Francisco Río Barxa

Francisco Xavier Río Barja, tamén coñecido como Francisco Xavier Río Barxa, nado en Lugo en 1919 e falecido en Tenerife o 5 de xaneiro de 2011, foi un xeógrafo e escritor galego, académico da Real Academia Galega.

Francisco Río Barxa
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Nacemento1919
 Lugo
Falecemento5 de xaneiro de 2011
 Tenerife
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
OcupaciónCátedra universitaria e divulgador científico
EstudosXeografía e Historia
PremiosMedalla Castelao, Premio Otero Pedrayo e Premio Trasalba

Traxectoria

Fillo de militar, estudou o bacharelato nos Maristas de Lugo e aprobou as oposicións a Correos, coincidindo coa Guerra Civil española. Durante a contenda, é recrutado como carteiro polo bando nacional. Na posguerra licenciouse en Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela e foi destinado como mestre a Viveiro. Proseguiu a súa carreira profesional ao acceder temporalmente a unha praza de profesor adxunto na universidade compostelá. Nesa época é cando coñece a Ramón Otero Pedrayo e cando escribe a súa tese doutoral, que lla dirixe precisamente o catedrático ourensán.

Posteriormente sacou as oposicións para profesor universitario de Maxisterio e, aínda que o destinan ás illas Canarias, permutará a praza e quedará na Universidade de Santiago, centro de ensinanza ao que quedaría vinculado ata a súa xubilación. Vinculado ao galeguismo histórico a través de Pedrayo e do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, ingresou na Real Academia Galega en 1983 a proposta de Ramón Piñeiro, Manuel Chamoso Lamas e Antón Fraguas cun discurso sobre a interpretación da paisaxe compostelá.

Foi director do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e membro do Consello da Cultura Galega e da Academia das Ciencias de Galicia.

Defensor do nacemento do Miño no Pedregal de Irimia, marcou quizais o punto de inflexión cara a esta paternidade en detrimento de Fonmiñá

Obra

  • La revolución gallega de 1846 (1953)
  • Bibliografía de geografía económica de Galicia (1960)
  • La vivienda rural en el Miño Alto (1960)
  • Aplicaciones prácticas de geografía general para profesores de E.G.B (1980)
  • Didáctica da xeografía (1981)
  • Cartografía Xurisdiccional de Galicia no século XVIII (1990)
  • Os ríos galegos: Morfoloxía e réxime (1992)
  • Estudios de xeografía de Galicia (1995)
  • Galicia, esa descoñecida (1999, 2005)

Obras colectivas

  • Dicionario Xeográfico Ilustrado de Galicia (2009, Xeogal) 28 volumes. El Correo Gallego. Director da publicación.

Galardóns

17 de novembro

O 17 de novembro é o 321º día do ano no Calendario Gregoriano e o 322º nos anos bisestos. Quedan 44 días para rematar o ano.

Antonio Couceiro Freijomil

Antonio Couceiro Freijomil, nado en Pontedeume o 2 de xuño de 1888 e finado en Santiago de Compostela o 9 de maio de 1955, foi un escritor galego, coñecido polo seu Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores.

Barxa

O orónimo galego Barxa refírese a unha varcia, un terreo fértil e chan á beira dun río. Pode referirse a:

Barxa, parroquia do concello de Celanova;

Barxa, lugar de dita parroquia;

Barxa, parroquia do concello da Gudiña;

Barxa, lugar de dita parroquia;

Barxa de Lor, parroquia do concello da Pobra do Brollón;

Barxa, lugar de dita parroquia;

A Barxa, lugar da parroquia de Piñor no concello de Barbadás;

Barxa, lugar da parroquia de San Martiño, no concello do Bolo;

Barxa, lugar da parroquia de Tuimil, no concello de Bóveda;

Barxa, lugar da parroquia de Santa Locaia, no concello de Castro de Rei;

A Barxa, lugar da parroquia de Mariz no concello de Chantada;

Barxa, lugar da parroquia de San Mamede dos Anxos, no concello de Lugo;

Barxa, lugar da parroquia de Chavaga, no concello de Monforte de Lemos;

Barxa, lugar da parroquia de Marcelle, no concello de Monforte de Lemos;

Barxa, lugar da parroquia de Ribas Altas, no concello de Monforte de Lemos;

Barxa, lugar da parroquia de Vilamarín, no concello de Monforte de Lemos;

A Barxa, lugar da parroquia de Ribas Altas no concello de Monforte de Lemos;

Barxa, lugar da parroquia de Rubiós, no concello das Neves;

Barxa, lugar da parroquia de Vide, no concello das Neves;

A Barxa, lugar da parroquia de Nigrán no concello de Nigrán;

A Barxa, lugar da parroquia de Crespos no concello de Padrenda;

A Barxa, lugar da parroquia da Ferreirúa no concello da Pobra do Brollón;

A Barxa, lugar da parroquia de Guláns no concello de Ponteareas;

Barxa, lugar da parroquia do Hospital, no concello de Quiroga;

A Barxa, lugar da parroquia de Calvor no concello de Sarria;

A Barxa, lugar da parroquia de Fión no concello do Saviñao;

A Barxa, lugar da parroquia de Rebordaos no concello do Saviñao;

A Barxa, lugar da parroquia de Matamá no concello de Vigo;

A Cova da Barxa, lugar da parroquia de Saiáns no concello de Vigo.Como apelido pódese referir a:

Francisco Barxa, escritor galego;

Nemésio Barxa, xurista e político galego;

Francisco Río Barxa, xeógrafo e escritor galego;

Manuel Lorenzo Barxa, gaiteiro galego.

Celestino Sánchez Rivera

Celestino Sánchez Rivera, nado en Santiago de Compostela o 13 de novembro de 1870 e finado na mesma cidade o 30 de febreiro de 1948, foi un xornalista e escritor galego.

Emilio Tapia Rivas

Emilio Tapia Rivas, nado en Mondoñedo o 7 de agosto de 1862 e finado en Lugo o 12 de xuño de 1918, foi un avogado, político, xornalista e escritor galego.

Gonzalo Brañas Fernández

Gonzalo Brañas Fernández, nado na Coruña o 17 de decembro de 1866 e finado na mesma cidade o 2 de agosto de 1948, foi un físico e inventor galego.

Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada

A Gran Enciclopedia Gallega Silverio Cañada, Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, ou simplemente Gran Enciclopedia Gallega ou Gran Enciclopedia Galega, é unha enciclopedia de tema galego, editada primeiramente en castelán e despois en lingua galega. A versión en galego foi editada tamén en DVD.

Indalecio Varela Lenzano

Indalecio Varela Lenzano, nado na Coruña o 10 de abril de 1856 e finado en Ourense o 14 de xuño de 1940, foi un musicólogo e crítico musical galego.

Jaime Ozores de Prado

Jaime Ozores de Prado, marqués de San Martiño de Ombreiro, nado na Coruña o 17 de xullo de 1846 e finado na mesma cidade o 2 de maio de 1922, foi un militar e filántropo galego.

José Luis Bugallal Marchesi

José Luis Bugallal Marchesi, tamén chamado Marathon, nado na Coruña o 18 de setembro de 1899 e falecido na mesma cidade o 26 de decembro de 1989, foi un xornalista e escritor galego.

José Vega Blanco

José Vega Blanco, finado en Lugo o 15 de febreiro de 1933, foi un xornalista e escritor galego.

Manuel Banet

Manuel Banet Fontenla, nado na Coruña o 30 de marzo de 1871 e finado na mesma cidade o 30 de setembro de 1962, foi un avogado e escritor galego.

Marino Dónega

Marino Dónega Rozas, nado en Huelva o 3 de marzo de 1916 e finado na Coruña o 1 de abril de 2001, foi un escritor e político galego.

Pegerto Saavedra

Pegerto Saavedra Fernández, nado en Freixo (A Fonsagrada) o 15 de novembro de 1951, é un historiador galego.

Premio Trasalba

O Premio Trasalba é un galardón anual e de carácter honorífico, que recompensa o labor cultural e galeguista de distintos persoeiros vivos (ou recentisimamente falecidos). Promovido pola Fundación Otero Pedrayo, entrégase ininterrompidamente dende 1983 na casa-museo do escritor Ramón Otero Pedrayo en Trasalba (Amoeiro).

Rafael Pérez Barreiro

Rafael Pérez Barreiro, nado en Madrid en 1862 e finado na Coruña o 29 de abril de 1932, foi un filólogo e profesor.

Ramón Bernárdez González

Ramón Bernárdez González, nado no Carballiño en 1838 e finado na Coruña o 16 de xuño de 1911, foi un sacerdote e escritor galego.

Ramón Tojo Pérez

Ramón Tojo Pérez, nado en Padrón en 1860 e finado en Pontevedra o 7 de outubro de 1944, foi un escritor e político galego.

Serra de Corno de Boi

A serra de Corno de Boi ou montes do Corno do Boi é unha serra galega pertencente á dorsal galega que está localizada entre os concellos de Friol, Toques e Sobrado. O monte de maior altura é o Campelo, con 811 metros sobre o nivel do mar. Na vertente occidental nace o río Mandeo e na oriental diversos afluentes do río Narla.

Membros de número da Real Academia Galega
Plenario
actual
Históricos
Galardoados coa Medalla Castelao
1984
1985
1986
1987
1988
1989
1990
1991
1992
1993
1994
1995
1996
1997
1998
1999
2000
2001
2002
2003
2004
2005
2006
2007
2008
2009
2010
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.