Freixo

Os freixos son arbores pertencentes ao xénero Fraxinus[2] da familia das oleáceas. Contén unhas 45-65 especies de árbores de porte mediano a grande, de folla caediza polo xeral, aínda que unhas poucas especies subtropicais teñen follas persistentes. Adoitan ocupar lugares frescos, lameiros, brañas, ribeiras. En Galicia son abundantes dúas especies, que se mesturan coma especie das fragas, coma árbore de ribeira ou raramente formando freixedos:

Na Coruña tense tamén descrito o Fraxinus ornus, o freixo de flor.

Freixos (xénero Fraxinus)
Detalle da especie (Fraxinus ornus)

Detalle da especie (Fraxinus ornus)
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Asteridae
Orde: Lamiales
Familia: Oleaceae
Tribo: Oleeae
Xénero: Fraxinus
Tourn. ex L.
Especies

Véxase no texto.

Sinonimia
  • Ornus Boehm., Defin. Gen. Pl.: 476 (1760).
  • Fraxinoides Medik., Vorles. Churpfälz. Phys.-Okon. Ges. 1: 198 (1791).
  • Mannaphorus Raf., Amer. Monthly Mag. & Crit. Rev. 1: 175 (1818).
  • Calycomelia su altura maxima esta entre 25 30 metros de alturaKostel., Allg. Med.-Pharm. Fl. 3: 1003 (1834).
  • Leptalix Raf., New Fl. 2: 93 (1837).
  • Ornanthes Raf., New Fl. 2: 93 (1837).
  • Samarpses Raf., New Fl. 2: 93 (1837).
  • Aplilia Raf., New Fl. 3: 93 (1838).
  • Meliopsis Rchb., Deut. Bot. Herb.-Buch: 135 (1841).
  • Petlomelia Nieuwl., Amer. Midl. Naturalist 3: 187 (1914).[1]

Etimoloxía

O nome galego e portugués freixo provén do latín: fraxinus, que á vez dá nome ao xénero. Derivaría á súa vez do grego Phraxis (sebe), xa que é unha árbore típica nas sebes.

Descrición

Os freixos son árbores polo xeral rexas que acadan os 15 - 20 metros de altura; o toro é recto e cilíndrico, proxecta moita sombra. É unha especie dioica (pés masculinos e femininos por separado). As follas son opostas, raramente en verticilos de tres, e xeralmente pinnadocompostas, malia seren simples en algunhas especies. As sementes están contidas nunha sámara.

Especies seleccionadas

América do Norte oriental
  • Fraxinus americana - Freixo branco
  • Fraxinus caroliniana
  • Fraxinus nigra - Freixo negro
  • Fraxinus pennsylvanica - Freixo de Pensilvania, freixo americano[3].
  • Fraxinus profunda (sin.: F. tomentosa
  • Fraxinus quadrangulata - Freixo azul
América do Norte occidental e sudoccidental
  • Fraxinus anomala
  • Fraxinus cuspidata
  • Fraxinus dipetala
  • Fraxinus dubia
  • Fraxinus gooddingii
  • Fraxinus greggii
  • Fraxinus Illinoiensys
  • Fraxinus latifolia
  • Fraxinus lowellii
  • Fraxinus papillosa
  • Fraxinus purpusii
  • Fraxinus rufescens
  • Fraxinus texensis
  • Fraxinus uhdei
  • Fraxinus velutina
Paleártica occidental (Europa, Norte de África e suroeste de Asia)
Paleártica oriental (Asia oriental e central)
  • Fraxinus apertisquamifera
  • Fraxinus baroniana
  • Fraxinus bungeana
Ash flower
Freixo común a florear
NarrowleafAsh
Póla do freixo de folla estreita (Fraxinus angustifolia)
EurAshSeeds
Detalle das sementes do freixo común
Fraxinus ornus JPG1b
Freixo de flor (Fraxinus ornus)
  • Fraxinus ninfomano
  • Fraxinus chiisanensis
  • Fraxinus floribunda
  • Fraxinus griffithii
  • Fraxinus hubeiensis
  • Fraxinus lanuginosa
  • Fraxinus longicuspis
  • Fraxinus malacophylla
  • Fraxinus mandshurica
  • Fraxinus mariesii
  • Fraxinus micrantha
  • Fraxinus lefa
  • Fraxinus platypoda
  • Fraxinus raibocarpa
  • Fraxinus sieboldiana
  • Fraxinus spaethiana
  • Fraxinus trifoliata
  • Fraxinus xanthoxyloides[5][6]

Ameazas

Canker on Ash
Antracnose nun freixo de Ayrshire do Norte, Escocia.
Treelets on fallen Ash tree
Rebentos inusuais a medrar dun toro de freixo caído nunha fraga de Lawthorn, Ayrshire, Escocia.

O escaravello Agrilus planipennis, xilófago, accidentalmente introducido en América do Norte dende o leste de Asia con produtos de pau de freixo contra o 1998, ten matado a millóns de árbores no Medio Oeste dos Estados Unidos e o veciño Ontario, e algunhas áreas illadas máis pequenas do leste de América do Norte. Ameaza uns 7 billóns de freixos nas Américas. Advírteselle á poboación de non transportar produtos de madeira inacabados, coma leña, para deter o espallamento da praga deste insecto.

O freixo tamén é afectado polas larvas e eirugas dalgunhas especies de lepidópteros (bolboretas e avelaíñas).

Usos

Caracterízanse por ter unha madeira dura, flexíbel e resistente aos golpes repetidos, considerándose madeira nobre. A densidade vai dende o 20% de 670 kg/m³ para o Fraxinus americana,[7] até a máis alta do 710 kg/m³ para o freixo común (Fraxinus excelsior)[8]). Estas características fana idónea para facer arcos, mangos de ferramentas, bates de crícket, bates de béisbol, hurleys, paus de hóckey, raquetas de tenis e outros usos que esixen gran forza e resistencia. Tamén adoita usarse coma material para instrumentos musicais como guitarras.

No agro galego, estimábase moito para a fabricación das distintas partes do carro, coma o eixo ou as cangas; tamén para os mangos de instrumentos e aínda hoxe en día emprégase para facer partes curvas de mobles e barcos. A Armada Española utilizou os freixos do norte da península na industria da cordoaría dos barcos e outras pezas de artillería. Ademais subministra excelente leña e carbón.

No eido das menciñas populares, as follas en infusión teñen servido coma laxante, diurético, para combater as enfermidades renais e a reuma, mentres que a casca (moumiña) serve para baixar a febre e curar as dores de cabeza.

Empréganse tamén en paisaxismo e xardinaxe coma especies ornamentais., un exemplo é a Praza de Galicia, na cidade de Pontevedra.

Etnoloxía

En Galicia, e dentro dun marco celta, o freixo era unha das árbores sagradas, representaba a verticalidade, a frouxidade, o oposto ao carballo, que representaba a horizontalidade, a rixidez, a forza.

Na mitoloxía norueguesa, a Árbore do Mundo Yggdrasil considérase normalmente que é un freixo, e o primeiro home, Ask, formouse do pau dun freixo. Arredor de toda Europa, disque as serpes escorréntanse coas follas dun freixo, ou debuxando un círculo cunha póla de freixo. No folclore irlandés dise que as sombras dun freixo danan a colleita. En Cheshire, dicíase que o freixo cura as espullas e o raquitismo. Véxase tamén a letra ash ("freixo" en inglés). En Sussex o freixo e mais o umeiro coñecíanse coma os "Facedores de Viuvas" porque as grandes pólas a miúdo caen sen advertencia.

Na mitoloxía grega, as melíades eran ninfas do freixo, quizais especificamente da especie (Fraxinus ornus), do mesmo xeito que as dríades eran as ninfas do carballo. Moitos ecos de arcaicos ritos helenos e mitos implicaban aos freixos.

O freixo zumega unha substancia azucrada que, suxestionouse, era fermentada para crear o hidromel da poesía nórdica (skáldskapar mjaðar; en islandés moderno, skáldskaparmjöður).[9]

Nome común

Frexo, fresno, freno, freneiro, freixo, freixeiro, freixeira, freixe, freisno, afreixo e afereixo[10].

Notas

  1. "Freixo". Royal Botanic Gardens, Kew: World Checklist of Selected Plant Families. Consultado o 7 de maio de 2010.
  2. Sunset Western Garden Book, 1995:606–607
  3. Nome vulgar galego recomendado polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela
  4. Nome vulgar galego en Guía das árbores de Galicia A Coruña, Baía Edicións, 1997; e en Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004
  5. "Species Records of Fraxinus". Germplasm Resources Information Network. United States Department of Agriculture. Consultado o 22-02-2010.
  6. "Fraxinus L.". ITIS Standard Reports. Integrated Taxonomic Information System. Consultado o 22-02-2010.
  7. "White Ash". Niche Timbers. Consultado o 22-02-2010.
  8. "Ash". Niche Timbers. Consultado o 22-02-2010.
  9. Dumont, Darl J. (1992). "The Ash Tree In Indo-European Culture". Mankind Quarterly 32 (4): 323–336.
  10. "Freixo (Fraxinus excelsior L.)". Atlas Lingüístico Galego. Consultado o 17 de setembro de 2016.

Véxase tamén

Outros artigos

A Cabeza da Vaca, O Freixo, As Pontes de García Rodríguez

A Cabeza da Vaca é un lugar da parroquia do Freixo no concello coruñés das Pontes de García Rodríguez na comarca do Eume. Segundo datos do INE, no ano 2014 estaba despoboado.

A Casa da Bouza - A Igrexa, O Freixo, As Pontes de García Rodríguez

A Casa da Bouza - A Igrexa é un lugar da parroquia do Freixo no concello coruñés das Pontes de García Rodríguez na comarca do Eume. Segundo datos do INE, no ano 2014 estaba despoboado.

A Degolada, Baleira

San Lourenzo da Degolada é unha parroquia do concello de Baleira. Pertence o arciprestado de Valdepedroso e ten unha poboación de 29 habitantes agrupados en 4 entidades, cunha densidade media de 7,2 hab./km² no 2013.

Limita ao norte con Paradavella (no concello da Fonsagrada), ao sur con Freixo (tamén na Fonsagrada), ao leste co concello da Fonsagrada e, ao oeste coa Lastra. As entidades de poboación son O Castro (7), O Couto (16), A Degolada (3) e Eiros (3). Ten unha altitude media de 740 msnm.

A Panda de Adá, O Freixo, As Pontes de García Rodríguez

A Panda de Adá é un lugar da parroquia do Freixo no concello coruñés das Pontes de García Rodríguez na comarca do Eume. Segundo datos do INE, no ano 2014 estaba despoboado.

Asgard

Na mitoloxía nórdica, Asgard (do antigo nórdico Ásgarðr, 'recinto dos Æsir') é o mundo dos Æsir, gobernado por Odín e a súa esposa Frigg e rodeado por unha muralla incompleta, atribuída a un anónimo hrimthurs, amo do cabalo semental Svaðilfari, de acordo a Gylfaginning. Dentro de Asgard, atópase o Valhalla.

Forma parte dun dos Nove Reinos de Yggdrasil (ou Yggdrasill), un freixo tamén chamado a árbore da vida ou freixo do universo da mitoloxía nórdica. Das raíces e pólas da árbore, mantéñense unidos os mundos de Asgard, Midgard, Helheim, Niflheim, Muspelheim, Svartalfheim, Alfheim, Vanaheim e Jötunheim.

Ask e Embla

Ask e Embla, segundo a mitoloxía nórdica, foron os dous primeiros seres humanos creados polos deuses, análogos a Adán e Eva.

Odín e os seus irmáns, Ve e Vili, crearon os nove mundos da cosmoloxía nórdica. Atoparon máis tarde dous troncos crecendo nunha praia, un de freixo e un de umeiro e déronlles unha forma humana (segundo outra versión, foron Odín, Hœnir e Loki os deuses involucrados). Odín deulles o hálito vital; Vili deulles enxeño e as emocións; Ve deulles sentidos e a fala (ou alternativamente, Odín infundiulles a vida e a alma, Hœnir a intelixencia e os sentidos, e Loki o sangue). Ask ("freixo", o varón) e Embla ("umeiro", a muller) viviron en Midgard e convertéronse nos proxenitores da humanidade.

Freixo, A Fonsagrada

San Xulián de Freixo é unha parroquia do concello da Fonsagrada, na provincia de Lugo. Segundo o IGE, en 2015 tiña 132 habitantes (76 homes e 56 mulleres), o que supón unha diminución con respecto ao ano 2007, cando tiña 178.

Freixo, Celanova

Santa Cristina de Freixo é unha parroquia do concello ourensán de Celanova na comarca da Terra de Celanova. No ano 2007 tiña 139 habitantes (60 homes e 79 mulleres), seis menos ca en 2000. Ten cinco entidades de poboación.

Na parroquia está a ponte do Freixo, sobre o río Arnoia, construción romana declarada Monumento Histórico-Artístico.

Freixo, Samos

San Silvestre de Freixo é unha parroquia do concello de Samos na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 37 habitantes, deles 21 eran homes e 16 eran mulleres, o que supón un incremento de 1 habitante en relación ao ano anterior, 2006.

Hvergelmir

Na mitoloxía nórdica Hvergelmir (do Antigo nórdico: Caldeira fervente ) é unha fonte de augas xeadas en Niflheim. Tódolos ríos xeados veñen de alí, e é a fonte dos once ríos, Élivágar. Máis arriba da fonte, o dragón Níðhöggr roe unha das raíces do freixo do mundo, o Yggdrasil.

Lisardo Freixo

Lisardo Freijo López, coñecido como Tenente Freixo, nado en Doncos (As Nogais) e finado en Aranga o 26 de xuño de 1946, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Niflheim

Niflheim (tamén escrito 'Niflheimr' ou 'Nifelheim', «Fogar da néboa»), na mitoloxía nórdica, é o reino da escuridade e das tebras, envolto por unha néboa perpetua. Nel habita o dragón Níðhöggr, que roe sen cesar as raíces do freixo Yggdrasil. Despois do Ragnarök, o dragón adicarase a atormentar as almas que queden no mundo.

Nun dos mitos cosmogónicos, Niflheim é a materia fría, o oposto ó Muspelheim ou materia quente. O mundo naceu do choque destas dúas materias no espazo máxico, chamado Ginnungagap.

Unha das partes máis escuras do enorme e xélido Niflheim é Helheim, onde reina a deusa ou xigante Hela, co seu can Garm.

Niño do Azor, O Freixo, As Pontes de García Rodríguez

Niño do Azor é un lugar da parroquia do Freixo no concello coruñés das Pontes de García Rodríguez na comarca do Eume. Segundo datos do IGE, no ano 2014 estaba despoboado.

Eclesiasticamente, este lugar pertence á parroquia de Ambosores.

O Aciveiral, O Freixo, As Pontes de García Rodríguez

O Aciveiral é un lugar da parroquia do Freixo no concello coruñés das Pontes de García Rodríguez na comarca do Eume. Segundo datos do INE, no ano 2014 estaba habitado por unha muller.

O Freixo, As Pontes de García Rodríguez

San Xoán do Freixo é unha parroquia que se localiza no norte do concello das Pontes de García Rodríguez. Segundo o IGE en 2014 tiña 76 habitantes (41 homes e 35 mulleres) distribuídos en 53 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 157 habitantes.

O Freixo de Sabardes, Outes

San Xoán do Freixo de Sabardes é unha parroquia que se localiza no suroeste do concello de Outes. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 973 habitantes (475 homes e 498 mulleres), distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón unha diminución con respecto ao ano 1999 cando tiña 1.283 habitantes.

Outes

Outes é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Noia. Segundo o IGE en 2018 tiña 6.412 habitantes (7.425 no 2009, 7.751 no 2006, 7.889 no 2005, 8.050 no 2004, 8.243 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «outés» ou «outense» .

Pazos de Abaixo, O Freixo, As Pontes de García Rodríguez

Pazos de Abaixo é un lugar da parroquia do Freixo no concello coruñés das Pontes de García Rodríguez na comarca do Eume. Segundo datos do INE, no ano 2014 estaba despoboado.

Pazos de Arriba, O Freixo, As Pontes de García Rodríguez

Pazos de Arriba é un lugar da parroquia do Freixo no concello coruñés das Pontes de García Rodríguez na comarca do Eume. Segundo datos do INE, no ano 2014 estaba habitado por unha muller.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.