Freixido

O Sagrado Corazón de Xesús de Freixido é unha parroquia eclesiástica galega que se localiza no arciprestado da Rúa de Valdeorras na diocese de Astorga, e que ten os seus terreos e as súas vivendas repartidas entre dous concellos, o de Petín e o de Larouco. Segundo o padrón municipal (datos do INE) en 2014 a parroquia tiña 140 habitantes (61 homes e 79 mulleres), 34 menos ca en 1999.

A Larouco pertencen os lugares da Caseta e Freixido, mentres que son de Petín as poboacións de Casasola e Freixido de Abaixo.

Igrexa Freixido
Igrexa parroquial, na aldea da Caseta
Freixido
Diocese: Astorga
Arciprestado: A Rúa de Valdeorras
Área: - km²
Poboación: 140 hab. (2014)
Densidade: - hab./km²
Entidades de poboación: 4

Véxase tamén

Outros artigos

A Caseta, Freixido, Larouco

A Caseta é un lugar da parroquia de Freixido, no concello ourensán de Larouco. Segundo o INE e o IGE en 2011 tiña 18 habitantes (sete homes e once mulleres), un menos ca en 2008 (dez homes e nove mulleres) e 2007.

Debe o seu topónimo á presenza dunha caseta de peóns camiñeiros. Na aldea únense as estradas OU-637 (que conecta coa OU-533, antiga C-533) e OU-636 (antiga N-120).

Na aldea está a igrexa parroquial do Sagrado Corazón de Xesús.

As Neves, Ortigueira

Santa María das Neves é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Ortigueira. Segundo o IGE en 2011 tiña 89 habitantes (45 mulleres e 44 homes) distribuídos en 22 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 159 habitantes.

Casasola, Freixido, Petín

Casasola é un lugar da parroquia de Freixido, no concello ourensán de Petín na comarca de Valdeorras. Tiña 4 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 3 eran homes e 1 era muller.

Comarca de Viana

A comarca de Viana é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Viana do Bolo. A cal pertencen os concellos da Gudiña, A Mezquita, Viana do Bolo e Vilariño de Conso.

A comarca está atravesada polo río Bibei no seu curso alto. A principal vía de comunicación é a estrada OU-533, que vai de Freixido (Petín) á Gudiña.

Freixido, Cardeiro, Boimorto

Freixido é un lugar da parroquia de Cardeiro no concello coruñés de Boimorto na comarca de Arzúa. Tiña 32 habitantes no ano 2010 segundo datos do INE, dos cales 20 eran homes e 12 eran mulleres.

Freixido, Freixido, Larouco

Freixido é un lugar da parroquia de Freixido, no concello ourensán de Larouco na comarca de Valdeorras. Segundo o INE e o IGE en 2011 tiña 64 habitantes (27 homes e 37 mulleres), a mesma cantidade ca en 2008.

Tamén é coñecida como Freixido de Arriba, pois está a carón da aldea de Freixido de Abaixo, no concello de Petín.

Freixido, Larouco

Sagrado Corazón de Xesús de Freixido é unha parroquia do concello de Larouco na comarca de Valdeorras da provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2014 tiña 78 habitantes (34 homes e 44 mulleres) distribuídos en dúas entidades de poboación.

Forma parte da parroquia eclesiástica de Freixido que está formada polos dous lugares desta parroquia civil, máis os dous lugares da parroquia homónima do concello de Petín.

Freixido, Petín

Sagrado Corazón de Xesús de Freixido é unha parroquia do concello de Petín na comarca de Valdeorras da provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2014 tiña 62 habitantes (27 homes e 35 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación.

Forma parte da parroquia eclesiástica de Freixido que está formada polos 2 lugares desta parroquia civil, máis os 2 lugares da parroquia homónima do concello de Larouco.

Freixido, Piñeiro, Cedeira

Freixido é un lugar da parroquia de Piñeiro no concello coruñés de Cedeira, na comarca de Ferrol. Segundo o IGE, en 2011 tiña 2 habitantes (2 homes).

Freixido (homónimos)

O topónimo galego Freixido pode referirse a:

Sagrado Corazón de Xesús de Freixido, parroquia eclesiástica do arciprestado da Rúa de Valdeorras da diocese de Astorga.

Freixido, parroquia do concello de Larouco;

Freixido lugar de dita parroquia;

Freixido, parroquia do concello de Petín;

Freixido, lugar da parroquia de Cardeiro, no concello de Boimorto;

Freixido, lugar da parroquia de Piñeiro, no concello de Cedeira;

Freixido, lugar da parroquia de Frexulfe, no concello do Valadouro;

Freixido, lugar da parroquia de San Pedro de Viveiro, no concello de Viveiro;

O Freixido, lugar da parroquia de Xiá, no concello de Friol;

O Freixido, lugar da parroquia de Sedes, no concello de Narón;

Freixido de Abaixo, lugar da parroquia das Neves, no concello de Ortigueira;

Freixido de Abaixo, lugar da parroquia de Freixido, no concello de Petín.

Freixido de Abaixo, As Neves, Ortigueira

Freixido de Abaixo é un lugar da parroquia das Neves no concello coruñés de Ortigueira, na comarca do Ortegal. Segundo o IGE, en 2011 estaba despoboado.

Freixido de Abaixo, Freixido, Petín

Freixido de Abaixo é un lugar da parroquia de Freixido, no concello ourensán de Petín na comarca de Valdeorras. Segundo o Instituto Nacional de Estadística e 2009 tiña 59 habitantes (26 homes e 33 mulleres).

Está a carón da aldea de Freixido, no concello de Larouco, tamén coñecida como Freixido de Arriba.

Freixo común

O freixo común, chamado simplemente freixo (Fraxinus excelsior) é unha árbore polígama de ata 30–40 m. O seu sistema radicular é potente e estendido e presenta un tronco dereito e cilíndrico cunha cortiza lisa e verde agrisada nos exemplares novos que se volve parda escura, rugosa e gretada nos exemplares adultos. A copa é alta, ovoide, estendida e pouco ramalluda.

Pódese confundir co freixo de folla pequena (Fraxinus angustifolia), do que se distingue por ter as xemas negras e aveludadas.

Esta especie é orixinaria de Europa e o oeste de Asia, habita en sebes, ribeiras e bosques con solos frescos e profundos. É abondosa no norte da Galiza, e no sur é substituída polo Fraxinus angustifolia. O segundo nome latino (Excelsior), significa o "mais alto", por ser o freixo que acada maior altura.

Ademais de freixo, a forma máis común en toda Galiza, outras denominacións galegas son: afereixo, afreixo, freixa, freixeira e frinxo. Para o colectivo existen as denominacións freixal, freixedo, freixeiro e freixido.

Lugares de Larouco

Galicia → Parroquias de Galicia → Lugares de Galicia → Lugares de Larouco

Lugares de Petín

Galicia → Parroquias de Galicia → Lugares de Galicia → Lugares de Petín

N-536

A N-536 é unha estrada nacional que vai desde Ponferrada até Arcos (Vilamartín de Valdeorras). A nomenclatura actual desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).

OU-636

A OU-636 é unha estrada convencional, sen beiravía, pertencente á Rede Primaria Complementaria de Estradas da Xunta de Galicia. Une as localidades da Pobra de Trives e Freixido de Abaixo (Petín).

O Freixido, Sedes, Narón

O Freixido é un lugar da parroquia de Sedes no concello de Narón na provincia da Coruña. Tiña 5 habitantes no ano 2015 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 5 homes e 1 muller.

Petín

Petín é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras. A súa poboación en 2014 era de 961 persoas, segundo o padrón municipal de habitantes (1.099 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «petinés».

Piñeiro, Cedeira

San Cosme de Piñeiro é unha parroquia que se localiza no concello de Cedeira, na comarca de Ferrol. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 437 habitantes (230 mulleres e 207 homes), distribuídos en 27 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 407 habitantes.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.