Frente Popular Galega

A Frente Popular Galega é unha organización política galega situada ideoloxicamente no marxismo-leninismo e no independentismo, que traballa pola consecución dunha República Galega[3].

A súa acción política guíase polos principios de: independencia nacional, socialismo, anticolonialismo, democracia popular, anti-imperialismo, solidariedade internacionalista e auto-organización[4].

Frente Popular Galega (FPG)
Membro de Anova
FPG logo
MocidadesXeira
Historia
Fundación1987
Posicións políticas
IdeoloxíaMarxismo-leninismo
Independentismo galego
Congreso dos Deputados (escanos galegos)
1 / 23
Na coalición En Marea[1].
Concelleiros
7 / 3.811
[2]
Outros datos
PublicaciónEspiral
Páxina webfrentepopular.gl
Fpg-25071991
Manifestación do Día da Patria de 1991 en Compostela

Historia

Cando en 1986 a UPG acepta a participación do BNG no Parlamento Galego, 13 membros do seu Comité Central, liderados por Mariano Abalo, secretario xeral, e Xan Carballo, secretario xeral da INTG, deixan o partido, constituíndo o Colectivo Comunista 22 de marzo, que o 25 de xullo de 1986 transfórmase no Partido Comunista de Liberación Nacional. A III Asemblea Nacional do BNG expulsa ao PCLN porque pedían o voto para HB nas eleccións europeas.

En 1987 o PCLN e Galiza Ceive-OLN xunto con outras organizacións menores de carácter local como os Colectivos Nacionalistas de Trasancos e Vigo, Grupos Independentistas Galegos de Compostela e o colectivo Iskeiro de Ferrol forman a FPG que celebrou a súa asemblea constituínte en xuño de 1988. A súa presentación pública prodúcese o 10 de marzo de 1988

En xuño de 1989 sufriu a escisión dos sectores nucleados en torno a Galiza Ceive-OLN que apoiaban a loita armada do EGPGC que constitúen a Assembleia do Povo Unido (APU). En 1992, o grupo editor da vella revista Espiral, liderado por Xosé Luís Méndez Ferrín, incorpórase á FPG, que en 1994 abandona o seu carácter frontista converténdose en partido.

Nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2001 obtivo 3.176 votos (0'3%), nas eleccións xerais de 2004 tivo 2.257 votos (0'12%) e 1 concelleiro por Cangas nas eleccións municipais de 2003. Nas eleccións autonómicas de 2005 conseguiu 2.982 votos (0'2%).

Nas eleccións municipais de 2007 presentouse en Vigo, onde contou con 549 votos (0,36%) e en coalición con outras forzas de esquerda en Cangas na candidatura da Alternativa Canguesa de Esquerdas que contou con 1890 votos (13,1%) e 3 concelleiros, o que supuxo a entrada no goberno municipal, converténdose o líder da FPG, Mariano Abalo en concelleiro de urbanismo de Cangas.

Nas eleccións ao Parlamento de Galicia 2009 presentaron a Xosé Luís Méndez Ferrín como candidato a presidente da Xunta[5], mentres que para as eleccións europeas de 2009 integrouse na candidatura Iniciativa Internacionalista – A Solidariedade entre os Pobos, indo doutra volta Méndez Ferrín no número 6 da mesma[6]. Porén, o Tribunal Supremo, a instancias do goberno do PSOE, ilegalizou esta candidatura por estar, na opinión deles, promovida pola esquerda abertzale (considerada pola xustiza española como "contorno" da banda terrorista ETA)[7]. Tras ser recorrida a sentenza, o Tribunal Constitucional volveu legaliza-la candidatura[8].

Evolución do voto

Eleccións Votos % Deputado(s)
Eleccións ao Parlamento de Galicia 1997 3.395 0.22 0
Eleccións ao Parlamento de Galicia 2001 3.176 0.21 0
Eleccións ao Parlamento de Galicia 2005 2.982 0.18 0
Eleccións ao Parlamento de Galicia 2009 2.903 0.17 0

Dende as eleccións municipais do 2007 preséntase coaligado con Esquerda Unida e co Partido Comunista do Povo Galego, no concello pontevedrés de Cangas baixo a denominación de Alternativa Canguesa de Esquerdas (ACE). Nos resultados que se mostran a continuación súmanse os votos de ACE cos de FPG noutros concellos.

Nas eleccións municipais do 2011 presentouse por primeira vez no concello pontevedrés de Redondela, obtendo 613 votos e moi preto de conseguir un concelleiro. Nestas eleccións presentouse por segunda vez na cidade de Vigo, mellorando os seus resultados anteriores.

Eleccións Votos % (en Galiza) Concelleiro(s)
Eleccións Municipais 1999 645 0.04 1
Eleccións Municipais 2003 967 0.06 1
Eleccións Municipais 2007 2.434 0.14 2
Eleccións Municipais 2011.[9] 2.924 0.19 2

Notas

  1. Os partidos de En Marea consuman a repartición de lista.
  2. Díficil de contar porque a FPG non concorreu coma tal, senón formando parte de coalicións e candidaturas cidadás. Polo menos 2 concelleiros en Vigo, 2 en Cangas do Morrazo, 1 en Santiago de Compostela, 1 n'A Coruña e 1 en Ribadavia.
  3. A FPG pide a unidade da esquerda para acadar a "República galega", nova no diario dixital Galicia Confidencial o 21 de xullo de 2010.
  4. "A Frente Popular Galega.". Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2008. Consultado o 09 de outubro de 2008.
  5. Méndez Ferrín será o candidato da FPG á presidencia da Xunta, Vieiros, 26 de xaneiro de 2009.
  6. Comunicado de prensa: Componentes de la candidatura, iniciativainternacionalista.org (en castelán).
  7. O Supremo anula a lista de Méndez Ferrín Arquivado 19 de maio de 2009 en Wayback Machine., A Nosa Terra.
  8. Auto íntegro do Tribunal Constitucional, PDF, en castelán.
  9. http://resultados.elpais.com/elecciones/2011/municipales/11/index.html

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

10 de marzo

O 10 de marzo é o 69º día do ano do calendario gregoriano e o 70º nos anos bisestos. Quedan 296 días para finalizar o ano.

AGIR

Agir é unha organización de estudantes de esquerda independentista. Unha organización que conta con presenza en distintas comarcas de Galiza.

Agir defende un ensino público, en galego, non patriarcal, democrático e de calidade. Loita contra a privatización e por un ensino pensado para Galiza e en galego, en contra do machismo nas aulas. Esta ligado a Nós-UP. Contan cun representante na USC.

O órgano central e básico de Agir son os distintos Comités de centro de cada facultade ou centro de secundaria no que teñen presenza.

Assembleia do Povo Unido

A Assembleia do Povo Unido foi un partido galego independentista que se proclamaba socialista e reintegracionista formado en 1989 despois de escindirse da Frente Popular Galega un grupo nucleado en torno a Galiza Ceive-OLN. Deulle un papel fundamental á loita armada como medio de liberación nacional e foi o apoio político do Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive. Disolveuse o 26 de febreiro de 1995 despois de varios anos sen apenas actividade logo que o EGPGC realizase a súa última acción armada en 1991 e de obter 1.492 votos (0,1%) nas eleccións ó Parlamento de Galicia de 1993. Porén a Assembleia da Mocidade Independentista, a organización xuvenil da APU seguiu a súa actividade política.

Bloque Nacional Popular Galego

O Bloque Nacional Popular Galego (BNPG ou BN-PG) foi unha organización política constituída en abril de 1977 pola Unión do Povo Galego e a Asemblea Nacional-Popular Galega. Tiña un obxectivo soberanista para Galiza, presentándose como alternativa ao autonomismo.

Colectivo Socialista

O Colectivo Socialista é unha organización política que forma parte do BNG. Conta con arredor de 150 militantes (2002). Os seus dirixentes son Mario López Rico e Francisco Trigo Durán.

Cando o Partido Socialista Galego decidiu saír do BNG no congreso extraordinario do 15 de xaneiro de 1983 un grupo de militantes desconformes formaron o Colectivo Socialista, ingresando no seo do BNG.

Confederación Xeral de Traballadores Galegos

A Confederación Xeral de Traballadores Galegos (CXTG) foi un sindicato nacionalista galego que se formou en 1985 como unha escisión da INTG. En outubro celebrou o seu primeiro congreso, no que Fernando Acuña foi elixido secretario xeral. Nas eleccións sindicais de 1986 conseguiu 1.087 delegados.

Editou a revista Adiante entre 1987 e 1993.

En 1990 formou coa INTG a Converxencia Intersindical Galega para concorreren as dúas en coalición ás eleccións sindicais. En 1994, ao se fusionaren as dúas organizacións, a Converxencia Intersindical Galega deu paso á Confederación Intersindical Galega (CIG).

Estudantes Independentistas

Estudantes Independentistas (EI) foi unha organización estudantil de ideoloxía independentista e socialista que existiu en Galiza de 1995 a 2001.

Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive

O Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive (EGPGC) foi un grupo armado galego terrorista cuxo obxectivo era a independencia de Galiza e a instauración dun réxime socialista, operativo en Galicia entre 1987 e 1991.

Galiza Ceive-OLN

Galicia Ceibe-OLN (posteriormente cambiou o nome a Galiza Ceive-OLN) foi unha organización independentista de esquerdas impulsada polo Partido Galego do Proletariado en 1980 como a súa fronte de actuación política, aínda que o PGP utilizouna orixinalmente tan só como unha plataforma para concorrer ás eleccións municipais de 1979 en Vigo.

Intersindical Nacional Galega

A Intersindical Nacional Galega (ING) foi un sindicato nacionalista galego que se formou en marzo de 1977 da unión do Sindicato Obreiro Galego, UTEG, UTSG, UTBG e o SGTM. Francisco García Montes foi o seu secretario xeral. Celebrou o seu primeiro Congreso en outubro de 1977.

Nas primeiras eleccións sindicais de 1978 a ING converteuse no terceiro sindicato de Galicia con 722 delegados (13'5%). En setembro de 1980 fusionouse coa Central de Traballadores Galegos, co que a finais de ano conseguiron o status de sindicato máis representativo ao superar o 15% e obteren 1.679 delegados (17'5%). Denominouse Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos (INTG) a partir de 1981.

Inzar

Inzar foi unha formación política galega de esquerdas que estivo activa entre 1991 e 2012.

Liga Gallega (Santiago de Compostela)

A Liga Gallega foi unha organización rexionalista católico tradicionalista fundada en Santiago de Compostela. Activa entre 1898 e 1900. Presidida por Alfredo Brañas e con Salvador Cabeza de León na secretaría. Tivo escasa actividade.

Foi unha das correntes nas que se bifurcou a Asociación Regionalista Gallega, presidida por Manuel Murguía. A Liga Gallega de Santiago tivo unha inspiración conservadora, fronte á Liga Gallega da Coruña, máis liberal.

Partido Comunista de Liberación Nacional

O Partido Comunista de Liberación Nacional foi un partido comunista e independentista galego formado o 25 de xullo de 1986 polo Colectivo Comunista 22 de marzo que formaran 13 membros do Comité Central da Unión do Povo Galego desconformes coa decisión do seu V Congreso (nunha votación non exenta de polémica) de aprobar o xuramento da Constitución española no Parlamento de Galicia. As principais figuras do PCLN eran Mariano Abalo (secretario xeral), Manuel Camaño e Xan Carballo, secretario xeral da INTG. Editaron un voceiro (cun único número) baixo o título PCLN, saíndo á rúa o 1 de maio de 1988.

Os membros do PCLN tiveron unha forte influencia no mundo sindical (Vigo, Ourense, O Morrazo, Compostela ou A Coruña) e presenza nas Comisións Labregas e en Mulleres Nacionalistas Galegas.

Na III Asemblea Nacional do BNG (O Carballiño, 1987) decidiuse expulsar ó PCLN polo apoio que este dera a Herri Batasuna nas eleccións ó Parlamento Europeo.

O PCLN iniciou un proceso con outros grupos do independentismo, como Galiza Ceive-OLN e distintos colectivos nacionalistas locais, para constituír en 1988 a Frente Popular Galega. Finalmente acabou disolvéndose nela contra 1990.

Sindicato Obreiro Galego

O Sindicato Obreiro Galego (SOG) foi un sindicato galego de orientación nacionalista e de esquerdas. O seu voceiro era O Eixo e editaba outros voceiros comarcais e sectoriais.

Unidade Galega (coalición)

Para o partido político formado en 1991, vexa Unidade Galega (partido)

Unidade Galega (UG), foi unha coalición formada polo Partido Obreiro Galego, o Partido Socialista Galego e o Partido Galeguista en 1979.

A fin da coalición era a defensa dunha autonomía semellante á de Cataluña e o País Vasco e a consecución dun grupo nacionalista no Congreso dos Deputados para negociar o Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981. Aínda que nas eleccións xerais de 1979 obtivo 58.391 votos (5'35 %) non conseguiu representación parlamentaria. Nas eleccións municipais de 1979 tivo 68.759 votos (6'35 %) e conseguiu 141 concelleiros e a alcaldía da Coruña para Domingos Merino.

As diferenzas no seo da Unidade Galega sobre a estratexia a seguir no proceso autonómico e a diferente postura dos partidos integrantes sobre a conveniencia de entrar na Comisión dos 16 (encargada de elaborar o proxecto de Estatuto) levaron á desaparición da coalición a finais de 1980.

Vangarda Nazonalista Galega

Vangarda Nazonalista Galega foi un partido independentista galego que actuou no ano 1933.

Xeira

Xeira é unha organización política da mocidade comunista galega que se define como marxista-leninista e independentista. O seu partido de referencia é a Frente Popular Galega.

Xuntas Galegas pola Amnistía

As Xuntas Galegas pola Amnistía, (XUGA), chamadas a partir de 1988 Juntas Galegas pola Amnistia, é unha organización galega de defensa dos dereitos das persoas presas, en especial as vinculadas co independentismo galego.

Partidos políticos
Sindicatos
Organizacións armadas
Asociacións xuvenís e de estudantes
Movementos sociais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.