Franquismo

O franquismo foi o réxime político vixente en España entre 1939 e 1975, baseado no liderado do xeneral Francisco Franco Bahamonde. Tamén se chama franquismo a ditadura e ideoloxía pola que se rexiu España nesta época, tamén coñecida como nacionalcatolicismo, con elementos do fascismo.

Aigle franquiste
Aguia franquista, parte da simboloxía do franquismo

Orixe

A orixe do franquismo foi a sublevación dunha parte do exército español contra o goberno da II República xustificándoo como un movemento contrarrevolucionario para impedir outro de inspiración comunista[1] para substituílo por unha ditadura militar de forma provisoria ou definitiva[2] pero que se converteu nun réxime autoritario[3] no que Franco exercía a xefatura vitalicia en concepto de Caudillo.

Historia

Spain final-guerra-civil
Parte Oficial de Guerra asinado polo xeneral Franco.

Acabada a guerra civil española coa vitoria dos autodenominados nacionais, Franco pasou a ser a cabeza do Estado, proclamándose Caudillo de España pola graza de Deus. Nos primeiros anos, o réxime franquista levou a cabo unha forte represión contra os adversarios, a súa función era fundamental para paralizar o inimigo polo terror e estaba alentada polos máximos dirixentes[4], deu apoio a Hitler e a Mussolini (quen o apoiaran na guerra civil) e practicou unha política económica autárquica. Máis adiante, máis dunha década despois, o réxime estableceu contactos cos Estados Unidos e cambiou a política económica. Nos anos 60 produciuse un incremento notable en comparanza cos niveis mínimos da última época do nivel de vida da poboación en xeral (propiciado polo desenvolventismo económico), se ben o nivel de liberdade persoal e política non aumentou consecuentemente.

O franquismo como réxime político oficial rematou coa morte de Franco, que foi sucedido por decisión propia do xeneral polo rei Xoán Carlos I como Xefe de Estado, tras xurar os Principios do Movemento Nacional, o máis parecido a unha "Constitución franquista". A transición cara a un sistema político baseado nunha democracia parlamentaria foi relativamente moderada, tirantes as continuas ameazas de revoltas militares e a forte mobilización das masas traballadoras e estudantís (véxase oposición ó franquismo).

Ideoloxía

O franquismo comezou baseándose na doutrina do nacionalcatolicismo, executada pola Falange e a Comunión Tradicionalista, monárquica e carlista. Ao principio, tamén se aliaron outros sectores de dereitas: conservadores a algúns monárquicos lexitimistas. As bases do réxime foron a unidade nacional española, o catolicismo e o anticomunismo. O réxime foi unha ditadura militar e foi un réxime totalitario, con especial vehemencia e represión ao longo do que se coñece como primeira etapa. Isto non impediu que o réxime se autodefinise dende o principio como unha democracia orgánica que endexamais se homologou cunha democracia parlamentaria.

A partir das derrotas das potencias do Eixe na segunda guerra mundial, o réxime vai desbotando o seu carácter marcadamente profascista, aínda que segue utilizando a súa simboloxía. O franquismo tivo daquela que buscar novas alianzas internacionais, e foi diminuíndo o papel da Falange en favor doutros grupos. Na década dos anos 60 apareceu unha xeración de políticos tecnócratas que até certo punto rompeu o illamento internacional no que se atopaba o Estado.

Fundamentos

  • Fascismo. Incorporado polo falanxismo, do que tomou os símbolos exteriores (camisa azul, saúdo brazo en alto, xugo e frechas, etc.), o anticomunismo e o rexeitamento do liberalismo e da democracia parlamentaria.
  • Tradicionalismo. Corrente do pensamento español do século XIX, do que recolleu a idea do centralismo castelán e as glorias da España imperial dos Reis Católicos e dos Habsburgo.
  • Militarismo. Común en España dende o século XIX, atribuía ao exército o papel de defensor da unidade do Estado, o que se viu fortalecido pola súa sublevación militar de 1936 que rematou na Guerra Civil.
  • Catolicismo. A Igrexa católica deu o seu apoio ao golpe de Estado de 1936 e lexitimou o réxime implantado por Franco, a cambio da supremacía que lle outorgou a ditadura como referente moral da sociedade.[5]

Notas

  1. Josep Fontana (ed.) España bajo el franquismo. Editorial Crítica, 1986, páxina 11
  2. Ismael Saz Fascismo y franquismo. Universitat de València, 2004, páxina 129
  3. J. Linz, “An Authoritarian Regime: Spain,” en Allardt e Rokkan, eds., Mass Politics: Studies in Political Sociology, 1964, pp. 251-283.
  4. Josep Fontana (ed.) op. cit. páxina 18
  5. Fernández Bulete, Virgilio (2013). Ciencias sociais: Historia. SM Xerme. ISBN 978-84-9854-281-3.

Véxase tamén

Outros artigos

Galería de imaxes

10.2006 Jardín de Pie 002

Proclamas franquistas.

Sainte Croix

Cruz no Val dos Caídos.

Franco wall

Placa en memoria de Franco en Ávila.

Tombe Franco

Tumba de Franco no Val dos Caídos.

Franco0001

Francisco Franco.

Adolfo Suárez

Adolfo Suárez González, nado en Cebreros (provincia de Ávila) o 25 de setembro de 1932 e finado en Madrid o 23 de marzo de 2014, foi un político español, presidente do Goberno español entre 1976 e 1981. No ano 1981 o Rei concedeulle o título de Duque de Suárez.

Alejandro Lerroux

Alejandro Lerroux García, nado en La Rambla (Córdoba) o 4 de marzo de 1864 e finado en Madrid o 25 de xuño de 1949), foi un político andaluz, que ocupou a presidencia do goberno de España durante un breve período da Segunda República.

Antonio Pol

Antonio Pol González, nado en Lugo o 11 de xaneiro de 1931 e finado o 25 de novembro de 2013, foi un notario e político galego.

Asalto do bou Eva

O asalto do bou Eva foi un dos episodios máis tráxicos da represión franquista en Galiza. O 23 de abril de 1937 oito homes e unha muller (casada dende pouco cun deles) dispoñíanse a escapar a Francia por mar dende o porto de Vigo.

Berta Tapia

María Berta Tapia Dafonte, nada na Coruña o 1 de febreiro de 1927, foi unha política galega. Foi alcaldesa da Coruña entre 1978 e 1979.

Comarcas de Cataluña

As comarcas de Cataluña (en catalán: comarques) son a actual división do territorio da comunidade autónoma de Cataluña, en España.

Ten a súa orixe nun decreto da Generalitat de Cataluña do ano 1936, que tivo vixencia até o 1939 cando foi suprimida polo franquismo. Posteriormente, foi reanudada en 1987 tras a restauración da democracia, en 1988 engadíronse tres comarcas (Pla de l'Estany, Pla d'Urgell e Alta Ribagorça) e en 1990 modificouse algún límite territorial. En 2015 engadiuse a comarca histórica do Moianès.

Hai 42 comarcas en Cataluña, co seu goberno e administración dirixidos polos consellos comarcais (consells comarcals) agás o Val d'Aran, considerado entidade territorial singular e xestionado polo Consello Xeral de Arán.

Falange Española Tradicionalista y de las JONS

Falange Española Tradicionalista y de las Juntas de Ofensiva Nacional Sindicalista (FET y de las JONS, en galego: Falanxe Española Tradicionalista e das Xuntas de Ofensiva Nacional Sindicalista) era o nome do partido único da España franquista creado o 19 de abril de 1937, a iniciativa da xefatura do denominado Estado Nacional, por fusión dos distintos partidos e movementos que apoiaban a sublevación militar (denominada Alzamento Nacional) que iniciou a guerra civil española, e que non desapareceron realmente, senón que se articularon nas denominadas familias do franquismo.

FET y de las JONS concibiuse como a rama política do denominado Movimiento Nacional, concepto máis amplo co que se definía ao complexo mecanismo totalitario de inspiración fascista que pretendía ser a única canle de participación na vida pública española. O seu discurso político expresaba tamén a mestura de elementos ideolóxicos e retóricos fascistas, ultranacionalistas, militaristas, tradicionalista, conservadores, católicos (ou nacionalcatólicos), monárquicos etc.

Francisco Franco

Francisco Franco Bahamonde, nado en Ferrol o 4 de decembro de 1892 e finado en Madrid o 20 de novembro de 1975, tamén coñecido como o Caudillo, o Xeneralísimo ou simplemente Franco, foi un militar e ditador español, integrante do alzamento contra o goberno democrático da Segunda República, que desembocou na guerra civil española. Foi investido como xefe supremo do bando sublevado o 1 de outubro de 1936, exercendo como Xefe do Estado de España desde o término do conflito ata o seu falecemento en 1975, e como xefe de Goberno entre 1938 e 1973.

Foi líder do partido único Falange Española Tradicionalista y de las JONS, no que se apoiou para establecer un réxime fascista nos seus comezos, que máis tarde derivaría nunha ditadura, coñecida como franquismo, de tipo conservador, católico e anticomunista. Este cambio debeuse á derrota do fascismo na segunda guerra mundial. Aglutinou en torno ao culto á súa persoa diferentes tendencias do conservadorismo, o nacionalismo e o catolicismo opostas á esquerda política e ao desenvolvemento de formas democráticas de goberno.

Durante o seu mandato á fronte do exército e da xefatura do Estado, especialmente durante a guerra civil e os primeiros anos do réxime, tiveron lugar múltiples violacións dos dereitos humanos, segundo sinalan numerosas investigacións históricas e denuncias de particulares. A cifra total de vítimas mortais durante o franquismo varía en torno a varios centenares de miles de persoas, que pereceron na súa maioría en campos de concentración, execucións extraxudiciais ou en prisión.

Galeguismo (política)

O galeguismo é unha ideoloxía política de tipo nacionalista que ten como obxectivo a soberanía de Galiza mediante a creación de institucións propias.[Cómpre referencia]

Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936

O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, denominado "Alzamento Nacional" polos sublevados, foi un golpe de carácter militar con fins políticos[Cómpre referencia] perpetrado contra o goberno da Segunda República Española entre o 17 e o 18 de xullo de 1936 e cuxo fracaso parcial conduciu á guerra civil española. A historiografía moderna desfixo esta última denominación por ser partidista e inexacta.[Cómpre referencia]

Gregorio Marañón

Gregorio Marañón y Posadillo, nado en Madrid o 19 de maio de 1887 e finado ibídem o 27 de marzo de 1960, foi un médico endocrinólogo, científico, historiador, escritor e pensador español, pertencente á xeración de 1914. As súas obras científicas e históricas tiveron relevancia internacional. Dirixiu a cátedra de endocrinoloxía no Hospital Central de Madrid. Foi académico de número de cinco das oito Reais Academias de España (Lingua, Historia, Belas Artes, Nacional de Medicina e de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais).

Hipólito de Sa

Hipólito de Sá Bravo, nado en Pontevedra o 30 de xaneiro de 1907 e finado en Vigo o 16 de agosto de 2001, foi un escritor e historiador galego. É coñecido tamén polas súas actividades de profesor, investigador e músico.

Joaquín García Picher

Joaquín García Picher, nado o 29 de agosto de 1932 en Vigo e finado o 12 de setembro de 1985, foi un político galego, alcalde de Vigo.

José Ramón Fontán

José Ramón Fontán González, nado en Mos en 1915 e finado en Vigo en 1996, foi un político galego.

Luis Moure Mariño

Luis Moure Mariño ou Luis Moure-Mariño, nado en Escairón, O Saviñao, en 1915 e falecido na Coruña o 6 de novembro de 1999, foi un escritor galego.

Manuel Lucas Álvarez

Manuel Lucas Álvarez, nado en Santiago de Compostela o 2 de setembro de 1917 e finado na mesma cidade o 1 de setembro de 2014, foi un historiador e político galego.

Rafael Portanet

Rafael Jesús Portanet Suárez, nado en Cangas o 6 de marzo de 1908 e finado en Vigo en 1988, foi alcalde de Vigo durante o franquismo, dende 1964 ata 1970.

Real Academia Galega

A Real Academia Galega (RAG) é unha institución científica, creada en 1906, que ten como obxectivo o estudo da cultura galega, e en especial da lingua galega. Elabora as súas normas ortográficas, gramaticais e léxicas, deféndea e promociónaa. Ademais, decide a personalidade literaria á que se lle dedica o Día das Letras Galegas. Os seus membros son personalidades influentes do mundo da cultura galega, relacionados maioritariamente coa lingua. O seu presidente é Víctor Freixanes, elixido o 28 de marzo de 2017 logo da renuncia de Xesús Alonso Montero tras catro anos no cargo. O seu lema é Colligit. Expurgat. Innovat

Sergio Peñamaría de Llano

Sergio Peñamaría de Llano, nado na Fonsagrada en 1914 e finado na Coruña o 29 de decembro de 2004, foi un avogado, militar e político galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.