Frauta doce

A frauta doce é un instrumento de vento madeira tamén chamado frauta de bico. É a frauta máis habitual en Europa dende o ano 1500 até o 1750 aproximadamente. Na época medieval era de uso común entre xograis e trobadores. Reapareceu e fabricouse masivamente no século XX.

Recorder finger holes
Frauta doce

Historia e características

Nesta frauta sóprase pola embocadura de asubío, situada nun extremo, que dirixe o aire a unha abertura estreita realizada no tubo, e contra o bisel practicado na madeira.

VariousRecorderFlutes
Frautas doces

As frautas pequenas, de orixe asiática, eran coñecidas en Europa no século XI. Cara 1500 adquiriu o seu aspecto actual. Estes instrumentos agrupábanse para tocar música de cámara, dende a frauta sopranino até a gran frauta baixa. A mediados do século XVII o construtor parisino Jean Hotteterre comezou a súa construción en tres pezas cun extremo cónico máis pronunciado. A maioría da música orquestral composta entre 1600 e 1750 inclúe a frauta doce.

A frauta traveseira desprazou á de pico contra 1750. As frautas doces máis estendidas son a contralto (moi usada na música barroca) e a soprano ou discanto, usada hoxe nas escolas.

Entre as obras máis notábeis para este instrumento inclúese o Concerto de Brandeburgo nº 4 de Johann Sebastian Bach, sete concertos de Antonio Vivaldi e moitas sonatas de Georg Philipp Telemann. A frauta de bico está moi relacionada co flageolet, instrumento popular que apareceu a comezos do século XIX.

Véxase tamén

Outros artigos

Antonio Vivaldi

Antonio Lucio Vivaldi, nado en Venecia o 4 de marzo de 1678 e finado en Viena o 28 de xullo de 1741, foi un sacerdote e compositor véneto, coñecido como Il Prete Rosso (O Padre Roibo) por causa da súa cor de cabelo. Entre as súas obras destaca pola súa popularidade a Sinfonía nº 8, o que se coñece como as Catro estacións: Primavera, Verán, Outono e Inverno. Escribiu máis de 500 concertos (210 para violín ou violoncello só), 46 óperas, 73 sonatas.

Cegueira

A cegueira é a perda do sentido da vista. A cegueira desde o punto de vista legal é máis complicada de definir e está establecida en Norteamérica e Europa cando a agudeza visual da persoa é de 20/200 (6/60) ou menos no ollo con mellor visión e provisto coa mellor corrección posible. Na práctica significa que un cego debería estar a 2 metros dun obxecto para velo co mesmo grao de claridade co que unha persoa de visión normal o ve desde 20 metros. Algunhas lexislacións tamén consideran cegueira ter un campo de visión menor de 20 graos en lugar dos 180 graos normais.

Ao redor do 10% das persoas consideradas legalmente como cegas o son totalmente. Nos países en vías de desenvolvemento a falta de suficiente atención sanitaria provoca maior incidencia de casos de cegueira que nos países desenvolvidos.

Conservatorio

O conservatorio é un centro oficial de educación artística dedicado especialmente a ensinar música, incluíndo a práctica de instrumentos musicais, a composición musical, teoría da música e historia da música.

Doce

Doce pode referirse a:

Doce, un sabor agradábel ao gusto, como o do azucre ou do mel;

Doce, produto alimenticio que leva na súa composición fundamentalmente azucre ou mel;

Doce, o número 12;

o ano 12;

o número de horas de cada unha das dúas metades nas que se divide o día (24 horas) (véxase mañá, amencer, tarde, tardiña,noitiña, serán, noite);

o mediodía, as 12:00 horas do día, momento que tamén se chama de meridiano (véxase ante merídiem e post merídiem);

o ano 12 a. C.

o mes de decembro;

o día 12 de cada mes;

o século XII;

o álbum 12 (2009) de Fiskales Ad-Hok;

o álbum 12 (2007) de Herbert Grönemeyer;

o álbum 12 (2007) de Keller Williams;

o álbum 12 (1995) de The Notwist;

DOCE, o Diario Oficial da Unión Europea, pola sigla do seu nome anterior, Diario Oficial das Comunidades Europeas;

o río Doce no sueste do Brasil, que desauga no océano Atlántico;

Jordi Doce, un poeta, crítico e tradutor español;

o filme ruso 12 (2007), dirixido por Nikita Mikhalkov e baseado na novela de Reginald Rose, Twelve Angry Men;

a banda musical portuguesa Doce.

Erschallet, ihr Lieder, erklinget, ihr Saiten! BWV 172

Erschallet, ihr Lieder, erklinget, ihr Saiten!, BWV 172, (Resoade, cancións; vibrade, cordas!) é unha cantata de igrexa de Johann Sebastian Bach, composta en Weimar en 1714 para o domingo de Pentecoste. Bach dirixiu a primeira interpretación da obra o 20 de maio de 1714 na Schlosskirche, a capela da corte do Palacio ducal. Erschallet, ihr Lieder é unha obra temperá nun xénero ao cal Bach contribuíu posteriormente con ciclos de cantatas completos para todos os eventos do ano litúrxico.Bach foi nomeado Konzertmeister en Weimar na primavera de 1714, un posto que requiría da interpretación dunha cantata de igrexa cada mes. Compuxo Erschallet, ihr Lieder como a terceira cantata na serie, a partir dun texto probablemente escrito polo poeta da corte Salomo Franck. Ese texto reflicte aspectos diferentes do Espírito Santo. O libretista incluíu unha mención do día para o que está prescrita a lectura do Evanxeo no único recitativo, e para o peche coral empregou unha estrofa do himno de Philipp Nicolai "Wie schön leuchtet der Morgenstern" (1599).

A obra está composta en seis movementos e instrumentada para catro solistas vocais, coro de catro partes, tres trompetas, timbais, óboe, fagot e unha orquestra de corda de dous violíns, dúas violas, e basso continuo. A orquestra con motivo do día de celebración é festiva en comparación coas dúas obras compostas anteriormente en Weimar. A cantata abre cun coro, seguido polo recitativo, no que as palabras de Xesús con cantadas polos baixos, como vox Christi (voz de Cristo). Unha aria grave con trompetas dirixe á Santísima Trindade e entón unha aria de tenor describe o Espírito que está presente na Creación. A continuación, séguelle un dúo íntimo da Alma (soprano) e o Espírito (alto), no que un óboe interpreta a ornamentada melodía do himno de Martiño Lutero "Komm, Heiliger Geist, Herre Gott" e un violonchelo solista proporciona a liña de baixo. O tema da intimidade entre Deus e o Home desenvólvese no seguinte coral, despois de que Bach especificara unha infrecuente repetición do coro de abertura.

Mentres Bach servía como Thomaskantor —director de música de igrexa— en Leipzig dende 1723, interpretou a cantata en varias ocasións, ás veces nunha tonalidade diferente e con trocos na partitura. Os musicólogos están de acordo en que lle gustaba o texto do Evanxeo da cantata, "Se me amas...", e o himno de Pentecoste empregado no dúo, empregando tanto o texto como o himno varias veces. John Eliot Gardiner escribe que Bach "valorou particularmente" esta cantata. Contén características que utilizou de novo en composicións máis tardías, como cantatas, oratorios e as súas misas, por exemplo movementos con tres trompetas e timbais nun compás ternario para eventos festivos e dúos como símbolo de Deus e o home.

Frauta

A frauta é un tipo de instrumento musical da familia dos Instrumentos de vento-madeira. A diferenza dos instrumentos de vento con palletas, unha frauta é un instrumento de vento que consta dun tubo cilíndrico que produce o seu son a partir do fluxo de aire, insuflado polo instrumentista, que entra a través dunha abertura ou bisel que vibra grazas ao contacto contra o bordo da embocadura. Segundo a clasificación de instrumentos musicais Hornbostel-Sachs atópase na categoría dos aerófonos, instrumentos que en si non vibran, e que non teñen cordas ou membranas que o fagan.

Ao músico que toca a frauta adóitaselle chamar frautista.

Frauta (homónimos)

Unha frauta é un instrumento musical de vento.

Hai varios tipos:

Frauta doce;

Frauta traveseira;

Frauta de millo miúdo;

Frauta travesa

A frauta travesa é un instrumento de vento madeira de timbre suave e doce. Chegou a Europa durante o século XII, usándose sobre todo para a música militar. Cara mediados do século XVII xa se converteu nun elemento importante da orquestra barroca, desprazando á frauta doce. Durante o século XIX sufriu unha profunda transformación, engadíndoselle varias teclas extras e substituíndo o corpo, tradicionalmente de madeira escura, por outro de metal prateado. Algunhas veces vai acompañada por unha pequena frauta denominada frautín ou piccolo, máis raramente polas modalidades alta o baixa (con un son unha cuarta e unha oitava máis baixa, respectivamente).Ten un rexistro de 3 oitavas e media, o son mais grave é o do.

En Galicia temos un tipo de frauta travesa de madeira que se chama requinta.

Hayley Westenra

Hayley Dee Westenra, nada o 10 de abril de 1987 en Christchurch, é unha cantante soprano neozelandesa. Tamén é unha recoñecida embaixadora de UNICEF.

O seu álbum musical Pure, acadou o primeiro posto na categoría clásica por vender máis copias en menos tempo no seu debut, cando ela tiña só dezaseis anos. Dito álbum foi número un en vendas no Reino Unido no ano 2003.

Westenra é principalmente coñecida por colaboracións con artistas de renome como Andrea Bocelli ou José Carreras. En agosto de 2006 entrou a formar parte do grupo irlandés Celtic Woman, co que colaborou en varios álbums e xiras musicais.

No 2011 sacou un álbum coa colaboración de Ennio Morricone que se chama Paradiso.

Hornbostel-Sachs

Hornbostel-Sachs (ou Sachs-Hornbostel) é un sistema de clasificación de instrumentos musicais creado por Erich Moritz von Hornbostel e Curt Sachs, e publicado por primeira vez no Zeitschrift für Musik en 1914. En 1961 publicouse unha tradución ao inglés no Galpin Society Journal. Constitúe o sistema de clasificación máis amplamente usado polos etnomusicólogos e organólogos.

Baséase nun sistema desenvolvido a finais do século XIX por Victor Mahillon, restaurador da colección do Conservatorio de Bruxelas. O sistema Mahillon foi dos primeiros en clasificar de acordo co material ou parte do instrumento que producía o son, pero estaba limitado na súa maior parte aos instrumentos occidentais usados na música clásica. O sistema Hornbostel-Sachs é unha expansión daquel, no que é posible clasificar calquera instrumento musical de calquera cultura.

John Paul Jones

John Paul Jones é un músico británico nacido co nome de John Baldwin o 3 de xaneiro de 1946 en Sidcup, Inglaterra, coñecido principalmente por ser integrante do grupo Led Zeppelin.

En 1960 con 14 anos formou parte dun grupo de danza do seu pai, Joe Baldwin, e un ano máis tarde creou a súa propia banda.

Nos anos 60 comezou a ser director e arreglista doutros grupos, así como pianista e baixista, incluíndo entre estes a os Outlaws, Mickey Most, the Mindbenders, the Everly Brothers, The Supremes, Rolling Stones, Jeff Beck, Donovan, entre outros.

É considerado como un dos máis influentes baixistas de rock da historia, destaca tamén a súa gran habilidade como pianista e teclista.

Jos Wuytack

Jos Wuytack, nado en Gante (Bélxica) o 23 de marzo de 1935, é un músico e pedagogo belga.

Lista de cantatas de Johann Sebastian Bach

Esta é unha lista ordenada das cantatas de Johann Sebastian Bach. Existen case 200 cantatas de Bach entre as súas máis importantes composicións vocais.

A lista inclúe tanto cantatas existentes e, na medida en que se sabe, cantatas perdidas. Está ordenada polo número de cantata, que é igual ao número no Bach-Werke-Verzeichnis (BWV), por título, por ocasión durante o ano litúrxico, o ano de composición e a data da primeira interpretación, se son coñecidas. Tamén se proporciona a agrupación, agrupada por cantantes e familias de instrumentos. As cores mostran qué cantatas non son cantatas de igrexa existentes e mesmo qué obras non foron compostas por Bach, mais lle foron atribuídas no pasado. Tamén se inclúe unha ligazón á partitura libre da Bach Gesellschaft no International Music Score Library Project (IMSLP).

Música renacentista

A música renacentista é a música clásica europea escrita durante o Renacemento, entre os anos 1400 a 1600 aproximadamente. Definir o inicio de éraa é difícil, dada a falta de grandes cambios no pensamento musical do século XV. Ademais, o proceso polo cal a música adquiriu as súas características renacentistas foi gradual.

Música tradicional galega

A música tradicional de Galiza caracterízase tanto polas súas formas (muiñeiras, xotas, maneos, alalás etc), instrumentos (gaita galega e pandeireta, entre outros) e agrupacións musicais. Como música tradicional que evolucionou oralmente, comparte trazos en común coas das áreas veciñas de Asturias, Portugal e León e en xeral coa tradición musical de Europa Occidental.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.