Francisco Ponte Blanco

Francisco Ponte Blanco, nado na Coruña en 1853 e finado na mesma cidade o 23 de agosto de 1926, foi un enxeñeiro e escritor galego.

Francisco Ponte Blanco
Francisco Ponte Blanco. Revista de Casa América-Galicia. Julio de 1923. n. 31
Nacemento1853
 A Coruña
Falecemento23 de agosto de 1926
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor

Traxectoria

Pasou a súa mocidade na Habana, onde foi un dos socios fundadores do Centro Gallego e profesor do mesmo. De volta na Coruña, foi concelleiro, alcalde (de xaneiro de 1923 ata a ditadura de Primo de Rivera), presidente da Asociación da Prensa, da Sociedade Filharmónica e do Círculo de Artesáns. Fundou o Padroado da Caridade e desenvolveu un importante labor na protección da infancia. O 31 de marzo de 1924 foi elixido presidente da Real Academia Galega (1924-1926). Recibiu a Cruz de Afonso XII.

Predecesor:
Maximiliano Asúnsolo Linares-Rivas
 Escudo de A Coruña.svg
Alcalde da Coruña
 
1923
Sucesor:
Laureano Martínez Brañas
Predecesor:
Andrés Martínez Salazar
 presidente da RAG 
1924-1926
Sucesor:
Eladio Rodríguez González

Obras

  • Elementos de carreteras y ferrocarriles (construción y conservación), 1899.
  • De la Coruña a París. Impresiones de un viaje, 1910.
  • Educación social en sus varios aspectos de la enseñanza profesional. Cajas de previsión y cooperación en general, 1910.
  • Cultura y puericultura. Su importancia e influencia educadora de la mujer en estos problemas, 1911.
  • Tratado práctico de estereotomía. Aplicaciones al corte de piedras, maderas y hierros, 1915.
  • La crisis agraria. Consideraciones generales, 1916.
  • A través de España. Ligeras impresiones. Recuerdos de un viaje por tierras solares, 1917.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

1926

1926 foi Ano Santo Xacobeo.

23 de agosto

O 23 de agosto e o 235º día do ano do calendario gregoriano e o 236º nos anos bisestos. Quedan 130 días para finalizar o ano.

Alcaldes da Coruña

Esta é unha lista dos alcaldes da Coruña.

Andrés Martínez Salazar

Andrés Martínez Salazar, nado en Astorga o 8 de febreiro de 1846 e falecido na Coruña o 6 de outubro de 1923, foi un historiador, investigador e editor do rexurdimento galego.

Antonio Couceiro Freijomil

Antonio Couceiro Freijomil, nado en Pontedeume o 2 de xuño de 1888 e finado en Santiago de Compostela o 9 de maio de 1955, foi un escritor galego, coñecido polo seu Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores.

Celestino Sánchez Rivera

Celestino Sánchez Rivera, nado en Santiago de Compostela o 13 de novembro de 1870 e finado na mesma cidade o 30 de febreiro de 1948, foi un xornalista e escritor galego.

Eladio Rodríguez González

Eladio Rodríguez González, nado en San Clodio o 24 de xullo de 1864 e finado na Coruña o 14 de abril de 1949, foi un lexicógrafo, xornalista e escritor galego. Foi un dos corenta membros numerarios fundadores da Real Academia Galega, a cal presidiu entre 1926 e 1934; tamén é autor dun dicionario, ó que lle dedicou toda a súa vida, moi valorado polo seu contido etnográfico, que foi editado postumamente.

Emilio Tapia Rivas

Emilio Tapia Rivas, nado en Mondoñedo o 7 de agosto de 1862 e finado en Lugo o 12 de xuño de 1918, foi un avogado, político, xornalista e escritor galego.

Gonzalo Brañas Fernández

Gonzalo Brañas Fernández, nado na Coruña o 17 de decembro de 1866 e finado na mesma cidade o 2 de agosto de 1948, foi un físico e inventor galego.

Indalecio Varela Lenzano

Indalecio Varela Lenzano, nado na Coruña o 10 de abril de 1856 e finado en Ourense o 14 de xuño de 1940, foi un musicólogo e crítico musical galego.

José Luis Bugallal Marchesi

José Luis Bugallal Marchesi, tamén chamado Marathon, nado na Coruña o 18 de setembro de 1899 e falecido na mesma cidade o 26 de decembro de 1989, foi un xornalista e escritor galego.

José Vega Blanco

José Vega Blanco, finado en Lugo o 15 de febreiro de 1933, foi un xornalista e escritor galego.

Laureano Martínez Brañas

Laureano Martínez Brañas, finado na Coruña o 25 de decembro de 1941, foi un empresario e político galego.

Manuel Banet

Manuel Banet Fontenla, nado na Coruña o 30 de marzo de 1871 e finado na mesma cidade o 30 de setembro de 1962, foi un avogado e escritor galego.

Manuel Casás Fernández

Manuel Casás Fernández, nado na Coruña o 17 de agosto de 1867 e finado na mesma cidade o 30 de xullo de 1960, foi un avogado, xornalista e escritor galego.

Maximiliano Asúnsolo Linares-Rivas

Maximiliano Asúnsolo Linares-Rivas, nado en 1896 e finado na Coruña o 1 de decembro de 1931, foi un avogado e político galego. Foi alcalde da Coruña nos anos 1920 e 1930.

Pegerto Saavedra

Pegerto Saavedra Fernández, nado en Freixo (A Fonsagrada) o 15 de novembro de 1951, é un historiador galego.

Rafael Pérez Barreiro

Rafael Pérez Barreiro, nado en Madrid en 1862 e finado na Coruña o 29 de abril de 1932, foi un filólogo e profesor.

Ramón Tojo Pérez

Ramón Tojo Pérez, nado en Padrón en 1860 e finado en Pontevedra o 7 de outubro de 1944, foi un escritor e político galego.

Antes da Restauración
Restauración
Segunda República
Franquismo
Democracia
Membros de número da Real Academia Galega
Plenario
actual
Históricos

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.