Francisco Leiro

Francisco Leiro Lois, máis coñecido como Paco Leiro, nado en Cambados en 1957, é un pintor e escultor galego, residente en Nova York desde 1988.

Francisco Leiro
Medalla de Galiza.svg
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Nome completoFrancisco Leiro Lois
Nacemento1957
 Cambados
NacionalidadeEspaña
Alma máterEscola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo e Real Academia de Belas Artes de San Fernando
Ocupaciónpintor e escultor
IrmánsAdela Leiro
Coñecido/a porO Sereo, O Astronauta, O Baco, O Atlante e Cristo do Convento
PremiosMedalla Castelao e Premio Nacional de Artes Visuais

Traxectoria

De familia de artesáns, iniciouse no oficio da man do seu avó, canteiro, e do seu pai, ebanista.

Son escultor por unha cousa da infancia. Fixen unha viaxe a Santiago co meu avó -a primeira vez que subín a un tren- e cando chegamos me plantou diante do Pórtico da Gloria e logo levoume a visitar o Panteón de Galegos Ilustres, e faloume dun tal Asorey, un escultor de Cambados que estaba enterrado alí

Faro de Vigo. 8/7/1997

El astronauta (Francisco Leiro) 06
O astronauta, en Valdemoro

Formouse na Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela, onde remata en 1974, para trasladarse anos despois a Madrid para estudar na Escola Superior de Belas Artes de San Fernando.

Expuxo por vez primeira na súa vila natal, en 1975, con outras exposicións individuais e colectivas en Cádiz, A Coruña, Lugo e Estoril durante os anos seguintes, ata que en 1982 expón no Club Internacional de Prensa de Madrid (aínda que xa expuxera en Madrid en 1976, nunha mostra colectiva na sala Toisón e outras varias); nese mesmo ano de 1982 tamén expuxo en Lugo e Santiago. Desde 1983 colabora no grupo Atlántica nas Bienais de arte de Pontevedra (da Deputación de Pontevedra), xunto a Antón Patiño, Menchu Lamas ou Antón Lamazares, e tamén presenta a súa obra en Santiago na exposición Encontros no Espacio, na praza da Quintana.

O recoñecemento internacional xorde en 1984, cando expón na feira ARCO, en Madrid, formando parte da galería Marlborough, recoñecida mundialmente dentro da arte contemporánea. Todo o anterior explica que Leiro estea considerado como un dos escultores españois máis punteiros. A Fundación ABanca cualifícao como "sen dúbida, a figura de maior proxección internacional no panorama da arte galega actual".[1]

Aínda que nunca abandona o granito o seu material preferido foi sempre a madeira, adoito policromada; tamén traballou sobre mármore, formigón, ferro ou aceiro. Nos anos noventa céntrase en torno da figura humana, empregando sobre a madeira diversos materiais sintéticos, que abandona a finais da década para regresar á figura humana tallada directamente na madeira.

A súa principal é a escultura, pero tamén practica, esporadicamente, o debuxo e a pintura. O mesmo Leiro recoñeceu en 2016 que só fixera dúas mostras de debuxo na súa vida, unha no Porto, Portugal, (1986) e outra en Madrid.[2]

Obra

O sereo, Francisco Leiro
O home-peixe, coñecido popularmente como O Sereo, en Vigo, obra de 1991
Saavedra
Saavedra, na illa das Esculturas

A súa obra aparece en lugares públicos en numerosas cidades de Galicia, do resto de España e do mundo:

En Vigo, a obra máis coñecida é O home peixe, coñecida popularmente como O Sereo, construída en aceiro inoxidable sobre dúas altas columnas de granito pulido, verdes e negras, na Porta do Sol.

Así mesmo, forma parte das coleccións de numerosos museos e entidades. Así, no Museo da Catedral de Santiago exponse a porta que Leiro esculpiu para a Porta Santa en 1993. Outra obra sinalada é a serie Colectoras (2003), formada por catro esculturas en madeira que representan a outras tantas mulleres voluntarias que recollen chapapote tras o desastre do Prestige, e propiedade da colección Abanca.[3]

Premios e recoñecementos

Recibiu numerosos premios e recoñecementos ó longo da súa traxectoria:

  • En 1984 gañou o Premio da Crítica de Ciencias e Artes da Representación.
  • En 1988, o Premio Penagos da Fundación Mapfre.[4]
  • En 1989, o premio da Primeira Mostra Unión Fenosa, na Coruña.
  • En 1998, á Medalla ás Belas Artes da CEOE.[5]
  • No 2000, a Medalla Castelao.
  • En 2003, o Premio das Artes e da Ciencia na II Edición Galegos do Mundo.
  • En 2008, o Premio Nacional de Artes visuais, un dos Premios Nacionais da Cultura Galega.

Vida persoal

É irman da mestra Adela Leiro.

Galería de imaxes

Escultura en Pontevedra.
Escultura en Pontevedra
Unha das dúas esculturas de nadadores, en Vigo.
Unha das dúas esculturas de nadadores, en Vigo
A outra escultura do nadador, en Vigo.
A outra escultura do nadador, en Vigo. 
Escultura dun guerreiro, en Ferrol.
Escultura dun guerreiro, en Ferrol
Escultura do Atlante en Sanxenxo.
Escultura do Atlante en Sanxenxo
"Portas", na Torre de Hércules da Coruña.
"Portas", na Torre de Hércules da Coruña

Notas

  1. Programa da exposición Os traballos e os días, 2016.
  2. Cedrón, María (4/9/2016). "Francisco Leiro: 'Son un home de lapis na orella'". La Voz de Galicia.
  3. Colección de Arte Abanca
  4. "7 escultores con el Premio Penagos." Biblioteca Artium (en castelán).
  5. "Francisco Leiro". El Correo Gallego. 10/2/2007.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Adela Leiro

Adela Leiro Lois é unha mestra e escritora galega, nada en Cambados. É irmá do escultor Francisco Leiro.

Basilio Losada

Basilio Losada Castro, nado na Pobra de San Xiao (Láncara) o 20 de xuño de 1930, é un tradutor galego, crítico literario, catedrático de Filoloxía Románica na Universidade de Barcelona desde 1986 e catedrático de Filoloxía Galega e Portuguesa, e antes profesor noutros moitos centros universitarios.

Benedicta Sánchez

Benedicta Sánchez Vila, nada no Corgo en 1935, é unha actriz galega.

Centro Gallego de Buenos Aires

Co nome Centro Gallego de Buenos Aires denomínanse dous centros galegos da capital da Arxentina. Primeiramente o fundado en 1879, desaparecido en 1892, e posteriormente o fundado en 1907.

O centro é a única institución correspondente da Real Academia Galega.

Editorial Galaxia

A Editorial Galaxia é unha editorial galega fundada en 1950 e radicada en Vigo. O seu director xeral é Francisco Castro.

El Correo Gallego

El Correo Gallego é un xornal galego que se edita en Santiago de Compostela. Fundouno José Mariano Abizanda na cidade de Ferrol en 1878.

Faro de Vigo

Faro de Vigo é un diario que se publica en Vigo fundado por Ángel de Lema y Marina e que pertenceu á súa familia ata 1986 cando o mercou o empresario canario Javier Moll. Ten a súa redacción en Chapela, Redondela e é o decano da prensa galega e española. O primeiro número é do 3 de novembro de 1853 e tiña carácter bisemanal ata que en 1879 se converteu en diario. Na actualidade mantén seis edicións: Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, Ourense, O Morrazo e Deza-Tabeirós-Montes alén da dixital. No ano 2005, a súa tiraxe era de 49.800 exemplares segundo a OJD.

Feliciano Barrera

Feliciano Barrera Fernández, nado en 1918 en Guláns (Ponteareas) e finado o 9 de febreiro de 2012, foi un empresario galego relacionado coa activade xornalística.

Illa das Esculturas

A illa do Covo, denominada popularmente como illa das Esculturas, é unha insua situada preto da foz do río Lérez, en Pontevedra. Ten uns 70.000 m², e está conectada con ambas beiras do río por pasarelas e pontes.

Instituto da Lingua Galega

O Instituto da Lingua Galega (ILG) é un instituto universitario pertencente á Universidade de Santiago de Compostela creado en 1971 para promover o uso e normalización da lingua galega e estudala sincrónica e diacronicamente. Tivo un papel destacado na elaboración das normas da lingua galega, tanto na súa primeira elaboración, de forma conxunta coa Real Academia Galega, como nas reformas de 1995 e 2004 aprobadas pola RAG .

Julio Prieto Nespereira

Julio Prieto Nespereira, nado en Ourense o 7 de decembro de 1896 e finado en Madrid o 5 de agosto de 1991, foi un pintor e gravador galego.

Leiro (homónimos)

O topónimo galego Leiro pode referirse a:

Leiro, concello da provincia de Ourense.

Leiro, parroquia de dito concello;

Leiro, lugar de dita parroquia;

Leiro, parroquia do concello de Abegondo;

Leiro, parroquia do concello de Miño;

Leiro, lugar de dita parroquia;

Leiro, parroquia do concello de Rianxo;

Leiro, parroquia do concello de Ribadumia;

Leiro, lugar da parroquia de Cervás, no concello de Ares.Amais, como apelido pode referirse a:

Francisco Leiro, escultor galego (n. 1957);

Adela Leiro, escritora galega.

Manuel Cordo Boullosa

Manuel Cordo Boullosa, nado en Lisboa o 5 de decembro de 1905 e finado na mesma cidade o 6 de abril de 1998, foi un magnate galego.

Manuel Gallego Jorreto

Manuel Gallego Jorreto, nado no Carballiño en 1936, é un arquitecto galego.

Manuel Sánchez Salorio

Manuel Sánchez Salorio, nado na Coruña o 22 de xaneiro de 1930 é un médico oftalmólogo e humanista galego que configurou unha escola científica española coñecida actualmente como Escola Galega de Oftalmoloxía. É académico numerario da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia e foi o creador da primeira Rede de Investigación Colaborativa en Oftalmoloxía (Oftared).

María Xosé Cimadevila

María Xosé Cimadevila Cea, nada na Estrada e finada o 8 de xuño de 2005, foi unha política galega do PPdeG.

Milladoiro (grupo musical)

Milladoiro é un grupo musical galego de folk, creado no ano 1979. Está considerado como o máis internacional dos grupos galegos, e un dos máis importantes investigadores de novas sonoridades para o folk galego.

Román García Varela

Román García Varela, nado en Sarria o 23 de decembro de 1940, é un xuíz galego.

Ángel Carracedo

Ángel María Carracedo Álvarez, tamén coñecido como Anxo Carracedo, nado en Santa Comba o 12 de novembro de 1955, é un Catedrático de Medicina Legal e experto internacional en xenética.

Galardoados coa Medalla Castelao
1984
1985
1986
1987
1988
1989
1990
1991
1992
1993
1994
1995
1996
1997
1998
1999
2000
2001
2002
2003
2004
2005
2006
2007
2008
2009
2010
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019
1984–1999
Desde 2000

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.