Francisco Romero Blanco

Francisco Romero Blanco, nado en Tállara (Lousame) o 21 de outubro de 1838 e finado en Noia o 21 de novembro de 1918, foi un médico galego.

Francisco Romero Blanco
Nacemento21 de outubro de 1838
 Lousame
Falecemento21 de novembro de 1918
 Noia
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico

Traxectoria

Foi catedrático de Anatomía Descritiva (1871) e reitor da Universidade de Santiago de Compostela en tres ocasións, á que representou como senador en 1896. Foi probablemente quen fixo a primeira exposición en Galicia das teorías de Darwin. Colaborou en El Eco de Santiago, El Fin del Siglo, El Zumbido, El Alcance, Gaceta de Galicia, O Tio Marcos d'a Portela e O Novo Galiciano. Empregou ás veces o pseudónimo Franrobla. Académico da Real Academia Nacional de Medicina, foi académico fundador da Real Academia Galega.

Predecesor:
Jacobo Gil Villanueva
 USClogotipo.gif
Reitor da Univ. de Santiago
 
1891 - 1893
Sucesor:
Maximino Teijeiro Fernández
Predecesor:
Maximino Teijeiro Fernández
 USClogotipo.gif
Reitor da Univ. de Santiago
 
1896 - 1897
Sucesor:
Maximino Teijeiro Fernández
Predecesor:
Maximino Teijeiro Fernández
 USClogotipo.gif
Reitor da Univ. de Santiago
 
1900 - 1903
Sucesor:
Jacobo Gil Villanueva

Foi pai do tamén médico Francisco Romero Molezún.

Obras

  • De la Medicina considerada como ciencia y como arte, 1867 (a súa tese doutoral en Medicina e Cirurxía).
  • La herencia simia del hombre, 1877 (publicada co pseudónimo Franrobla).
  • La herencia del primer pecado según la ciencia y la carta de un cura, 1877.
  • Tratado de Angio-neurología o sistema vascular y nervioso considerados paralelamente en su parte anatómico-filosófica, 1869. Santiago de Compostela. Impreso no Establecimiento Tipográfico de José Souto Díaz. 700 páxinas.
  • Programa razonado de Anatomía General y Descriptiva (del 2º curso principalmente), 1871.
  • Ensayo de angilogía anormal: casos de notable anomalía del sistema vascular, 1875.
  • Programa de anatomía humana: normal y fisiológica, general y descriptiva, 1884.
  • La vida en todas sus manifestaciones, 1891.
  • Ley de transacción orgánica, 1892.
  • La mano, 1892.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

21 de novembro

O 21 de novembro é o 325º día do ano no Calendario Gregoriano e o 326º nos anos bisestos. Quedan 40 días para finalizar o ano.

21 de outubro

O 21 de outubro é o 294º día do ano do calendario gregoriano (295º nos anos bisestos). Quedan 71 días para finalizar o ano.

Antonio Couceiro Freijomil

Antonio Couceiro Freijomil, nado en Pontedeume o 2 de xuño de 1888 e finado en Santiago de Compostela o 9 de maio de 1955, foi un escritor galego, coñecido polo seu Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores.

Celestino Sánchez Rivera

Celestino Sánchez Rivera, nado en Santiago de Compostela o 13 de novembro de 1870 e finado na mesma cidade o 30 de febreiro de 1948, foi un xornalista e escritor galego.

Diario de Galicia (Compostela)

Diario de Galicia foi un xornal que se editou en Santiago de Compostela entre 1908 e 1930.

El Eco de Santiago

El Eco de Santiago foi un periódico editado en Santiago de Compostela entre 1896 e 1938.

Emilio Tapia Rivas

Emilio Tapia Rivas, nado en Mondoñedo o 7 de agosto de 1862 e finado en Lugo o 12 de xuño de 1918, foi un avogado, político, xornalista e escritor galego.

Gonzalo Brañas Fernández

Gonzalo Brañas Fernández, nado na Coruña o 17 de decembro de 1866 e finado na mesma cidade o 2 de agosto de 1948, foi un físico e inventor galego.

Indalecio Varela Lenzano

Indalecio Varela Lenzano, nado na Coruña o 10 de abril de 1856 e finado en Ourense o 14 de xuño de 1940, foi un musicólogo e crítico musical galego.

Jacobo Gil Villanueva

Jacobo Gil Villanueva, nado en Santiago de Compostela o 25 de xaneiro de 1831 e finado na mesma cidade o 27 de novembro de 1906, foi un xurista e político galego.

José Luis Bugallal Marchesi

José Luis Bugallal Marchesi, tamén chamado Marathon, nado na Coruña o 18 de setembro de 1899 e falecido na mesma cidade o 26 de decembro de 1989, foi un xornalista e escritor galego.

José Vega Blanco

José Vega Blanco, finado en Lugo o 15 de febreiro de 1933, foi un xornalista e escritor galego.

Manuel Banet

Manuel Banet Fontenla, nado na Coruña o 30 de marzo de 1871 e finado na mesma cidade o 30 de setembro de 1962, foi un avogado e escritor galego.

Maximino Teijeiro Fernández

Maximino Teijeiro Fernández, nado en Monforte de Lemos o 30 de setembro de 1827 e finado en Santiago de Compostela o 5 de xuño de 1900, foi un médico e político galego.

Pegerto Saavedra

Pegerto Saavedra Fernández, nado en Freixo (A Fonsagrada) o 15 de novembro de 1951, é un historiador galego.

Rafael Pérez Barreiro

Rafael Pérez Barreiro, nado en Madrid en 1862 e finado na Coruña o 29 de abril de 1932, foi un filólogo e profesor.

Ramón Tojo Pérez

Ramón Tojo Pérez, nado en Padrón en 1860 e finado en Pontevedra o 7 de outubro de 1944, foi un escritor e político galego.

Universidade de Santiago de Compostela

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) é unha institución universitaria con sede en Santiago de Compostela. As súas orixes datan de finais do século XV, sendo a primeira universidade fundada en Galiza e a sexta en España. Porén, non hai unanimidade nas datas de fundación das universidades españolas. Uns consideran a fundación como o momento no que se instauran algún tipo de estudos, segundo este criterio a USC fúndase en 1495, o que a converte na sexta universidade española máis antiga despois das de Salamanca, Complutense, Valladolid, Barcelona e Zaragoza. Outros toman como data fundacional o ano en que é recoñecida pola Igrexa ou algunha autoridade civil, de acordo con este criterio a USC foi fundada en 1504 pero continúa sendo a sexta máis antiga de España gañando en antigüidade á de Zaragoza mais perdéndoa coa de Valencia.En 1990 a partir da Universidade de Santiago creáronse as Universidades da Coruña e de Vigo. No ano 2012 contaba con dous campus universitarios (Campus de Santiago -dividido en Histórico, Norte e Sur-, e Campus de Lugo) cun total de 23 facultades e 2 escolas técnicas superiores.Durante o curso 2011-12 o número de estudantes matriculados ascendía a 28.138, dos cales 24.758 correspondían a titulacións oficiais do 1º e 2º ciclos e grao, 1.677 a másteres oficiais e 1.703 a outros estudos (titulacións e másteres propios, cursos de especialización, cursos de formación continua e 4º ciclo).En abril de 2018 foi elixido reitor o xurista Antonio López.

Membros de número da Real Academia Galega
Plenario
actual
Históricos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.