Frankfurt

Para a outra cidade chamada Frankfurt vexa Frankfurt do Oder.

Coordenadas: 50°7′N 8°41′L / 50.117, -8.683

Frankfurt
Frankfurt am Main
Flag of Frankfurt am Main
Wappen Frankfurt am Main
Frankfurt collage
Imaxes da cidade
Localización
Frankfurt en Alemaña

Frankfurt
Frankfurt
PaísAlemaña Alemaña
EstadoHessen
RegierungsbezirkRexión de Darmstadt
DistritoDistrito urbano
Xeografía
Altitude112 msnm
Superficie248,31 km²
Demografía
Poboación687.775 hab. (2012)
Densidade2.800 hab/km²
Outros datos
Código postal60001–60599, 65901–65936
AlcaldePeter Feldmann (PSD)
Páxina oficial de Frankfurt

Frankfurt[1] (en alemán: Ltspkr.png Frankfurt am Main; para a distinguir de Frankfurt do Oder) é a cidade máis importante do Estado federado de Hesse (Alemaña), aínda que a capital administrativa é Wiesbaden.

Frankfurt forma o núcleo urbano da rexión Rin-Meno.

Historia

Skyline Frankfurt am Main
Horizonte nocturno da cidade
Artigos principais: Historia de Frankfurt am Main e Historia urbana de Frankfurt.

O nome vénlle dos tempos das tribos xermánicas. Significa o vado (Furt) dos francos (Frank-en), unha tribo xermánica occidental.

O Imperio Romano, na súa extensión máxima, chegou a incluí-la cidade, aínda que por pouco tempo. O emperador Carlomagno habitou varias veces nesta cidade. Durante o Sacro Imperio Romano Xermánico foi sede de moitas eleccións imperiais e entre 1562 e 1792 foi a cidade do coroamento do Emperador. Logo foi a capital da Confederación do Rin, e máis adiante a da Confederación Xermánica.

Prusia anexionou a cidade en 1866, cinco anos antes de gaña-la guerra franco-prusiana, cuxo tratado de paz, que desembocou na creación de Alemaña como país unido, foi asinado en Frankfurt o 10 de maio de 1871.

Ó igual que a maioría das cidades alemás, Frankfurt foi escachizada polos bombardeos dos aliados durante a Segunda Guerra Mundial.

A metrópole converteuse no centro da rexión Rin-Meno, unha das máis produtivas e dinámicas de Alemaña, que conta aproximadamente 5 millóns de habitantes, entre os que se destaca a maior proporción de estranxeiros do país.

Capital financeira da Unión Europea

Eurotower in Frankfurt
Eurotower, sede do BCE

O Banco Central Europeo (BCE), unha das institucións máis representativas da Unión Europea (UE), ten a súa sede principal en Frankfurt. Os órganos reitores do BCE (Consello de Goberno e Comité Executivo) dirixen o Sistema Europeo de Bancos Centrais (SEBC), cuxas funcións consisten en administra-la masa monetaria, conduci-las operacións en divisas, conservar e administra-las reservas oficiais de divisas dos Estados membros e garanti-lo bo funcionamento dos sistemas de pago. O euro manéxase dende esta cidade.

Un moderno edificio, que deberá alberga-la sede do BCE a partir de 2007, se constrúe actualmente a beiras do Main sobre terreos anteriormente ocupados pola central de mercado.

Ademais, Frankfurt é o centro financeiro do país e alberga a Bolsa alemá (Deutsche Börse AG) e o banco federal de Alemaña (Deutsche Bundesbank). Nela encóntrase a sede de máis de 370 bancos, e os mercados financeiros máis importantes do mundo mercan e venden aquí a diario as súas accións. Este feito e o estar a beiras do río Main fai que se coñeza tamén como "Mainhattan", en referencia ó barrio neoiorquino de Manhattan.

Ver: Asuntos institucionais e política na Unión Europea - Economía da Unión Europea - Edificio do Banco Central Europeo

Lugares de Interese

Panorama Frankfurt vom Maintower
Vista panorámica de Frankfurt
  • Casa natal de Goethe.
  • Paulskirche: aquí en 1848 inaugurouse o primeiro parlamento alemán libremente elixido.
  • Zeil-Galerie: suba á última planta e goce dunha das mellores vistas.
  • Museumsufer: zona que ofrece museos en ambas marxes do río. Entre eles destacan o Museo do Cine, o Museo de Arquitectura, o Museo de Artes Aplicadas e o Caricatura Museum für Komische Kunst.
  • Römerberg: centro antigo de Frankfurt, detalladamente restaurado.
  • Sachsenhausen: o barrio máis típico e máis visitado. Ten unha gran variedade gastronómica, acolle a maioría dos restaurantes e das sidrerías da cociña francortiana.
  • Main Tower (Torre do Main): dende a terraza situada a 200 m de altura pódese gozar dunha vista estupenda. Sobre todo nos meses de outubro a marzo a partir vese a cidade totalmente iluminada. É unha vista única en Alemaña.
  • A Bolsa (Frankfurter Wertpapierbörse): diante do edificio preséntanse os símbolos da bolsa: un touro (polo alza) e un oso (pola baixa).
  • Commerzbank-Tower: deseñado polo arquitecto Sir Norman Foster en 1997. Destacan os nove xardíns integrados nas plantas superiores. É o rañaceos máis alto de Europa.
  • Hauptwache: xurdiu en 1728 do plano do urbanista Johann Samheimer. Este edificio perdeu a súa función de prisión e hoxe alberga o café "Hauptwache" e un restaurante xaponés.
  • Feira Internacional do Libro: considerada a máis importante do mundo. Lévase a cabo unha vez ó ano.
  • Commerzbank-Area (chamado ata o 1 de xullo de 2005 Frankfurter Waldstadion): estadio de fútbol que xa albergou numerosas competicións, como o Mundial de fútbol de 1974, a Copa Confederaciones 2005 e a Copa Mundial de Fútbol de 2006.
  • Torre da Feira, "Messeturm": deseñada polo arquitecto Helmut Jahn. Frankfurt é o centro das feiras, e grazas a elas, case tres millóns de persoas visitan a cidade tódolos anos para ve-la Feira da Música ou a Feira do Automóbil (IAA - Internationale Automobil Ausstellung).

Transportes

Frankfurt am Main - Netzplan Schienennahverkehr

O Aeroporto de Frankfurt (Flughafen Frankfurt am Main, localizado a 12Km do centro da cidade) é unha referencia internacional e os seus máis de 50 millóns de pasaxeiros ó ano convérteno no segundo aeroporto máis transitado de Europa, soamente superado polo Aeroporto de Heathrow, de Londres. Ten catro pistas e está considerado o mellor aeroporto de carga do mundo. Así mesmo, é o aeroporto no que opera o maior número de liñas aéreas internacionais.

Malia o que poida parecer polo seu nome, o Aeroporto de Frankfurt-Hahn (Flughafen Frankfurt-Hahn) áchase a aproximadamente 120 km da cidade de Frankfurt, en Lautzenhausen. O aeroporto é unha base principal da compañía Low-cost Ryanair. Tan só se chega a el por estrada. Conta cun bus a cada hora dende a Estación Central de Frankfurt, que fai o traxecto en unha hora 45 minutos.

Ó igual que Berlín, Frankfurt puxo en funcionamiento un completo sistema de bicitaxi, transporte alternativo e ecolóxico.

Pola súa parte, o Metro de Frankfurt posúe sete liñas e 58,7 quilómetros de lonxitude.

Skyline Frankfurt am Main

Frankfurt de noite

Deutsche-Bank-Frankfurt-am-Main

Torres do Deutsche Bank

Frankfurt am Main nightshot

Commerzbank-Tower e a Main Tower

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para frankfurtés.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Listaxe Cidade Estado Pob. Listaxe Cidade Estado Pob.
Cityscapeberlin2006

Berlín
Binnenalster am Abend

Hamburgo
Deutsche Museum in Munich

Múnic
1 Berlín Berlín 3.531.201 11 Leipzig Saxonia 531.809
2 Hamburgo Hamburgo 1.810.698 12 Dresden Saxonia 529.781
3 Múnic Baviera 1.378.176 13 Hannover Baixa Saxonia 525.875
4 Colonia Renania do Norte-Westfalia 1.017.155 14 Nürnberg Baviera 510.602
5 Frankfurt Hessen 691.518 15 Duisburgo Renania do Norte-Westfalia 488.005
6 Stuttgart Baden-Württemberg 613.392 16 Bochum Renania do Norte-Westfalia 373.976
7 Düsseldorf Renania do Norte-Westfalia 592.393 17 Wuppertal Renania do Norte-Westfalia 349.470
8 Dortmund Renania do Norte-Westfalia 580.956 18 Bonn Renania do Norte-Westfalia 327.913
9 Essen Renania do Norte-Westfalia 573.468 19 Bielefeld Renania do Norte-Westfalia 323.395
10 Bremen Bremen 548.319 20 Mannheim Baden-Württemberg 314.931
Datos do censo de 2011
Aeroporto Internacional Atatürk

O Aeroporto Internacional Istanbul Atatürk (IATA: IST, ICAO: LTBA) é o principal aeroporto internacional de Istambul e o aeroporto máis grande de Turquía por número de pasaxeiros, destinos e movemento de avións. Inaugurado en 1924 en Yesilköy, na parte europea da cidade, está situado a 24 km ao oeste do centro da cidade e serve como centro de conexións principal para Turkish Airlines. O outro aeroporto internacional da cidade é o máis pequeno de Sabiha Gökçen. En febreiro de 2017 tiña 273 destinos, sendo o segundo aeroporto do mundo con máis destinos tras o Aeroporto de Frankfurt.Foi chamado orixinalmente Aeroporto Yesilköy. Nos anos 80 foi renomeado Aeroporto Internacional Atatürk na honra de Mustafa Kemal Atatürk, o fundador e primeiro presidente da República de Turquía. No ano 2015 pasaron polas súas instalacións máis de 60 millóns de pasaxeiros, converténdoo no 11º aeroporto máis concorrido do mundo en termos de pasaxe. En 2017 é o quinto aeroporto máis concorrido de Europa tras Londres-Heathrow, París-Charles de Gaulle, Frankfurt e Ámsterdam-Schiphol, despois de caer dende o terceiro posto debido a temores pola seguridade.

Aeroporto Internacional de Düsseldorf

O Aeroporto Internacional de Düsseldorf (código IATA: DUS, código OACI: EDDL) (en alemán: Flughafen Düsseldorf International) é un aeroporto bávaro situado 6 km ao norte do centro de Düsseldorf.

Düsseldorf é o terceiro aeroporto máis grande de Alemaña, despois dos de Frankfurt e Múnic manexando 22,4 millóns de pasaxeiros en 2015. É un centro de conexións para Eurowings e ten a única ruta de longa distancia de Lufthansa (cara Newark) fóra dos seus centros de conexión de Frankfurt e Múnic. O aeroporto conta con tres terminais de pasaxeiros e dúas pistas, e é capaz de operar avións de fuselaxe ancha do tamaño do Airbus A380.

Aeroporto de Frankfurt

O Aeroporto de Frankfurt (alemá: Flughafen Frankfurt am Main) (IATA: FRA, ICAO: EDDF), construído no ano 1936, está situado a 12 km do centro da cidade e conta con catro pistas. Está xestionado pola compañía de transportesFraport.

É, por tráfico de pasaxeiros, o principal aeroporto de Alemaña, o terceiro de Europa (despois do Aeroporto de Heathrow en Londres e do Aeroporto Charles de Gaulle de París), e o noveno a nivel mundial. Por tráfico de mercadorías é o segundo aeroporto a nivel europeo.

Ten o maior número de voos directos a mundo de todos os aeroportos europeos, 275 a 111 países. En 2010 viaxaron polo aeroporto 53,0 millóns de pasaxeiros.

Está prevista a construción da que sería a súa terceira terminal de pasaxeiros, a partir do 2013 e que entrará en servizo no 2020, para incrementar a súa capacitade ata os 90 millóns de pasaxeiros.

Ao aeroporto pódese chegar por estrada, e conta con dúas estacións de tren, unha rexional e outra para tráfico de longa distancia. Deste xeito, o aeroporto conecta de xeito intermodal a unha grande rexión, pois está por vía terrestre a menos de dúas horas de Colonia, da área do río Ruhr e de Stuttgart.

Aeroporto de Frankfurt-Hahn

O Aeroporto de Frankfurt–Hahn (en alemán: Flughafen Frankfurt–Hahn) (IATA: HHN, OACI: EDFH) é un aeroporto internacional situado a 10 km da vila de Kirchberg e 2 km de Simmern, no distrito de Rhein-Hunsrück do estado de Renania-Palatinado, no oeste de Alemaña.

A pesar do seu nome, o aeroporto atópase practicamente equidistante entre Frankfurt e Luxemburgo (a uns 120 km a cada cidade por estrada). Está máis preto das cidades alemás de Koblenz (sobre 70 quilómetros) e Maguncia (sobre 90 quilómetros). O engadido de Frankfurt ao seu nome non é unha invención das compañías de baixo custo como é o caso doutros aeroportos, Frankfurt–Hahn é o nome oficial do aeroporto.

Aeroporto de Londres-Heathrow

O Aeroporto Internacional de Heathrow (IATA: LHR, OACI: EGLL), comunmente coñecido só como Heathrow, é o aeroporto con maior actividade e conexións no Reino Unido.

No ano 2003, recibiu máis tráfico internacional de pasaxeiros que calquera outro aeroporto no mundo. Ademais, ese mesmo ano, foi o aeroporto con maior actividade en Europa respecto ao tráfico total de pasaxeiros (un 31,5% máis de pasaxeiros que o Aeroporto Charles de Gaulle de París ou o Aeroporto de Frankfurt), pero estivo en segundo lugar (tras o Aeroporto Charles de Gaulle) respecto dos movementos de aeronaves (un 10% menos que o aeroporto francés) e foi terceiro respecto ao tráfico de carga.

O Aeroporto de Heathrow atópase en Heathrow, no distrito de Hillingdon, na área oeste de Londres.

Condor Flugdienst

Condor Flugdienst GmbH, comercializada como Condor, é unha aeroliña vacacional alemá baseada en Frankfurt. Opera voos regulares a destinos de ocio no Mediterráneo, Asia, África, Norteamérica, Sudamérica e o Caribe. A súa base principal atópase no aeroporto de Frankfurt, dende a cal saen a meirande parte dos seus voos de longa distancia. Ten ademais bases secundarias para voos mediterráneos nos aeroportos de Múnic (de onde tamén parten voos de longa distancia), Hamburgo, Hannover, Düsseldorf, Stuttgart, Leipzig/Halle e Berlín-Schönefeld.

Condor é a terceira aeroliña alemá máis grande en tamaño de frota e pasaxeiros transportados. É unha subsidiaria do Thomas Cook Group británico, pero aínda comparte co seu antigo dono, Lufthansa, o seu programa de viaxeiro frecuente Miles & More, e as súas salas business no aeroporto de Frankfurt. Condor Airlines é tamén socio do Mileage Plan de Alaska Airlines.

Euro

O euro (EUR ou €) ( pronunciación ) é a moeda empregada na eurozona e algúns outros países fóra da Unión Europea. O euro aspira a converterse na moeda oficial de toda a Unión Europea. A introdución do euro en lugar das divisas estatais foi a reforma monetaria máis importante en Europa na época moderna.

O euro é administrado polo Sistema Europeo de Bancos Centrais (SEBC), composto polo Banco Central Europeo (BCE) e os bancos nacionais dos países membros da euro-zona. O Banco Central, situado en Frankfurt, Alemaña, é o único con autoridade para desenvolver a política monetaria.

Gerd Binnig

Gerd Binnig, nado en Frankfurt am Main en 1947, é un físico alemán que recibiu o Premio Nobel de Física en 1986 canda o seu colega da empresa Heinrich Rohrer por inventaren o microscopio de efecto túnel, que permite ver átomos individuais, obtendo unha imaxe moi precisa da superficie dun material.

Hans Fischer

Hans Fischer, nado en Frankfurt (Alemaña) o 27 de xullo de 1881 e finado en Múnic o 31 de marzo de 1945, foi un químico, médico e profesor universitario alemán.

Hartmut Michel

Hartmut Michel, nado o 18 de xullo de 1948 en Ludwigsburg (Alemaña) é un bioquímico e profesor universitario alemán galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1988.

Hessen

Hessen é un estado libre entre os 16 Estados federados de Alemaña. Atravesado polo bosque de Hessen e situado no centro xeográfico do país. Algunhas cidades importantes deste estado son Frankfurt, Wiesbaden (capital), Kassel, Darmstadt, Marburg e Wetzlar.

O estado limita ó norte co estado de Baixa Saxonia ó nordés e ó leste co estado de Renania do Norte-Westfalia, ó oeste co estado de Turinxia, polo suroeste co estado de Baviera, ó sur co estado de Baden-Württemberg et polo leste co estado de Renania-Palatinado.

Horst Ludwig Störmer

Horst Ludwig Störmer, nado o 6 de abril de 1949 en Frankfurt, Alemaña, é un físico alemán.

Johann Wolfgang von Goethe

Johann Wolfgang von Goethe ( [ˈjoːhan ˈvɔlfɡaŋ fɔn ˈɡøːtə] ), nado en Frankfurt o 28 de agosto de 1749 e finado o 22 de marzo de 1832, foi un novelista, dramaturgo, poeta, científico, filósofo humanista e, durante dez anos, funcionario do Estado de Weimar. A súa obra Fausto ten sido chamado o mellor poema longo da literatura moderna europea. O súa obra inclúe poesía épica e lírica, escrita en diversas métricas e estilos, prosa e dramas en verso, memorias, unha autobiografía, críticas literarias e estéticas, tratados de botánica, anatomía, e cor, e catro novelas. Ademais, consérvanse numerosos fragmentos literarios e científicos, máis de 10.000 cartas, e preto de 3.000 debuxos.

Unha celebridade literaria á idade de 25 anos, Goethe foi ennobrecido polo Duque de Saxonia-Weimar, Carl August en 1782 despois de tomar a súa residencia alí en novembro de 1775 tralo éxito da súa primeira novela, As mágoas do mozo Werther. Foi participante no movemento literario Sturm und Drang. Durante os seus primeiros dez anos en Weimar, Goethe serviu como membro do consello privado do duque, polo que tomou parte nas comisións de guerra, supervisou a apertura das minas de prata nos arredores de Ilmenau, e implantou unha serie de reformas administrativas na Universidade de Jena. Tamén contribuíu na creación do parque botánico de Weimar e na reconstrución do palacio ducal, que en 1998 foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.Despois de volver dunha xira por Italia en 1788, publicou o seu mellor traballo científico, a Metamorfose das plantas. En 1791 converteuse en director do teatro de Weimar, e en 1794 comezou a amizade co dramaturgo, historiador e filósofo Friedrich Schiller, cuxas obras estreou ata a morte de Schiller en 1805. Durante este período, Goethe publicou a súa segunda novela, Os anos de aprendizaxe de Wilhelm Meister, o verso épico Hermann e Dorothea, e en 1808, a primeira parte do seu celebrado drama, Fausto. As súas conversas e empresas comúns durante a década de 1790 con Schiller, Johann Gottlieb Fichte, Johann Gottfried Herder, Alexander von Humboldt, Wilhelm von Humboldt, August e Friedrich Schlegel teñen sido denominados colectivamente Clasicismo de Weimar.

Arthur Schopenhauer citou a Wilhelm Meister's Apprenticeship como unha das catro novelas máis grandes xamais escritas, e Ralph Waldo Emerson seleccionou a Goethe, xunto con Platón, Napoleón e William Shakespeare, como un dos seis "Homes Representativos" na súa obra homónima. Os comentarios e observacións de Goethe son a base de numerosos traballos biográficos, sendo o máis notable Conversations with Goethe de Johann Peter Eckermann. Hai frecuentes referencias ós proverbios e máximas de Goethe ó longo do traballo de Friedrich Nietzsche e numerosas alusións a Goethe nas novelas de Hermann Hesse e Thomas Mann, así como nos escritos psicolóxicos de Jung. Os poemas de Goethe foron usados polos grandes compositores do século XVIII e XIX, como Wolfgang Amadeus Mozart, Ludwig van Beethoven, Franz Schubert, Robert Schumann, Johannes Brahms, Charles Gounod, Richard Wagner, Hugo Wolf e Gustav Mahler.

Karl Ziegler

Karl Waldemar Ziegler, nado o 26 de novembro de 1898 en Helsa (preto de Kassel) e finado o 11 de agosto de 1973 en Mülheim an der Ruhr, foi un químico e profesor universitario alemán galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1963.

Lufthansa Regional

Lufthansa Regional é o nome de marca para os voos rexionais realizados por dúas aeroliñas domésticas totalmente pertencentes a Lufthansa, Air Dolomiti e Lufthansa CityLine. Están baseadas nos centros de conexión de Lufthansa no aeroporto de Frankfurt e no aeroporto de Múnic. Anualmente transportan a 10,5 millóns de pasaxeiros usando o nome de Lufthansa Regional. A súa predecesora foi Team Lufthansa.

Milán

Milán (en italiano: Milano, [miˈlaːno] (AFI), escoitar; en lombardo: Milàn, [miˈlaŋ] (AFI)) é a principal cidade do norte de Italia, capital da rexión de Lombardía, situada na chaira Padana. Cunha poboación de 1 351 562 habitantes no 2017, Milán é a segunda cidade máis poboada do estado tras Roma. Está considerada a capital económica e industrial do país, e un dos 4 motores principais da economía europea, con París, Londres e Frankfurt.

Otto Hahn

Otto Hahn, nado o 8 de marzo de 1879 en Frankfurt (Alemaña) e finado o 28 de xullo de 1968, foi un químico alemán que gañou o Premio Nobel de Química en 1944.

Otto Loewi

Otto Loewi, nado en Frankfurt o 3 de xuño de 1873, e finado en Nova York o 25 de decembro de 1961, foi un destacado fisiólogo alemán.

Stuttgart

Stuttgart (en suabo: Schduagert) é a capital do Estado alemán Baden-Württemberg. Con preto de 600.000 habitantes, Stuttgart é a cidade máis grande deste Estado e a sexta de Alemaña. En Stuttgart atópase o parlamento do seu Bundesland e o goberno federal, así como outras autoridades políticas e da administración federal. As grandes cidades alemás máis importantes e próximas a Stuttgart son Frankfurt (240 km ao noroeste), Múnic (aproximadamente 220 km ao sueste) e Karlsruhe (a 80 km ao nordeste).

Stuttgart ten o status de cidade-distrito, unificada por un presidente. Tamén dispón do bispo evanxelista de Württemberg e un bispo católico (Bistum Rottenburg-Stuttgart). A cidade posúe dúas universidades, escolas técnicas e o instituto de investigación Max Planck (Fraunhofer-Gesellschaft). Ademais nela atópanse as máis importantes empresas automobilísticas, como: Mercedes-Benz e Porsche, xunto con outras empresas importantes como Bosch. Ademais é a porta de entrada á Selva Negra. Rodeada de outeiros, bosques e viñedos que chegan ata o centro. O seu porto sitúase ao nordeste da cidade, a beiras do río Neckar.

Stuttgart provén da palabra alemá Stutengarten (que significa "eguada"), posto que a cidade ten a súa orixe ao redor dos antigos cortellos do duque Liudolf de Suabia.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.