Francisco Díaz-Fierros

Francisco Díaz-Fierros Viqueira, nado en Vilagarcía de Arousa o 4 de xullo de 1941, é un científico e escritor galego.

Francisco Díaz-Fierros
Francisco Díaz-Fierros asina o Libro de Ouro
Asinando o libro de ouro do Aquarium Finisterrae.
Nacemento4 de xullo de 1941
 Vilagarcía de Arousa
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupacióncientífico e escritor
EstudosFarmacia
PremiosPremio Nacional de Pensamento e cultura científica

Traxectoria

Aínda que nacido en Vilagarcía, moi cedo trasladouse a Ribadeo, onde fixo o bacharelato e, despois, a Santiago de Compostela, para facer o curso preuniversitario no Instituto Xelmírez.

No ano 1964 licenciouse en Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela, doutorándose na mesma universidade en 1967. Durante estes anos desenvolve un interesante labor periodístico, publicando artigos en diversos periódicos e revistas de Santiago, como La Noche, El Correo Gallego e Quintana.

O ano 1966 pasouno en Francia, como bolseiro do Laboratoire des Sols (Laboratorio dos Solos). Tamén foi bolseiro da Fundación Juan March (1968) e da Pedro Barrié de la Maza (1973).

Do seu interese polo solo (e pola lingua galega) dá fe o feito de que foi, en 1978, en colaboración co profesor Antón Santamarina, o propoñente do termo "solo", no galego común, como o obxecto do estudo da edafoloxía.[1]

Ao seu regreso de Francia pasa a traballar no Centro de Edafoloxía e Bioloxía Vexetal do CSIC en Santiago, até 1970, ano no que obtén a praza de profesor adxunto de Edafoloxía na Facultade de Farmacia de Santiago. Desde 1987 foi catedrático de Edafoloxía e Química Agrícola da Universidade de Santiago.[2]

O seu labor científico céntrase, basicamente, no estudo dos solos e da climatoloxía agrícola de Galicia, sendo autor ou coautor de case 300 traballos en diferentes liñas: os factores de formación dos solos, as propiedades físicas de solos de zonas húmidas, a avaliación e cartografía dos solos de Galicia e zonas húmidas, a erosión, os procesos de degradación de superficies queimadas e a súa recuperación, ou a paleoecoloxía [3], que foron publicados en diferentes e relevantes revistas científicas.

Conferenciante e membro de numerosas Sociedades Científicas nacionais e internacionais, participou en máis de trinta proxectos científicos ou técnicos, ben como membro do equipo, ben como investigador principal ou director.

Como docente dirixiu 27 traballos de licenciatura e 16 teses de doutoramento.[4]

Entrevista en febreiro de 2017. Nós Televisión.

Colaborou na realización do Mapa Nacional de Suelos (1:200.000) de España, na dos mapas e memorias adxuntas dos das provincias de Oviedo, Santander, León e Huesca, na do Mapa Mundial de Solos da FAO (1:500.000) e na elaboración do mapa da zona húmida española.

Tamén realizou unha actividade humanista, publicando traballos e guías sobre a natureza de Galicia, ou sobre a relación entre a natureza e as prácticas culturais.

Foi presidente da Sociedade Galega de Historia Natural entre 1975 e 1980, sendo ademais director da súa revista Braña (hoxe desaparecida), e tamén ocupou o cargo de presidente da Sección I (Física do Solo) da Sociedad Española de Ciencia del Suelo entre 1988 e 1996. É presidente da xunta reitora do Seminario de Estudos Galegos e, desde 1980, membro do Consello da Cultura Galega, primeiro como coordinador da Sección de Patrimonio Natural (1983 - 1998), a partir de 1999 coordinador da Sección de Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade e, desde xullo de 2002, vicepresidente primeiro desta institución. Desde o ano 1999 ocupa o cargo de director da Colección Historia natural do Proxecto Galicia, de Hércules de Edicións.

Catedrático emérito da USC,[5] é académico numerario da Real Academia de Farmacia, Sección de Galicia, desde o ano 2000, e académico correspondente da Real Academia de Farmacia do Instituto de España. Desde o 26 de setembro de 2002, é académico numerario da Real Academia Galega, data na que pronuciou o discurso Un ensaio sobre a historia ecolóxica de Galicia: o aproveitamento do solo.[6] E desde (2016), é académico de número emérito da Real Academia de Farmacia de Galicia. [7]

Principais publicacións

Publicacións científicas

  • 1971 - Contribución a la climatología agrícola de Galicia. Santiago de Compostela: Universidad de Santiago de Compostela. Secretariado de Publicaciones.
  • 1982 - As especies forestais e os solos de Galicia: unha contribución ao estudo das súas relacións. O Castro-Sada: Ediciós do Castro. ISBN 978-84-7492-148-9. (En colaboración con

Xosé Luís Regueira Fernández, Antonio Paz González, Rosa María Calvo de Anta e Rosa María López Gato).

  • 1984 - Capacidad productiva de los suelos de Galicia. Mapa 1:200.000. Santiago de Compostela: Universidad de Santiago de Compostela. ISBN 978-84-7191-341-8. (En colaboración con Fernando Gil Sotres).
  • 1985 - O Caurel. Estudio del medio natural de las montañas gallegas. Santiago de Compostela: Universidad de Santiago. Secretariado de Publicaciones. ISBN 84-7191-359-3. (En colaboración).
  • 1986 - "Cap. 21. Itinerario de suelos en los alrededores de Oviedo". En: C. Aramburu e F. Bastida, Eds. Geología de Asturias. Gijón: Ediciones Trea. ISBN 84-89427-30-5. (En colaboración con M. T. Taboada Castro; M. T. Barral Silva e M. A. Álvarez).
  • 1996- "Cap. 21. Los suelos de Galicia". En Galicia. Geografía. Volume XVII. A Coruña: Hércules de Ediciones. ISBN 84-89468-18-4. (En colaboración M. T. Barral Silva).
  • O medio natural galego, en colaboración (1986)
  • A natureza ameazada. Xea, flora e fauna de Galicia en perigo (1989)
  • 1992 - Atlas geoquímico de Galicia. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-0555-7. (En colaboración).
  • 1992 - Os solos da Terra Chá. Lugo: Diputación Provincial. Servicio Publicaciones. ISBN 84-86824-08-7. (En colaboración con Ana María Castelao Gegunde).
  • 1993 - As concas fluviais de Galicia: características e riscos de contaminación difusa. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela ISBN 84-7191-965-6. (En colaboración con Avelino Nuñez Delgado e Eugenio López Periago).
  • 1996 - As augas de Galicia, coordinador.
  • 2002 - Un ensaio sobre a historia ecolóxica de Galicia: o aproveitamento do solo. A Coruña: Real Academia Galega. ISBN 84-87987-31-1.[8]
  • 2006 - A cuestión ambiental en Galicia: raíces dunha nova cultura, 1750-1972. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 978-84-8288-887-3. Sinopse

Publicacións sobre Ciencia e Sociedade

  • 1971 - Os comenzos da Ciencia Moderna na Universidade Compostelana.
  • 1974 - La Cultura Científica en Galicia, no libro colectivo Los gallegos.
  • 1978 - "To publish or to perish" (en galego)[9]
  • 1982 - Xeografía de Galicia, en colaboración.
  • 1986 - La construcción del paisaje: megalitismo y ecología en la Sierra de Barbanza (Galicia). Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-505-2872-0. (En colaboración con Felipe Criado Boado e María Jesús Aira Rodríguez).
  • 1999 - Un Novo Mundo para un home universal. Partida de Humboldt desde A Coruña cara á súa 'viaxe' americana, coordinador.
  • 2007 - Por unha nova cultura forestal fronte aos incendios: informes e conclusións. Santiago de Compostela. Consello da Cultura Galega. ISBN 978-84-96530-42-3. (Coord. por Francisco Díaz-Fierros Viqueira, Xesús Balboa López, Xosé Luis Barreiro Rivas).
  • 2009 - O darwinismo e Galicia. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico. ISBN 978-84-9887-265-1 (Coordinador).
  • 2016 - Arredor das Irmandades da Fala, Xerais.

Obras didácticas

Premios Lois Peña Novo 2016
Díaz-Fierros, cos galardoados, nos premios Lois Peña Novo 2016.
  • 1986 - Unidade didáctica sobre os incendios forestais. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. Consellería de Agricultura, Pesca e Alimentación. Dirección Xeral do Forestal e Medio Ambiente Natural.
  • 1986 - Descobre unha árbore senlleira: respeta-las árbores é defender un anaco da nosa tradición cultural. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. Consellería de Agricultura, Pesca e Alimentación. Dirección Xeral do Forestal e Medio Ambiente Natural.
  • 2000 - De quén é a auga?. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. ISBN 84-95415-17-8. (En colaboración).

Galardóns

Notas

  1. Santamarina Fernández, A. e Díaz-Fierros V., F. "Precisións semánticas sobor do emprego en edafoloxía das verbas "chan", "solo" e "terra" en Braña Bol. Soc. Gal. Hist. Nat., Ano 1978, Nº 2 (99-103).
  2. Galegos. www.galiciadigital.com Consultada o 23 de abril de 2011.
  3. Currículum Francisco Díaz-Fierros Viqueira, Web do Consello da Cultura Galega
  4. Segundo a Web do Consello da Cultura Galega Currículo Francisco Díaz-Fierros Viqueira, consultada o 28 de marzo de 2011.
  5. Francisco Díaz-Fierros (4/7/2017). "Einstein en Galicia". Consultado o 12/7/2017.
  6. Francisco Díaz-Fierros Viqueira na web da RAG.
  7. RAFG. Académicos de Número.
  8. Discurso lido na súa recepción como académico numerario na Real Academia Galega. Editado por esta douta institución, no mesmo ano, coa resposta do seu presidente, don Xosé Ramón Barreiro Fernández.
  9. Artigo sobre a necesidade que tiñan os científicos galegos de encher os seus curricula para poder medrar nas súas carreiras, a necesidade de facer estudos científicos sobre os moitos problemas de Galicia, e sobre a compracencia con que as deputacións provinciais e as fundacións galegas dicían "que se estaba a facer ciencia de máis (que non servía para nada)", para negarlle fondos aos científicos. Publicado na revista Braña, Bol. Soc. Gal. Hist. Nat., Ano 1978, Nº 2 (105-110).
  10. "Mercedes Peón, Manuel Lourenzo e o Laboratorio de Formas, Premios Nacionais de Música, Artes Escénicas e Iniciativa Cultural". BNG-Galiza. Consultado o 20/09/2017.

Véxase tamén

Ligazóns externas

4 de xullo

O 4 de xullo é o 185º día do ano do calendario gregoriano e o 186º nos anos bisestos. Quedan 180 días para finalizar o ano.

Academia de Farmacia de Galicia

A Academia de Farmacia de Galicia (AFG) é unha institución creada pola Xunta de Galicia o 1 de xullo de 2004, coa finalidade primordial de acadar mellores resultados no desenvolvemento e na difusión das ciencias farmacéuticas dentro da Comunidade Autónoma de Galicia.A Academia ten a súa sede no Antigo Hospital de San Roque, na rúa de San Roque, nº 2, de Santiago de Compostela.

Antonio Couceiro Freijomil

Antonio Couceiro Freijomil, nado en Pontedeume o 2 de xuño de 1888 e finado en Santiago de Compostela o 9 de maio de 1955, foi un escritor galego, coñecido polo seu Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores.

Braña (revista)

Braña é unha revista científica galega, boletín da Sociedade Galega de Historia Natural, creada en 1977.

Celestino Sánchez Rivera

Celestino Sánchez Rivera, nado en Santiago de Compostela o 13 de novembro de 1870 e finado na mesma cidade o 30 de febreiro de 1948, foi un xornalista e escritor galego.

Emilio Tapia Rivas

Emilio Tapia Rivas, nado en Mondoñedo o 7 de agosto de 1862 e finado en Lugo o 12 de xuño de 1918, foi un avogado, político, xornalista e escritor galego.

Gonzalo Brañas Fernández

Gonzalo Brañas Fernández, nado na Coruña o 17 de decembro de 1866 e finado na mesma cidade o 2 de agosto de 1948, foi un físico e inventor galego.

Hércules de Ediciones

Hércules de Ediciones é unha editorial galega creada en 1985 por Francisco Rodríguez Iglesias coa pretensión de impulsar a cultura galega desde o mundo editorial. A súa sede está na cidade da Coruña, na rúa Cordelería, 32 (Edificio Hércules).

Indalecio Varela Lenzano

Indalecio Varela Lenzano, nado na Coruña o 10 de abril de 1856 e finado en Ourense o 14 de xuño de 1940, foi un musicólogo e crítico musical galego.

José Luis Bugallal Marchesi

José Luis Bugallal Marchesi, tamén chamado Marathon, nado na Coruña o 18 de setembro de 1899 e falecido na mesma cidade o 26 de decembro de 1989, foi un xornalista e escritor galego.

José Vega Blanco

José Vega Blanco, finado en Lugo o 15 de febreiro de 1933, foi un xornalista e escritor galego.

Manuel Banet

Manuel Banet Fontenla, nado na Coruña o 30 de marzo de 1871 e finado na mesma cidade o 30 de setembro de 1962, foi un avogado e escritor galego.

Marino Dónega

Marino Dónega Rozas, nado en Huelva o 3 de marzo de 1916 e finado na Coruña o 1 de abril de 2001, foi un escritor e político galego.

Pegerto Saavedra

Pegerto Saavedra Fernández, nado en Freixo (A Fonsagrada) o 15 de novembro de 1951, é un historiador galego.

Rafael Pérez Barreiro

Rafael Pérez Barreiro, nado en Madrid en 1862 e finado na Coruña o 29 de abril de 1932, foi un filólogo e profesor.

Ramón Tojo Pérez

Ramón Tojo Pérez, nado en Padrón en 1860 e finado en Pontevedra o 7 de outubro de 1944, foi un escritor e político galego.

Real Academia Galega

A Real Academia Galega (RAG) é unha institución científica, creada en 1906, que ten como obxectivo o estudo da cultura galega, e en especial da lingua galega. Elabora as súas normas ortográficas, gramaticais e léxicas, deféndea e promociónaa. Ademais, decide a personalidade literaria á que se lle dedica o Día das Letras Galegas. Os seus membros son personalidades influentes do mundo da cultura galega, relacionados maioritariamente coa lingua. O seu presidente é Víctor Freixanes, elixido o 28 de marzo de 2017 logo da renuncia de Xesús Alonso Montero tras catro anos no cargo. O seu lema é Colligit. Expurgat. Innovat

Viqueira

Viqueira é un apelido galego. Segundo o censo do ano 2000 tiña 1.960 ocorrencias en Galicia, destacando no concello de Ordes (344 ocorrencias, 1,41 % da poboación), Oroso (1,18 %) e Trazo (1,1 % da poboación). Pode referirse a:

Manuel Oliveira Viqueira, xornalista e político galego (1870 - 1949);

Johán Vicente Viqueira, escritor galego (1886 - 1924);

José Viqueira Barrio, médico galego;

Valentín Viqueira Torrente, médico e político galego (f. 1934);

Manuel Viqueira Verea, político galego;

Francisco Díaz-Fierros Viqueira, científico e escritor galego (n. 1941);

Emilio Viqueira, futbolista galego (n. 1974);

Membros de número da Real Academia Galega
Plenario
actual
Históricos

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.