Froilán

Froilán, nado en Lugo no ano 833 e falecido en León no 905, foi un relixioso anacoreta galego e bispo de León. Nomeado santo, é patrón da diocese de Lugo e da cidade do mesmo nome.

Froilán
San Froilán. Catedral de Lugo
Nacemento833
 Lugo
Falecemento904
NacionalidadeReino de Asturias
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónsacerdote

Traxectoria

100 0322
Neste lugar naceu Froilán.

Monxe

FroilanLleó
Tumba de Froilán en León.

Viviu como anacoreta na gruta de Ruiterlán, na bisbarra do Bierzo e nas montañas de Curueño. A súa vida de meditación, oración e hospitalidade, déronlle sona de home santo. Moitos acudían a el en busca de consolo e alento e para todos tiña unha verba acertada e acolledora. Predicaba entre montañeses e labregos. Tradicións populares dan testemuño da súa presenza na Virgen del Camino, Virgen de Velilla, Liébana e Valdera.

Xunto con Atilano, un presbítero de Tarazona, comezou a organizar aos ermitáns dos montes dos Ancares e dos montes de León en comunidades monásticas. Vivían unha vida de pobreza, traballo manual, obras de caridade e oración. Atribúeselle a fundación do mosteiro de Valdecésar, trala súa morte, moi favorecido polos reis de Galicia Ordoño II e Elvira Menéndez.

Co avance da repoboación cristiá no occidente peninsular, estableceron comunidades no val do Esla no mosteiro de Távora e no mosteiro de Moreruela.

Bispo

Lugo Spain San Froilan church
Igrexa de San Froilán de Lugo.

Morto o bispo de León, Vicente, o pobo unanimemente reclama do rei astur-galaico Afonso III o nomeamento de Froilán como bispo. Como aínda non era sacerdote, na cerimonia recibiu antes o sacramento da orde. O toma do báculo fíxose perante a corte do monarca de Oviedo e con aclamación de todo o pobo. Exerceu como bispo con xustiza e benevolencia, defendendo aos pobres, os febles e os doentes. No ano 905, morreu en loor de santidade. Foi soterrado na catedral antiga e posteriormente foron trasladados os seus restos, por orde do rei de Ordoño II, reinando xa en León, á nova Catedral.

Del contáronse prodixios como que amansaba os lobos e curaba os enfermos.

A súa festa celébrase o 5 de outubro, día do seu pasamento.

Represéntase vestido de monxe ou de bispo, con mitra e báculo. Pode acompañarse cun lobo manso, que leva unha bolsa coa Biblia.

San Froilán na cultura popular galega

  • San Froilán, mete a rella e tira o pan (recomenda comezar cos labores da arada e sementeira do centeo).

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1954

O Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1954 é o quinto campionato anual de Fórmula 1 organizado pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Con 9 Grandes Premios no calendario, deu comezo o 17 de xaneiro, e finalizou o 24 de outubro. Foi gañado por Juan Manuel Fangio, pilotando tanto para Maserati coma para Mercedes no transcurso da tempada.

Catedral de Lugo

A catedral de Santa María é a catedral da cidade galega de Lugo. Está adicada á Virxe María e atópase situada a rentes da muralla, concretamente diante da porta de Santiago, preto da Praza Maior. Foi comezada no século XII, e ten trazas de estilo románico, con engadidos góticos, barrocos e neoclásicos. Desde o ano 2015 é considerada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO como parte dos Camiños Primitivo e Norte.

Ferreiros, Sarria

San Sadurniño de Ferreiros é unha parroquia rural do concello de Sarria na provincia de Lugo. Segundo o Instituto Galego de Estatística no ano 2007 tiña 158 habitantes (79 homes e 79 mulleres) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2003 cando tiña 187 habitantes.

Por aquí discorre o Rally San Froilán. Coincidindo coas festas patronais de San Sadurniño celébrase o FerreirosFest. Na parroquia rodouse parte do filme Romasanta. A caza da besta (Paco Plaza, 2004).

Festas de San Froilán de Lugo

As festas de San Froilán teñen lugar en Lugo entre o 4 e o 12 de outubro. Xiran arredor do 5 de outubro, día en que o santoral católico conmemora o día de San Froilán. Foron proclamadas de Interese Turístico Nacional polo Ministerio de Industria e Turismo en 2006. Na actualidade son organizadas exclusivamente polo Concello de Lugo. O pregoeiro das festas de 2015 foi o escritor Darío Xohán Cabana.

Gran Premio da Arxentina de 1953

O Gran Premio da Arxentina de 1953 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Dúas, celebrada o 18 de xaneiro de 1953 no circuíto de Autódromo 17 de Octubre. Foi a primeira carreira da tempada de 1953 que disputouse baixo as regras da Fórmula Dúas en 1952 e 1953, en lugar da normativa da Fórmula Un usada normalmente.

Gran Premio da Arxentina de 1954

O Gran Premio da Arxentina de 1954 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 17 de xaneiro de 1954 no circuíto de Autódromo 17 de Octubre. Foi a primeira carreira da tempada de 1954.

Gran Premio da Arxentina de 1955

O Gran Premio da Arxentina de 1955 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 16 de xaneiro de 1955 no circuíto de Autódromo 17 de outubro. Foi a primeira carreira da tempada de 1955.

Gran Premio de Alemaña de 1954

O Gran Premio de Alemaña de 1954 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 1 de agosto de 1954 no circuíto de Nürburgring Nordschleife. Foi a sesta carreira da tempada de Fórmula Un de 1954. Foí o 17º Gran Premio de Alemaña xa que a carreira celebrouse por primeira vez en 1926 e o 16º, que se celebrará no complexo de circuítos de Nürburgring. A carreira foi gañada polo campión do mundo de 1951, o piloto arxentino Juan Manuel Fangio pilotando un Mercedes-Benz W196. Os pilotos do Ferrari 625 Mike Hawthorn (nun coche compartido con José Froilán González) e Maurice Trintignant terminaron segundo e terceiro coa Scuderia Ferrari.

Gran Premio de Bélxica de 1953

O Gran Premio de Bélxica de 1953 foi unha carreira de Fórmula Dúas celebrada o 21 de xuño de 1953 no Circuíto de Spa-Francorchamps en Spa, Bélxica. Foi a cuarta carreira do Campionato do Mundo de Pilotos 1953, disputouse baixo as regras da Fórmula Dúas en 1952 e 1953, en lugar da normativa da Fórmula Un usada normalmente.

Gran Premio de España de 1951

O Gran Premio de España de 1951 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 28 de outubro de 1951 en Barcelona. Foi a oitava e última proba do Campionato do Mundo de Pilotos.

Esta carreira estivo determinada pola elección de pneumáticos. Ferrari elixiu unha roda traseira de 16 polgadas, mentres que Alfa Romeo conformouse coa de 18 polgadas, que resultou ser a mellor das dúas opcións.

Juan Manuel Fangio aventaxaba a Alberto Ascari por dous puntos antes da carreira. Ascari liderou a carreira diante de José Froilán González, pero os Ferrari sufriron numerosos problemas cos pneumáticos. Piero Taruffi esnaquizou a banda de rodaxe do pneumático na volta 6, foi seguido na volta 7 por Luigi Villoresi, na volta 8 Ascari e González na volta 14. Os Ferrari víronse obrigados a deterse con frecuencia para cambiar os pneumáticos e Fangio gañou comodamente a carreira e o seu primeiro título mundial de piloto, Ascari que acabou cuarto non foi capaz de alcanzar a Fangio. Logo da carreira, Alfa Romeo anunciou que debido a problemas financeiros, non competiría na tempada 1952.

Gran Premio de Italia de 1952

O Gran Premio de Italia de 1952 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Dúas, celebrada o 7 de setembro de 1952 no circuíto de Monza. Foi a oitava carreira da tempada de Fórmula Un de 1952 que disputouse baixo as regras da Fórmula Dúas en 1952 e 1953, en lugar da normativa da Fórmula Un usada normalmente.

Gran Premio de Italia de 1954

O Gran Premio de Italia de 1954 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 5 de setembro de 1954 no circuíto de Monza. Foi a oitava carreira da tempada de Fórmula Un de 1954.

Gran Premio de Suíza de 1954

O Gran Premio de Suíza de 1954 foi unha carreira de Fórmula Un, celebrada o 22 de agosto de 1954 en Suíza. Esta carreira foi a sétima carreira do Campionato do Mundo de Pilotos de 1954,

Gran Premio do Reino Unido de 1951

O Gran Premio do Reino Unido de 1951 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 14 de xullo de 1951 no circuíto de Silverstone, Silverstone, Inglaterra. Foi a quinta carreira da tempada de Fórmula Un de 1951. A carreira, disputada sobre 90 voltas foi a primeira vitoria de José Froilán González, e tamén a primeira de moitas para o equipo Ferrari. Tanto o equipo como o piloto tamén lograron a súa primeira pole position durante o fin de semana. Juan Manuel Fangio terminou segundo nun Alfa Romeo e Luigi Villoresi terceiro en Ferrari.

Gran Premio do Reino Unido de 1954

O Gran Premio do Reino Unido de 1954 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 17 de xullo de 1954 no circuíto de Silverstone, Silverstone, Inglaterra. Foi a quinta carreira da tempada de Fórmula Un de 1954.

José Froilán González

José Froilán González (5 de outubro de 1922) é un ex-piloto arxentino de Fórmula 1. Foi o primeiro piloto en conseguir unha vitoria para Ferrari nun Gran Premio de Fórmula 1, en 1951 en Gran Bretaña.

Lugo

Lugo é unha cidade e concello de Galicia, capital da provincia de Lugo e da comarca homónima. Fundada no ano 25 a.C. por Paulo Fabio Máximo, é unha cidade de orixe romana e a máis antiga de Galicia. Construída nas proximidades dun castro, na época romana recibiu o nome de Lucus Augusti. Son testemuña dos seus primeiros anos de historia os numerosos restos romanos, moitos deles conservados no Museo Provincial, e sobre todo a Muralla Romana, única no mundo que conserva todo o seu perímetro e declarada Patrimonio da Humanidade no ano 2000.

Ao longo da súa historia ocorreron tanto épocas de abandono como importantes momentos na historia do país, dende a xuntanza no ano 842 dun grande exército galego para conquistar Oviedo e entronizar a Ramiro I como primeiro rei da dinastía galega, ata o pronunciamento do Coronel Miguel Solís, que daría comezo á Revolución Galega de 1846.

Xeograficamente, a cidade atópase situada nun outeiro, nas terras do Alto Miño, e circundada polo propio río Miño, ademais doutros máis pequenos como o Mera. O concello, incluído na Reserva da Biosfera "Terras do Miño", é o segundo máis extenso de Galicia, e no que no ano 2014 habitaban 98.560 persoas, o que supón que sexa o cuarto de Galicia en poboación despois de Vigo, A Coruña e Ourense.

O xentilicio dos habitantes é lucense ou tamén lugués. Lugo é unha cidade comercial e de servizos, cun campus universitario especializado en Ciencias Agrarias (Veterinaria, Montes...). Destacan tamén as populosas festas realizadas na cidade como o Arde Lucus, que relembra o pasado romano e castrexo da cidade, e o San Froilán, que cada ano atrae á cidade do 4 ao 12 de outubro a máis dun millón de visitantes.

Rally San Froilán

O Rally San Froilán, tamén coñecido como Rally de Lugo, é unha competición de rally que se disputa anualmente na provincia de Lugo dende 1978 organizado pola Escudería Miño e que na actualidade é puntuable para o Campionato de Galicia de Rally. Tamén foi puntuable para o Campionato de España de Rallys entre 1986 e 1998.

Scuderia Ferrari

Scuderia Ferrari S.p.A. coñecida como Scuderia Ferrari é a división deportiva da compañía automobilística Ferrari. O equipo de carreiras na actualidade só participa na Fórmula Un, pero participou en numerosas clases de deportes de motor desde a súa creación en 1929, incluídas as carreiras de autos deportivos. Comezou na Fórmula 1 en 1950. Leva ás súas costas 16 títulos de construtores e 15 de pilotos.

Alberto Ascari, Juan Manuel Fangio, Mike Hawthorn, Phil Hill, John Surtees, Niki Lauda, Jody Scheckter, Michael Schumacher e Kimi Räikkönen gañaron campionatos do mundo de pilotos conducindo para o equipo. os pilotos actuais do equipo son Sebastian Vettel e Charles Leclerc.

En sport prototipos e gran turismo, Ferrari conseguiu nove vitorias absolutas nas 24 Horas de Le Mans, oito na Mille Miglia e sete na Targa Florio. Tamén gañou varios títulos de construtor no Campeonato Mundial de Resistencia da FIA.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.