Francisco Fernández Rei

Francisco Fernández Rei, nado en Fefiñáns (Cambados) o 30 de novembro de 1952, é un filólogo galego. Exerce a docencia na USC, sendo catedrático de Filoloxía Románica desde 1992.

Francisco Fernández Rei
Francisco Fernández Rei
Nacemento30 de novembro de 1952
 Cambados
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónfilólogo
CónxuxeCarme Hermida

Traxectoria

Relizou a carreira de Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela onde obtivo a licenciatura en 1974. A súa tese de doutoramento foi O verbo: Contribución á dialectoloxía galega, dirixida por Constantino García (1979)[1] e primeira tese presentada en galego na Facultade de Filoloxía da USC[2].

Desde 1973 forma parte do Instituto da Lingua Galega (ILG), como investigador e membro do equipo de redacción do Atlas Lingüístico Galego e como responsábel do Arquivo do Galego Oral que posúe este centro. Dentro dos eidos de actuación do ILG traballou, así mesmo, como corredactor das Bases prá unificación das normas lingüísticas do galego en 1977, que constituirían os alicerces das que se aprobaron en 1988.

Dirixe os Cursos de lingua e cultura galegas para estranxeiros e españois de fóra de Galicia organizados pola RAG, o ILG e a SXPL da Xunta de Galicia[3]. A parte da súa actividade no ILG, Francisco Fernández Rei colabora tamén con numerosas asociacións e entidades relacionadas con diferentes linguas románicas, especialmente o galego. En 1978 participou na fundación de Escola Aberta e en 1984 contribuíu á creación da Asociación de Tradutores Galegos. É membro, así mesmo, do comité científico da Sociedade Internacional de Limba Sarda, do plenario do Consello da Cultura Galega en representación do ILG, do Padroado da Fundación Sotelo Blanco, do Museo de Antropoloxía, do Museo do Pobo Galego e da comisión da Mesa prá Defensa del Galego de Asturias.

Tamén hai que destacar a súa participación en distintos encontros e congresos sobre o galego e outras linguas románicas minorizadas e ten publicado artigos en diferentes revistas culturais galegas, como A Trabe de Ouro, Revista da Filoloxía Románica, Cadernos da Lingua ou Grial. Ademais participou na fundación de Escola Aberta, Redes Escarlata e ProLingua.

Fernández Rei é conselleiro do Consello d'a Fabla Aragonesa e membro numerario da Real Academia Galega, na que ingresou o 25/9/1999 co discurso Ramón Cabanillas, Manuel Antonio e o mar de Arousa: dúas singraduras na construcción dun idioma para unha patria.

Obra

Ensaio

  • O verbo: contribución á dialectoloxia galega, Universidade de Santiago de Compostela, 1979.  ISBN 84-7191-134-5
  • Lingua galega (1985), manual para COU.
  • Dialectoloxía da lingua galega (1990, Xerais). ISBN 978-84-7507-472-6
  • Ramón Cabanillas, Cambados e o mar da Arousa (2015, Xerais). ISBN 84-87987-18-4

Obras colectivas

Premios

Notas

  1. "O verbo: Contribución á dialectoloxía galega". frontespo.org. Consultado o 19/11/2018.
  2. "Francisco Fernández Rei". academia.gal. Consultado o 19/11/2018.
  3. "Homenaxe aos filólogos Francisco Fernández Rei e Manuel González González". galiciaconfidencial.com. Consultado o 16/11/2018.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Andrés Torres Queiruga

Andrés Torres Queiruga, nado en Aguiño, Ribeira, o 28 de maio de 1940, é un teólogo e escritor galego.

Antonio Couceiro Freijomil

Antonio Couceiro Freijomil, nado en Pontedeume o 2 de xuño de 1888 e finado en Santiago de Compostela o 9 de maio de 1955, foi un escritor galego, coñecido polo seu Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores.

Arquivo Sonoro de Galicia

O Arquivo Sonoro de Galicia (ASG) foi creado polo Consello da Cultura Galega e está dispoñible en rede. Trátase en realidade de parte das inxentes gravacións realizadas por investigadores galegos dende 1974, embarcados en proxectos de moi diversa tipoloxía: traballos de carreira, investigacións para o Atlas Lingüístico Galego, tesiñas e teses etc. Parte destes etnotextos foran xa publicados por Francisco Fernández Rei e Carme Hermida no ano 1996 en tres CD (correspondentes ós tres bloques lingüísticos do galego) no audiolibro A nosa fala.

Celestino Sánchez Rivera

Celestino Sánchez Rivera, nado en Santiago de Compostela o 13 de novembro de 1870 e finado na mesma cidade o 30 de febreiro de 1948, foi un xornalista e escritor galego.

Chus Pato

María Xesús Pato Díaz, máis coñecida como Chus Pato, nada en Ourense o 29 de agosto de 1955, é unha poeta en lingua galega e académica de número da Real Academia Galega.

Emilio Tapia Rivas

Emilio Tapia Rivas, nado en Mondoñedo o 7 de agosto de 1862 e finado en Lugo o 12 de xuño de 1918, foi un avogado, político, xornalista e escritor galego.

Enciclopedia Galega Universal

EGU redirixe aquí, para a Unión de Xeociencias Europea véxase European Geosciences Union.

A Enciclopedia Galega Universal, coñecida tamén polas siglas EGU, é unha enciclopedia de referencia da cultura galega que conta con 200.000 entradas e 30.000 ilustracións. Foi posta en marcha na súa versión en papel en 1999 (hoxe está conformada por 16 tomos, con máis de oito mil páxinas), e contou cunha versión dixital dende 2008.

Gonzalo Brañas Fernández

Gonzalo Brañas Fernández, nado na Coruña o 17 de decembro de 1866 e finado na mesma cidade o 2 de agosto de 1948, foi un físico e inventor galego.

Indalecio Varela Lenzano

Indalecio Varela Lenzano, nado na Coruña o 10 de abril de 1856 e finado en Ourense o 14 de xuño de 1940, foi un musicólogo e crítico musical galego.

Jaime Ozores de Prado

Jaime Ozores de Prado, marqués de San Martiño de Ombreiro, nado na Coruña o 17 de xullo de 1846 e finado na mesma cidade o 2 de maio de 1922, foi un militar e filántropo galego.

José Luis Bugallal Marchesi

José Luis Bugallal Marchesi, tamén chamado Marathon, nado na Coruña o 18 de setembro de 1899 e falecido na mesma cidade o 26 de decembro de 1989, foi un xornalista e escritor galego.

José Vega Blanco

José Vega Blanco, finado en Lugo o 15 de febreiro de 1933, foi un xornalista e escritor galego.

Manuel Banet

Manuel Banet Fontenla, nado na Coruña o 30 de marzo de 1871 e finado na mesma cidade o 30 de setembro de 1962, foi un avogado e escritor galego.

Marino Dónega

Marino Dónega Rozas, nado en Huelva o 3 de marzo de 1916 e finado na Coruña o 1 de abril de 2001, foi un escritor e político galego.

Pegerto Saavedra

Pegerto Saavedra Fernández, nado en Freixo (A Fonsagrada) o 15 de novembro de 1951, é un historiador galego.

Rafael Pérez Barreiro

Rafael Pérez Barreiro, nado en Madrid en 1862 e finado na Coruña o 29 de abril de 1932, foi un filólogo e profesor.

Ramón Bernárdez González

Ramón Bernárdez González, nado no Carballiño en 1838 e finado na Coruña o 16 de xuño de 1911, foi un sacerdote e escritor galego.

Ramón Tojo Pérez

Ramón Tojo Pérez, nado en Padrón en 1860 e finado en Pontevedra o 7 de outubro de 1944, foi un escritor e político galego.

Real Academia Galega

A Real Academia Galega (RAG) é unha institución científica, creada en 1906, que ten como obxectivo o estudo da cultura galega, e en especial da lingua galega. Elabora as súas normas ortográficas, gramaticais e léxicas, deféndea e promociónaa. Ademais, decide a personalidade literaria á que se lle dedica o Día das Letras Galegas. Os seus membros son personalidades influentes do mundo da cultura galega, relacionados maioritariamente coa lingua. O seu presidente é Víctor Freixanes, elixido o 28 de marzo de 2017 logo da renuncia de Xesús Alonso Montero tras catro anos no cargo. O seu lema é Colligit. Expurgat. Innovat

Membros de número da Real Academia Galega
Plenario
actual
Históricos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.