Francisco Rey Balbís

Francisco Rey Balbís, Moncho, nado en San Cibrao (Cervo) o 19 de marzo de 1917 e falecido na Habana o 9 de xaneiro de 2010[1], foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Francisco Rey Balbís
AlcumeMoncho
Nacemento19 de marzo de 1917
 San Cibrao
Falecemento9 de xaneiro de 2010
 A Habana
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmembro da resistência

Traxectoria

En 1926 trasladouse a vivir a Gandarío (Bergondo), onde comezou a asistir á escola do Pósito Marítimo. Ao rematar a primaria comezou a traballar como axudante de ferreiro.

Con 19 anos, chegoulle a citación para o servizo militar. Foi enviado a Teruel, onde se pasou ao exército leal. Coa derrota da República e ante a imposibilidade de fuxir a Francia, andou escapado por Valencia, Madrid e Segovia ata chegar a Galicia. Ante o acoso policial, entregouse no cuartel de Infantería de Mariña de Ferrol. Pasou cinco anos na cadea. Ao saír creou unha célula do PCE en Gandarío e incorporouse á loita guerrilleira co alcume de "Moncho".

Integrouse no Destacamento Enrique Lister xunto con José Blanco Núñez "Ferreirín". Formou parte da IV Agrupación que dirixía Marcelino Rodríguez Fernández, "Marrofer". En 1946 Marrofer caeu en combate, sucedéndolle Manuel Ponte; en abril de 1947 caeu Ponte e designouse a "Moncho" á fronte da xefatura da Agrupación ata que en 1950 o PCE decidiu desactivar a guerrilla e atravesou os Pirineus coa súa compañeira María Gallego Abeledo para exiliarse en Francia.

En 1952 foi delegado ao V Congreso do PCE que se realizou en Praga. A situación en Francia endureceuse cando a policía falanxista e a francesa acordaron repatriar aos exiliados españois. Por orientación do PCE propuxéronlle que abandonase Francia e marchara a Cuba. Chegou á Habana o 2 de febreiro de 1964 coa súa filla de oito anos.

Viviu e traballou en Cuba, pero mantivo relación co PCE. Marxista-leninista até o final, dende finais dos anos sesenta foi crítico cos postulados menos ortodoxos de Santiago Carrillo. En 1984 participou activamente na fundación do Partido Comunista de los Pueblos de España, organización á que seguiu vinculado até a morte.

Notas

  1. Ha muerto Moncho, símbolo de los guerrilleros antifranquistas

Véxase tamén

Ligazóns externas

19 de marzo

O 19 de marzo é o 78º día do ano do calendario gregoriano e o 79º nos anos bisestos. Quedan 287 días para finalizar o ano.

Amador Domínguez Pan

Amador Domínguez Pan, coñecido como Jaime Pimentel, nado en Pravio (Cambre) en 1916 e finado na Coruña o 25 de xaneiro de 1949, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Antonio Ulloa Regueiro

Antonio Ulloa Regueiro, coñecido como Torallo, nado en Torallo (parroquia de Agüeira, Becerreá) en 1905 e finado en 1942, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Benjamín García Diéguez

Benjamín García Diéguez, O Largo, nado en Barbeitos (Negrelos, Rodeiro) en 1916 e finado en Pontevedra en 1940, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Eduardo Pérez Vega

Eduardo Pérez Vega, Tameirón, nado no Tameirón (A Gudiña) en 1914, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Exército Guerrilleiro de Galicia

O Exército Guerrilleiro de Galicia foi unha organización guerrilleira antifranquista que funcionou en Galicia entre 1944 e 1949.

Francisco Martínez Leira

Francisco Martínez Leira, Pancho, nado en Bufarda (Ombre, Pontedeume) o 21 de decembro de 1916 e finado en Ombre o 31 de decembro de 1954, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Jesús Valeiro Gómez

Jesús Valeiro Gómez, coñecido como Antonio ou Calias, nado en Vixoi (Bergondo) e finado na mesma parroquia o 5 de decembro de 1950, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

José Blanco Núñez

José Blanco Núñez, coñecido como Ferreirín e Pepito, nado na Coruña e finado en 1952, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

José María Castelo Mosquera

José María Castelo Mosquera, coñecido como Doctor ou Casteliño, nado en Iñás (Oleiros) en 1920 e finado en Paramos (Val do Dubra) o 5 de marzo de 1949, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

José María Díaz Pan

José María Díaz Pan, coñecido como Jaime, nado en Oleiros e finado en Vilarmaior en 1951, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

José Neira Fernández

José Neira Fernández, O Neira, nado en Mera de Arriba (Ortigueira) en 1909, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

José Vázquez Mauriz

José Vázquez Mauriz, Patitas, nado en Mugardos en 1905 e finado en 1951, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Lisardo Freixo

Lisardo Freijo López, coñecido como Tenente Freixo, nado en Doncos (As Nogais) e finado en Aranga o 26 de xuño de 1946, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Manuel Agrasar Cajaraville

Manuel Agrasar Cajaraville, Barbarroxa, nado en Padrón e finado en Teo o 19 de maio de 1948, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Manuel Castro Rodríguez

Manuel Castro Rodríguez, nado en Castro Caldelas en 1916 e finado en Alcalá de Henares o 20 de febreiro 1946, foi un militar galego.

Manuel Díaz Pan

Manuel Díaz Pan, coñecido como Rogelio, nado en San Pedro de Nós (Oleiros) e finado en Frades o 21 de abril de 1947, foi un guerrilleiro galego.

Melchor Díaz

Melchor Díaz, coñecido como Pepito ou Diego, finado en xullo de 1952, foi un político e guerrilleiro antifranquista galego.

Salvador Valcárcel Montenegro

Salvador Valcárcel Montenegro, Recaré, nado en Quinzán das Peras (parroquia de Argozón, Chantada) e finado en Adá o 11 de abril de 1939, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Guerrilleiros
antifranquistas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.