Francisca Herrera Garrido

Francisca Herrera Garrido, nada na Coruña o 6 de marzo de 1869 e finada o 4 de novembro de 1950[1], foi unha escritora galega, primeira muller elixida académica na Real Academia Galega. En 1987 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Francisca Herrera Garrido
Francisca Herrera Garrido 1926
Retrato en Vida Gallega, 1926.
Nome completoFrancisca Herrera Garrido
Nacemento6 de marzo de 1869
 A Coruña
Falecemento4 de novembro de 1950
 A Coruña
SoterradaCemiterio de Santo Amaro da Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritora e poeta
XénerosPoesía, novela
Día das Letras Galegas de 1987

Traxectoria

Nada na rúa do Príncipe, nunha familia da alta burguesía coruñesa. Foi filla de Manuel Herrera Hernández e Josefa Garrido Matos, filla esta de Andrés Garrido, un banqueiro local. Viviu na súa cidade natal até agosto de 1909, cando marchou cunha irmá a Madrid, volvendo no verán e no Nadal a Galicia, concretamente en Oleiros ata que no transcurso da guerra civil española volveu definitivamente á Coruña.

Foi sempre fondamente relixiosa e conservadora, destacando nos seus ataques ás mulleres feministas que loitaban por conseguir o sufraxio feminino. Igualmente, nos seus textos deixa claras as diferenzas de deberes e dereitos entre señores e campesiños.

Veciña, alumna e amiga de Rosalía de Castro, foi unha escritora autodidacta aínda que segue o estilo literario daquela. Escribiu case toda a súa obra en galego así como algunhas novelas en castelán (Pepiña, Réproba e Familia de lobos) e a súa temática céntrase no ruralismo, a muller como nai, e a renuncia feminina. A súa obra amosa unha gran riqueza lingüística, cun galego rico e coidado.[2]

Foi a primeira muller en ser nomeada membro numerario da RAG, o 4 de marzo de 1945, ocupando o lugar de Lisardo Rodríguez Barreiro, que morrera en 1943. Non chegou a ler o seu discurso de ingreso, sobre Rosalía e os poetas da raza, polo atraso inexplicable do presidente da Academia en mandarllo ao académico Antonio Couceiro Freijomil, para que redactase a resposta, e a demora deste para entregala na Academia, cousa que non fixo ata o 28 de febreiro de 1949.[3]

A súa traxectoria comezou a recoñecerse ao serlle dedicado o Día das Letras Galegas do ano 1987.[4]

Obra

  • Sorrisas e bágoas (poemario en galego; Madrid, 1913).
  • Almas de muller...¡volallas n'a luz! (poemario en galego; A Coruña, 1915).
  • Frores do noso paxareco (poemario en galego; ¡Terra a Nosa! nº 11, A Coruña, 1919).
  • Néveda (novela en galego, 1920).
  • A neta de naipera (novela en galego; Nós, 20 de agosto de 1921).
  • A ialma de Mingos (novela en galego; Editorial Céltiga, 1922).
  • Pepiña (novela en castelán, Editorial Marineda, Madrid, 1922).
  • Martes de Antroido (novela en galego; Lar, 1925; portada de Camilo Díaz).
  • A muller galega (ensaio; Nós, 15 de agosto de 1925; escrito en Oleiros o 28 de marzo de 1916).
  • Réproba (novela en castelán, 1925).
  • Familia de lobos: la novela del obrero (novela en castelán, 1928).

Galería de imaxes

Casas de Francisca Herrera (esquerda) e Rosalía (d.). R/ do Príncipe, A Coruña.
Casas de Francisca Herrera (esquerda) e Rosalía (d.).
R/ do Príncipe, A Coruña. 
Francisca Herrera Garrido, 1920.
Francisca Herrera Garrido, 1920. 
Martes d'Antroido. Lar. 1925.
Martes d'Antroido. Lar. 1925. 

Notas

  1. Couceiro Freijomil, A. (1952). "HERRERA GARRIDO, Francisca". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) II. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 221.
  2. Ricardo Carballo Calero, Historia da literatura galega contemporánea, Vigo, 1975, pp. 494-495
  3. Rosalía de Castro. Discurso de recepción da Ilustrísima señora dona Francisca Herrera Garrido e resposta do excelentísimo señor don Antonio Couceiro Freijomil. A Coruña: Real Academia Galega.
  4. "Letras Gal-Figuras - Real Academia Galega". academia.gal. Consultado o 2019-02-28.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

4 de marzo

O 4 de marzo é o 63º día do ano do calendario gregoriano e o 64º nos anos bisestos. Quedan (302) días para finalizar o ano.

4 de novembro

O 4 de novembro é o 308º día do ano do calendario gregoriano (309º nos anos bisestos). Quedan 57 días para finalizar o ano.

6 de marzo

6 de marzo é o 65º día do ano no calendario gregoriano e o 66º nos anos bisestos. Quedan 300 días para acabar o ano.

Antonio López Ferreiro

Antonio López Ferreiro, nado en Santiago de Compostela o 9 de novembro de 1837 e finado en Vedra o 20 de marzo de 1910, foi un escritor e historiador galego. En 1978 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Antonio Noriega Varela

Antonio Noriega Varela, nado en Mondoñedo o 19 de outubro de 1869 e finado en Viveiro o 27 de marzo de 1947, foi un mestre, xornalista e poeta galego de ideoloxía tradicional-católica.

Aquilino Iglesia Alvariño

Aquilino Iglesia Alvariño, nado na Pedrosa (Seivane de Vilarente, Abadín) o 12 de xuño de 1909 e finado en Santiago de Compostela o 29 de xullo de 1961, foi un dos poetas máis significativos do século XX en lingua galega. No ano 1986 adicóuselle o Día das Letras Galegas.

Cidade Vella da Coruña

A Cidade Vella da Coruña correspóndese co primitivo asentamento urbano e está declarada Monumento histórico-artístico. No seu interior están a maior parte dos edificios históricos, e as súas rúas conservan aínda o seu antigo trazado, así como un gran número de casas de porte antigo. Foi declarada conxunto histórico-artístico polo decreto 29/1984 do 29 de maio. O proceso de peonalización comezou en agosto de 2014 e culminou en xuño de 2018.

Día das Letras Galegas

O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro.

Ata 2019, ano dedicado a Antón Fraguas, 59 autores (4 mulleres e 55 homes) foron homenaxeados nas 57 edicións do Día das Letras Galegas, posto que 1998 foi o único ano en que houbo unha homenaxe colectiva (en concreto, a tres trobadores ligados á Ría de Vigo).

El Noroeste (1896)

El Noroeste foi un xornal que se editou na Coruña entre 1896 e 1934.

Emilio Tapia Rivas

Emilio Tapia Rivas, nado en Mondoñedo o 7 de agosto de 1862 e finado en Lugo o 12 de xuño de 1918, foi un avogado, político, xornalista e escritor galego.

Indalecio Varela Lenzano

Indalecio Varela Lenzano, nado na Coruña o 10 de abril de 1856 e finado en Ourense o 14 de xuño de 1940, foi un musicólogo e crítico musical galego.

José Vega Blanco

José Vega Blanco, finado en Lugo o 15 de febreiro de 1933, foi un xornalista e escritor galego.

Manuel Leiras Pulpeiro

Manuel Leiras Pulpeiro, nado en Mondoñedo o 25 de outubro de 1854 e finado na mesma vila o 9 de novembro de 1912, foi un escritor galego do Rexurdimento.

Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no 1983.

María Victoria Moreno

María Victoria Moreno Márquez, nada en Valencia de Alcántara (provincia de Cáceres) o 1 de maio de 1939 e finada en Pontevedra o 22 de novembro de 2005, foi unha editora, tradutora, conferenciante, escritora de literatura infantil e xuvenil galega e profesora de ensino secundario en institutos de Lugo, Sanxenxo e Pontevedra. O seu texto máis coñecido é Anagnórise (Galaxia, 1988), vinte veces reeditado e traducido a varias linguas. Algúns trazos fundamentais da súa obra son o lirismo, a conversión dos animais en protagonistas e a crítica a un ensino reseso.En 2018 foi a figura protagonista do Día das Letras Galegas, sendo a cuarta muller, tras Rosalía de Castro, Francisca Herrera Garrido e María Mariño, que levou ese recoñecemento na historia da celebración.

Valentín Lamas Carvajal

Valentín Lamas Carvajal, nado en Ourense o 1 de novembro de 1849 e finado na mesma cidade o 4 de setembro de 1906, foi un autor e xornalista galego. No ano 1972 dedicóuselle o Día das Letras Galegas. Entre outros feitos, Lamas realizou dúas iniciativas importantes en relación co xornalismo e coa literatura en lingua galega, contando ambas con moi boa acollida: fundar o primeiro semanario en lingua galega, titulado O Tio Marcos d'a Portela, e publicar o Catecismo do labrego.

Membros de número da Real Academia Galega
Plenario
actual
Históricos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.