Friol

Friol é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Lugo. Segundo o IGE en 2015 tiña 3942 habitantes (4490 no 2006, 4533 no 2005, 4580 no 2004, 4646 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «friolés».

Coordenadas: 43°2′N 7°47′O / 43.033, -7.783

Friol
Escudo de Friol
Casa do Concello de Friol
Casa do concello
Situacion Friol
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Lugo
ComarcaComarca de Lugo
Poboación3.772 hab. (2018)
Área292,3 km²
Densidade12,9 hab./km²
Entidades de poboación32 parroquias
Capital do concelloFriol
Política (2019 [2])
AlcaldeJosé Ángel Santos Sánchez (PPdeG[3])
Concelleiros
PPdeG: 10
PSdeG-PSOE: 1
Eleccións municipais en Friol
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes84,47%
Na rede
concellodefriol.es

Demografía

Censo total 3942 (2015)
Menores de 15 anos 261 (6,62 %)
Entre 15 e 64 anos 2253 (57,15 %)
Maiores de 65 anos 1428 (36,22 %)
Evolución da poboación de Friol   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
8865 10 176 10 037 5878 4580 4246 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia

Parroquias de Friol, Lugo
Mapa das parroquias de Friol.

No rexistro de mámoas feito por Pedro Vázquez de Ornas en 1609 menciónase como a de maior importancia do concello a dos Castelos, na xurisdición da Torre de Narla, propiedade de Alonso Ordóñez das Seixas. Tamén se menciona, entre outras, a de Anafreita, a de Porto Anguieiro (Anxeriz) e a de Reigosa.

Na Rocha de Narla, onde estivo a casa e castelo dos Ulloas, posiblemente houbera con anterioridade un poboado castrexo.

Durante a romanización esta zona estivo baixo o convento xurídico de Lucus Augusti.

Na época visigótica creouse o condado de Narailiensis (de Narla), definido no concilio lucense en 569. Estendíase entre as provincias da Coruña e Lugo, e descoñécese a súa capitalidade, aínda que o topónimo de San Martiño de Condes permitir supor que era alí.

Daquela época quedan topónimos como Argerei, Ascariz, Gimondriz, Guldriz, Nobigilde, Recarei, Remesil ou Guimarei.

A raíz dese condado xurdiron outras ramas, como os de Mera, Parga ou Presares. Este último, se ben non acadou tanta sona como o da Casa de Parga, tiña unha gran extensión territorial, desde o monte da Cova de Serpe pasando por Aranga, Melide e as terras de Montaos e Bergantiños.

A finais do século X Tareixa, monxa do mosteiro de Sobrado dos Monxes e sobriña de San Rosendo, deu liberdade aos habitantes de Anafreita, sobre os que exercía señorío.

O rei Afonso IX hospedouse en San Martiño de Condes, desde onde enviou unha carta a Lugo ordenando que non recoñecesen a outro señor máis que ao bispo.

En abril de 1362 Vasco Pérez, fillo de Pedro López de Rodeiro, deu ao bispo de Lugo as súas posesións do couto de San Martiño dos Condes e no lugar da Mota en correge mento e enmenda de moytos maes e dannos e queyxumes de paes, e de casas e roubos de gaados e de outras cousas mobles... e mortes de homes que eu fize e cometi por miña autoridade en o seu couto de Lugo contra a dita igrexa e os vasallos dela sen sua culpa...>.

Na Idade Media as familias Ulloa, Parga e Seixas repartíronse o poder neste termo. Daquela época queda a torre de Friol, a fortaleza de San Paio de Narla, a torre de Miraz, o pazo de Remesil e o pazo de Trasmonte. Estas terras foron obxecto de loitas e preitos, como quedou reflectido nas chancelerías e nos escritos de Vasco da Ponte. O xenealoxista menciona que nas revoltas do século XV entre os nobres galegos Gonzalo Ozores de Ulloa gañou Narla, sendo sucedido por Lope Sánchez de Ulloa, da casa de Monterrei, quen o cedeu ao bispo de Lugo, xunto cos coutos de San Martiño dos Condes e Ferreira de Negral. Esta cesión foi confirmada por Sancho de Ulloa, fillo de Lope.

Durante o século XV as terras estaban repartidas entre a casa de Parga (da que foi sucesora a casa de Miraz), a de San Paio de Narla (propiedade dos Vázquez de Seixas), a casa de Ulloa (sucedida pola dos condes de Monterrei) e o bispo de Lugo, cos mosteiro de Sobrado dos Monxes e Santo Antoniño de Toques, e a orde militar de Santiago (pasando despois as súas propiedades á coroa).

A fortaleza de San Paio de Narla foi reconstruída no século XVI por Vasco de Seixas, señor da Casa Solar e Castro de Seixas e do Pazo de San Paio de Narla; era fillo de Vasco de Seixas "o vello" e de María Álvarez de Soutomaior, e neto de Vasco de Seixas, quen no século XIV fora señor de San Paio, Osera, Chantada, Ferreira, Samos, Sobrado e Eiré. Participou na loita dinástica dos Trastámara en favor de Henrique II de Castela. O espazo señorial lucense estaba daquela repartido entre cinco familias: os Vázquez de Seixas, Ulloa, Lemos, Saavedra e Pardo.

As terras constituíronse como concello a comezos do século XIX. O 9 de agosto de 1834, durante as guerras carlistas, un destacamento da provincia de Pontevedra foi atacado por un grupo de carlistas dirixido polo canónico Martínez Villaverde. Os carlistas incendiaron a casa de Bañales, onde se resgardara a guarnición. O 19 de xullo de 1839 a columna liberal de Friol matou o faccioso Manuel Perdiz, vingando nel aquel desastre. En 1874 houbo un motín popular co gallo do sorteo da quinta de 125.000 homes, que provocou a queima dos documentos do arquivo municipal.

Gastronomía

En marzo celébrase a feira do queixo de Friol e pan de Ousá.

Deportes

O deporte con máis popularidade no concello é o fútbol sala, con equipos nas ligas autonómicas masculina e feminina.

Educación

No lugar das Donas (Vilalvite) está a escola Meniñeiros, onde se imparte o método de pedagoxía Waldorf.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Friol.
Roxica

A Roxica.

Fortaleza de San Paio de Narla

Fortaleza de San Paio de Narla.

Torre e pazo de Friol

Pazo fortaleza de Friol.

Lugares de Friol

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Friol vexa: Lugares de Friol.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Consultado o 27 de maio de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Friol". www.fegamp.gal. Consultado o 14 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.

Véxase tamén

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Anafreita, Friol

San Pedro de Anafreita é unha parroquia rural do concello de Friol na provincia de Lugo. Tiña 42 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 26 homes e 16 mulleres distribuídos en 10 entidades de poboación. O que supón unha diminución de 14 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 56 habitantes (30 homes e 26 mulleres) e 20 menos que en 2004.

Carballo, Friol

San Xiao de Carballo é unha parroquia rural do concello de Friol na provincia de Lugo. Tiña 145 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 77 homes e 68 mulleres distribuídos en 17 entidades de poboación. O que supón unha diminución de 43 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 188 habitantes (98 homes e 90 mulleres) e 49 menos que en 2004.

Comarca de Lugo

A comarca de Lugo é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Lugo. A esta comarca pertencen os concellos de Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín, Lugo, Outeiro de Rei, Portomarín e Rábade.

Miraz, Friol

Santiago de Miraz é unha parroquia rural do concello de Friol na provincia de Lugo. Tiña 101 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 54 homes e 47 mulleres distribuídos en 10 entidades de poboación. O que supón unha diminución de 40 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 141 habitantes (73 homes e 68 mulleres) e 46 menos que en 2004.

Narla, Friol

San Pedro de Narla é unha parroquia rural do concello de Friol na provincia de Lugo. Tiña 204 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 103 homes e 101 mulleres distribuídos en 15 entidades de poboación. O que supón unha diminución de 29 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 233 habitantes (119 homes e 114 mulleres) e 35 menos que en 2004.

Nodar, Friol

San Mamede de Nodar é unha parroquia rural do concello de Friol na provincia de Lugo. Tiña 214 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 113 homes e 101 mulleres distribuídos en 26 entidades de poboación. O que supón unha diminución de 35 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 249 habitantes (129 homes e 120 mulleres) e 39 menos que en 2004.

O Pacio, Friol

Santa María do Pacio é unha parroquia rural do concello de Friol na provincia de Lugo. Tiña 92 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 49 homes e 43 mulleres distribuídos en 10 entidades de poboación. O que supón unha diminución de 18 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 110 habitantes (55 homes e 55 mulleres) e 33 menos que en 2004.

Ousá, Friol

San Xiao de Ousá é unha parroquia rural do concello de Friol na provincia de Lugo. Tiña 130 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 61 homes e 69 mulleres distribuídos en 15 entidades de poboación. O que supón unha diminución de 20 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 150 habitantes (72 homes e 78 mulleres) e 25 menos que en 2004.

Nesta parroquia faise o pan de Ousá, un pan con sona en Galicia e ao que se lle dedica unha festa gastronómica compartida co queixo de Friol.

Prado, Friol

San Martiño de Prado é unha parroquia rural do concello de Friol na provincia de Lugo. Tiña 90 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 42 homes e 48 mulleres distribuídos en 11 entidades de poboación. O que supón unha diminución de 31 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 121 habitantes (55 homes e 66 mulleres) e 26 menos que en 2004.

San Martiño de Condes, Friol

San Martiño de Condes é unha parroquia rural do concello de Friol na provincia de Lugo. Tiña 347 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 174 homes e 173 mulleres distribuídos en 26 entidades de poboación. O que supón unha diminución de 55 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 402 habitantes (199 homes e 203 mulleres) e 68 menos que en 2004.

Seixón, Friol

San Paio de Seixón é unha parroquia rural do concello lugués de Friol na comarca de Lugo. Tiña 89 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 47 homes e 42 mulleres distribuídos en 7 entidades de poboación. O que supón unha diminución de 2 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 91 habitantes (50 homes e 41 mulleres) e 9 menos que en 2004.

Serra da Cova da Serpe

A serra da Cova da Serpe é unha serra galega situada entre as provincias de Lugo e A Coruña, en Galiza. Acada a súa maior altura no Monte da Cova da Serpe, con 841 m.

Serra de Corno de Boi

A serra de Corno de Boi ou montes do Corno do Boi é unha serra galega pertencente á dorsal galega que está localizada entre os concellos de Friol, Toques e Sobrado. O monte de maior altura é o Campelo, con 811 metros sobre o nivel do mar. Na vertente occidental nace o río Mandeo e na oriental diversos afluentes do río Narla.

Silvela, Friol

Santa María de Silvela é unha parroquia rural do concello de Friol na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2011 tiña 129 habitantes (64 mulleres e 65 homes) distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 164 habitantes.

Torre de Friol

A torre de Friol é unha fortaleza medieval situada no concello de Friol.

Trasmonte, Friol

Santiago de Trasmonte é unha parroquia rural do concello de Friol na provincia de Lugo. Tiña 81 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 36 homes e 45 mulleres distribuídos en 15 entidades de poboación. O que supón unha diminución de 15 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 96 habitantes (41 homes e 55 mulleres) e 14 menos que en 2004.

Vilafiz, Friol

Santa María de Vilafiz é unha parroquia rural do concello de Friol na provincia de Lugo. Tiña 55 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 29 homes e 26 mulleres distribuídos en 10 entidades de poboación. O que supón unha diminución de 21 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 76 habitantes (36 homes e 40 mulleres) e 18 menos que en 2003.

Vilalvite, Friol

San Pedro de Vilalvite é unha parroquia rural do concello de Friol na provincia de Lugo. Tiña 192 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 102 homes e 90 mulleres distribuídos en 15 entidades de poboación. O que supón un aumento de 19 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 173 habitantes (90 homes e 83 mulleres) e 36 máis que en 2004.

No lugar das Donas está a escola Meniñeiros, onde se imparte o método de pedagoxía Waldorf.

Xiá, Friol

Santa María de Xiá é unha parroquia rural do concello de Friol na provincia de Lugo. Tiña 327 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 152 homes e 175 mulleres distribuídos en 42 entidades de poboación. O que supón unha diminución de 50 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 377 habitantes (177 homes e 200 mulleres) e 73 menos que en 2004.

Nesta parroquia está a fortaleza de San Paio de Narla, unha testemuña da época feudal e que hoxe é sede da sección de etnografía, artes e costumes populares do Museo Provincial de Lugo (Museo etnográfico e histórico de San Paio de Narla).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.