Francisco Asorey

Francisco Hipólito Asorey González, nado en Fefiñáns, Cambados o 4 de marzo de 1889[1] e finado en Santiago de Compostela o 2 de xullo de 1961, comunmente citado como Asorey, foi un escultor galego, considerado por algúns críticos como unha das figuras mais relevantes da renovación da arte escultórica española do século XX. Está soterrado no Panteón de Galegos Ilustres.

Francisco Asorey
Francisco Asorey 1914
Francisco Asorey González
Nacemento4 de marzo de 1889
 Fefiñáns
Falecemento2 de xullo de 1961
 Santiago de Compostela
SoterradoPanteón de Galegos Ilustres
NacionalidadeEspaña
OcupaciónEscultor
Coñecido/a porMonumento ó Tenente Coronel Teijeiro, Monumento ao aviador Joaquín Loriga, Monumento a San Francisco, Monumento a Curros Enríquez, Monumento a Ramón María Aller, Monumento a Manuel Graña González, Monumento a José Félix Soage Villarino, Monumento a García Barbón, Monumento a Vicente Carnota, Monumento ó médico Maximino Rodríguez Fornos e Monumento a Manuel Barreiro Cabanelas

Traxectoria

Nado en Fefiñáns, na mesma localidade onde nacera 13 anos antes Ramón Cabanillas, na casa onde a súa familia tiña o seu negocio de teas localizada na rúa que daquela se chamaba Rúa do Sol e é actualmente coñecida como Praza de Francisco Asorey. A casa familiar foi vendida por mor das débedas no ano 1895. Estudou no colexio dos salesianos en Sarrià (Barcelona) e logo foi como profesor de debuxo ao que tiñan en Barakaldo (Biscaia). Despois viviu uns anos en Madrid, onde entra en contacto co ambiente artístico da capital, que non lle agrada moito, alí coñece e fai moita amizade co pintor Julio Romero de Torres e empeza os seus primeiros traballos artísticos de relevancia.

Asorey. Vida Gallega N52, febreiro 1914
Asorey ós 25 anos, á dereita, no seu estudio da Caramoniña rematando o busto do fotógrafo Enrique Guerra.[2]

En 1918 gaña por oposición a praza de escultor anatómico da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela, onde se traslada definitivamente a vivir. Alí casa con Jesusa Ferreiro na década de 1920 e monta un taller de escultura na rúa Caramoniña (xunto ao convento de San Domingos de Bonaval). Deste taller saen as obras en madeira policromada tituladas "Picariña", "Naiciña", "O Tesouro", "Ofrenda a San Ramón", "San Francisco" (1ª medalla da Exposición Nacional de Bellas Artes de Madrid) ou "A Santa".

Na década de 1930 traslada o taller a Santa Clara por necesidades de espazo. Alí fixo os grandes monumentos de Loriga, Curros Enríquez, Virxe de Tanxil... A represión da guerra civil lévalle a moitos dos seus amigos (como Camilo Díaz Baliño) e el vive eses anos nun plano discreto; adáptase á nova situación e segue traballando, facendo en moitos casos obras para as autoridades franquistas co vocabulario propagandístico que se lle esixe pero tamén afronta encargos de gran calidade, como a Piedade para o Panteón do Centro Galego de Bos Aires, o monumento ao Padre Feijoo no Mosteiro de Samos, o Monumento a Ramón Aller en Lalín ou a magnífica talla en madeira do Cristo da Igrexa de Santa María de Moiá en Barcelona.

Obra (selección)

San Francisco - Asorey
Monumento a San Francisco en Santiago.
  • Monumento funerario da familia Gil-Sarabia (1922) Cemiterio de Pereiró de Vigo.
  • Naiciña (1922) Rosario, Arxentina.
  • O tesouro (1924) Familia Luca de Tena, Madrid.
  • Monumento a José F. Soage Villarino (1925) Alameda de Cangas.
  • Monumento a Vicente Carnota (1925) Parque Félix Rodríguez de la Fuente, Ordes.
  • Monumento ó doctor Maximino Rodríguez Fornos (1925) Xardíns de Rodríguez Fornos, Mondariz.
  • A Santa (1926) Centro Galego de Montevideo.
  • San Francisco (1926) Museo Provincial de Lugo.
  • Monumento a García Barbón (1927) Vigo.
  • Monumento a Eduardo Cabello (1928) Alameda de Bouzas, Vigo.
  • Monumento a San Francisco (1926-1930) Santiago de Compostela.
  • Monumento ao aviador Joaquín Loriga, Lalín, Pontevedra (1933).
  • Monumento a Curros Enríquez (1934) xardíns de Méndez Núñez da Coruña.
  • Altar do Panteón do Centro Galego de Bos Aires (1944) Cemiterio da Chacarica.
  • Monumento ao Sagrado Corazón (1945) Parque de Marans, Cuntis.
  • Monumento a Manuel Barreiro Cabanelas (1946) Hospital Provincial de Pontevedra.
  • Monumento ao Padre Feijóo (1947) Mosteiro de Samos, Lugo.
  • Monumento a Manolo Quiroga (1949) Xardíns de San Fernando, Pontevedra.
  • Monumento aos Caídos (1951) Parque de San Lázaro, Ourense.
  • Monumento aos mortos na Guerra de África (1951) Praza de Galicia, Ferrol.
  • Cristo da Igrexa de Santa María de Moiá (1952) Barcelona.
  • Monumento ao alcalde López Pérez (1958) Lugo.
  • Monumento a Guillermo Álvarez Pérez (1959) Cortegada, Ourense.
  • Monumento a Ramón Cabanillas (1960) Paseo da Calzada, Cambados.
  • Monumento a Ramón María Aller (1960) Praza da Igrexa, Lalín.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Francisco Asorey.
Casa natal, Cambados.
Casa natal, Cambados
Monumento de Asorey a Curros Enríquez nos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña.
Monumento de Asorey a Curros Enríquez nos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña
Placa na casa natal, Cambados.
Placa na casa natal, Cambados. 
Praza de Francisco Asorey, Cambados, aparece a réplica de "Naiciña" feita polo seu discípulo, Xosé Cao Lata.
Praza de Francisco Asorey, Cambados, aparece a réplica de "Naiciña" feita polo seu discípulo, Xosé Cao Lata. 
Monumento a Eduardo Cabello en Bouzas, Vigo.
Monumento a Eduardo Cabello en Bouzas, Vigo
A García Barbón, en Vigo.
A García Barbón, en Vigo. 
Monumento a Cabanelas, Pontevedra.
Monumento a Cabanelas, Pontevedra
Busto do violinista Manuel Quiroga, Pontevedra.
Busto do violinista Manuel Quiroga, Pontevedra. 

Notas

  1. "Partida de nacemento". Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2013. Consultado o 23 de abril de 2013.
  2. Imaxe publicada na revista Vida Gallega, 1914.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

1961

Este ano é declarado o Ano Mundial da Semente pola ONU.

2 de xullo

O 2 de xullo é o 183º día do ano do calendario gregoriano e o 184º nos anos bisestos. Quedan 182 días para finalizar o ano.

4 de marzo

O 4 de marzo é o 63º día do ano do calendario gregoriano e o 64º nos anos bisestos. Quedan (302) días para finalizar o ano.

Adela Leiro

Adela Leiro Lois é unha mestra e escritora galega, nada en Cambados. É irmá do escultor Francisco Leiro.

Brión

Brión é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Santiago.

Comarca do Salnés

A comarca do Salnés é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Vilagarcía de Arousa á cal pertencen os concellos de Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

Constitúe un dos máis importantes enclaves turísticos de Galiza. Con poucas palabras, está comprendido entre a ría de Arousa polo norte e a ría de Pontevedra polo sur, formando parte das denominadas Rías Baixas.

Recibe este nome polas antigas salinas que existían na desembocadura do río Umia. No Parochiale suevorum do século VI faise mención á Comarca Saliniense. Fontes históricas apuntan á existencia de conflitos relacionados coas salinas localizadas en diferentes puntos da comarca, concretamente nas freguesías de Nogueira, Vilalonga, Noalla e Dena, actualmente pertencentes aos concellos de Meis, Sanxenxo e Meaño.

Eduardo Parrado

Eduardo Parrado Conde, nado en Santiago de Compostela o 5 de xaneiro de 1921 e finado o 7 de maio de 2003, foi un escultor galego, discípulo de Francisco Asorey.

Entre a súa obra destaca un cruceiro dedicado ao rei Xoán Carlos I para o Palacio da Zarzuela (1972), o monumento das Palilleiras de Camariñas (1985) e o monumento do Emigrante en Sada.

Recibiu a Medalla de Bronce da Cidade de Santiago ó Mérito Artístico. En 2001 o concello de Santiago de Compostela púxolle o seu nome a unha praza do barrio de Santa Marta, a escasos metros da súa casa

Galería de imaxes de Cambados

Galería de imaxes do concello de Cambados na provincia de Pontevedra.

Galería de imaxes de Francisco Asorey

Francisco Asorey González, nado en Cambados o 4 de marzo de 1889 e finado en Santiago de Compostela o 2 de xullo de 1961, foi un escultor galego.

Galería de imaxes de casas de persoeiros de Galicia

Galería de imaxes de casas de persoeiros de Galicia.

Joaquín Loriga

Joaquín Loriga Taboada, nado en Lalín o 23 de setembro de 1895 e finado no aeródromo de Cuatro Vientos o 18 de xullo de 1927, foi un aviador e militar galego. Participou, xunto con outros dous pilotos e tres mecánicos, no voo Madrid-Manila da escuadrilla Elcano.

José Rodríguez Carracido

José Rodríguez Carracido, nado en Santiago de Compostela o 21 de maio de 1856 e finado en Madrid o 3 de xaneiro de 1928, foi un bioquímico galego.

Monumento a San Francisco

O Monumento a San Francisco é unha obra realizada entre 1926 e 1930 do escultor galego Francisco Asorey e situada no casco vello de Santiago de Compostela, no lugar coñecido como o Val de Deus, diante da igrexa do Convento de San Francisco do Val de Deus.

Con este monumento procurábase a conmemoración do VII centenario da morte do Santo de Asís.

Panteón de Galegos Ilustres

O Panteón de Galegos Ilustres atópase na igrexa do convento de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela. Toda a igrexa é Panteón, aínda que so se estean usando a Capela da Visitación (ou de San Domingos en Suriano) e a Capela do Santo Cristo. Nel repousan os restos de galegos sobranceiros como a poeta Rosalía de Castro, o político rexionalista Alfredo Brañas, o escultor Francisco Asorey, o poeta Ramón Cabanillas, o xeógrafo Domingo Fontán e o artista e político nacionalista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

A idea foi proposta inicialmente polos emigrantes galegos en Cuba.

Pazo de Vaamonde

A Casa-pazo de Vaamonde ou pazo de Vaamonde é un pazo urbano construído no século XVIII en Santiago de Compostela. Na actualidade acolle o Consorcio de Santiago.

Pedro Sarmiento de Gamboa

Pedro Sarmiento de Gamboa, nado en Pontevedra en 1532 e falecido no Océano Atlántico, fronte a Lisboa, en 1592, foi un navegante e historiador galego.

Torre de San Sadurniño

A Torre de San Sadurniño encóntrase nunha pequena illa con forma de triángulo irregular (San Tomé do Mar) fronte á actual zona urbana de Cambados na provincia de Pontevedra.

Xosé García Barbón

Xosé Manuel García-Barbón Sola, nado en Verín o 30 de marzo de 1831 e finado en Vigo o 7 de marzo de 1909, foi un prominente empresario e mecenas do seu tempo.

Membros de honra da Real Academia Galega

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.