Francisco Fernández del Riego

Francisco Fernández del Riego, nado no lugar de Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) o 7 de xaneiro de 1913, e finado en Vigo o 26 de novembro de 2010 ós 97 anos,[2] foi un intelectual galego. Escribiu cos pseudónimos de Salvador Lorenzana e Cosme Barreiros. Desenvolveu dende os anos 30 un traballo constante e recoñecido a prol da cultura galega que continuou até os seus últimos meses e que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia.

A cultura non se pode politizar seitariamente, perténcelle ao país, que se interpreta a través dela.[3]

Foi un dos principais artífices da editorial Galaxia e director xunto a Ramón Piñeiro da revista Grial nos seus primeiros cen números. Ensaísta e narrador, é autor dunha extensa obra centrada sobre todo na cultura e na literatura galega. Fernández del Riego pertence á xeración de intelectuais xurdidos arredor do grupo Nós.

Francisco Fernández del Riego
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Medalla de Galiza.svg
Estatua Francisco Fernández del Riego
Busto de Fernández del Riego, obra de Álvaro de la Vega, na praza homónima, en Vigo.[1]
Nacemento7 de xaneiro de 1913
 Vilanova de Lourenzá (Lugo)
Falecemento26 de novembro de 2010 (97 anos)
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescritor e político
CónxuxeEvelina Hervella Nieto († 14/1/2007)
Fillosnon tivo
XénerosEnsaio, narrativa
PremiosMedalla Castelao, honorary doctorate of the University of Vigo, Premio Laxeiro e Medalla de Ouro de Galicia
Francisco Fernández del Riego signature

Traxectoria

Cunqueiro, Fernández del Riego e Carballo Calero en Santiago de Compostela
Cunqueiro, Fernández del Riego e Carballo Calero en Compostela nos anos trinta.

Tras rematar o bacharelato matriculouse en dereito na Universidade Complutense de Madrid, a proclamación da República colleuno nesa cidade, pouco despois trasládase a Santiago e segue os seus estudos na súa universidade ao tempo que realizaba filosofía, entrou no Seminario de Estudos Galegos e no Partido Galeguista[4], e formou parte do Consello galego de Galeusca (1934).

Foi xunto con Ramón Piñeiro e Xaime Illa Couto un dos principais impulsores da Editorial Galaxia (1950), empresa que liderou o proceso de restauración cultural na posguerra. En 1963 xurdiu desta editorial a revista Grial, que Del Riego codirixiu e para a que escribiu de forma asidua recesións literarias e artigos.

Ingresou en 1960 na Real Academia Galega cun discurso titulado Un país e unha cultura. A idea de Galicia nos nosos escritores. En 1997 presidiu esta institución.

Letter sent by Francisco Fernández del Riego to Vicente Risco, described in Museum of Vicente Risco in Allariz, Ourense, Galicia
Carta enviada a Risco avisándoo de que a censura aprobara Leria.

O seu traballo no ámbito cultural e a súa extensa obra convérteno nun dos principais intelectuais galeguistas do século XX e comezos do XXI. Entre os seus libros destacan ensaios sobre a cultura e a literatura galegas como Historia da literatura (1984), Galicia no espello, Diccionario de escritores en lingua galega, A xeración Galaxia e estranxeiras, como Letras do noso tempo.

Cultivou tamén a narrativa (O cego de Pumardedón) e a literatura de viaxes (As peregrinacións xacobeas, O camiño de Santiago e Galicia). Editou antoloxías poéticas e libros de vocabulario, escribiu gran número de artigos poéticos e biografías. Tamén é autor dun libro de memorias, O río do tempo (1991). No 2003 recompila a súa correspondencia con Cunqueiro e a edita en Galaxia co título Cartas ao meu amigo. Epistolario Mindoniense, e publica tamén en Galaxia as súas memorias baixo o título de Camiño andado.

En 1995 doou á cidade de Vigo a súa colección de libros, que constitúe a Biblioteca-Museo Francisco Fernández del Riego. Foi director da Biblioteca da Fundación Penzol, en Vigo.

Obra en galego

Ensaio

Biblioteca Básica da Cultura Galega, 05, Historia da literatura, F. Fernández del Riego
BBdCG n.º 5.
  • Historia da literatura, 1984, Biblioteca Básica da Cultura Galega.
  • O señor da casa grande de Cima de Vila, 1988, Fundación Otero Pedrayo.
  • Diccionario de escritores en lingua galega, 1990, Ediciós do Castro.
  • O río do tempo, 1990, Edicións do Castro.
  • Álvaro Cunqueiro e o seu mundo: vivencias e fabulacións, 1991, Ir Indo.
  • Presencia de Vigo na industria do libro e nas publicacións periódicas, 1991, Edicións do Castro.
  • Blanco Amor, emigrante e autodidacta: a súa vida literaria, 1992, Ir Indo.
  • O camiño de Santiago, 1992.
  • Galicia, 1994, Edicións Xerais de Galicia.
  • Luis Seoane desde a memoria, 1994, Edicións do Castro.
  • A xeración Galaxia, 1996, Galaxia.
  • Antolín Faraldo, o gran soñador, 1998, Xerais.
  • A pesca galega de mar a mar, 1998, Edicións do Castro.
  • A pegada das viaxes, 2000, Ir Indo.
  • Portugal norteño, 2000.
  • Con Pondal en Bergantiños, 2001, Edicións do Castro.
  • Ourense sentimental, 2001.
  • Vigo sentimental, 2001. Caixanova.
  • Camiño andado, 2003, Galaxia.
  • Desde a miña fiestra: 13 figuras da cultura galega contemporánea, 2003.
  • As peregrinacións xacobeas, 2003, 3C3.
  • Sinais dunha cultura, 2003, Deputación de Pontevedra.
  • Lourenzá, 2004, Edicións do Castro.
  • Palabras a eito, 2005, Universidade de Santiago de Compostela.

Narrativa

Biblioteca Básica da Cultura Galega, 26, Pensamento Galeguista do Século XIX, F. Fernández del Riego Biblioteca Básica da Cultura Galega, 27, Pensamento Galeguista do Século XX, F. Fernández del Riego
Biblioteca Básica da Cultura Galega.

Edicións e antoloxías

  • Escolma de poesía galega. IV. Os contemporáneos, 1955, Galaxia.
  • Do dezanove ós continuadores, 1976, Galaxia.
  • Do posmodernismo ós novos, 1980, Galaxia.[6]
  • Escolma de textos de Vicente Risco, 1981, Real Academia Galega.
  • Pensamento galeguista do século XIX, 1983, Biblioteca Básica da Cultura Galega.
  • Pensamento galeguista do século XX, 1983, Biblioteca Básica da Cultura Galega.
  • Poesía, de Antonio Noriega Varela, 1991, Xerais.
  • Eduardo Blanco Amor: escolma de textos, 1993, Real Academia Galega.

Obras colectivas

Francisco F del Riego 26-11-2010
Lousa no camposanto de S. Pedro da Ramallosa.

Tradución

Obra en castelán

Ensaio

Dicionarios

  • Vocabulario castellano-gallego, 1973, Galaxia.

Galardóns e recoñecementos

Praza Francisco Fernández del Riego
Unha praza de Vigo leva o seu nome.

Como unha das principais figuras de Galicia, foi recoñecido con numerosos galardóns, como o Premio Trasalba, o Pedrón de Ouro, a Medalla de Ouro da Cidade de Vigo, o Premio de creación Cultural da Xunta de Galicia, o Premio Celanova, o premio A casa dos Poetas, unha Medalla Castelao, o Premio das Artes e das Letras de Galicia, o Premio Galiza Mártir da Fundación Alexandre Bóveda, o Premio Laxeiro e outros.

Foi nomeado Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo e Galego Egrexio pola Fundación dos Premios da Crítica, así como Membro de Honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega e, postumamente, Bo e Xeneroso por esta mesma entidade. Unha praza de Vigo leva o seu nome.

Predecesor:
Domingo García-Sabell
 Presidente da RAG 
1997-2001
Sucesor:
Xosé Ramón Barreiro

Vida persoal

Estivo casado con Evelina Hervella Nieto (1917-2007), mais non tivo fillos. Á súa morte, foi incinerado, e as súas cinzas depositadas no cemiterio de San Pedro da Ramallosa, Nigrán.[8][9]

Notas

  1. «Francisco Fernández del Riego ya tiene una plaza en Vigo» Arquivado 22 de agosto de 2016 en Wayback Machine. La Voz de Galicia, 15/7/2000 (en castelán).
  2. "Portada do Diario de Pontevedra: "Adeus a Francisco Fernández del Riego"" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de xaneiro de 2012. Consultado o 02 de decembro de 2010.
  3. Carballa, Xan: ""Queimamos a vida en defender a cultura do país" El País, 26/1/2007.
  4. Biografía de Fernández del Riego Arquivado 26 de outubro de 2011 en Wayback Machine. en Praza das letras da Consellería de Cultura.
  5. "Las peregrinaciones a Santiago". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-07-22.
  6. Fernández del Riego, Francisco (1980). Poesía galega. Do posmodernismo aos novos. Vigo: Galaxia. ISBN 84-7154-354-0.
  7. Epistolario a Fernández del Riego en Google Books.
  8. "Fernández del Riego descansa en San Pedro" Faro de Vigo, 1/12/2010.
  9. As imaxes do último adeus a Francisco Fernández del Riego, Xornal de Galicia.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

7 de xaneiro

O 7 de xaneiro é o 7º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 358 días para finalizar o ano, 359 nos anos bisestos.

Casa Galega da Cultura

A Casa Galega da Cultura é un espazo multidisciplinar localizado en Vigo que acolle a realización de actividades artísticas e literarias, ao tempo que conta cun fondo bibliográfico e museográfico sobre Galicia.

Colección Salnés

A colección Salnés foi unha colección literaria de Editorial Galaxia dedicada a primeiras edicións de poesía contemporánea en lingua galega. Estaba dirixida por Celso Emilio Ferreiro, Emilio Álvarez Blázquez e Salvador Lorenzana (pseudónimo de Francisco Fernández del Riego).

Diccionario de escritores en lingua galega

O Diccionario de escritores en lingua galega é unha obra escrita por Francisco Fernández del Riego, un dos principais artífices da editorial Galaxia. A primeira edición foi publicada no ano 1990, e houbo unha segunda, corrixida e aumentada, no ano 1992. É un dicionario sobre os principais escritores en lingua galega, baseado nun criterio idiomático, é dicir, menciona a todos os escritores que se expresaron en galego.

Editorial Galaxia

A Editorial Galaxia é unha editorial galega fundada en 1950 e radicada en Vigo. O seu director xeral é Francisco Castro.

Francisco Leal Insua

Francisco Leal Insua, nado en Viveiro o 10 de maio de 1910 e finado en Madrid o 12 de xullo de 1997, foi un escritor e xornalista galego.

Fundación Penzol

A Fundación Penzol é unha institución viguesa creada o 5 de maio de 1963, cando Fermín Penzol (1901-1981) decidiu doar a súa biblioteca e crear un centro de estudos e documentación acerca da lingua e a literatura galega. O seu presidente é Manuel Puga Pereira e o director é Francisco Domínguez Martínez.

Grial (revista)

A revista Grial é unha publicación trimestral editada pola editorial Galaxia (Vigo), desde 1963. Pode considerarse como un dos mellores referentes das revistas culturais galegas.

Como antecedente da revista cabe lembrar a Colección Grial, publicada tamén por Galaxia en 1951 pero que foi pechada pola censura franquista trala publicación de tan só catro números.

Na revista Grial aparecen traballos que obedecen a un dobre propósito: informar sobre a realidade de Galiza, e informar e reflexionar sobre os máis diversos aspectos da cultura universal. Inicialmente, os directores da revista foron Ramón Piñeiro e Francisco Fernández del Riego. En 1989 asumiu a dirección Carlos Casares e, trala morte deste en 2003, os directores son Víctor Fernández Freixanes e Henrique Monteagudo.

Guieiro

Guieiro foi unha publicación periódica, subtitulada Outavoz patriótico da FMG, era o voceiro da Federación de Mocedades Galeguistas do Partido Galeguista. O primeiro número apareceu o 1 de novembro de 1935 e tiña ao primeiro periodicidade quincenal para pasar despois a aparecer mensualmente ata que o comezo da Guerra Civil española fixo que desaparecera. Constaba de catro páxinas e editábase na cidade de Ourense. En 1936 o seu director foi José de Castro Arines. Entre os seus colaboradores estiveron os principais dirixentes da FMG: Celso Emilio Ferreiro, Francisco Fernández del Riego, Xaime Illa Couto, Aquilino Iglesia Alvariño, Manuel Vázquez Martín, Cesáreo Múñiz e Antonio Moure.

Historia da literatura galega (1951)

Historia de la literatura gallega (na primeira edición), despois Historia da literatura galega (na segunda edición e posteriores, en galego), é un libro ensaístico escrito por Francisco Fernández del Riego, un dos fundadores da Editorial Galaxia, publicado no ano 1951 por esta editorial e pertencente á súa colección “Manuais”. Foi inicialmente publicado en castelán debido ás cuestións políticas. Tivo posteriores edicións, xa en galego, nos anos 1971, 1975 (edición especial para a Caja de Ahorros Municipal de Vigo), 1978, 1981 e 1995 (dentro da BBdCG). Trátase dun amplo estudo da historia da literatura galega desde as súas orixes até finais do século XX, na súa edición máis actual.

Museo Municipal Quiñones de León

O museo municipal Quiñones de León é un conxunto museístico localizado no pazo de Castrelos, na parroquia de Castrelos de Vigo.

Partido Socialista Galego

O Partido Socialista Galego ou PSG foi un partido galego nacionalista de esquerdas fundado na clandestinidade en 1963 e fusionado con Esquerda Galega en 1984.

Percival e outras historias

Percival e outras historias é un libro de relatos de Xosé Luís Méndez Ferrín, publicado en 1958 por Editorial Galaxia. Está adicado a Ramón Piñeiro e Ramón Otero Pedrayo, e a primeira edición inclúe un prólogo de Francisco Fernández del Riego.

O libro inclúe catorce relatos: "Percival", "A cancela", "Os ollos de Kelma", "O asesino", "Nhadron", "Lorelai", "O verdugo", "Grieih", "Ocrime do chalet vermello", "Mantis religiosa", "O templo", "Philoctetes", "Triafo e o vento" e "O dique de area".

Pinacoteca Francisco Fernández del Riego

A Pinacoteca "Francisco Fernández del Riego" é un espazo museístico aberto no ano 2011 na cidade de Vigo, de titularidade municipal.

Salvador García-Bodaño

Salvador García-Bodaño Zunzunegui, nado en Teis (Vigo) o 17 de xullo de 1935 é un escritor galego, membro do plenario da Real Academia Galega dende 1992 e vicesecretario desa institución no período 2001-2009. Cultiva exclusivamente a poesía en lingua galega e está considerado como membro da Xeración das Festas Minervais. É procurador dos tribunais e dedicouse a diversas actividades mercantís.

Uvas e granito

Uvas e granito (Unha viaxe por Galicia) é un libro de viaxes da escritora inglesa Nina Epton publicado en lingua inglesa por Cassell en 1956 co título orixinal de Grapes and Granite. Foi traducido ao galego por Antonio e Francisco Fernández del Riego e publicado pola editorial Ir Indo no ano 1993.

Xaime Isla Couto

Xaime Isla Couto, tamén coñecido como Xaime Illa Couto, nado en Santiago de Compostela o 23 de outubro de 1915 e finado en Vigo o 25 de abril de 2012, foi un intelectual e economista galego.

Xosé Ramón Barreiro

Xosé Ramón Barreiro Fernández, nado en Ribeira o 2 de decembro de 1936, é un historiador galego e foi o presidente da Real Academia Galega entre 2001 e 2009.

Membros de número da Real Academia Galega
Plenario
actual
Históricos
Galardoados coa Medalla Castelao
1984
1985
1986
1987
1988
1989
1990
1991
1992
1993
1994
1995
1996
1997
1998
1999
2000
2001
2002
2003
2004
2005
2006
2007
2008
2009
2010
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019
1984–1999
Desde 2000
Onomástica do rueiro de Vigo

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.