Francisco Javier de Istúriz

Francisco Javier de Istúriz Montero, nado en Cádiz o 31 de outubro de 1790 e finado en Madrid o 2 de abril de 1871, foi un político español.

Francisco Javier de Istúriz
Francisco Javier Istúriz
Presidente do Goberno de España
Período15 de maio de 1836 - 14 de agosto de 1836
AntecesorJuan Álvarez Mendizábal
SucesorJosé María Calatrava
Presidente do Goberno de España
Período5 de abril de 1846 - 28 de xaneiro de 1847
AntecesorRamón María Narváez
SucesorCarlos Martínez de Irujo y McKean
Presidente do Goberno de España
Período15 de xaneiro - 31 de xullo 1858
AntecesorFrancisco Armero Peñaranda
SucesorLeopoldo O'Donnell
Datos persoais
Nacemento31 de outubro de 1790
 Cádiz
Falecemento2 de abril de 1871
 Madrid
OrganizaciónPartido Moderado
Profesióndiplomático

Traxectoria

Participou na Guerra da Independencia e xunto cos progresistas e liberais foi un activo defensor de algunhas sublevacións militares en contra de Fernando VII. Presidente das Cortes de Cádiz tras a invasión dos Cen mil Fillos de San Luís. Coa Restauración absolutista exiliouse en Inglaterra acusado de afrancesado. Retornou a España en 1833 e con Mendizábal presidiu o Estamento de Procuradores nas Cortes Xerais. Opúxose ás reformas do goberno, especialmente a desamortizacón e ao cambio de altos mandos do exército, o que lle valeu a Presidencia do Goberno ofrecida por María Cristina de Borbón. Nos tres meses que durou a súa presidencia, disolveu as cortes procurando buscar unha maioría de apoio que superase o Estatuto Real de 1834, pero o Motín da Granja de San Ildefonso forzou a súa destitución e veuse obrigado a rehabilitar a Constitución de 1812.

Marchou a Inglaterra até 1837 e foi novamente Presidente do Congreso dos Deputados e das Cortes até 1840. Foi o ideólogo civil da revolución de 1841 en España que terminou fracasando. Designado novamente Presidente do Consello de Ministros entre 1846 e 1847 durante a década moderada e a época dos Mártires de Carral, foi posteriormente Presidente do Senado e novamente Presidente do Goberno en 1858, na fin do chamado Bienio Moderado. Logo foi enviado a cubrir asuntos en Europa.

Reinado de Isabel II de España

Segue a:
Juan Álvarez Mendizábal
Francisco Javier de Istúriz
Precede a:
José María Calatrava
Presidente do Goberno de España
Reinado de Isabel II de España

Segue a:
Ramón María Narváez
Francisco Javier de Istúriz
Precede a:
Carlos Martínez de Irujo
Presidente do Goberno de España
Reinado de Isabel II de España

Segue a:
Francisco Armero Peñaranda
Francisco Javier de Istúriz
Precede a:
Leopoldo O'Donnell
Presidente do Goberno de España

Véxase tamén

Outros artigos

Alejandro Mon y Menéndez

Alejandro Mon y Menéndez, nado en Oviedo o 26 de febreiro de 1801 e finado na mesma cidade o 1 de novembro de 1882, foi un político e xurista español, ministro de Facenda en varios períodos, presidente do Congreso dos Deputados en 1862 e presidente do Consello de Ministros de España en 1864.

Batalla de Cacheiras

A batalla de Cacheiras, ou escaramuza de Cacheiras, foi un conflito armado que aconteceu o 23 de abril de 1846 na parroquia de Cacheiras, Teo, entre as tropas liberais galegas e provincialistas ao mando do comandante Miguel Solís e as tropas militares españolas ao mando do mariscal de campo José Gutiérrez de la Concha, que chega dende Castela, designado polo gobernodesignado polo goberno para apagar o levantamento galego.O conflito situouse concretamente o espazo situado entre as casas da Ribeira e a cima de Montouto entre as tropas de Madrid e as de Solís, que foron derrotadas.As tropas mandadas por Solís foron derrotadas e fuxiron cara a Santiago de Compostela, refuxiándose no interior do Mosteiro de San Martiño Pinario. Posteriormente entregáronse e foron fusilados en Carral. Foi un dos feitos máis importantes e que máis marcaron a historia contemporánea de Galicia.

Bienio Moderado

O Bienio moderado é o nome co que se coñece o breve período da Historia de España transcorrido entre xullo de 1856 e xuño de 1858, baixo o reinado de Isabel II.

Carlos Martínez de Irujo

Carlos Martínez de Irujo y McKean Tacón y Armitage, nado en Washington o 14 de decembro de 1812 e finado en Madrid o 26 de decembro de 1855, foi un diplomático e político español, II marqués de Casa de Irujo, duque de Sotomayor, Grande de España, senador vitalicio, cabaleiro da Orde de Carlos III, Gran Cruz de la Orden de la Torre y la Espada.

Francisco Armero Peñaranda

Francisco Armero Peñaranda, nado o 3 de maio de 1804 en Fuentes de Andalucía (Sevilla), e finado en 1867, foi un mariño e político español.

Ildefonso Díez de Rivera

Ildefonso Díez de Rivera y Muro, nado en Granada o 24 de xaneiro de 1777 e finado en Valencia o 26 de xaneiro de 1846, foi un militar e político español.

Javier de Burgos

Francisco Javier de Burgos y del Olmo, nado en Motril (Granada) o 22 de outubro de 1778 e finado en Madrid o 22 de xaneiro de 1848, foi un político, xornalista, dramaturgo e tradutor andaluz.

José María Calatrava

José María Calatrava Peinado, nado en Mérida o 26 de febreiro de 1781 e finado en Madrid o 16 de xaneiro de 1846, foi un político e xurista español.

José de Posada Herrera

José Posada Herrera, nado o 31 de marzo de 1814 en Posada de Llanes, Llanes, Asturias, e finado o 7 de setembro de 1885, tamén en Llanes, foi un avogado e político español.

Juan Álvarez Mendizábal

Juan de Dios Álvarez Mendizábal, nado en Cádiz o 25 de febreiro de 1790 cos apelidos de Álvarez Méndez, e falecido en Madrid o 23 de novembro de 1853, foi un político e economista español, famoso por levar adiante o proceso de desamortización en 1836.

Leopoldo O'Donnell

Leopoldo O'Donnell y Jorís, nado en Santa Cruz de Tenerife o 12 de xaneiro de 1809 e finado en Biarritz (Francia) o 5 de novembro de 1867, foi un militar e político español. Foi nomeado primeiro Duque de Tetuán, Conde de Lucena e Vizconde de Aliaga.

Lista de presidentes de España

Até 1834 a denominación oficial foi a de Secretario de Estado de España. Ese ano comezou a se empregar a de Presidente do Consello de Ministros, que se mantivo até 1967 en que apareceu a de Presidente do Goberno de España, aínda que non se fai efectiva como denominación até 1973 co nomeamento de Luis Carrero Blanco.

Manuel Barrio Ayuso

Manuel Barrio Ayuso nado en Casarejos (Soria) o 12 de setembro de 1786 e finado en Murcia o 23 de novembro de1850, foi un xurista e político liberal español, ministro durante a minoría de idade de Isabel II.

Mártires de Carral

Coñécense como Mártires de Carral os militares sublevados en varios lugares de Galicia en 1846 contra o presidente Narváez que foron executados o 26 de abril na vila coruñesa de Carral.

Ramón María Narváez

Ramón María Narváez y Campos, nado en Loja (Granada) o 5 de agosto de 1800 e falecido en Madrid o 23 de abril de 1868, foi un político e militar español. Coñecéuselle co nome de El Espadón de Loja.

Revolución de 1841 en España

Denomínase Revolución de 1841 ao movemento civil e militar patrocinado e promovido pola ex-rexente de España, María Cristina de Borbón-Dos Sicilias e o seu marido Agustín Fernando Muñoz e Sánchez, contra o goberno do xeneral Baldomero Espartero e que se preparou dende o exilio en Francia da Raíña Gobernadora xunto con elementos do Partido Moderado tamén no exilio.

Revolución de 1846

Revolución de 1846, levantamento de 1846, pronunciamento de 1846 ou sublevación liberal de 1846, son os nomes que recibe o alzamento do coronel Miguel Solís o 2 de abril de 1846 en Lugo (ó que se uniron posteriormente A Coruña o día 5, Pontevedra o 9, e o día 10 Tui e Vigo) contra o goberno de Ramón María de Narváez. A conspiración foi dirixida desde A Coruña, impulsada por Juana de Vega, condesa de Espoz y Mina e viúva do ministro Francisco Espoz y Mina; en Vigo foron Benigno Cid, Ramón Buch e Juan Nogueira, en contacto co exiliado Mártir Molíns; e en Ourense, algúns militares. Gerónimo Piñeiro de las Casas facía de correo entre eles, e fixaron a data do alzamento para o mes de abril.

Saturnino Calderón Collantes

Saturnino Calderón Collantes, nado en Reinosa o 26 de febreiro de 1799, e finado en París, o 7 de outubro de 1864, foi un aristócrata e político español que , foi ministro en varias ocasión e tamén presidente interino do Consello de Ministros.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.