Francisco Vázquez Saco

Francisco Vázquez Saco, nado en Sarria o 24 de outubro de 1897 e finado en Lugo o 27 de decembro de 1962, foi un eclesiástico e escritor galego.

Francisco Vázquez Saco
Nacemento24 de outubro de 1897
 Sarria
Falecemento27 de decembro de 1962
 Lugo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor

Traxectoria

Formación

Cursou estudios eclesiásticos no Seminario lucense e na Universidade Pontificia de Comillas, sendo ordenado presbítero en 1922. No ano 1937 foi designado Cóengo Lectoral de Lugo e Reitor do Seminario. Foi doutor en Filosofía e Teoloxía e Licenciado en Dereito Canónico.

Actividades

Placa a Francisco Vázquez Saco en Sarria
Placa a Vázquez Saco en Sarria.

Foi nomeado en 1945 membro correspondente da Real Academia da Historia. Ocupou o cargo de Presidente da Comisión Provincial de Monumentos Históricos e Artísticos desde febreiro de 1948 ata o seu falecemento, e no ano 1958 foi nomeado membro da Comisión para a conservación de edificios e obxectos eclesiásticos, sendo tamén vocal do Centro de Estudos Xacobeos de Santiago de Compostela.

Como Director do diario de Lugo La Voz de la Verdad, cargo que tivo durante varios anos, realizou unha meritoria función, publicando nel varias poesías.

Foi membro correspondente da Real Academia Galega desde decembro de 1942, e numerario desde o 3 de febreiro de 1946 aínda que non tomou posesión ata o 14 de xuño de 1952, nun solemne acto que tivo lugar no salón de Actos do Círculo das Artes. O discurso de ingreso, Una curiosa singularidad de la diplomática lucense en los siglos de la alta Edad Media, estuda as invocacións marianas na Catedral de Lugo na alta Idade Media.

Amosou sempre un especial amor a Galicia e a Sarria, sendo proverbial a súa capacidade de traballo, que o levou a coñecer como ninguén os arquivos locais, dando luz a moitos traballos de investigación histórica. O Concello de Sarria, en sesión de 15 de xullo de 1947, a proposta do alcalde Antonio Peña Villamarín, nomeouno Fillo Predilecto.

Erudito comprometido con Galicia, foi sobre todo home de Igrexa, e por moitos anos o encargado da formación dos futuros sacerdotes, como Reitor do Seminario. Correspondente da Academia da Historia e vogal da Xunta do Museo de Lugo, as súas vacacións en Sarria adicounas decote a investigar nos arquivos, sentando así as bases da historia local, dun modo rigoroso.

Obra

Para as mozas de Acción Católica creou a folliña Sursum, título que xa dera a outra revista por el fundada no seminario. Na das rapazas, e baixo a sinatura "El Consiliario Diocesano", publicou distintos traballos cheos de consellos, consignas e directrices. Na folliña parroquial Antena publicaba unha sección na que trataba temas relacionados co seminario, as vocacións, as virtudes sacerdotais...

Unha das facetas menos coñecida da súa vida e obra é a da súa actividade poética, que iniciou sendo mozo, no ano 1916. Estaba na metade da carreira, cando presentou unha poesía ó certame Literario Mariano de Lleida que foi premiada. Un ano máis tarde concorría con outra, baixo o lema "Muera la escuela sin Dios", no concurso caquetístico de Ferrol. No ano 1948 compartiu o premio polo traballo "Artistas que trabajaron en la catedral lucense".

Durante boa parte da súa vida foi recollendo refráns, dialoxismos, locucións, cantigas e outro material fraseolóxico. A raíz da convocatoria dun premio que a editorial Bibliófilos Gallegos convocou en 1951 para a publicación dun refraneiro galego, Vázquez Saco presentou unha compilación baixo o título 11.000 Refranes Gallegos. O premio foi declarado deserto porque os traballos presentados non reunían calidade suficiente, e volveuse a convocar no ano 1953, se ben Vázquez Saco xa non se volveu presentar. Aínda así continuou reunindo material ata a súa morte, ata conseguir unha colección de 22.939 refráns, con numerosas anotacións e correspondencias con outros asturianos, casteláns e portugueses. Este material inédito foi publicado por fin polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, no 2003, baixo o título de Refraneiro galego e outros materiais de tradición oral, no 5º volume dos Cadernos de Fraseoloxía Galega [1]. Trala publicación deste refraneiro, unha colaboradora de Vázquez Saco entregou ó Centro Ramón Piñeiro unha carpeta con máis material inédito, entre o que se encontraban 81 novos refráns, xunto a outros 101 portugueses, que foron publicados baixo o título "Novo manuscrito paremiolóxico de Vázquez Saco" no número seguinte dos Cadernos de Fraseoloxía Galega [2].

Publicacións

  • Los escudos de Sarria, nº 5 das publicacións do Museo de Lugo.
  • La Catedral de Lugo (Colección Obradoiro.- Tomo VII. Editorial Bibliófilos Gallegos ).
  • Nuestra Señora de los Ojos Grandes, Patrona de Lugo" (1954).
  • Esbozo biográfico del Beato Díaz Sanjurjo
  • Inscripciones romanas de Galicia (Tomo II, provincia de Lugo)
  • 164 papeletas no Boletín do Museo Provincial, relacionadas co Románico lucense, con fotografías da súa autoría.

Nos Libros-Programa das festas de San Xoán publicou moitos traballos sobre Sarria:

  • "El Camino de Santiago en Sarria"
  • "Los tres primeros condes de Sarria"
  • "Sarria y San Juan"
  • "Reyes en Sarria"
  • "Artistas que florecieron en Sarria"
  • "Los priores de Santa María Magdalena"
  • "Los priores: Adiciones"
  • "Los romanos en la comarca"
  • "Gregorio Fernández"
  • "La Casa de Lemos y el antigo convento de agustinos".
24 de outubro

O 24 de outubro é o 297º día do ano do calendario gregoriano (298º nos anos bisestos). Quedan 68 días para finalizar o ano.

Antonio Couceiro Freijomil

Antonio Couceiro Freijomil, nado en Pontedeume o 2 de xuño de 1888 e finado en Santiago de Compostela o 9 de maio de 1955, foi un escritor galego, coñecido polo seu Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores.

Celestino Sánchez Rivera

Celestino Sánchez Rivera, nado en Santiago de Compostela o 13 de novembro de 1870 e finado na mesma cidade o 30 de febreiro de 1948, foi un xornalista e escritor galego.

Emilio Tapia Rivas

Emilio Tapia Rivas, nado en Mondoñedo o 7 de agosto de 1862 e finado en Lugo o 12 de xuño de 1918, foi un avogado, político, xornalista e escritor galego.

Fernando Cortés Bugía

Fernando Cortés Bugía, nado en Betanzos o 15 de decembro de 1874 e finado na Coruña o 25 de marzo de 1948, foi un pintor, escultor e debuxante galego.

Gonzalo Brañas Fernández

Gonzalo Brañas Fernández, nado na Coruña o 17 de decembro de 1866 e finado na mesma cidade o 2 de agosto de 1948, foi un físico e inventor galego.

Indalecio Varela Lenzano

Indalecio Varela Lenzano, nado na Coruña o 10 de abril de 1856 e finado en Ourense o 14 de xuño de 1940, foi un musicólogo e crítico musical galego.

Jaime Ozores de Prado

Jaime Ozores de Prado, marqués de San Martiño de Ombreiro, nado na Coruña o 17 de xullo de 1846 e finado na mesma cidade o 2 de maio de 1922, foi un militar e filántropo galego.

José García Acuña

José García Acuña, nado en Betanzos o 15 de xaneiro de 1873 e finado na Coruña o 10 de xuño de 1933, foi un diplomático e escritor galego.

José Luis Bugallal Marchesi

José Luis Bugallal Marchesi, tamén chamado Marathon, nado na Coruña o 18 de setembro de 1899 e falecido na mesma cidade o 26 de decembro de 1989, foi un xornalista e escritor galego.

José Vega Blanco

José Vega Blanco, finado en Lugo o 15 de febreiro de 1933, foi un xornalista e escritor galego.

Manuel Banet

Manuel Banet Fontenla, nado na Coruña o 30 de marzo de 1871 e finado na mesma cidade o 30 de setembro de 1962, foi un avogado e escritor galego.

Manuel Vázquez Seijas

Manuel Vázquez Seijas, nado en Lugo o 15 de xaneiro de 1884 e finado na mesma cidade o 23 de decembro de 1982, foi un historiador e escritor galego.

Marino Dónega

Marino Dónega Rozas, nado en Huelva o 3 de marzo de 1916 e finado na Coruña o 1 de abril de 2001, foi un escritor e político galego.

Pegerto Saavedra

Pegerto Saavedra Fernández, nado en Freixo (A Fonsagrada) o 15 de novembro de 1951, é un historiador galego.

Rafael Pérez Barreiro

Rafael Pérez Barreiro, nado en Madrid en 1862 e finado na Coruña o 29 de abril de 1932, foi un filólogo e profesor.

Ramón Bernárdez González

Ramón Bernárdez González, nado no Carballiño en 1838 e finado na Coruña o 16 de xuño de 1911, foi un sacerdote e escritor galego.

Ramón López de Vicuña

Ramón López de Vicuña, nado en Manila, Filipinas, o 14 de novembro de 1852 e finado en Madrid o 14 de febreiro de 1909, foi un profesor e escritor galego.

Ramón Tojo Pérez

Ramón Tojo Pérez, nado en Padrón en 1860 e finado en Pontevedra o 7 de outubro de 1944, foi un escritor e político galego.

Membros de número da Real Academia Galega
Plenario
actual
Históricos

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.