Friedrich Engels

Friedrich Engels, nado en Barmen (Prusia) o 28 de novembro de 1820 e finado en Londres o 5 de agosto de 1895, foi un economista e pensador alemán, principal colaborador e coautor da maioría das obras de Karl Marx, xunto co que desenvolveu a teoría comunista.

Friedrich Engels
Engels
Nacemento28 de novembro de 1820
 Barmen
Falecemento5 de agosto de 1895
 Londres
Causacancro
NacionalidadeAlemaña
EtniaPobo alemán
Relixiónateísmo
Alma máterUniversidade Humboldt de Berlín
Ocupacióneconomista, científico social, political theorist, filósofo, escritor, revolucionario, sociólogo, feminista e xornalista
PaiFriedrich Engels
Coñecido/a porManifesto do Partido Comunista, A Ideologia Alemã e Do Socialismo Utópico ao Socialismo Científico
Friedrich Engels Signature

Traxectoria

Engels naceu no seo dunha familia adiñeirada. A pesar disto, debeu abandonar cedo os seus estudos para dedicarse a traballar de dependente. Porén, comezou a estudar de xeito autodidacta no tempo libre que lle concedían o seu traballo e a súa familia. Ao igual que sucede con Marx, a filosofía hegeliana exerce unha grande influencia sobre el. En 1842 coñece a Marx, feito que cambiaría radicalmente a súa concepción das teorías revolucionarias e socialistas existentes até o momento. Nestes anos, tamén, retoma aos seus estudos oficiais, en concreto de economía política. A liña ideolóxica do seu pensamento resúmese en A situación da clase obreira en Inglaterra, que publica en 1844. Neste mesmo ano trasládase a París, onde se entrevista con Marx. A posta en común das súas ideas, moi próximas, lévaos a colaborar definitivamente a partir desa data. Esta amizade perduraría até a morte de Marx en 1883.

Se Marx se ocupou dos aspectos políticos, Engels inclinouse polo estudo da economía política. En colaboración con este publicou A Sagrada Familia, A ideoloxía alemá e o Manifesto do Partido Comunista, obra de grande repercusión nos séculos XIX e XX.

50-Mark-1971
Billete de 50 marcos da República Democrática Alemá coa figura de Friedrich Engels

Véxase tamén

Outros artigos

28 de novembro

O 28 de novembro é o 332º día do ano do calendario gregoriano e o 333º nos anos bisestos. Quedan 33 días para acabar o ano.

Comunismo

O comunismo é un sistema social, así como tamén un modo de organización socioeconómica, caracterizado pola propiedade en común dos medios de produción, a ausencia de propiedade privada nos medios de produción e a inexistencia de clases sociais e dun Estado.O comunismo como proxecto de socialización dos medios de produción xurdiu no século XVI baixo a forma de diversas utopías baseadas no colectivismo agrario. As máis coñecidas foron a obra Utopía de Tomás Moro e a ideoloxía revolucionaria babuvina que derivou do movemento xacobino da Revolución francesa. O ideario comunista converteuse a comezos do século XIX nun complexo proxecto económico industrial grazas ás diferentes correntes do chamado socialismo utópico, do anarcocomunismo e as ramas obreiras do comunismo cristián. O actualmente máis coñecido destes movementos foi o que adoptou a escola do denominado socialismo científico dos pensadores alemáns Karl Marx e Friedrich Engels, baixo a cal sería rebautizado como Liga dos Comunistas. Pola influencia da súa obra, o movemento comunista adoptou unha interpretación revolucionaria da historia e a forma de partido político, converténdose logo nunha organización internacional unificada baixo a doutrina marxista.

Segundo o marxismo, a historia é entendida como un permanente conflito polo excedente material, cuxo inicio se debe á aparición da propiedade. As diferentes formas de propiedade poñen fin ao comunismo primitivo e estratifican á sociedade en clases de acordo ás súas relacións de produción. As diferentes relacións de produción que vinculan aos homes e mulleres requiren da explotación, e estas relacións xeran co tempo as condicións para ser substituídas por outras formas de explotación superiores, nunha secuencia revolucionaria de modos de produción. En cada un destes modos desenvólvese unha loita de clases interna entre os diferentes tipos de traballadores e explotadores que os integran, e que se resolve co xurdimento de novas clases dominantes. Con todo, a sociedade capitalista xera unha serie crecente de crises internas e cíclicas que só poden ser resoltas polos seus traballadores asalariados nunha revolución proletaria, que require á súa vez da construción do comunismo. Para chegar a este fin debe organizarse un partido comunista que conquiste o poder político liderando unha fase de transición na que o Estado funcione como unha ditadura do proletariado. Este período termina cando desaparecen as clases sociais, o cal leva a que o Estado, de acordo á súa concepción como ferramenta de dominación dunha clase sobre a outra, deba extinguirse. A esta transición séguenlle inmediatamente dous períodos no desenvolvemento do comunismo: unha primeira fase e unha fase superior. Existen discrepancias cruciais entre as diferentes correntes do marxismo sobre cal debería ser a natureza de cada unha destas tres fases.

Die deutsche Ideologie

A ideoloxía alemá (Die deutsche Ideologie en alemán) é unha obra escrita por Karl Marx e Friedrich Engels entre a primavera de 1845 e finais de 1847 e publicada de forma póstuma en 1932 polo teórico marxista David Riazanov no Instituto Marx-Engels de Moscova. É unha obra na que aparecen os fundamentos do que máis tarde se denominará materialismo dialéctico, a base filosófica do marxismo.

Ditadura do proletariado

A ditadura do proletariado é un termo empregado polos postulado polo marxismo para referirse ó estado de transición revolucionaria entre o capitalismo e a sociedade comunista. O termo non se refire a unha concentración de poder nun ditador, senón a unha situación na que o proletariado ten o poder e substitúe o sistema político controlado pola burguesía (ditadura da burguesía). Esta etapa de transición é denominada tamén por moitos marxistas como socialismo.

Karl Marx

Karl Heinrich Marx (pronunciado: [kaːɐ̯l ˈhaɪnʀɪç ˈmaːɐ̯ks]), nado en Tréveris o 5 de maio de 1818 e falecido en Londres o 14 de marzo de 1883, foi un filósofo, economista, politicólogo, sociólogo, xornalista e socialista revolucionario prusiano. Procedente dunha familia de clase media, estudou economía política e a filosofía hegeliana. Como adulto, Marx volveuse apátrida e pasou a maior parte da súa vida en Londres onde continuou a desenvolver o seu pensamento en colaboración co alemán Friedrich Engels e publicou varias obras, a máis coñecida sendo o panfleto de 1848 O manifesto comunista. O seu traballo dende entón influíu a historia intelectual, económica e política subseguinte.

As teorías de Marx sobre a sociedade, a economía e a política —colectivamente coñecidas como marxismo— sosteñen que as sociedades humanas se desenvolven a través da loita de clases; no capitalismo, esta maniféstase no conflito entre a clase dominante (coñecida como burguesía) que controla os medios de produción e a clase obreira (coñecida como proletariado) que activa eses medios de produción vendendo a súa forza de traballo por un salario. Empregando un enfoque crítico denominado materialismo histórico, Marx prediciu que, ao igual que os sistemas socioeconómicos anteriores, o capitalismo producía tensións internas que o conducirían á súa autodestrución e á substitución por un novo sistema: o socialismo. Para Marx, a loita de clases baixo o capitalismo, debido en parte á súa inestabilidade e a súa natureza propensa á crise, podería acabar no desenvolvemento da conciencia de clase por parte da clase obreira, conducindo á súa conquista do poder político e finalmente o establecemento dunha sociedade sen clases e comunista constituída por unha asociación libre de produtores. Marx loitou activamente pola súa introdución, argumentando que a clase obreira debería levar a cabo unha acción revolucionaria organizada para derrocar o capitalismo e traer consigo a emancipación socioeconómica.Marx foi descrito como unha das figuras máis influentes da historia humana e o seu traballo foi tanto gabado coma criticado. A súa obra sobre economía estableceu a base para a meirande parte do coñecemento actual sobre a forza de traballo e a súa relación co capital, e o pensamento económico posterior. Moitos intelectuais, sindicatos obreiros, artistas e partidos políticos mundiais foron influenciados polo traballo de Marx, con moitas ideas modificadas ou adaptadas. Marx é tipicamente citada como un dos principais arquitectos da ciencia social moderna.

Liga dos Comunistas

A Liga dos Comunistas ou Liga Comunista foi unha organización revolucionaria nada en Londres no ano 1847. Formado despois dun congreso da Liga dos Xustos, organización de obreiros alemáns desterrados que se formou en París en 1836, dirixida por Wilhem Weitling, a cal mudou de nome despois do congreso. En 1847 Marx entrou na organización e deseguida produciuse un desencontro con Weitling.

En 1847 faráse público o seu programa, escrito por Karl Marx e Friedrich Engels, baixo o nome de Manifesto do Partido Comunista.

Manifesto do Partido Comunista

O Manifesto do Partido Comunista ou O manifesto comunista (Manifest der Kommunistischen Partei, polo seu título en alemán) é unha proclama encargada pola Liga dos Comunistas a Karl Marx e Friedrich Engels en 1847. Foi publicado o 21 de febreiro de 1848.

Marxismo

O marxismo é o conxunto de doutrinas políticas e filosóficas derivadas da obra de Karl Marx, filósofo, economista, xornalista e revolucionario do século XIX e do seu amigo Friedrich Engels. Marx e Engels baseáronse na filosofía de Friedrich Hegel e de Feuerbach, ambos alemáns, a economía política de Adam Smith, a economía ricardiana e o socialismo francés do século XIX para desenvolver unha crítica da sociedade que é tanto científica como revolucionaria. Esta crítica alcanzou a súa expresión máis sistemática na súa obra máis importante, O capital: crítica da economía política.

Porén, o marxismo traspasou as ideas dos seus precursores, tornándose unha corrente política-teórica que abrangue unha ampla gama de pensadores e militantes, non sempre coincidentes e asumindo posicións teóricas e políticas ás veces antagónicas.

O marxismo aséntase sobre 3 grandes eixes: a análise do pasado, a crítica do presente e o proxecto de futuro.[Cómpre referencia]

Materialismo

O materialismo é unha doutrina metafísica consistente en afirmar que só existe a materia ou que esta é a realidade básica da que depende todo o que existe. Por materia enténdese calquera substancia que ocupa un espazo e que pode verse e tocarse. En consecuencia, o materialismo nega a existencia de substancias absolutamente independentes da materia, como poden ser as almas, espíritos, deuses etc. Por este motivo o materialismo asóciase xeralmente con actitudes ateas e antirrelixiosas.Aínda que as metafísicas materialistas existen dende os inicios da filosofía occidental, a época materialista máis relevante acontece nos séculos XVIII, co empirismo inglés e os enciclopedistas franceses e, sobre todo, no século XIX en Alemaña co materialismo mecanicista (Karl Vogt e Ludwig Büchner) e o materialismo dialéctico (Friedrich Engels e Karl Marx). No século XX o materialismo vese reflectido tamén no programa fisicalista da corrente filosófica denominada Neopositivismo.

O materialismo mecanicista apóiase fundamentalmente nos avances experimentados polas ciencias da natureza durante o século XIX e sostén que os procesos psíquicos e mentais, aparentemente de natureza incorpórea, non son outra cousa que procesos químicos e fisiolóxicos explicables de maneira soamente mecánica a medida que as ciencias vaian progresando. Nun sentido parecido hai que entender tamén o fisicalismo neopositivista. Estas orientacións, polo tanto, caracterízanse por un reducionismo do psíquico ó neuro-fisiolóxico.

O materialismo dialéctico, en cambio, admite que os procesos psíquicos son de natureza irredutible a meros procesos físicos, se ben estes últimos son a base material da que emerxen os primeiros. Sen cerebro, polo tanto, non poderían existir os procesos mentais. Estes, por outra parte, consideran que a materia está sometida a procesos evolutivos dominados polas leis da dialéctica.

Hai tamén un uso popular do termo, alleo ó seu significado filosófico, e segundo o cal fálase, por exemplo, de "época materialista". Neste uso a palabra ten un significado moral e disigna unha actitude vital desprovista de valores e interesada unicamente no aprecio do benestar material (ter cousas) xunto coas accións que contribúen a logralo.

Materialismo dialéctico

O materialismo dialéctico é considerado pola maioría de marxistas como a base filosófica do marxismo. Como o seu nome indica, é unha combinación da dialéctica hegeliana e o materialismo filosófico de Ludwig Feuerbach, Karl Marx e Friedrich Engels. Emprega os conceptos de tese-antítese-síntese para explicar o crecemento e desenvolvemento da historia humana. Inda que Hegel e Marx nunca empregaron o devandito modelo de tese-antítese-síntese nas súas formulacións, é agora empregado comunmente para ilustrar a esencia deste método.

Algúns teóricos marxistas, críticos do materialismo dialéctico, defenderon unha resituación do traballo de Engels Dialéctica da natureza na teoría marxista. Consideran que o termo materialismo dialéctico xorde co teórico ruso Georgi Plejanov e que Marx preferiu o termo concepción materialista da historia, posteriormente resumido como materialismo histórico por Engels. Isto limita o método a un contexto sociolóxico especificamente humano, non sendo, por tanto, unha teoría universal aplicable a tódolos campos científicos.

Mentres o materialismo dialéctico ten sido tradicionalmente asociado case en exclusiva co marxismo, hai quen argumentou que dita filosofía é aplicable a unha visión do mundo non marxista tamén.

Partido Comunista

Para os distintos partidos comunistas véxase Partido Comunista (homónimos)

Un partido Comunista é aquel partido político que defende a aplicación dos principios económicos e sociais do comunismo a través da política estatal. A orixe do nome ven do Manifesto Comunista, publicado en 1848 por Karl Marx and Friedrich Engels.Segundo a teoría Leninista, o partido Comunista é o partido de vangarda da clase obreira (proletariado), goberne ou non, pero cando un partido se atopa no poder nun estado determinado, o partido ten que ser a máxima autoridade da ditadura do proletariado. As teorías de Vladimir Lenin sobre o papel que debe ter un partido Comunista desenvolvéronse a comezos do século XX en Rusia. Os socialdemócratas dividíronse nas faccións bolxeviques (que significa "maioría") e menxeviques (que significa "minoría"). Lenin, líder dos bolxeviques, sostiña que un partido revolucionario debería ser un pequeno partido de vangarda con un mando político centralizado e unha estrita política sobre os seus membros; porén, a facción menxevique, argumentaba que o partido debería ter unha base cunha gran cantidade de membros. O partido bolxevique, que co tempo se converteu no Partido Comunista da Unión Soviética, chegou ao poder en Rusia trala revolución de Outubro en 1917. Coa creación da Internacional Comunista, o concepto leninista de partido estendeuse por todo o mundo a outros partidos comunistas emerxentes.

O partido Comunista Chino é o maior partido político máis grande do mundo, posuíndo case 78 millóns de membros ao final do 2009,o que constitúe preto do 5.6% do total da poboación de China.

Os partidos Comunistas están prohibidos en varios países: Estonia, Letonia, Lituania, Indonesia, Romanía, Corea do Sur e Turquía.

Primeira Internacional

A Asociación Internacional de Traballadores, máis coñecida historicamente como Primeira Internacional, foi a primeira organización internacional dos traballadores. Fundada en Londres en 1864 logo dalgunhas xuntanzas o ano anterior entre obreiros franceses e organizacións sindicais británicas, agrupou inicialmente os sindicalistas ingleses, anarquistas, socialistas franceses e italianos republicanos.

Os seus fins eran a organización política do proletariado en Europa e o resto do mundo para estender internacionalmente a loita contra o capitalismo xa que, como este tiña carácter mundial, a revolución que pretendese destruílo tamén tiña que ter ese carácter, así coma un foro para examinar problemas en común e propoñer liñas de acción. Colaboraron nela Karl Marx e Friedrich Engels. A AIT financiou folgas en toda Europa que provocaron o pánico e obsesión en diferentes gobernos europeos pensando que tiña un poder maior do que tiña en realidade, sobre todo despois dos sucesos da Comuna de París en 1871. Houbo tensións grandes entre Marx, sobre todo seguido polos obreiros industriais, e Mikhail Bakunin, que atraía sobre todo a xornaleiros do campo; diferenciábanse nos métodos para acadar a meta final: os marxistas eran partidarios de organizarse nun partido para conquistar o Estado e Bakunin era partidario dunha revolución inmediata contra todas as institucións estatais. As diferenzas levaron á escisión entre marxistas e anarquistas, tralo cal os partidarios de Bakunin foron expulsados.

En 1872 a organización trasladouse aos Estados Unidos de América, disolvéndose oficialmente en 1876. En 1889 estableceuse a Segunda Internacional como a sucesora nos seus fins políticos.

Proletarios de todos os países, xuntádevos!

Proletarios de todos os países, xuntádevos! (en alemán: Proletarier aller Länder, vereinigt euch!) é un slogan político creado por Karl Marx e Friedrich Engels ao redactar O manifesto comunista.

Foi o lema da URSS, en ruso: Пролетарии всех стран, соединяйтесь!, que o tiña inscrito no seu escudo.

Socialismo

O socialismo é unha denominación xenérica dun conxunto de teorías socioeconómicas, ideoloxías e prácticas políticas que postulan a abolición das desigualdades económicas, sociais e políticas entre as clases sociais e a intervención do Estado en materia económica. Está caracterizado polo control por parte da sociedade, organizada con todos os seus integrantes, tanto dos medios de produción como das diferentes forzas de traballo aplicadas nos mesmos. O socialismo implica unha planificación e unha organización colectiva consciente da vida social e económica.Subsisten non obstante criterios opostos respecto da necesidade da centralización da administración económica mediante o Estado como única instancia colectiva no marco dunha sociedade complexa, fronte á posibilidade de formas diferentes de xestión descentralizada da colectividade socialista, tanto por vías autoxestionarias como de mercado, así como mediante o emprego de pequenas unidades económicas socialistas illadas e autosuficientes.Existen tamén discrepancias sobre a forma de organización política baixo o socialismo para lograr ou asegurar o acceso democrático á sociedade socialista a clases sociais ou poboacións, fronte á posibilidade dunha situación autocrática por parte das burocracias administrativas. As formas históricas da organización social de tipo socialista poden dividirse entre determinadas evolucións espontáneas de certas civilizacións de carácter relixioso e as construcións políticas establecidas por proxectos ideolóxicos deliberados. Destas destacan, respectivamente, o imperio inca e a Unión Soviética.

Socialismo utópico

A expresión socialismo utópico designa ás doutrinas dos primeiros socialistas europeos a comezos do século XIX (que precederon a Karl Marx e Friedrich Engels) como Robert Owen en Gran Bretaña ou Saint-Simon e Charles Fourier en Francia. Esta corrente nacida da Ilustración e do pensamento filosófico de Hegel, estivo principalmente influenciada polo humanismo. Nun principio inscribiuse nunha perspectiva de progreso e de fe no home e na tecnoloxía. Viviu o seu apoxeo ata 1870, cando foi eclipsado, no seno do movemento socialista, polo éxito do marxismo. O concepto de socialismo utópico foi concibido por Friedrich Engels e recollido polos marxistas (que o opuxeron á noción de socialismo científico). As doutrinas que engloban o socialismo utópico non son, para os contrarios a estas ideas, máis utópicas que calquera outra doutrina que busque á creación dunha sociedade ideal non existida anteriormente (incluíndo as doutrinas marxistas que anuncian a chegada dunha sociedade sen clases).

O socialismo utópico caracterízase polo desexo de establecer comunidades ideais segundo diversos modelos, algúns rexidos por normas estritas e outros máis libertarios; algúns comunistas, por outro lado, permiten unha maior propiedade individual. O socialismo utópico caracterízase sobre todo polo seu método de transformación da sociedade, que, no seu conxunto, non se basea nunha revolución política, nin nunha acción reformista impulsada polo Estado, senón na creación, por iniciativa cidadá, dunha sociedade socialista, incluso dentro dun sistema capitalista. Segundo este modelo, sería a acumulación de comunidades socialistas as que substituirían progresivamente á sociedade capitalista.

A figura máis notable dos pensadores ingleses que se preocupaban por mellorar as condicións dos obreiros foi Robert Owen, quen tratou de levar á practica as súas ideas sobre a organización do traballo e a distribución da riqueza, establecendo o seguro social, bibliotecas, escolas para nenos e adultos e outras prestacións para os obreiros nunha comunidade que chamou New Harmony. Ao longo da historia producíronse centos de experiencias de creación de comunidades socialistas vinculadas ao socialismo utópico. Ata o momento, só se produciron a pequena escala (en comunidades duns centos de persoas) e xeralmente cunha limitada duración. A súa continuidade non está garantida por ningún órgano central ou político.

Wuppertal

Wuppertal é unha cidade alemá localizada no estado de Renania do Norte-Westfalia. Segundo o censo correspondente ao ano 2011 conta con 349.470 habitantes e unha superficie de 168 km², o que a converte na décimo sétima cidade de Alemaña.

Conceptos básicos
Aspectos
Variantes
Internacionais
Líderes individuais
Temas relacionados

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.