador tamén une Plymouth coa cidade de Torpoint ó outro lado do Hamoaze. Unha ponte ferroviaria (a Royal Albert Bridge), construída por Brunel en 1859, completa a outra gran vía de transporte.

As illas Scilly están asociadas a Cornualles.

Cornualles é tamén un ducado pertencente á coroa británica que ten asociado o título de Duque de Cornualles. O moderno ducado é propietario do 2% do territorio, así como outras grandes áreas ó longo de Gran Bretaña.

Na actualidade, este título osténtao Camila de Cornualles (Camilla Parker Bowles denantes da súa voda co príncipe de Gales, Carlos de Inglaterra).

Eslovaquia

Eslovaquia ( pronunciación ) (en eslovaco, Slovensko [ˈslovɛnsko] ), oficialmente República Eslovaca ( pronunciación ) (en eslovaco, Slovenská republika [ˈslovɛnskaː ˈrɛpublika] ), é un país do centro de Europa, resultado da división de Checoslovaquia, que orixinou o novo estado e tamén a Chequia. Ten fronteira ó norte con Chequia e Polonia; ó leste con Ucraína; ó sur con Hungría e ó oeste con Austria. A súa capital é Bratislava.

Florencia

Florencia (en italiano: Firenze) é unha cidade italiana, capital da provincia homónima e da rexión da Toscana. Ten 356.118 habitantes, e abrangue 102 km², cunha densidade de 3.453 hab./km². Fai fronteira con Bagno a Ripoli, Campi Bisenzio, Fiesole, Impruneta, Scandicci e Sesto Fiorentino. Por ela pasa o río Arno.

Foi capital de Italia no período de unificación de Italia entre (1865-1871). Durante o dominio da familia Medici (1434-1494, 1512-1527 e 1530-1737), Florencia era un importante centro comercial e financeiro na Europa medieval.

Considérase o lugar de nacemento do Renacemento. O centro histórico da cidade foi declarado patrimonio da humanidade pola UNESCO.

Célebre por ser a cidade natal de Dante Alighieri, autor da Divina Comedia, que é un referente da literatura universal. Neste Poema el describe a cidade de Florencia en moitas pasaxes, así como algúns dos seus contemporáneos florentinos célebres, que tamén son personaxes da obra.

Lalín

Lalín é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Deza. O municipio ten unha poboación de 20 103 habitantes (2018) e divídese entre o núcleo urbano, onde viven máis de 10 000 persoas, e as 52 parroquias do rural. Lalín é a capital e a vila principal da súa comarca e o noveno concello máis poboado da provincia, despois da Estrada. O concello posúe unha densidade de poboación de 63,85 hab./km², e unha superficie de 326,8 km², o que o converte no concello máis grande de Pontevedra e o cuarto de Galicia.

O concello de Lalín atópase no nordeste da provincia de Pontevedra; fai fronteira co concellos de Silleda e Vila de Cruces polo noroeste, con Forcarei polo oeste, con Agolada e Rodeiro polo nordeste, con Dozón polo suroeste e co Irixo polo sur, todos eles pertencentes á comarca pontevedresa do Deza agás O Irixo que pertence á provincia de Ourense.

Líbano

O Líbano é un pequeno país do Oriente Medio, limitado ao norte e ao leste por Siria, a sur por Israel e a oeste polo mar Mediterráneo, a través do cal se aproxima a Chipre. A súa capital é Beirut.

Miguel Primo de Rivera

Miguel Primo de Rivera y Orbaneja, nado en Xerez da Fronteira (Cádiz) o 8 de xaneiro de 1870 e finado en París o 16 de marzo de 1930, foi un militar e político español. Casado con Casilda Sáenz de Heredia, tivo seis fillos, destaca entre eles José Antonio Primo de Rivera creador da Falanxe.

Pireneos

Os Pireneos (en aragonés: Perinés, en castelán: Pirineos, en catalán: Pirineus, en éuscaro: Pirinioak, en francés: Pyrénées, en occitano: Pirenèus) ou o Pireneo constitúen unha cordilleira no suroeste da Europa que forma unha fronteira natural entre a Península Ibérica e Francia, e esténdense entre o mar Cantábrico (golfo de Biscaia) e o mar Mediterráneo (cabo de Creus) durante aproximadamente 415 km. Na súa parte central chega a ter uns 150 km de largo.

Na súa maior parte, a súa crista principal forma a fronteira franco-española, co principado de Andorra entre os seus dous grandes veciños. A principal excepción a esa regra constitúea o Val de Arán, que pertence a España mais se localiza na cara norte da cordilleira. Outra anomalía orográfica inclúe a catarata de Cerdanya e o enclave español de Llívia.

A súa orixe está no pregamento alpino. Os materiais predominantes son calcarias, cuarcitas e lousas. O seu relevo é máis abrupto na parte central, con altitudes máximas de 3.356 m no Monte Perdido e 3.404 m no Aneto.

Provincia de Lugo

Lugo é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. É a meirande provincia galega e a de menor poboación relativa.

Limita ó norte co mar Cantábrico, ó oeste coa provincia da Coruña e a de Pontevedra, ó sur coa provincia de Ourense e ó leste co Principado de Asturias e a provincia de León, pertencente a Castela e León. A súa capital e a cidade máis poboada é Lugo, sendo a segunda cidade en poboación Monforte de Lemos, seguida de Viveiro, Vilalba, Sarria, Ribadeo, Foz, Burela e Chantada.

Aínda que é a maior das provincias galegas, é a terceira en número de habitantes, con 339 386 habitantes en 2015, tras A Coruña e Pontevedra.

Río Rin

O Rin (Rhein en alemán, Rhin en francés, Rijn en neerlandés, Rain en retorrománico) é un dos ríos máis longos e importantes de Europa, con 1238 km e un caudal de 2300 m³/s. Atravesa Europa de sur a norte, desembocando no mar do Norte.

O nome Rin é de orixe celta e significa fluír (como en grego antigo 'rheīn'=fluír). Xunto co Danubio, o Rin constituía a maior parte da fronteira setentrional do Imperio Romano. Os romanos chamaban o río co nome de Rhenus. Desde esa época o Rin é un curso de auga moi usado para o transporte e o comercio.

Siria

Siria é un país do Oriente Medio. Limita ó norte con Turquía, o leste e sur con Iraq, ó sur con Xordania e ó oeste con Israel, Líbano e o mar Mediterráneo. A rexión de fronteira con Israel (Altos de Golán) é obxecto de disputa entre ámbolos dous países.

Superficie

En matemáticas, unha superficie é un obxecto topolóxico que, intuitivamente falando, é localmente "parecido" (homeomorfo) ao plano cartesiano , é dicir para cada punto P na superficie hai unha veciñanza de P na superficie que é homeomorfa a un disco aberto de e isto dános un sistema local de coordenadas contorna ao momento na superficie. Podemos chamar ao homeomorfismo local que vai da superficie a como carta e ao inverso (deste homeomorfismo) parametrización. Non sempre é posible parametrizar unha superficie cun único homeomorfismo local.

Exemplos: A esfera, o touro, o plano proxectivo, a botella de Klein, son instancias de superficies pechadas, é dicir sen fronteira.

Un disco (en ), un cilindro e a banda de Möbius son exemplos de superficies con fronteira.

Tamén as superficies se distinguen segundo sexan orientables ou non. Dise que unha superficie é non orientable se contén polo menos unha subsuperficie que é homeomorfa a unha banda de Möbius pechada. Caso contrario dise orientable.

Xerez Club Deportivo

O Xerez Club Deportivo é un club de fútbol español, con sede na cidade de Xerez da Fronteira (Cádiz, Andalucía). Foi refundado o 24 de setembro de 1947.

Durante a tempada 2008-09, na que contou co apoio de 9.656 abonados, militou na Segunda División de España e logrou o ascenso á Primeira División por primeira vez na súa historia, ao que se sumou o título de campión da categoría de prata. Actualmente conta con 16.216 abonados. Nesa tempada quedou 20º e volveu descender á Segunda División.

Xerez da Fronteira

Xerez da Fronteira (en castelán: Jerez de la Frontera) é unha cidade e concello da provincia de Cádiz en Andalucía. É o núcleo urbano máis poboado da provincia e o quinto de Andalucía (215.180 hab.). Está situada ao sur da Península Ibérica, a pouco máis de 15 km do Océano Atlántico e 100 km do estreito de Xibraltar.

Situada nunha posición céntrica e ben comunicada na provincia convertérona no principal nó de comunicacións e nun dos centros loxísticos e de transportes de Andalucía occidental. O seu tamaño e capacidade de crecemento outorgáronlle maior dinamismo económico que o da capital provincial. É internacionalmente coñecida polo viño homónimo, xa que está situada nunha zona fértil para a agricultura e a gandería.

O seu termo municipal ocupa unha extensión de 1.188,14 km² que se estenden sobre o val do Guadalquivir. Ademais, inclúe unha ampla extensión do Parque Natural de Los Alcornocales e a Serra de Gibalbín, coñecido como Montes de Propio de Xerez.

É unha das dúas cidades principais da área metropolitana da Baía de Cádiz-Xerez, terceiro conglomerado urbano de Andalucía e un dos máis activos económica e industrialmente. Ademais, é municipio membro da Mancomunidade de Municipios da Baía de Cádiz. É sede episcopal da Diocese de Asidonia-Xerez, que abarca o norte da provincia de Cádiz, tomando o río Guadalete como fronteira natural.

Gran parte do centro histórico da cidade é Ben de Interese Cultural coa denominación de Conxunto Histórico Artístico. Zona Vella de Xerez da Fronteira.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.