Francisco Leal Insua

Francisco Leal Insua, nado en Viveiro o 10 de maio de 1910 e finado en Madrid o 12 de xullo de 1997[1], foi un escritor e xornalista galego.

Francisco Leal Insua
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Nacemento10 de maio de 1910
 Viveiro
Falecemento12 de xullo de 1997
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e escritor
CónxuxeXulia Minguillón
XénerosPoesía, ensaio
PremiosMedalla Castelao

Traxectoria

Comezou a colaborar nos xornais de Viveiro e de Vilalba e, despois, no semanario Vallibria de Mondoñedo, onde coincidiu con Francisco Fernández del Riego, Aquilino Iglesia Alvariño e Álvaro Cunqueiro. En 1933 colaborou con ABC e Mundo Gráfico e Nuevo Mundo, de Madrid. Foi redactor xefe de El Progreso (1938) e director de Faro de Vigo (1949-1961), El Correo Gallego, La Noche e da revista internacional Mundo Hispánico (1961). Tamén foi director de publicacións da axencia de noticias EFE. Na súa obra poética mesturou elementos procedentes das fontes clásicas xunto a outras tendencias líricas do século XX sen moita artificiosidade. Promoveu a edición da obra poética completa de Antonio Noriega Varela. Recibiu o Premio Internacional de Poesía en Lisboa (1943), o Premio Nacional de Periodismo Marqueses de Taurisano (1963) e a Medalla Castelao (1995).

Casou en 1939 coa pintora Xulia Minguillón.

Obras

Poesía

  • Horas, 1935.
  • Te he buscado, 1939.
  • Versos: 1ª antología, 1945.
  • Primer semillero de poemas, 1952.
  • Trivium, 1955.
  • Mi soledad sonora, 1955.

Ensaio

  • Las cosas, 1941.
  • Faro de Vigo y su proyección, 1965. Con José Altabella.
  • Pastor Díaz, príncipe del romanticismo, 1943.
  • La siembra en el viento, 1955.

Notas

  1. Necrolóxica en ABC

Véxase tamén

Bibliografía

  • Gran Enciclopedia Gallega
10 de maio

O 10 de maio é o 130º día do ano do calendario gregoriano e o 131º nos anos bisestos. Quedan 235 días para finalizar o ano.

Faro de Vigo

Faro de Vigo é un diario que se publica en Vigo fundado por Ángel de Lema y Marina e que pertenceu á súa familia ata 1986 cando o mercou o empresario canario Javier Moll. Ten a súa redacción en Chapela, Redondela e é o decano da prensa galega e española. O primeiro número é do 3 de novembro de 1853 e tiña carácter bisemanal ata que en 1879 se converteu en diario. Na actualidade mantén seis edicións: Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, Ourense, O Morrazo e Deza-Tabeirós-Montes alén da dixital. No ano 2005, a súa tiraxe era de 49.800 exemplares segundo a OJD.

José Altabella

José Altabella Hernández, nado en Caspe en 1921 e finado en Madrid o 28 de decembro de 1995, foi un xornalista e profesor español.

Xulia Minguillón

Xulia Minguillón Iglesias, nada en Lugo o 17 de xullo de 1906 e finada en Madrid o 22 de agosto de 1965, foi unha pintora galega de renome.

Galardoados coa Medalla Castelao
1984
1985
1986
1987
1988
1989
1990
1991
1992
1993
1994
1995
1996
1997
1998
1999
2000
2001
2002
2003
2004
2005
2006
2007
2008
2009
2010
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.