Francisco de Asís

San Francisco de Asís (en italiano Francesco d'Assisi), nado en Asís o 5 de xullo de 1182 e falecido na mesma vila o 3 de outubro de 1226, foi un relixioso italiano. Fundador da Orde Franciscana, e patrón cristián dos ecoloxistas, dos naturistas ou nudistas[1] e por revindicar a protección dos animais e o ambiente. Foi canonizado pola Igrexa católica en 1228, e a súa festividade celébrase o 4 de outubro.

San Francisco de Asís
San Francisco de Asís, de Francisco Pacheco (Museo de Bellas Artes de Sevilla)
Biografía
Nacemento5 de xullo de 1182 en Asís, no Ducado de Spoleto
Pasamento3 de outubro de 1226 en Asís, nos Estados Pontificios
Proceso de canonización
Canonización16 de xullo de 1228, en Asís por Gregorio IX
Veneración
Venerado/a enIgrexa católica
Comuñón anglicana
Festividade4 de outubro
Santuario principalBasílica de San Francisco de Asís
Francisco de Zurbarán 057
Francisco de Asís pintado por Francisco de Zurbarán.
Convento de San Francisco de Louro3
Imaxe de Francisco de Asís no convento de San Francisco de Louro.

Mocidade

Fillo do próspero comerciante Pedro Bernardone, o seu nome auténtico era Xoán, pero como o seu pai comerciaba moito con Francia, alcumárono Francesco. Durante a súa primeira mocidade, adicouse á diversión, á disipación e á ostentación: A súa fogosa xuventude fervía en pecados (Celano, Vida primeira). Amigo das tradicións cabaleirescas, participou nas guerras de Perugia; estivo prisioneiro un ano e, tras ser liberado, caeu enfermo. Recuperado, alistouse nas tropas de Gauthier de Brienne, pero volveu enfermar no camiño de Roma e retornou a Asís. Nese momento, volveuse máis meditabundo e ensimesmado. De vida refinada, sentía unha gran repulsa polas doenzas repugnantes, ata que un día se cruzou cun leproso e, vencendo o seu noxo, achegouse a el e bicouno. Isto cambiou a súa vida, comezou a atender enfermos nos hospitais e a facer esmolas: Vivía cos leprosos, lavaba os seus corpos infectos e curaba as súas úlceras purulentas (Celano, Vida primeira)

Desprendemento

Adoitaba ir orar ás aforas da vila, na igrexa de San Damián, onde escoitou unha voz que lle dicía: Francisco, repara a miña casa, pois xa ves que está en ruínas. Entón, crendo que a voz se refería ao edificio do templo no que oraba, decidiu contribuír á súa reparación e vivir alí como un anacoreta.

Cando volveu a Asís, recibiu as burlas dos seus paisanos, que se rían do seu aspecto desleixado e abandonado. O seu pai encerrouno e golpeouno e máis tarde obrigouno a comparecer perante o Bispo Guido de Asís. O bispo cominouno a que devolvese o diñeiro do seu pai, empregado en atender os pobres e enfermos e en reparar San Damián e díxolle que Deus non quere que a súa Igrexa goce de bens adquiridos inxustamente. Daquela Francisco sacou os vestidos e, quedando espido, dixo: os meus vestidos son do meu pai. Pedro Bernardone indignado abandonou o pazo episcopal.

Liberado de todos os bens e tras renunciar á herdanza do seu pai, ía polos camiños cantando louvanzas a Deus e bendicíndoo pola bondade e beleza das súas criaturas. Nin as malleiras dos bandoleiros ripábanlle a alegría. Cando volveu a Asís, despois de varios anos, atopou o desprezo e a xacarandaina. Alí retomou a idea de restaurar San Damián coas súas propias mans.

Trasladouse a unha sinxela capeliña chamada Porziuncola. Daquela, nunha celebración, escoitou as palabras de Xesús de Nazaret que obrigaba a dar gratis o que gratis se recibira e a non posuír nin diñeiro, nin dúas túnicas, nin sandalias, nin báculo, nin alforxas e a ir polo mundo coma años no medio de lobos. Isto tocoulle moi fondo e desfíxose do pouco que aínda levaba enriba e ficou cunha túnica de la como a dos labregos miserentos da Umbría.

Primeiros discípulos

Tras este xesto, sentiu un grande entusiasmo interior que o impulsaba a predicar a conversión e a noticia alegre da paz do Señor. Empezou a ter discípulos e seguidores. O primeiro foi o rico comerciante Bernardo de Quintavalle que tras ler a Biblia con Francisco, decidiu repartir as súas riquezas entre os pobres. Vivían nunha cabana en Rivo Torto non lonxe de Asís.

En 1210, Francisco redactou a primeira regra franciscana e foron a Roma para que o Papa a aprobase. En Roma encontrou censura e incomprensión por parte das autoridades eclesiásticas, pero, unha vez analizada a regra, a sorpresa foi que consistía literalmente nas frases de Xesús sobre o desprendemento, a pobreza e a fraternidade, de xeito que se viron obrigados a aceptala. Inocencio III amosouse adverso, pero finalmente mandou chamar o mendigo e aprobou a regra.

En 1212, o abade de Monte Subiaso regaloulle Porziuncola. Francisco non quixo aceptar propiedade ningunha e considerouna como un préstamo, en sinal do cal leváballe aos monxes un canastro de peixes apañados nun regato veciño. A este agasallo os beneditinos responderon cun tonel de aceite. Este costume continuou dende entón.

Construíron humildes cabanas ao redor da igrexa e comezou a ensinar co exemplo e o bo humor a fraternidade, a cooperación, a pobreza e a penitencia. Entendía que era unha sedución demoníaca aceptar diñeiro, buscar a excentricidade ou excederse no xexún con perigo da saúde, aínda que se conta que el mesmo se botou a rolos na neve para vencer as tentacións carnais. Aos lacazáns chamábaos irmán mosca e ao seu corpo irmán asno. Porén, tiña un fondo amor pola natureza, particularmente polos animais e consideraba como irmás todas a criaturas. Os seus biógrafos contan que afastaba con delicadeza os vermes do camiño para que non fosen esmagados, que falaba coas andoriñas, que tiña un coelliño que o seguía no lago Trasimeno e que chegou a amansar un lobo que aterrorizaba os veciños. Aos irmáns que facían leña prohibíalles cortar toda a árbore para que renovasen os gromos; ao hortelán pedíalle que deixase na beira do horto franxas sen cultivar para que nacesen herbas e flores que evocasen a cantos as visen a fragrancia eterna.

Os seus discípulos gustaban de xogar cos nenos, atender enfermos, cantar e traballar manualmente nos máis diversos oficios. Percorrían as vilas e as aldeas e proclamaban que o Amor non é amado co fin de achegar as xentes a Xesucristo. Conseguían reconciliar inimigos e mesmo evitar conflitos armados como o caso da vila de Arezzo ao bordo dunha guerra civil. Difundían un afecto verdadeiro superior a todo amor, escribirá Celano, quen tamén recolleu as persecucións, crueldades e encarceramentos dos que foron vítimas, e que aturaban con paciencia, fortaleza e ledicia.

Tivo tamén seguidoras, entre as que salientou Clara de Asís, que profesaba un fondo amor e fascinación por Francisco. Fundou coas súa compañeiras unha orde contemplativa.

O islam

Francisco decidiu predicar aos musulmáns, nun momento no que Europa no Concilio de Letrán organizaba as cruzadas, pero tras embarcar rumbo a Siria, unha treboada devolveuno a Ancona. Unha enfermidade impediulle tamén ir a Marrocos. Por fin, en 1219, conseguiu chegar a Damieta, onde os cruzados combatían os musulmáns polo control da desembocadura do Nilo. Doído ao ver o embrutecemento moral dos cruzados, acordou pasar ao territorio islámico na busca do mesmo Sultán. O propio Malek-al-Kamil recibiuno e deulle hospitalidade por uns días, abraiado da audacia e da indefensión dos predicadores. Malia isto, fracasou no seu intento de converter a corte do Sultán. Volveu de Terra Santa cos ollos danados para sempre e unha malaria que xa non lle daría acougo.

A Orde

Francesco - Fioretti, 1476-1479 - 1571894 if00284200 Scan00003
Fioretti.
Artigo principal: Orde franciscana.

Francisco chamaba a súa Orde a dos Irmáns Menores, pero esta espallábase alén dos Alpes. En 1219, tivo lugar na Porziuncola o capítulo da Orde. Construíronse multitude de cabanas para acoller os delegados de toda Europa. Moitos delegados acusaron a Francisco de entregarse á aventura e pediron unha estrutura máis eficaz e sólida. Francisco defendeu con forza o camiño da sinxeleza e a humildade, exhortou os seus seguidores a que fosen, fronte os prudentes, pobres e toleiráns neste mundo e a confiar en Deus.

Rexeitou tamén, noutra ocasión, a proposta de solicitar poder predicar sen autorización dos bispos de cada diocese por onde facían camiño os seus predicadores. A desconfianza e a persecución por parte das autoridades relixiosas aconsellaban tal petición que se dirixiría ao Papa. Francisco explicou que o maior dos privilexios e non gozar de privilexio ningún.

Aproveitando a súa viaxe a Siria, os que quedaran como os seus vicarios, pretenderon asimilar a orde ás regras estruturadas da vida monástica do tempo. Isto supoñía unha relaxación e vivir comodamente en conventos. Cando retornou, Francisco considerou isto unha traizón ao seu espírito e negouse a entrar no convento de Boloña. Solicitou ao papa Honorio III que puxese o cardeal Ugolino (futuro Gregorio IX) como protector da orde e dispúxose a redactar unha nova regra.

Francisco renunciara a liderar a orde e en fronte tiña a frei Elías, o auténtico ministro xeral. Este facíase eco das protestas dos que reclamaban ter, cando menos, bens en común. Cando Honorio III aprobou a nova regra en 1223, esta recollía literalmente o redactado por Francisco que mantiña o seu espírito radical de pobreza, humildade e sinxeleza.

Redactou tamén unha regra para os laicos, os futuros terciarios franciscanos. El mesmo renunciou a ser sacerdote por considerarse indigno.

Non lle entusiasmaba que os seus irmáns se dedicasen ao estudo como era común nos monxes. Vía nisto un perigo de soberbia e dureza de corazón. Temía que o saber alimentara a vaidade, pero neste aspecto foi máis dubitativo e flexible.

Perfil

A súa experiencia vital levábao á convicción de que a humildade era a fonte de todas as virtudes. Entendía a pobreza de xeito radical, como desprotección e desamparo absolutos. Consideraba o diñeiro, o prestixio e o poder como demoníacos, así que se compracía na pobreza e no desprezo.

Afincado na oración, tivo experiencias místicas e sufriu de estigmas, algo que só revelou aos máis achegados.

Sometíase a un duro rigor, pero manifestaba unha alegría que lle inspiraba composicións líricas que chegaron ata nós como a louvanza á natureza (cántico do irmán sol) e o himno da paz, unha oración onde glosaba todo un programa para ser instrumento de gozo, perdón e reconciliación.

A súa tenrura polo Xesús neno e desvalido levouno a montar o primeiro belén ou nacemento, unha tradición que chegou aos nosos días. A tradición conta que foi peregrino a Santiago de Compostela onde se fixo amigo do galego Cotolai.

Os seus biógrafos, moi próximos aos feitos, como Tommaso da Celano non dubidan en atribuírlle prodixios milagrosos que falan do seu amor á natureza e a súa capacidade de sandar os doentes e serenar os inimigos. Este caracterizaba a Francisco e os seus seguidores como persoas de risa modesta, rostro festivo, ollo sinxelo, actitude humilde, lingua benigna, e resposta serena; concordes no ideal, dilixentes no servizo e infatigables nas obras; libres e destemidos, non buscaban a protección de ninguén (Vida primeira).

Morte

Os seus derradeiros anos foron dun progresivo debilitamento. A piques de finar, pediu que o levasen a Porziuncola. Solicitou parar para adiviñar, máis que albiscar, por mor da cegueira, a paisaxe de Asís e comeu un pastel pedindo perdón ao irmán corpo polo mal que o tratara. Rogou que se cantase o cántico ao irmán sol e expresou o seu desexo de ser soterrado no cemiterio dos criminais no Colle d´Inferno. Fixo que o puxesen espido sobre a espida terra (Celano, Vida segunda) e deu a benvida á irmá morte.

Veneración

San Francisco de Asís recibe veneración como santo na Igrexa católica logo da súa canonización polo papa Gregorio IX o 16 de xullo de 1228, tan só dous anos logo do seu pasamento. A súa festividade celébrase o 4 de outubro, sendo un dos santos presentes no calendario romano xeral, cunha Memoria obrigatoria.

Dentro da Comuñón Anglicana, a Igrexa de Inglaterra, a Igrexa Episcopaliana dos Estados Unidos e a Igrexa Anglicana do Canadá tamén celebran a súa festa o 4 de outubro.

É o patrón da parroquia dos Tilos (concello de Teo).

Notas

  1. Porque San Francisco de Asís tamén se espiu e, como sinal de xenerosidade, entregou a roupa ós pais antes de marchar (ABC, 14.07.2003).
4 de outubro

O 4 de outubro é o 277º día do ano do calendario gregoriano(278º nos anos bisestos). Quedan 88 días para finalizar o ano.

Afonso XII de España

Afonso XII, alcumado O Pacificador, nado en Madrid o 28 de novembro de 1857 e falecido en El Pardo (Madrid) o 25 de novembro de 1885, foi Rei de España entre 1875 e 1885.

Era fillo da raíña Isabel II e do seu curmán, o príncipe Francisco de Asís de Borbón, aínda que diversas fontes apunta a que o seu proxenitor verdadeiro é o capitán de tenentes Henrique Puig Moltó, coñecido amante da súa nai.

Basílica de San Francisco de Asís

A Basílica Papal de San Francisco (en italiano: Basilica Papale di San Francesco, en latín: Basilica Sancti Francisci Assisiensis) atópase en Asís, na rexión italiana de Umbría, e é Patrimonio da Humanidade dende o ano 2000. Lugar da glorificación de San Francisco de Asís, distínguense nela dúas partes fundamentais: a Basílica inferior, baixa e escura, e a Basílica superior, espazosa e luminosa. Esta distribución interpretouse de xeito simbólico: a primeira representaría a vida de penitencia, mentres que a segunda simbolizaría a gloria.A basílica forma parte de todo un complexo monumental franciscano. En fronte do atrio que precede o ingreso da basílica inferior atópase o ex Oratorio de San Bernardino, construído para a Terceira orde de San Francisco por oficiais longobardos arredor da metade do século XV. Tralo portal, éntrase no Sacro Convento que, ademais da comunidade de Freires Menores Conventuais, encargados da custodia da basílica, actualmente aloxa o Instituto Teolóxico de Asís (ITA), o Instituto de Ciencias Relixiosas (ISSRA), un Centro de documentación e un importante fondo de documentos e libros especializados en temas franciscanos.

A basílica ten grande importancia dende o punto de vista relixioso, xa que é a sede da Orde Franciscana e trátase dunha parada obrigada para moitos peregrinos durante a súa viaxe a Roma, e dende o punto de vista artístico, por contar con obras como A vida de San Francisco nos frescos de Giotto.

Boaventura de Bagnoregio

Boaventura de Bagnoregio nado na Toscana en 1217 e finado en Lión en 1274 foi un filósofo e teólogo, profesor da Universidade de París, superior da Orde franciscana e cardeal da Igrexa católica.

Clara de Asís

Clara de Asís, nada como Chiara Offreduccio en Asís (Umbría) o 16 de xullo de 1194 e finada o 11 de agosto de 1253, foi unha santa italiana, seguidora fiel de Francisco de Asís e fundadora da Orde de Santa Clara, referente feminino da vida franciscana.

Convento de San Francisco de Terrasa

O convento de San Francisco de Asís (en catalán: Convent de Sant Francesc d'Assís) é un antigo edificio relixioso de Terrasa que data do comezos do século XVII (1609-1612), en estilo barroco pero con trazas góticas e renacentistas. Atópase na praza do Doutor Robert, no extremo do passeig del Comte d'Ègara e a carón do parque de Vallparadís. Salienta especialmente polo seu claustro decorado con balaustres de cerámica que tratan aspectos da vida de san Francisco e que é unha das seccións do Museo de Terrasa.

Ducado de Cádiz

O Ducado de Cádiz é un título nobiliario español concedido por primeira vez polos Reis Católicos a Rodrigo Ponce de León e Núñez, III conde de Arcos, II marqués de Cádiz, da casa dos Ponce de León.

O seu nome refíre á cidade andaluza de Cádiz.

Unha vez morto o primeiro duque, os Reis Católicos negociaron coa súa herdeira Francisca Ponce de León e Jiménez de la Fuente a abolición do marquesado e do ducado de Cádiz, reincorporando tras a súa morte a cidade e os títulos á Coroa de Castela,

dando ao seu fillo en compensación o condado de Casares e elevando o condado de Arcos a ducado de Arcos.

Durante séculos o título permaneceu en desuso, até o século XIX. Desde entón o título de duque de Cádiz ostentárono varios membros da familia do rei: Francisco de Asís Luis de Borbón, fillo primoxénito do infante de España Francisco de Paula de Borbón e, tras a súa morte o seu irmán (de igual nome) Francisco de Asís de Borbón, rei consorte, quen apenas utilizou este título en vida.

Así mesmo recibiu o ducado de Cádiz o infante de España Fernando María de Baviera e Borbón e, por último, Afonso de Borbón e Dampierre, quen recibiu o título por iniciativa do avó da súa esposa Carmen Martínez-Bordiú e Franco o xefe do Estado, Francisco Franco Bahamonde.

Sobre esta última concesión, o periodista e político Antonio Fontán (que máis adiante sería presidente do Senado) explicou o seguinte:

Deste xeito, Afonso de Borbón recibiu o ducado de Cádiz. O 22 de novembro de 1972, Franco concedeulle por decreto a facultade de usalo en España. Tras a morte de Afonso, o título volveu reverter na Coroa unha vez máis.

Eleccións municipais en Ponteareas

Corporacións democráticas en Ponteareas desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: José Castro Álvarez — CD

1983 Alcalde: José Castro Álvarez — CP

1987 Alcalde: José Castro Álvarez — AP

1991 Alcalde: José Castro Álvarez — PPdeG

1995 Alcalde: José Castro Álvarez — PPdeG

1999 Alcalde: José Castro Álvarez — UCPA. Trala inhabilitación xudicial de José Castro, accede a alcaldía a tenente de alcalde Nava Castro.

2003 Alcalde: Francisco de Asís Candeira Mosquera — PSdeG-PSOE. Elixido alcalde cos votos de concelleiros de PSdeG-PSOE, BNG e PPdeG, formando goberno de coalición co BNG.Logo dunha moción de censura o 13 de maio do 2004 toma posesión como alcalde Salvador González Solla do PPdeG co apoio dos votos dos concelleiros de UCPA.

2007 Alcalde: Salvador González Solla — PPdeGGoberno de coalición do PPdeG e UCPA.

2011 Alcalde: Salvador González Solla — PPdeG

2015 Alcalde: Xosé Represas Giráldez — BNGCandidaturas: Salvador González Solla (PP), Xosé Represas Giráldez (BNG), María Jesús Garrote Represas (PSdeG-PSOE), Juan Carlos González Carrera (Alternativa Ciudadana de Ponteareas), Manuel Norberto Troncoso Rodríguez (A Riada do Tea), Lino Antonio Costas Vila (EU-SON) e María Sandra Araujo Carballido (CxG-CCTT).

2019 Alcalde: Xosé Represas Giráldez — BNG

Farruco Sesto Novás

Francisco de Asís Sesto Novás, nado en Vigo o 14 de outubro de 1943, é un arquitecto, político e escritor galego. Membro correspondente da Real Academia Galega desde 2011.

Francisco Candeira

Francisco de Asís Candeira Mosquera "Pancho", nado en Ponteareas o 26 de febreiro de 1956, é un historiador e político galego.

Francisco Tárrega

Francisco de Asís Tárrega Eixea, nado en Vila-real, Castelló o 21 de novembro de 1852, e finado en Barcelona o 15 de decembro de 1909, foi un compositor e guitarrista español.

Francisco de Asís Cabrero

Francisco de Asís Cabrero Torres-Quevedo nado o 4 de outubro de 1912 en Santander e falecido o 26 de febreiro de 2005 en Madrid foi un arquitecto español.

Francisco de Asís Porto Rey

Francisco de Asís Porto Rey, nado en Santiago de Compostela e finado na mesma cidade o 23 de outubro de 1937, foi un comerciante e político galego.

Francisco de Asís de Borbón

Francisco de Asís María Fernando de Borbón e Borbón-Dúas Sicilias, nado en Aranjuez o 13 de maio de 1822 e finado en Épinay-sur-Seine (Francia) o 17 de abril de 1902), foi fillo do infante de España Francisco de Paula de Borbón e de Luisa Carlota de Borbón-Dúas Sicilias, foi rei consorte de España (1846-1868) e II duque de Cádiz.

Isabel II de España

Isabel II de España ou de Borbón, nada en Madrid o 10 de outubro de 1830 e finada en París o 9 de abril de 1904, foi raíña de España dende 1833 até 1868.

Os Tilos, Teo

San Francisco de Asís dos Tilos é unha parroquia que se localiza no noroeste do concello de Teo. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 2.360 habitantes (1.177 homes e 1.183 mulleres).

É a máis recente das parroquias do concello. Foi creada no ano 1993 por causa do aumento de poboación ocasionado pola construción da Urbanización Os Tilos cerca do concello de Santiago de Compostela. A parroquia eclesiástica dos Tilos foi establecida polo Decreto do 6 de agosto de 1990 do arcebispado de Santiago.

Partido Comunista de Asturias

O Partido Comunista de Asturias (PCA) é a federación do Partido Comunista de España en Asturias.

No VIII Congreso do Partido Comunista de Asturias nomeouse a Francisco de Asís Fernández Junquera-Huergo como Secretario Xeral do partido.Nas primeiras eleccións autonómicas, o PCA obtivo 5 escanos na cámara autonómica. Logo, presentouse con IU. De cara ás eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias de 2011, o PCA decidiu presentarse á marxe de IU con nome de Frente de la Izquierda e nas municipais ao concello de Oviedo apoiando a Asamblea de Ciudadanos por la Izquierda.

Raíñas e reis consortes de España

A continuación presentase a lista de mulleres que foron consortes dos monarcas españois e que son coñecidas como Raíñas consortes de España; dentro da lista figura un home, o rei consorte Francisco de Asís, esposo de Isabel II. A lista só contén as esposas dos reis da España unificada e non dos reinos anteriores á Reconquista. Tamén recóllese a dinastía Bonaparte, a pesar de que o rei Xosé I non foi recoñecido como tal polas Cortes Xerais e que a súa dona, Julia Clary, non chegou a estar nunca en España.

Dentro da lista figuran algunhas das consortes que se encargáron da rexencia do reino por distintos motivos, estas foron:

Isabel de Borbón; durante 1640 pois o seu esposo Filipe IV encontrábase na Guerra de Cataluña.

Mariana de Austria; rexente dez anos a partir de 1665 ata 1675 por la minoría de idade do seu fillo Carlos II.

María Luísa Gabriela de Savoia; en 1702 durante a Guerra de Sucesión Española.

María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias; desde 1833 e ata 1840 pola minoría de idade da súa filla Isabel II.

María Cristina de Habsburgo-Lorena; a partir de 1885 e ata 1902, pola minoría de idade do seu fillo Afonso XIII.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.